No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LEMBRANZAS

(Á miña avoa,Avelina)

Lembro a túa mirada, ás veces triste
perdida nun pasado que doía
que nunca quixeches compartir
que sufriches ti soa día a día.

Lembro tamén o teu sorriso
e as túas fermosas mans, que eu adoraba
Lembro o teu cabelo recollido
que de noite no leito liberabas
e os ollos aglaiados dunhas nenas
que a túa longa trenza enfeitizaba.

Lembro as túas pisadas silandeiras,
e a túa voz, avoa, xa cansada;
aquel recuncho teu tan orfo agora
de ti, da túa calor, na nosa casa.

E lembro, canto lembro as túas bágoas!


Abril 2012
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS MEUS - Publicado o 08-01-2013 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0