|
|
|
|
| Cambiamos o blog! |
|
Como este blog nos está dando algún que outro problemiña, decidimos cambialo a estoutra direción.
http://cervogaldo.blogspot.com/
A ver se con este nos vai algo mellor.
Unha aperta. |
|
|
|
|
| SAÚDOS DESDE GALDO |
|
Nós somos os nen@s de segundo, aquí vos mandamos unha foto que fixemos fai uns días nun xardín que temos no cole con tulipáns,narcisos e xacintos, agora está cheo de flores.
Tamén temos un invernadoiro con allos leitugas e fresas.
Máis adiante xa vos contaremos máis cousas.
Unha aperta dos nen@s de 2º. |
|
|
|
|
| Traballamos con refráns |
|
 Hoxe, os nenos e as nenas de 1º Curso traballamos en Galdo cos refráns.
Un:
Moita flor na primavera
bon outono nos espera.
Outro:
Ata o corenta de maio
non quites o saio.
E outro máis:
En maio
ainda a vella queima o tallo.
Outro día traeremos máis refráns.
Nenas e nenos de 1º do CEIP Santa Rita de GAlDO |
|
|
|
|
| Saúdos,somos os nenos e nenas de 1º desde Galdo |
|
Ola, somos os nenos e nenas de 1º Curso do Colexio de Galdo.
Mañá seguiremos contándovos máis cousas. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Aquí estamos os de 4º |
|
 Ola! Somos os nen@s de 4º de Primaria do cole de Galdo.
Gústanos a idea de compartir cousas con vós e queremos empezar xa. Aquí estamos todo o grupo. Saúdos!!! |
|
|
|
|
| Saúdos dende Galdo |
|
 Ola compas!!!Estivemos un pouco lentos nesto do intercambio, pero prometemos poñernos ao día con vós.
Esta é a porta principal do noso cole.
|
|
|
|
|
| Saúdos dende Cervo!!! (II) |
|
-Ola nenos/as do cole de Galdo, somos nen@s do colexio de Cervo, facemos este traballo na clase de tic onde traballamos con tablets pc, que son ordenadores portátiles con pantalla táctil. Estamos moi contentos de que os dous coles colaboremos xunt@s para crear este blog e poder coñecernos mellor, esperamos que o blog nos quede moi chulo.
Saúdos: Xoán, Rafa, Carmela, Pablo e Iria B. |
|
|
|
|
| Saúdos dende Cervo!!! |
|
| Ola, somos Laura, Iria C., Cristina, Iván, Martín e Alba do colexio de Cervo. Somos de 5º curso e estamos escribindo isto para o blog na clase de TIC co noso profesor Manuel. Queremos coñecervos mellor, por eso nos gustaría saber os vosos nomes. Esperamos que isto axude a que nos coñezades mellor. Saúdos!! |
|
|
|
|
| Benvid@s!! |
|
Ola a tod@s. Este blog no que te atopas é unha iniciativa dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de dous centros veciños, o CEIP Santa Rita de Galdo, en Viveiro, e o CEIP de Cervo, no concello de mesmo nome.
Esperamos que este vehículo nos sirva como desculpa para intercambiar experiencias, colgar os traballos feitos polo alumnado dos dous centros en prol da nosa lingua e facer así a distancia que nos separa todavía máis curta.
Esperamos que tod@s os que ledes esta primeira entrada vaiades pouco a pouco participando cos vosos comentarios e suxerencias.
Moitas grazas a tod@s e ate pronto!! |
|
|
|
|