No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PAI
Miña nai perdeu a seu pai cando tiña tres anos. A crueldade da guerra arrebatoullo. Unha guerra que coma calquera outra non entende de orfandades, de soedades que quedan para sempre presas nos corazóns.
Miña nai non ten lembranzas do meu avó. Era demasiado pequena para lembrar. Mais si pode recordar, aínda cunha punzada de dor atravesándoselle a gorxa, as horas que pasaba chorando cando xa era consciente da súa falta.
Eu vivín a traxedia de miña nai a través dos seus testemuños, que eran poucos.
A miña curiosidade infantil levábame en múltiples ocasións a querer saber del. As explicacións eran curtas e escasas. O medo da miña avoa durou ata a súa morte e xamais contou a traxedia do home asasinado polas súas ideas, nin sequera aos seus fillos.
Miña nai foi orfa por partida dobre. Quedou sen pai e sen a súa memoria.
Só moito tempo despois puido coñecer en parte a historia do meu avó.
Por todo isto, polo meu avó perdido na memoria tantos anos, pola dor de miña nai toda unha vida, un día, da miña propia saíron estes versos:


(Dedicado a miña nai e ao meu avó)

Berros fríos na noite imaxinada,
silencios que encherán todos os días
e no ar fican preguntas sen resposta
que traspasan miradas fuxitivas

E ti, pai arrebatado, dime onde vou
para poder escoitar as túas verbas,
para poder sentir as túas mans,
e apreixalas coa forza dunha nena
que senlleira te buscaba .

Dime onde vou para atoparte
e non ficar así, orfa de ti.
Pai roubado, dime onde vou

Dime onde vou para encher
os meus anos de nena asolagados
no baleiro que medrou da túa ausencia
e nas bágoas que xurdían agochadas.

Dime onde vou para aprender
o que nunca puideches ensinarme
e quedei, coma a area sempre enxoita,
á que nunca molla o mar dela dinstante .

Dime onde vou, pai, dime onde vou
que quero á fin sentir o teu abrazo
que xa vai sendo hora de atoparte
rodeando o meu corpo vello e canso.

Dime onde vou, para volver
ser a nena que soñaba que volvías,
e encontrarme perdida na túa aperta
e descubrirme aí todos os días

DECEMBRO 2011
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS MEUS - Publicado o 07-01-2013 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0