A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire) |
|
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar... |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
FRAGMENTO DE "MIRANDO Ó CHAU" de Curros Enríquez |
|
Moitas veces teño pensado nos últimos tempos en textos coma este de distintos poetas dos chamados "cívicos" que aínda que foron compostos hai unha chea de tempo parecen estar falando dos nosos (estou por pensar que irremediables) males. Será que certa podredume vencellada ao poder está destinada a repetirse eternamente? Pobre de quen!!
Este fragmento pertence á parte final deste longo poema no que a voz poética conta o espanto no que vai caendo Deus tras tomar a decisión de observar o mundo tratando de encontrar a razón de que entren tan poucas almas no ceo.
"Viu deitarse méndegos
que se erguen marqueses;
tal clas de escrituras
firmar indixentes
que ó cabo dun ano
non teñen albergue;
soldados covardes
chegar a ser xefes,
e morrer sin groria
os máis grandes héroes;
pasar por honrados
os que honra non teñen,
por santos os pillos,
por xustos os debles;
subir ós altares
os que á forca deben,
i arrastrar carroza
quen debe un grillete;
chegar a poderosos
venteiros de aceite,
e comprar o ceo
prestando a intereses.
Vendo esto, Dios dixo
contra o seu chaleque:
-Si che outra vin nunca,
que o demo me leve
Con noxo deixando
tantas cativeces,
inda noutras cousas
parou Dios as mentes.
Viu malos gobernos
que falsos i aleves
co xugo dos pobos
engordan e crecen;
cregos que feroces
como cans doentes
cun fusil ao lombo
predican aos fieles;
ricos que roubando,
as gabetas enchen;
(...)
I en fin, cantas cousas
que non deben verse,
que Dios, arripiado,
i as cruces facéndose
coñecida a causa
de que o inferno medre,
meteuse na groria
decindo entre dentes.
-Si eu fixen tal mundo
que o demo me leve"
|
|
|
|
|
|
|
|
|