Esquencérame contarche....


O meu Blog personal
Relatos dun mestre xubilado, opinión, comentarios...que postos nunha rede social desaparecen en pouco tempo

O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Salvar a rata

O corpo de bombeiros da cidade alemá de Beasheim, cubriuse de gloria e convertéronse en heroes das redes sociais, non é para menos a súa heroica acción: Salvaron unha rata, unha rata feliz, que debido a súa obesidade quedou presa nun desaugadoiro da rúa.
A alarma deuna unha nena que a viu. e chamou ós bombeiros. Estes saíron de contado como se calquera outra catástrofe se tratara.
A nena será alumna dunha escola moderna na que o animalismo e unha materia das que modelan o esquema de pensamento da sociedade. E se cadra a nena xa sabe que os ratos e as ratas están filoxenéticamente máis próximas o home (e á muller) que os cans, por exemplo.
Aínda que non sexa politicamente correcto, ou se cadra por iso, espero que as autoridades sanitarias sigan cos seus plans de desratización onde sexan precisos, e coa exterminación de formas de vida gravemente prexudiciais para o home, penso na Avespa asiática, piollos e pulgas, chinches e xa non digamos virus e bacterias. Porque eu non oio a ninguén distinguir por clases de formas de vida…
Comentarios (0) - Categoría: Pensamento - Publicado o 28-02-2019 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón