Esquencérame contarche....


O meu Blog personal
Relatos dun mestre xubilado, opinión, comentarios...que postos nunha rede social desaparecen en pouco tempo

O meu perfil
chairego55@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Creciente na Chaira, 2
Creciente na Fieitosa

De momento non houbo creciente, este ano igual libramos…
E eu lembrei outro suceso: Chovera arreo por varios días, pero aquel domingo amenceu sollío. Era domingo de Castro do Rei, habería boa feira, pero…. a creciente fixera pasar o río por riba da estrada, na Fieitosa. Os feirantes que viñeran a pé de Santa Leocadia, Quintela, Goberno…non ían poder pasar.
Eran tempos de escaseza, polos anos cincuenta e tantos…era moi necesario vender algúns produtos da casa, e mercar outros se se podía, pois escaseaban os cartos e os abastecementos.
Dous rapaces de Santa Leocadia, , viron unha fonte de recursos na creciente do río Azúmara, asociáronse coma se fundaran unha sociedade de transporte de viaxeiros e mercadorías para o caso. Un puxo as vacas e o outro o carro, xunguiron e baixaron ata a fieitosa. Estiveron pasando xente mentres houbo quen quixese pasar. Un pouco antes de chegar á fábrica da luz, edificio a veira da estrada, aínda hoxe chamado "A Fábrica" tamén anegado, paraba o carro e procedíase ó cobro da pasaxe, que era pagado de boa gana, ó verse no medio da creciente e preto da ponte que daba entrada na vila e cos pés secos. A liña do "ferri" da Fieitosa, seguiu operativa ata que rematou a feira para permitir o regreso dos feirantes, pois a auga non baixou ata o día seguinte, luns, que xa permitiu o paso de peóns pola estrada.
Comentarios (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 19-03-2019 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Educando en liberdade, responsabilidade, verdade, os espíritos elévanse coma pompas de xabrón