Esquecérame contarche....


 RECOMENDADOS
O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sagrado Corazón IV: A IMAXE
A imaxe orixinal no seu emprazamento actualIMAXE

O 10 de marzo de 1931, asina Don Alejandro o contrato. polo que Don Carlos Flotate realizará unha estatua de dous metros e medio de alto en cemento “Lafarge” (francés) de calidade superior. Paga nese intre mil pesetas, outras mil pagaraas cando estea feito o molde de barro no que se fundirá, e outras mil, cando estea sobre vagón para arrancar cara a Lugo. Total tres mil pesetas. Estará lista para o dia dez de xuño.
Facturado o día doce, tardará seis ou sete en chegar a Lugo, en dous caixóns, cun peso total de 1670 quilos. Canda ela viña unha caixa co mesmo cemento para unir as dúas pezas e reparar algunha falla se se producía na viaxe.
A día de hoxe esta imaxe presenta signos de deterioro pola erosión, e atópase no adro de Santa Leocadia, para onde foi trasladada ó ser trocada recentemente, por outra feita en pedra de granito, polo escultor Novo, de Palas de Rei , que é a que está no monumento.
Contamos que esta resista mais dos cerca de noventa anos que resistiu a primeira a tódolos ventos, choivas, xeadas, neves, sarabias... que a azoutan no cumio do Monte da Escrita.

<>Fotografia: Imaxe orixinal, no adro de Santa Leocadia
Comentarios (0) - Categoría: Sagrado Corazón - Publicado o 21-12-2019 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón