Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Ficha de datos para os participantes no certame A mocidade coa lingua 2014
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-09-2013 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Ficha de datos para os participantes no certame Teatro con g 2014
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-09-2013 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Avance Poesía e Imaxe 2014
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-09-2013 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
En galego, de película - avance de datas previstas
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-09-2013 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
O outono trae dúas estreas de Vidal Bolaño para público infantil


Sermos Galiza

Os días 3 e 4 de outubro estrearanse dúas obras para público infantil de Roberto Vidal Bolaño. Serán na mesma rúa do centro histórico de Compostela mais en teatros diferentes. Cachirulo ofrece a montaxe de “Romance dos figos de ouro” no Teatro Principal e ao día seguinte o CDG en coprodución con Teatro de Noroeste levará á escena “Touporroutou da lúa e o sol”.


No marco do Festival Galicreques, a Compañía Cachirulo estrea no Teatro Principal o próximo día 3 de outono a obra “Romances dos figos de ouro” , unha peza de fantoches de variñas e fíos coa que a compañía quere mostrar a súa homenaxe a Roberto Vidal Bolaño no ano que se lle dedicou o Día das Letras Galegas. O autor relatou nesta peza a historia dun Meco que existiu no Grove ademais doutros que fixeron as súas trasnadas en Portugal.
No día seguinte, o día 4, na beirarrúa de enfronte, no Salón Teatro, será Teatro do Noroeste en coprodución co CDG e a colaboración da Escola Superior de Arte Dramática quen leve a escena “Touporroutou da lúa e o sol”, dirixida por Eduardo Alonso. O espectáculo toma parte da programación especial dedicada ao autor do Día das Letras Galegas e que ocupa case a totalidade da actividade escénica do centro público.
Definida como “farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa” a obra está protagonizada por catro titiriteiros que contan historias sobre os astros, o dioivo, os días e as noites... por medio dos máis variados elementos.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-09-2013 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
Ficha de datos para os participantes no certame de poesía Ricardo Carvalho Calero
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-09-2013 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
V XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA - SAN SADURNIÑO
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-09-2013 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
O Congresso da Asociaçom Internacional de Estudos Galegos terá lugar na Argentina em abril de 2015
Diario Liberdade


Sermos Galiza - No 2012, a Asociación Internacional de Estudos Galegos celebraba o seu décimo congreso internacional en Cardiff, Gales, do 12 ao 14 de Setembro, simultaneamente cun Obradoiro de Estudos Rosalianos. O lema do congreso foi “Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos Estudos Galegos”.

A AIEG vén de tomar a decisión despois dun debate entre socios e socias buscando as datas máis acaídas para a organización do importante evento que convoca a especialistas en estudos galegos de todo o mundo.

A Asociación organizou os seus tres primeiros congresos nos Estados Unidos. Pasaría logo a Europa ao escoller Reino Unido e Alemaña como sedes. Habana e Bahia serían citas relevantes do encontro de especialistas en estudos galegos en Latinoamérica e Barcelona, a única sede estatal do congreso, cando asume a presidencia Basilio Losada. En 2009, o Congreso desenvolveuse por única vez na Galiza, con sedes na Universidade da Coruña, Santiago e Vigo.

Desta volta, a presidencia de Débora Campos, profesora na Universidade de Bos Aires e coñecida xornalista e dinamizadora dos estudos arredor de Galiza e a cultura da emigración e o exilio debeu pesar á hora de inclinar a balanza cara a capital arxentina. Ámbito de desenvolvemento dunha parte relevante da cultura galega creada por tantas persoas que tiveron no país americano o seu destino.

O traballo de investigación arredor dos estudos galegos desenvolvidos nos Estados Unidos con especialistas como Kathleen March ou González-Millán está na orixe da asociación que logo se expandiu a través dos Centros de Estudos Galegos máis os lectorados que existen ao longo do mundo.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-09-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
LIVIAO DE MARRAO "NARCO-CORRIDO RIBEIRAO"
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 27-09-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Reclámanlle á Xunta que actúe ante a supresión de aulas de galego no Bierzo
Sermos Galiza

A Junta de Castela e León está a suprimir aulas de galego no Bierzo, incumprindo o convenio asinado coa Xunta de Galiza para a promoción da lingua na comarca. Tanto a Academia Galega como o Consello Escolar do IES de Cacabelos -un dos afectados- diríxense ao goberno galego para que faga cumprir o acordo subscrito polas dúas institucións.


Quer a Academia quer o Consello Escolar do Instituto de Cacabelos -no que se suprimen aulas de galego co alumnado xa matriculado- dirixen as súas protestas á Xunta de Galiza para que faga cumprir o convenio entre as dúas administracións, de modo a manter as aulas da nosa lingua na comarca. A Academia Galega, a través do seu correspondente na comarca, solicítalle á Secretaría Xeral de Política Lingüística que exerza o “control lóxico” sobre o cumprimento do Programa de Promoción do Galego asinado por ambas institucións.

Os recortes no ensino público en Castela e León están a atinxir o Programa de Promoción do galego nos centros da comarca do Bierzo e xa son varios centros os que ficaron sen docencia da nosa lingua no curso académico que vén de comezar. A Real Academia Galega dirixiuse á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta manifestando a súa preocupación pola situación. Aliás, tamén se puxo en conta coa Administración de Castela e León, á que lle reclama que “non haxa ningún alumno/a e ningunha familia berciana que, desexando voluntariamente recibir clase de galego, a través do programa existente, sexa obrigada a escoller outras optativas”. A situación de recorte de profesorado agrávase co cambio do corpo docente de Primaria que até agora estaba encargado de impartir as aulas de galego

A través dunha carta do académico correspondente no Bierzo, Héctor M. Silveiro Fernández sinálase o éxito dos doce anos de existencia do Programa apoiado por máis de mil familias bercianas, malia ser unha proposta “de mínimos ou de baixo perfil”.

“Solicitamos que no presente curso non se aborde ningún cambio que altere as condicións nas que se viña desenvolvendo o mesmo e que, de querer introducir calquera tipo de modificación, por leve que esta sexa nos próximos cursos, debería ser previamente debatida e sopesada pola entidades habitualmente consultadas”, defende, citando de maneira especial á Xunta de Galiza e a Junta de Castela e León, asinantes do protocolo e tamén á propia comunidade educativa.

O programa naceu por acordo unánime aprobado no Parlamento español que logo se concretou no Estatuto de Castela e León, visando protexer e promover o galego nas comarcas do Bierzo ou as Portelas de Zamora. “Tamén a Xunta de Galicia ten e debe exercer un control lóxico, pois o seu Estatuto así o determina”, apunta Héctor M. Silveiro alertando tamén de que o Bierz



o é o territorio onde se está a producir un maior descenso no número de falantes.

“Manifestamos a nosa máis enérxica negativa sobre todo a que se supriman certas horas de galego nas aulas dos nosos centros porque os bercianos teñen dado mostras do seu interese por introducilo no sistema educativo da Comarca, conscientes de que é unha lingua histórica e de cultura que lle outorga personalidade ao Bierzo”, engade, destacando o valor cultural e tamén as oportunidades que outorga o coñecemento do galego, xa que o alumnado remata o Bacharelato co título do CELGA III.

O Consello Escolar de Cacabelos diríxese á Xunta

Despois de que a Junta de Castela e León teña eliminado o galego como optativa no IES de Cacabelos co alumnado xa matriculado, o Consello Escolar do centro vén de rexeitar a solución da consellería de Educación que, antes as protestas, propuña agrupar alumnado de distintos niveis para a docencia de galego. O consello escolar do centro vai denunciar diante da Xunta o incumprimento por parte do goberno de Castela e León do convenio de colaboración que asinaron en 2001 as dúas administracións e que comprometen a promoción do galego no territorio bercián.

A Asociación de Nais e Pais non descarta organizar mobilizacións na defensa das aulas de galego, entre outras razóns, polos prexuízos ocasionados ao alumnado que até o momento cursaba a materia co fin de obter o CELGA III no seu remate. A Junta anunciou a supresión do galego en Cacabelos tan só un día antes do inicio do curso a través dunha carta remitida á dirección do IES por parte da Consellería de Educación.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-09-2013 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal