Esquencérame contarche....


O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS

 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Ferrado
O FERRADO

Sempre foi para min, un concepto escuro o do ferrado, unha palabra que aludía a un caixón moi axeitado para transvasar grans, de trigo, centeo, millo, fabas…. que serve para medir a súa cantidade (volume). Con esta palabra, tamén se expresa a mensura dunha superficie de terreo. Parece coma se fose unha de tantas unidades de uso corrente, coma o litro, o quilo, o metro… pero... O contrario destas carece de uniformidade. Velaí algúns datos que fun acadando:
O ferrado é unha medida acordada polos veciños de cada parroquia, non é imposta por ningunha autoridade nin organismo público.
Antigamente, cada parroquia tiña un ferrado patrón, que non se usaba máis que para comparar, asegurando que todos os ferrados fosen da mesma capacidade, era un ferrado feito con madeira máis ou menos nobre (e de máxima estabilidade fronte a cambios de humidade, temperatura etc) e ás veces tallada con adornos. Custodiado por un veciño que tivera o respecto xeral. Era moi probable que os ferrados de parroquias lindantes foran iguais, ou moi semellantes. A distribución por concellos, que sae hoxe nos almanaques, non deixa de ser unha aproximación.
Parece que o nome ven de que se fan unindo con cravos de ferro as táboas que o compoñen (no canto de encaixalas) para darlle mais estabilidade e minimizar variacións por causa de humidade, temperatura…..?
A terra que se sementa cun ferrado de gran, mide un ferrado de superficie.
De aí que varíe tanto dun sitio a outro, pois depende da calidade da terra.
Tamén varía co tamaño do gran, así existen ferrado de centeo, de millo, de fabas…Se non de especifica, enténdese ferrado de trigo.
Esquncéusecheme contarcho
O blog de Ignacio
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-09-2019 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL:
\"www.cerotec(Debe
Comentario:
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón