Esquencérame contarche....


O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS

 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Timidez
O Tímido

Era un neno moi tímido de seu, medrara en Casalba, na súa casa, á veira do río, un lugar cunha soa casa, a súa. Na compaña do seu avó, o vello Freixeiro, a aboa Adelaida, Seus pais, e dous irmáns, Margarita, a maior, e Benito, o mais pequeniño dos tres.
Dende os seis anos, asistiu á escola, camiñando diariamente, por corredoiras e vereas entre prados, case dous quilómetros de camiño. Á sombra da irmá, que o coidaba e protexía, Adrianiño medrou, non se relacionaba cos outros nenos da escola, se non era a traveso da irmá. Fóra desta niños da irmá, as relacións de Adrianiño eran unicamente co mestre, que consciente desta dependencia do neno, tentou de abrilo ós compañeiros, pero non foi capaz, fora do mestre, o neno so atendía ás indicacións da Margarita…
Acabou o tempo da escola, e traballou na casa, unha casa ben acomodada de labradores, onde o sustento e o traballo non faltaba, Sempre á sombra da irmá, e na compaña do Victoriano, os tres víanse en feiras, festas ou actos sociais. A relación coa sociedade seguía manténdoa Adriano, a traveso da Margarita, o tempo que el proporcionáballe a protección que supoñía a súa presenza cabo da irmá, sobre todo dende que o Benito marchara para Barcelona.
Tódolos anos ían á festa do San Pedro, en Santa Leocadia, onde tiñan parentes e coñecidos. Entre estes estaba unha mociña, que dito sexa de paso, podemos dicir que era das máis guapas da festa. Unhas miradas mutuas, bastaron para entenderse e darlle forza ó Adrián, para dar uns pasos e poñerse á beira da moza. Nada máis ca proximidade e miradas expresivas, pois a rapaza tampouco era faladora, mellor dito, tamén era algo tímida. Mais tarde sacouna a bailar, que xa practicara na casa o baile coa Margarita aproveitando que mercaran o inverno pasado, unha radio en Radio Meilán. Moi nervioso e tenso, ousou preguntarlle polo camiño da súa casa, e se lle daba permiso para ir a véla algunha tarde de domingo. Permiso que lle foi concedido de moi boa gana.

Pouco antes de rematar a festa, colleron as bicicletas, e arrincaron para as súas casas, cos veciños… O Adrián ía pletórico, semellaba que o pedaleo non o cansaba nin costa arriba…. En menos dunha hora estaban entrando pola currada da casa. Cenaroon algo, e deitaronse, e Adrián adormeceu coa Delia (Así se chamaba) no pensamento.
Pola mañá, cando espertou, invadírono outra vez os demos da timidez, entroulle medo a non ousar ir á casa dela, a quedar sen poder dicirlle nada, a facer o ridículo…

Malia todo, foron numerosos os lugares, nos que coíncidiron aquel verán, en feiras festas, sempre un saúdo, unhas miradas e un paseo xuntos…

Chegou o mes de outubro, acordaron os dous irmáns iren ó San Froilán.
Paseando pola rúa de San Marcos. Adrián detívose a mirar o escaparate da librería Celta. Alí estaba exposto un libro que se titulba "COMO VENCER LA TIMIDEZ", nono dubidou entrou e mercouno. Xa lle tardaba por chegar á casa e lelo de coiro a coiro.
Foron puntuais para a saída de regreso do autobús. Pero aínda retrasou a saida, pois o Xil, esperaba ata que regresaran tódolo pasaxeiros que viñeran con el.
Aquel libro foi a verdadeira perdición do Adrianiño, léuno afeito, e empezou a amosar comportamentos extraños.
Seguindo as instruccions que poñía o libro, sobre practicar, atopaba por exemplo, un garelo de maíz ou un poste da luz, paraba e dicíalle, nun castellano moi coidado: "Buenos dias ¿Cómo está usted?"------------"Yo bien, muchas gracias"----------"Pues, hace mucho tiempo que no tengo el gusto de saludarle"---..
Outras veces subía a unha parede, e daba unha conferencia a un público imaxinario sobre como fritir un par de ovos…. Ou sobre como parchar unha bicicleta…: "Primeramente se invierte la posición de la bicicleta, haciéndola descansar sobre el manillar y el sillín, a continuación se procede al desmontado de la rueda, ohaciendo girar las palomillas a izquierdas……." Ou sobre calquera outro asunto.
O Adrián tomaba precaucións para que ninguén o vise facendo estes exercicios, buscando lugares apartados e solitarios. Pero non puido evitar que, tarde ou cedo, se espallase pola aldea, a parroquia, a bisbarra…
Os que coñecían o Adrián, sabian da sua persoalidade peculiar, retraído, apoucado… en fin: tímido. Cada un era do seu xeito e coma el había moitos máis. Pero agora a cousa empeorara, semellaba que se volvera tolo de todo, A opiníon pública actuou a xeito de "mecanismo re retroalimentacion" e foi perdendo equilibrio psíquico, Moceou coa Delia aquei inverno, pero cada vez menos, e logo parou.
Xa non habia volta atrás. O Adrián volverase "toliño redondo".
Comentarios (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 16-04-2019 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL:
\"www.cerotec(Debe
Comentario:
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón