Esquecérame contarche....


O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Sindicato de Santa Leocadia III.A Asociación
Boi Schywz A Asociación en marcha

Constituída a asociación, e rexistrada, créase a Caixa Rural de Santa Leocadia, unha entidade bancaria, para o funcionamento financeiro.
A Caixa Rural se Santa Leocadia paga un interese do 3% ós impositores, que no comezo da súa andaina, en 1921, son 99, veciños de Santa Leocadia e parroquias lindeiras ou próximas. Hai un impositor de Santiago, e outro de Xermar. A súa veciñanza é:


Santa Leocadia 53
Goberno 8
Azúmara 7
Bazar 6
Castro do Rei 6
Quintela 4
Prevesos 3
Torneiros 1
Muimenta 1
Pacios 1


O Capital imposto é de 1247 pesetas.
O número de impositores vai en aumento, ata acadar os 172 nos últimos anos dos que teño datos, 1937. Algúns de importante cantidade (20000 pts un, e outro 5000 pts). En 1933 o capital imposto marca un máximo de 30260 pesetas.

Con estes cartos, a Cooperativa adquiría todo tipo de mercadorías para consumo: bocois de viño, de Ribadavia, dos Peares, Quiroga e de "Castilla". De aceite de oliva de Alcañiz.. Canto se podía atopar nunha tenda de ultramarinos da época.
Para a produción agropecuaria, trae un boi semental de pura raza Schwyz, adquirido en Bilbao por 558,70 pesetas. Traen catro arados, por 894, 15 pts, que aluga a cooperativa ós socios. Abonos e sementes son adquiridos dende a Federación de Sindicatos Agrarios de Lugo, á que pertence o de Santa Leocadia e pola que están informados de todo canto atinxe a actividade agrícola e gandeira.

Toda esta actividade, necesitaba dun local importante, e dende o principio, a asociación púxose á obra, e durante o ano 1923, xa estaba levantado e cuberto de boa lousa de Valdeorras a primeira parte da Casa Social de Santa Leocadia, que non tardou en quedar pequena e en 1925 acordaron facer unha segunda peza para ampliar o local.

Comentarios (0) - Categoría: O Sindicato - Publicado o 03-05-2019 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón