A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire) |
|
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar... |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
OS BOS AMIGOS |
|

Os bos amigos converten os seus brazos
nos piares máis ansiandos
aos que te aferras con forza
cando non te podes soster.
Os bos amigos érguente sen descanso
e deixan que chores
sen preguntar,
e as súas palabras son abeiros
nos que atopas o acougo
para aturar a dor que te esgaza.
Os bos amigos estarán contigo
mentres descontas os días,
as horas e os minutos
que a levarán para sempre
a onde xa non te danará.
E mentres tanto estarán aí
para erguerte cando caias,
e para facerte rir
cando só queiras chorar.
Os bos amigos son como bravos xinetes
que cabalgando sobre as ás de Pegaso
atravesan a néboa máis espesa e máis escura
ata facela desaparecer
|
|
|
|
|
|
|
|
|