Esquecérame contarche....


O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Domicilio Social

A Casa Social

Unha das primeiras iniciativas da Cooperativa foi a construción dun local, base para acadar os seus obxectivos. Precisaba lugar de reunións dos socios, sala para conferencias, almacéns de produtos de consumo, produtos agrarios…
Comezouse a facer a obra en 1922, e fíxose case toda ó longo de 1923. Non ben rematada a obra, resultou insuficiente e en 1925 acordase facer un segundo "trozo".
Nomeouse unha comisión encargada dos traballos e materiais necesarios para a edificación.
En 1926 a Caixa Rural destina 4706 pesetas á amortización do déficit producido pola construción do primeiro tramo e con 5209 para o segundo tramo. Solicítase a prestación persoal de socios e veciños, pois é preciso arrancar pedra na canteira de Cabana, e traela ata a obra, o mesmo co barro da barreira de Edrosa,,,? así como árbores para as vigas…
A prestación de cada un en xornais, materiais etc, foi tasada en cartos e anotada nun libro-diario da obra, para saber o que lle correspondía a cada un no caso de que algún día se vendese o local, segundo consta na dilixencia de apertura de digo libro.
Co cese de actividade da Sociedade Agrícola de Santa Leocadia, o Sindicato (edificio) foi vendido e destiñado polo seu propietario a alugamento de vivenda e dunha taberna-ultramarinos. Hoxe en día atópase en venta polos herdeiros de comprador. Dúas vivendas amplas, coas súas folganzas, moi ben situadas, no Campo da Cruz en Santa Leocadia.

O sindicato era Católico, como dicían os estatutos, e os seus afiliados habían ser catolico-prácticantes. Entre os obxectos, tiña unha imaxe do seu patrón: San Isidro Labrador, que cunha pa na man, está en actitude de serena oración, mentres un anxiño lle guía un carro do país, cargado con apeiros de labranza e tirado por unha xugada de vacas. (San Isidro era madrileño, pero o carro deste é galego)
A imaxe foi levada á Igrexa Parroquial, nunha procesión que o Párroco, don Plácido, organizou coa maior solemnidade: revestido de Bonete, Capa Pluvial. A Cruz Parroquial, o Estandarte. monaguillos revestidos portando acetre co hisopo e incensario e para maior realce, co mellor intérprete: Benito do Tourodal, que co seu requinto tocou a correspondente marcha procesional camiño da igrexa.

Comentarios (0) - Categoría: O Sindicato - Publicado o 09-05-2019 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL:
\"www.cerotec(Debe
Comentario:
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón