Esquecérame contarche....


 RECOMENDADOS
O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sagrado Corazón III: Xestións- Castro de Rey, Lugo e Barcelona
A construcción do Monumento en marcha

A comisión executiva contacta co marmorista de Lugo, Victorino Fernández Reija. que dende o seu taller, na rúa Obispo Aguirre, nº 1, consulta con talleres de varios sitios e envía fotos de imaxes en pedra, de tres mil cincocentas pesetas; e en mármore de catro mil duascentas pesetas.
Á hora de elixir o emprazamento, buscando un sitio elevado, cerca da estrada, e que se vexa dende a vila de Castro de Rei, capital do concello. Dous sitios parecen igualmente axeitados: o monte da Escrita e o monte das Manguelas. Este está mais preto da estrada, e é máis visible dende ela. Parece que a facilidade para facerse co terreo para colocar o monumento será unha razón de peso para poñelo onde está, xunto coa súa proximidade a igrexa parroquial. Logo xurdiu a idea de unir os dous espazos sagrados cun Via Crucis, que foi feito nos anos corenta.
A obra tivo o reflexo que precisaba na prensa da época, a prensa católica tiña ampla difusión, e da asemblea inaugural do proxecto tivo reflexo na prensa local “La Voz de la Verdad”, e no da Coruña “El Ideal Gallego”; e incluso na nacional “El Debate”.
En La Voz de La verdad saíron notas coa colaboración económica dos contribuíntes o longo da primeira metade do ano 1931. Foran impresas cincocentas circulares e distribuídas por todo o concello, e tamén a forasteiros que tiñan raizame entre nos.
Nese tempo. Don Alejandro Rey-Stolle, Maxistrado na Audiencia de Barcelona, fai xestións con arquitectos e escultores, xunto co seu fillo Xesuíta, tamén Arquitecto Técnico, e sen deixar de manter contactos coa Xunta Executiva do Monumento, despois de barallar opcións, decídense pola imaxe feita en Barcelona polo escultor Carlos Flotate

Comentarios (0) - Categoría: Sagrado Corazón - Publicado o 16-12-2019 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón