Esquecérame contarche....


O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SAGRADO CORAZÓN (II): OS PRIMEIROS PASOS
O día 1 de setembro de 1930, reúnense en Castro de Rei, na casa de Doña Vicenta, os curas de Azúmara e Castro do Rei, Balmonte, Bazar, Bendia e Loentia, Duancos e Ourizón, Goberno, Santa Leocadia, Ludrio, Outeiro e Pacios, Ramil, e Villadonga. Tamén están D. Ramón Domínguez Lopez, veciño de San Julián de Mos e tamén cura, José Saavedra de Villadonga, Alejo Ceide e José Blanco de Castro de Rei, Antonio de Benito de Santa Leocadia, José María Pillado de Coea, Carlos Rey-Stolle Pedrosa e Alejandro Rey-Stolle Raviña que sendo de Barcelona, están agora en Coea. Escusáronse os curas de Duarría, Mos, Quintela e Triabá, e D. Clemente Engrova, que foran invitados.
Despois do recitado do Padrenuestro, polo cura de Castro de Rei, D. Alejandro expón o seu proxecto de erixir un monumento ó Sagrado Corazón, nun dos picos máis elevados dos que rodean a vila de Castro de Rei, e que sexa obra de tódolos veciños do concello que queiran colaborar.
Aproban o proxecto por unanimidade e con entusiasmo. Proceden a nomear: Xunta de honra e Xunta executiva.
Xunta de Honra:
Os bispos de Lugo e Mondoñedo, presidentes.
Gobernadores Civil e Militar, Presidente da Deputación, Presidente e Fiscal da audiencia, delegado de Facenda, Alcalde de Castro de Rei; vocais
Secretario do Concello de Castro de Rei, Secretario.
Xunta Executiva, son elexidos:
O Sr cura de Santa Leocadia, D. Plácido Puente García, Presidente
D. Clemente Engrova, Secretario.
D. José María Pillado, Tesoureiro.
D. Francisco Arias, D. Marcelino Fernández Quintana, D. Ramón Perejón, D. Gonzalo Quiroga Valcárcel, D. Alejándro Rey-Stolle, D. Silvano del Río Ramos, D. José Saavedra y D. Darío Santomé; vocais.
Tendo en conta as distancias e malos camiños, que dificultarían as reunións de tantos membros, acordan nomear un Comité Executivo, con amplias facultades formado polo Presidente, o Secretario e o Tesoureiro. E que empecen a traballar xa, a ver se se pode inaugurar o día 31 de Xullo de 1931, dia de San Ignacio.
Acórdase que cada cura nomee na súa parroquia un encargado de recadar as esmolas que houbera.


(1) Reparemos en que a devoción ó Sagrado Corazón, foi creada e fomentada pola Compañía de Xesús ou Xesuitas, orde fundada por San Ignacio de Loyola, da que eran membros dous fillos de Don Alejandro Rey-Stolle, grandes impulsores deste monumento. ^
Esquecéuseme contarche
Comentarios (0) - Categoría: Sagrado Corazón - Publicado o 18-10-2019 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón