Esquecérame contarche....


O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARA ESCRIBIR A LA NOVIA...
Para escribir a la Novia

Non había presa, a guerra estaba por rematar e o inimigo non facía xa resistencia. No porto de Alacante milleiros de persoas tentaban coller sitio nalgún barco. para poder fuxir e pórse a salvo, a sona que precedía ó inimigo vencedor, non era precisamente tranquilizante.
Un veciño da miña aldea estaba alí. Contoume da súa estadía, acampados nas aforas de Alacante e alleos e ignorantes dos dramas que se vivían no porto. Da xente que tentaba fuxir en calquera barco, e non había sitio para tantos Sabían que non lles quedaba outra, tiñan que tratar de sobrevivir cumprindo as ordes que lles deran, naquela máquina de morte. E deixando pasar as horas e os días e facendo fronte a un inimigo cruel e teimudo: A morriña

De súpeto. viña voceando a súa mercancía un soldado: Papel para escribir a la noviaaaa….!!!!. Lápiz, tinta, sobre…!!! Sello…!!!

Era outro veciño da aldea, que non perdía o tempo, e coa súa papelería ambulante ía gañando uns cartiños…Non tiña estudos de "Marketing" pero sen necesidade de estudo do mercado, axiña viu o nicho de mercado…
Contábame que o encontro co veciño o reconfortara moito, tan lonxe da casa en un ambiente tan alleo, e máis aínda cando lle ofreceu cartos, que xa llos devolvería aquí, cando volvesen da guerra.
Xa mos volverás aló! e sen presa! Cando che veña ben….
Eu pensaba para min: sen quitarlle o que sen dúbida tiña de boa persoa e xeneroso…seguramente non habería moitas oficinas bancarias ó xeito, onde depositar a recadación da papelería ambulante…
O meu amigo rexeitou a oferta, tampouco era home gastador e íase amañando coa paga de soldado e co que lle mandaban da casa…
Comentarios (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 06-09-2019 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL:
\"www.cerotec(Debe
Comentario:
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón