Esquecérame contarche....


 RECOMENDADOS
O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aquilino Iglesia Alvariño en Castro do Rei

Aquilino Iglesia Alvariño, poeta de Villarente, tamén estivo ligado Castro de Rei, onde viviu, e fixo dous cursos de preparación para ingresar no Seminario de Mondoñedo. O feito da idea dun bo nivel académico e dun bo mestre, ó que lle confiaron ó rapaz, que tiña 12 anos, nos anos 1921 e 1922.
Rematada a escola na Graña, en Castro de Rei viviu de fonda, na casa que está o principio da rúa do seu nome, á esquerda segundo se sae para Portomuiño, despois da de Falcón, fronte á que era Casa do Concello.
Era de Seivane de Villarente, dicía: “aldea no corazón da montaña”. Dunha casa dende a que tiña “altura de visión” e “lonxanía de horizonte”, aquí, en Castro de Rei, seguiu en contacto coa naturaleza e co entorno campesiño que foron o substrato para a súa creación poética que seguiu medrando na Escola poética do Seminario de Mondoñedo.



MES DE XANEIRO

Mes de xaneiro. Vai frío.
Treman as arbres espidas.
A lúa trema no río.

As sombras das bidueiras
nos vellos camiños baixan,
beber a lúa ás poceiras.

Alá no meu corazón
ruxe a represa de lúa
dos muíños da emoción.

¬-Ai quén puidera afogar
o corazón dolorido
na represa do luar!-

Ríos de lúa luíña,
pasou lixeira nadando
unha estrela pequeniña.



Nos caneiros da emoción
armei un día o trasmallo
de seda dunha canción,

Cando o fun desarmar
estaba todo cheíño,
cheo de luz do lúar
(Aquilino Iglesia Alvariño)
Comentarios (0) - Categoría: Senlleiros - Publicado o 24-02-2019 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón