A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire) |
|
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar... |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SIMBIOSE |
|

Os días de xullo van ficando atrás
nas mañás de praia,
mergullado o corpo no atlántico frío que aguilloa a pel
e logo agarímaa co seu tacto lene de ondas distantes,
na visión das illas pertas que te saúdan no teu continuo retorno
de volver sen terse ido,
porque ti formas parte desa praia longa de area branca
cercada polas dunas e as illas
por iso sempre estarás aí,
serás un gran de area fina,
serás un sopro da brisa que eleva o voo das píllaras,
Serás escuma,
serás rocha,
serás alga,
serás unha raiola que converte en prata
o manto do mar cando morre o día.
(xullo 2020)
|
|
|
|
|
|
|
|
|