Esquecérame contarche....


 RECOMENDADOS
O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sagrado Corazón Rematado

O MONUMENTO REMATADO
O monumento estaba rematado e listo para a inauguración. Prevista para o 31 de Xullo de 1931. Pero a situación política non era a máis propicia. A Xunta xestora consulta ó bispo de Lugo, que era o “Administrador Apostólico” mentres o bispado de Mondoñedo estaba vacante.
Deciden facer unha inauguración con solemnidade exclusivamente relixiosa para o mércores, nove de setembro. A Xunta cursa oficio ó alcalde, comunicando a inauguración e bendición do monumento, solicitando autorización municipal de tal acto público, e invitando á corporación a participar.
Os actos previstos comezarán ás 10 da mañá, coa recepción na igrexa do Bispo de Lugo, Dr. Balanzá, que procederá á confirmación de douscentos noventa e tres rapaces e rapazas de moi diferentes idades.
Misa solemne
Traslado ó sitio do monumento, para a súa bendición solemne.
É intención da Xunta facer unha estrada de acceso ó Sagrado Corazón, así coma un Viacrucis que dende o atrio se Santa Leocadia suba ata o monumento. Ambos proxectos foron realizados e o monumento é accesible en automóbil, e a pé por un fermoso sendeiro, marcado por catorce cruces de pedra, cada unha coa representación, en bronce, da escena da Pasión de Noso Señor XesusCristo que lle corresponde.
Como obra de ámbito municipal, de carácter relixioso, mantivo a presenza e deu testemuño dos fins para os que foi erixido, manténdose en bo estado,durante sete decadas, pero o entorno víase manifestamente mellorable. Isto levou en xulle de 1995, o veciño de Santa Leocadia, Luís Fernández Barja a propoñer a mellora, falou co Alcalde de Barrio, Luís Andión, e coa colaboración do Alcalde Arturo Pereiro Vilariño, acometeron a obra de facer no sitio unha especie de área recreativa, axardinada e dotada de mobiliario.
A imaxe, no alto do pedestal de catorce metros, no cumio do monte da Escrita, tamén sufriu os embates da meteoroloxía chairega, e presentando signos evidentes de erosión, o párroco de Santa Leocadia e outras parroquias deste concello Don Xosé Manuel Carballo Ferreiro, acometeu o cambio da imaxe, a orixinal, deteriorada aínda vale para expoñer, e trasladouse ó atrio. A nova imaxe de XesúsCristo abrazando a tódolos chairegos dende a Escrita, foi feita en granito polo escultor Novo, d Palas de Rei.
A semana pasada, puiden ver como foi dotado o Viacrucis dun piso de asfalto. Unha grata sorpresa e unha inxección de ánimo comprobar como segue vixente o espírito que levou ós nosos antergos a erixir o monumento o Sagrado Corazón.

Esquecérame contarche...
Comentarios (0) - Categoría: Sagrado Corazón - Publicado o 16-01-2020 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón