A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire) |
|
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar... |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DALTÓNICO |
|
 A pílula descansaba sobre o pratiño branco que pousara na mesiña de noite. Desde esa posición privilexiada observábaa cun ar de superioridade.
Ela xacía na alfombra, presa dunha repentina inmobilidade que lle estaba roubando o seu último alento.
Antes de expirar aínda tivo tempo para adicarlle un último pensamento á pílula, convencida da súa culpabilidade, de que algún estraño poder lle fora conferido para obrigala a escoller a pastilla equivocada.
Agora, mentres uns enfermeiros retiran na padiola o seu corpo inerte, unhas mans culpables recollen sixilosas o pratiño branco e o pastilleiro cheo de pílulas verdes e vermellas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|