Esquencérame contarche....


O meu Blog personal
Lugar para compartir datos que teño na casa referentes á miña parroquia, que coido poden interesar a algún veciño.ou a calquera interesado nestas cousas. E dende o que irei contándovos cousas que me ocorren e que se me ocorren, pensamentos que me veñen, labouras nas que ando e outras lerias miñas que, postas nunha rede social desaparecen en pouco tempo.



contador de visitas

Contador de visitas
Web economica Sevilla


O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS

 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Ferrado II
O FERRADO II
No artigo anterior dicía que o ferrado e unha medida de semeado e non forma parte dun sistema de pesos nin capacidades, aínda que poidamos relacionalo con unidades sistemáticas, expresando cantos gramos pesa un ferrado de … fabas, poño por caso. Ou cantos litros o enchen. Sempre referido a un ferrado concreto usado nunha parroquia ou en varias dunha bisbarra.
En Santa Leocadia o ferrado colle dezasete litros.
Tamén ten submúltiplos: o tego é medio ferrado. Menos usada é a cunca, das que caben doce no ferrado.
E múltiplos: a tega son dous ferrados e a fanega son catro ferrados, aínda que tamén está documentada a fanega de cinco e incluso de seis ferrados. A fanega usada para cantidades de grao en saco, por exemplo para levar ó muiño ó lombo dunha besta.


Esquencéuseme contarche
O blog de Ignacio
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2019 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón