No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DOR
Dóeme o alento
e as bágoas
que feren coma lapas ardentes,
e atravesan sucos de cinza
para queimarche a alma.


Dóeme o pranto
e a rabia
que me baleira, que me afoga,
coma a marea
que arrastra areas brancas
cando abraza a praia.

Dóenme as palabras,
as que aboian no aire
e se volven armas
sen querer
e as que fican gardadas,
agochadas no silencio,
sumidas no medo
de non ser.

E non quero esta dor
que me asolaga
que me deixa senlleira,abandonada
ás portas dunha vida
que renega de min,
que me repudia,
que me ten retida ao outro lado,
mentres loito inútil por rozar sequera
o seu lene tacto, que descubro
tan distante, tan esquivo
tan ansiado!


29 -4- 2013
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS MEUS - Publicado o 04-04-2014 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0