Esquencérame contarche....


O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.

O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS

 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A escola no Sindicato
Na casa Social estivo a escola de nenos de Castro do Rei

O 4 de decembro de 1931, asinase o contrato de arrendamento dun salón, de sesenta e catro metros cadrados, no piso superior, á parte sur do edificio, sito no barrio do Sixto.
O prezo e de duascentas pesetas anuais pagadas por anualidades vencidas e o tempo é por dous anos prorrogados tacitamente ano por ano.
O sindicato comprométese a manter o local en bo estado para o exercicio do ensino e a reparar os danos que non sexan causados pola neglixencia dos ocupantes.
O Concello, imponlle a obriga ó mestre, de cerrar a porta o remate das clases diarias.
Asinan o contrato, don Ramón Perejón Pardo, alcalde, don Plácido Puente García, consiliario de Sindicato. don Leonardo Canto Teijeiro e don Benedicto Tejeda Novo.

Nun oficio do concello de 30 de setembro de 1936, o alcalde don José A. Pacio Seco, comunícalle ó Consiliario, que a escola volve para a vila, e por tanto rescíndese o contrato.

Resumindo: a escola estivo no Sindicato no mesmo período que a República en España.
Comentarios (0) - Categoría: O Sindicato - Publicado o 23-05-2019 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón