Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


El Constitucional rechaza el recurso de la Academia contra el decreto del plurilingüismo
No ve «violación de un derecho fundamental tutelable en amparo». La RAG se planteará llegar al tribunal europeo.

TAMARA MONTERO - Redacción La Voz, 24 de septiembre de 2015


Fin del trayecto, por ahora. La más alta instancia judicial española, el Tribunal Constitucional, ha rechazado el recurso de amparo de la Real Academia Galega por el decreto del plurilingüismo. El tribunal considera que no existe «violación de un derecho fundamental tutelable en amparo» y que por eso no procede admitir el recurso. En una resolución fechada el pasado 15 de septiembre, la Sala Segunda de la Sección Tercera del Constitucional también establece que, si el Ministerio Fiscal no interponía un recurso de súplica en el plazo legal de tres días, las actuaciones se archivarían sin más trámite.

Sin embargo, la RAG mantiene su postura de llegar hasta las últimas instancias judiciales y «esgotar a vía do recurso», por lo que todavía mantienen viva la posibilidad de acudir al tribunal europeo ante una decisión desestimatoria que, según el secretario de la Real Academia, Henrique Monteagudo, «confirma a escasa sensibilidade» que en los últimos años han tenido tanto el Supremo como el Constitucional con las cuestiones relacionadas con «linguas e culturas da periferia, especialmente das linguas». A la espera de un asesoramiento jurídico que permita «valorar con coñecemento máis amplo» la posibilidad de recurrir al tribunal europeo, Monteagudo lamenta esa «escasa sensibilidade» de los tribunales y añade que «sobre todo co Constitucional na sociedade hai, lamentablemente, unha sensación de sesgo político».

La RAG decidió solicitar el amparo del Constitucional al entender que el decreto del plurilingüismo vulneraba los derechos «das persoas galegofalantes» y apelaba al concepto de normalización lingüística. La Constitución recoge el derecho a la igualdad material, lo que obliga a los poderes públicos a quitar los obstáculos que se interpongan en su consecución llevando a cabo acciones positivas en personas o colectivos marginados. La RAG consideraba que un decreto que establece un rígido entre lenguas cooficiales no cumple con esa destrucción de obstáculos -la jurisprudencia del Constitucional establece que dos lenguas oficiales deben de tener presencia en las aulas en pos de la igualdad- y que excluir el uso del gallego en las materias científicas «perpetúa a situación de inferioridade» de la lengua gallega.

El recurso de amparo llegaba después del varapalo del Supremo, que falló que no podía identificarse en el decreto que haya aspectos que vulneren o muestren desconocimiento por la Carta Europea de Lenguas Regionales y Minoritarias. Sobre la distribución de materias por lenguas, afirmó que el decreto no lo hacía de forma arbitraria, ilógica o contraria al Estatuto de Autonomía o a la Lei de Normalización Lingüística y que además no podía hablarse de discriminación del alumnos de ciencias (impartidas en castellano) al no alcanzar las habilidades del gallego, ya que «podría plantearse en sentido contrario, pues quien se incline por letras estaría, cabalmente, en la situación contraria».

Dos puntos fueron anulados
Los primeros pronunciamientos judiciales sobre el decreto del plurilingüismo del gobierno popular los hizo el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que anuló en el año 2012 dos puntos importantes de ese decreto y los que quizá más polémica levantaron en su día: la libertad de los alumnos para utilizar gallego y castellano independientemente del idioma en el que se impartiese la materia y la consulta a los padres de los alumnos de educación infantil sobre la lengua que preferían que se utilizase en las aulas. El decreto del gobierno de Feijoo llegó tras la derogación del aprobado por el bipartito, que establecía que un mínimo de un 50 % de materias debían ser impartidas en lengua gallega.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-09-2015 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Éxito na rede do primeiro diccionario dixital de sinónimos galegos
Gciencia - Ciencia galega

O grupo de investigación en Tecnoloxías da Lingua Galega ultima tamén unha base de datos léxica que xa emprega Google


O Dicionario de Sinónimos do Galego editado pola Universidade de Vigo supera xa as 100.000 consultas en liña e o millar de descargas en Google Play, a tenda de produtos para aparellos con Android, e na App Store de Apple, cifras que os seus autores valoran como “moi elevadas”, xa que a versión móbil leva apenas uns meses en funcionamento. “A obra foi feita con moito traballo e moito amor pola lingua e para nós a máxima compensación é que sexa moi utilizada e ben aproveitada, por iso animamos a todo o mundo a empregala a eito tanto na web coma no móbil”, explica o profesor Xavier Gómez Guinovart, coautor do dicionario xunto a Xosé Mª Gómez Clemente, especialista da Universidade en lexicografía e terminoloxía galega, e Alberto Simões, profesor da Universidade do Minho especialista en procesamento informático de dicionarios.

Portal do diccionario de sinónimos en galego.
Portal do diccionario de sinónimos en galego.
Esta nova ferramenta tecnolóxica-lingüística contén máis de 200.000 voces na nosa lingua agrupadas nunhas 30.000 entradas. “A idea inicial foi pór a dispor do público o dicionario a través da web do Seminario de Lingüística Informática (http://sli.uvigo.es), como facemos en xeral con todos os recursos lingüísticos que desenvolvemos no grupo de investigación en Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (TALG) no que estou integrado”, subliña Gómez Guinovart, ao tempo que explica que a posibilidade de distribuír o dicionario tamén en forma de aplicación móbil foi posterior e xurdiu nunha conversa de traballo cos integrantes da Área de Normalización Lingüística, que editou este traballo a través do convenio de colaboración en materia de normalización lingüística entre a Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. “Considerámolo unha vía máis de potenciar a normalización do noso idioma”, explican os autores.

Ao inicio do proxecto os investigadores carecían de ningún dicionario de sinónimos, nin comercial nin libre, en soporte dixital no que basearse e, por esta razón, optaron por revisar, ampliar e dixitalizar un dicionario de sinónimos tradicional do galego publicado en papel e xa descatalogado: o dicionario publicado por Galaxia en 1997 baixo a coordinación de Camiño Noia, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente, e que contou coa participación de Gonzalo Constela, Xosé Henrique Costas e Valentín Arias na súa redacción, un traballo ao que se refiren como excelente. “Como base do traballo, contamos co conxunto de ficheiros en Word elaborados polos autores da obra orixinal, e sobre estes alicerces, tivemos que realizar un arduo traballo de normalización, revisión e ampliación para chegar ao dicionario dixital co que contamos agora”, explica o autor.

O diccionario emprega como base o de Galaxia publicado en 1997
“O dicionario fonte co que traballamos foi redactado en 1997, seguindo a normativa de 1982. Por tanto, a preparación do dicionario implicou a corrección do texto segundo os criterios normativos vixentes na actualidade”, explican os autores. Esta revisión normativa representou un volume de traballo moi elevado, xa que obrigou a revisar o texto do dicionario na súa totalidade. Unha vez rematada a normalización informática e lingüística do texto, prepararon unha interface web para facilitar a súa consulta pública e emprenderon unha dilatada fase de ampliación e revisión lexicográfica que incluíu a expansión dos sinónimos que dan lugar a pistas perdidas no dicionario e a resolución das remisións lexicográficas desde unhas entradas a outras.

Ao marxe da elaboración do dicionario, os investigadores do Seminario de Lingüística Informática, ao que pertence Gómez Guinovart, atópanse inmersos na construción do Galnet, unha base de datos léxica para o galego ao estilo WordNet do inglés. “Trátase dunha rede léxico-semántica de grande alcance que permitirá un salto cuantitativo no procesamento informático da nosa lingua, en aplicacións das tecnoloxías lingüísticas como a tradución automática, a recuperación da información, a clasificación automática de textos ou o resumo automático”, recalca o investigador, que exemplifica a importancia desta nova ferramenta adiantando que xa foi adoptada por Google como parte da tecnoloxía utilizada na actualidade por Google Translate para a tradución automática da lingua galega.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-09-2015 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Ateneo Ferrolán - Congreso: "Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns"
O Ateneo Ferrolán organiza os vindeiros días 11 a 15 de novembro un Congreso baixo o título "Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns".
Para propoñer algún traballo de investigación é preciso encher a folla de inscrición que se pode baixar nesta ligazón:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/09/convite-participacion-no-congreso.html
A organización do Congreso está aberta a todas as propostas que suxiran as investigadoras e investigadores mais considera necesario sinalar como aspectos de especial interese o papel da muller na emigración a Cuba, a participación da emigración na vida política e social de Cuba (en épocas como a independencia ou a revolución cubana e en áreas significativas como o sindicalismo ou o xornalismo), as transferencias culturais entre Galiza e Cuba (arredor da música, a arquitectura ou a gastronomía, por exemplo), a influencia da emigración en Cuba na formación da identidade nacional galega, a tarefa desenvolta na Galiza polas sociedades de instrucción dos emigrantes ou a repercusión económica e social dos investimentos e remesas
dos emigrantes na súa terra de orixe.
Para participar no Congreso é preciso encher a folla de inscrición cos datos da persoa ou persoas que desexen presentar algún traballo de investigación ao Congreso, e un breve resumo ou explicación do contido do traballo e envialo á secretaría do Ateneo Ferrolán (secretaria@ateneoferrolan.org) antes do 30 de setembro de 2015.
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-09-2015 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Prolingua denuncia a "exclusión" do galego de Xuventude Galicia Net
Redacción | @prazapublica


Esta fin de semana celebrouse en Silleda Xuventude Galicia Net, a maior party informática de Galicia, con ao redor dun milleiro de participantes, e xa quince edicións ás súas costas. Durante 72 horas os e as inscritas puideron gozar de forma ininterrompida dun posto con conexión de altas prestacións para o seu equipo informático, con dereito a acampar no interior do pavillón e a participar en máis de 30 actividades distintas.

"De querérmonos inscribir, non podemos facelo en galego; e de navegarmos polo portal do Xuventude Galicia Net, nada de galego, e o mesmo podemos dicir das redes sociais ligadas ao evento"

Prolingua denuncia que a lingua galega ficou "excluída" do evento: "a pesar de levar na cabeceira o nome de Galicia, o galego está ausente de todo o demais", sinala a plataforma. "De querérmonos inscribir, non podemos facelo en galego; de consultarmos as normas do encontro ou de conectármonos ao seu streaming, unha e outra vez a mesma canción: só castelán; e de navegarmos polo portal do Xuventude Galicia Net, nada de galego, e o mesmo podemos dicir das redes sociais ligadas ao evento", critican. Prolingua subliña que esta "exclusión" non se dera nas edicións anteriores, pois "abonda con consultarmos o timeline do facebook ou do twitter das anteriores edicións para comprobarmos como daquela se dirixían con toda normalidade en galego aos seus seguidores".

"Dóenos moito que quen debería ser o principal valedor do galego, a Xunta de Galicia, rompa unha vez máis con ese compromiso que está na cerna da súa razón de ser"

O Xuventude Galicia Net conta co apoio da Xunta, que asinou un convenio de colaboración de 25.000 euros para a súa organización. A este respecto, Prolingua afirma que "dóenos moito que quen debería ser o principal valedor do galego, a Xunta de Galicia, rompa unha vez máis con ese compromiso que está na cerna da súa razón de ser". "Que foi da ratificación legal de prestar todos os servizos públicos preferentemente en galego publicada nun DOG no pasado mes de abril? Xa é papel mollado?", pregúntase. "Tamén nos doe que entidades públicas como a Deputación de Pontevedra ou o Concello de Silleda actúen como mudos patrocinadores dun novo desprezo á lingua propia de Galicia", engade.

ProLingua expresa o seu desexo de que "a Xunta de Galicia, e o mesmo outros organismos que deberían ser exemplo no uso normalizado do galego, non patrocinen eventos que salientan pola ausencia da nosa lingua"
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-09-2015 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
A Mesa carga contra o Concello da Coruña por uns formularios en castelán e inglés
A Mesa pola Normalización denuncia que "a nosa lingua continúa desaparecida dos trámites usuais do Concello da Coruña". A responsábel da Mesa na Coruña Celia Armas puxo como exemplo os formularios de domiciliación bancaria das Escolas Municipais de Música, "redixidos exclusivamente en castelán e inglés".

Por Galicia Confidencial - A Coruña - 18/09/2015


“Parécenos unha burla que existan a data de hoxe formularios que exclúen a lingua propia de Galiza, vulnerando a lexislación e dificultando o uso normal do galego perante a administración pública” afirmou.

Celia Armas engadíu que desde A Mesa pola Normalización Lingüística da Coruña, “agardamos que este exemplo de desprezo pola nosa lingua e polos seus falantes sexa subsanado inmediatamente e que desde o concello se camiñe, como fora comprometido, cara unha normalidade na presenza pública da nosa lingua”.

Ademais mostrou a disposición da Mesa a colaborar co concello en todo canto for preciso para recuperar a presenza pública do galego en todo canto dependa da administración municipal.​ O acalde da Coruña foi un dos primeiros en recibir A Mesa tras as eleccións do 21M. O municipio non respondeu polo de agora as críticas da Mesa.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-09-2015 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
A Garda Civil négase a atender unha consulta por ser en galego
Sermos Galiza

Un veciño de Gondomar, Xosé Luís A., viu como en reiteradas ocasións lle ordenaban falar en español e non en galego para que a súa solicitude fose atendida polo instituto armado. Negouse a cambiar de idioma e a petición ficou sen cursar.


Xosé Luís Alborés, veciño de Gondomar, decidiu chamar ao Cuartel da Garda Civil para se interesar se era ou non conveniente cursar unha denuncia contra un veciño, "con antecedentes penais", que o ameazara con bater cunha pedra. "Quería facer unha consulta", explica este mozo. Mais o que non agardaba Xosé Luís é que unha simple chamada telefónica puidese derivar nun 'calvario' polo simples feito de empregar o idioma galego.

"Foi comezar a expoñer o meu caso", lembra Alborés en conversa con Sermos Galiza, " e o axente mandarme que falase español, a continuación mandarme que non falase galego e, a seguir, que, por favor, lle falase en español". Todo na mesma conversa. "Dúas ordes e unha petición", como explica o afectado. Lonxe de ceder, e segundo el mesmo explica, optou por colgar o teléfono e personarse no Cuartel da Garda Civil. Mais en persoa a actitude foi a mesma que por teléfono. "Tanto o comandante como a persoa que me atendeu insistían en que debía dirixirme a eles e facer a solicitude en español".

Algo que lle reiteraron en varias ocasións. Mesmo lle indicaron que, se quería que a denuncia ou petición fose atendida en galego, se dirixise á Policía Local de Gondomar. Para a Mesa pola Normalización Lingüística, "o feito de non ser atendida a denuncia polo feito de se expresar no seu idioma supón un grave prexuízo e unha inadmisíbel discriminación para este cidadán". Alborés, ante a actitude mantida polos garda civís, exixiu a folla de reclamacións. Mentres a cumprimentaba, lembra, "as caras deles eran desas de 'Ti, rapaz, non sabes onde te estás metendo".

O artigo completo, neste nº162 do Sermos Galiza, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 10-09-2015 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
24 O: mobilizacións simultáneas en Bretaña, Córsega, Occitania e Alsacia na defensa das súas linguas e culturas
Tamén Iparralde, Catalunya Nord, Antillas ou Illa Reunión realizarán ese día actos para reclamar “un estatus para a nosa cultura” fronte ao centralismo francés.

Sermos Galiza


O vindeiro 24 de outubro haberá unha vaga de mobilizacións en diferentes territorios baixo soberanía francesa para defender as súas culturas e linguas fronte ao centralismo francés. Bretaña, Alsacia, Córsega, Occitania, Iparralde e Catalunya Nord van ser escenario de actos de diferente tipo baixo o cjamdo 'Un estatus para o noso país, un estatus para a nosa lingua e cultura'. Estas mobilizacións tamén terán lugar nos coñecidos como 'territorios de ultra-mar' franceses. Así, nas Antillas, na Illa Reunión ou na Guaiana decorréran diferentes actividades reclamando o respecto das súas identidades culturais e nacionais.

“Poder central arrogante”

No caso de Bretaña a mobilización do 24 en Carhaix vai precedida, o 23, dun debate en Quimper. A manifestación, salientan as entidades convocantes, como Kevre Breizh, demanda a reunificación de Bretaña, dotar de capacidade ás entidades bretoas para decidir en eidos como o económico e o cultural ou a co-oficialidade do bretón, entre outras cuestións. “Denunciamos un poder centralista e arrogante que vai contra os principios democráticos".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 02-09-2015 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
O embaixador de Xapón fala en galego ante un Feijóo que usa o castelán
O embaixador de Xapón fala en galego ante un Feijóo que usa o castelán na sinatura dun convenio para promover conxuntamente os camiños de Santiago e o da illa nipoa de Shikoku.
http://praza.gal/falase/25931/
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 02-09-2015 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal