A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire) |
|
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar... |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
AO TEU SORRISO |
|
Ergues a mirada e sorrís, dedícasme unha vez máis un deses teus sorrisos tan doces.
Ergues a mirada e ficas aí nun lugar inapreixable por min, nun lugar onde agochas o que non queres que vexamos, onde ocultas aos ollos dos demais o que só é teu, o que só a ti che pertence.
Mírote con disimulo, de esguello, cando creo que estás distraída e non te decatas, cando supoño que baixaches a garda e sen querer deixas que asome, apenas un intre fuxidío, a túa dor?
Pregúntome de onde sacas esa forza que te transforma cada día e se será abondo resistente como para seguir soportando o peso desa ausencia.
Pregúntome se non estoupará en mil anacos levando por diante o teu sorriso e facendo que a dor contida tanto tempo se abra camiño e encha o ar das bágoas que mantiñas prisioneiras.
Abril 2014
|
|
|
|
|
|
|
|
|