Esquecérame contarche....


O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Sindicato de Santa Leocadia I. Anos vinte
Os anos vinte - Santa Leocadia

Rematara en 1918 a primeira guerra mundial, que viña de producir unha grande inflación e desabastecemento nas cidades de bens de primeira necesidade. O gran beneficio da posición de neutralidade de España, foi para as zonas industriais e mineiras, o consumo de carbón, aceiro, armas, tecidos etc. polo países en guerra, permitiu pagar a débeda exterior e saneou a economía do estado. Pero estas melloras non repercutiron no pobo traballador, que vía como subían os prezos e moito menos os salarios, e a escaseza dos abastecementos, que se exportaban ós países en guerra.
Outra consecuencia da guerra foi a "gripe do dezaoito", que causada tamén pola guerra, chamábanlle "gripe española" porque a censura prohibía falar dela e das mortes que provocaba neses países.
Estes efectos negativos, producían efectos aínda ben amortecidos na Galicia rural por dúas causas: o illamento e a economía de autoconsumo.
A estrada de Xustás a Xesto (ou ó Covelo) xa estaría feita, e habería unha liña de autobuses á capital, polo menos un día á semana, o resto sería camiños de carro e ncorredoiras… Eran varias as persoas de Santa Leocadia que nunca, na súa vida, foran a Lugo, e dicir, morrian sen ver nunca unha cidade. Este illamento poñería á xente algo a salvo da gripe que asolaba a Europa.
Por outra banda, nas casas producíanse, mais ou menos os alimentos necesarios e os tecidos imprescindibles de la e liño, e artesanalmente íanse elaborando lenzos e pezas de vestir. Esta autarquía, que parece tan pouco desexable hoxe en día, puido ser unha vantaxe nese tempo.
Malia estes atrancos, o sindicalismo comenzaba a agromar entre nós. A Igrexa Católica desenrola a súa Doutrina Social, xa en marcha dende 1891 data da encíclica "Rerum Novarum" do Papa León XIII, dispoñendo da nutrida rede de "axentes" sociais que supoñían os Párrocos, onde os había coa iniciativa e a vontade de impulsar o progreso e a mellora de condicións de vida dos séus fregueses, fundáronse Sindicatos Catolicos Agrarios.
En 1920 hai 486 en Galicia, agrupando a 45.000 campesiños. En toda España soben de 500.000
Os primeiros dos que teño noticia, na provincia de Lugo, son os de Paradela, Riotorto e San Miguel de Reinante, que xa funcionaban en 1915, coma SINDICATOS DE LABRADORES Y GANADEROS.
Van surxindo sindicatos por toda a provincia e crean federacións, a primeira é a de Boveda creada en 1918 e agrupando a 15 sindicatos. En Agosto de 1919 créase a de Mondoñedo con 28 sindictos federados. En 1920 as de Monforte e Chantada, con 15 e en 1921 a de Lugo tamén con 15, entre os que estaba o de Santa Leocadia.
Todas estas federacións compartían como principal campo de acción, o fomento de agricultura e ganadería e a adquisición de sementes, abonos e maquinaria.
Comentarios (0) - Categoría: O Sindicato - Publicado o 04-05-2019 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón