Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


CONVOCATORIA DE REUNIÓN
DÍA: MARTES, 2 DE OUTUBRO DE 2012

HORA: 18,30 HH.

LUGAR: IES CONCEPCIÓN ARENAL

ORDE DO DÍA


1- Información Recitado Poesía “Teatro con G”

2- Outras información das diferentes xestións levadas a cabo pola Directiva.

3- Rolda de intervencións.

Ferrol a 27 de outubro de 2012

ASOCIACIÓN LINGÜÍSTICO-CULTURAL “COORDENADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA”

10M +

Mil primaveras máis para a nosa lingua

A Secretaria

CARMEN CUESTA
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-09-2012 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Twitter tamén estará en galego
A rede social terá a súa versión en lingua galega logo de que miles de usuarios esixisen durante meses á compañía estadounidense a tradución dos seus servizos. A Xunta atribúese o mérito.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/09/2012


Twitter xa pode ser traducido ao galego. A compañía estadounidense abriu onte o seu Centro de Tradución ao noso idioma para que os seus servizos podan ser ofrecidos na nosa lingua. Para iso será necesario o traballo de voluntarios a través do Twitter Translation Center, servizo no que as traducións se aproban automaticamente mediante un algoritmo que ten en conta os votos da comunidade de usuarios.

Xunto co galego incorpóranse outros quince idiomas, entre os que están o gaélico irlandés moderno e o galés, ademais do tamil, serbio, búlgaro, kurdo, vietnamita, croata, romanés, letón, canarês, bielorruso, bengalí, albanés e eslovaco.

O galego foi, até onte, a única lingua oficial do Estado que non fora considerada polos responsábeis de Twitter. Castelán, éuscaro e catalán xa tiñan a súa versión en Twitter, mais o galego foi ignorado malia a campaña que durante meses mantivo activa a conta @tweet_en_galego -seguida por case 15.000 usuarios- a prol da nosa lingua e secundada por miles de persoas que utilizaron etiquetas que se fixeron populares e mesmo chegaron a ser tendencia, como #TwitterEnGalego.

Rifa coa Xunta

A Xunta tamén quixo compartir cos usuarios de Twitter a súa ledicia a través da súa conta en Twitter, na que se atribuíu boa parte do mérito publicando unha nota de prensa co título "O twitter falará en galego grazas a una campaña respaldada pola Xunta de Galicia" e na que se di:

"A Xunta de Galicia comparte coa colectividade cibernauta que apoiou a iniciativa Twitter en galego, XA! -promovida por Ian Vázquez- a súa gran satisfacción pola apertura da coñecida rede social Twitter á tradución ao galego".

Esta nota de prensa provocou unha discusión entre o xestor da conta da Xunta en Twitter e o de @tweet_en_galego que reproducimos aquí cos tweets orixinais:

- Xunta de Galicia@Xunta

O twitter falará en galego grazas a una campaña respaldada pola Xunta de Galicia xunta.es/notas-de-prens…
20 sep 12

- Twiter en galego@tweet_en_galego

Unha pena que o propio goberno da @Xunta nos minta así:xunta.es/notas-de-prens…
20 sep 12

- Xunta de Galicia@Xunta

@tweet_en_galego O que dí a nota e que a Xunta respaldou a iniciativa de Ian Vázquez, e axudou coas ferramentas propias, AMTEGA, RRSS, etc.
20 sep 12

- Xunta de Galicia@Xunta20 sep 12

@tweet_en_galego E sabedes ben que, entre outros, dende este perfil oficial pediuse en moitas ocasións adherirse a vosa solicitude.

- Twiter en galego@tweet_en_galego

@Xunta Iso non excusa o anterior. Existía unha iniciativa en marcha, non había necesidade de crear outra.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 20-09-2012 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
A rede social Twitter piará en lingua galega
A rede social anuncia a través do perfil do seu tradutor que incorpora dezaseis novas linguas ao seu sistema.

LA VOZ - Redacción 20 de setembro de 2012

Twitter comezará por fin a falar galego. A rede social anunciou, a través do perfil oficial do seu tradutor, que incorporará dezaseis novas linguas ao seus sistema, entre as que se atopa o galego.
Hai uns días, a etiqueta #férvemeosangue converteuse nun dos temas máis comentados do momento (trending topics), apoios que se sumaron a unha intensa campaña posta en marcha polo usuario @tweet_en_galego para que a rede do paxariño non se esquecese da lingua de Galicia. Parece que Twitter, despois de incluír o eúscaro e o catalán, decidiu escoitar as peticións dos usuarios e darlle a quenda á versión do seu servizo en galego.
O tradutor da rede social pediu axuda, a través do seu blog oficial, a todos aqueles dispostos a colaborar no seu servizo, que deberán inscribirse no Centro de Tradución para axudar na nova versión galega de Twitter. Os interesados deberán entrar na web de inicio do tradutor dende a súa conta de Twitter e escoller o galego como lingua. Ademais do galego, Twitter incorporou outras linguas como o irlandés, o serbio ou o romanés.
A mediados de xuño, miles de usuarios demandaron poderen empregar a ferramenta non idioma de Galicia. A través dá etiqueta #TwitterQuereGalego esixiron que se fixera caso do que consideran «unha necesidade e un dereito».
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 20-09-2012 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
A Eurocámara insta aos estados a promover a aprendizaxe das linguas cooficiais
A eurodeputada do BNG Ana Miranda salienta que o Parlamento Europeo recoñece ao galego, catalán e vasco "idéntico estatus" na educación como ao español ou o francés.

BRUXELAS. 11 | 09 | 2012


O BNG votou a favor do informe Educación, Formación e Europa 2020 aprobado hoxe polo Parlamento Europeo no que se solicita aos Estados membros que "non utilicen" a crise como "argumento" para reducir os investimentos en educación e se pon énfase na importancia do multilingüismo e na formación permanente como ferramentas para saír adiante no mercado laboral.

Desde o BNG, a eurodeputada Ana Miranda salienta o apoio explícito do Parlamento Europeo para que os Estados "fomenten desde a infancia a adquisición de competencias naquelas linguas cooficiais da UE, -como é o caso do galego, vasco ou catalán-, dando a estes idiomas o mesmo estatus do que disfrutan o español ou o francés", explica Miranda.

Estas recomendacións, alega a deputada do BNG, "van en dirección contraria aos recortes na educación pública que está levando a cabo o PP no Goberno de Galiza, e tamén contradín a política da Xunta de recortar o peso do galego no sistema educativo. Para o Parlamento Europeo, as linguas cooficiais son unha riqueza que se debe fomentar con apoio económico e político", conclúe a eurodeputada.

"Non se pode usar a crise como coartada para reducir o investimento en educación, formación, investigación e innovación, así como a diversidade cultural e lingüística. Por contra, as medidas de pretendida austeridade e os recortes orzamentarios poñen en perigo un dos pilares da cohesión: as políticas baseadas no coñecemento", alerta Miranda.

A Eurocámara ten recoñecido a importancia de mellorar a educación e a aprendizaxe ao longo de toda a vida "o que facilitará a recuperación económica".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-09-2012 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Presentado o novo corrector de galego 'Imaxín Galgo 2.0'
Galicia Hoxe

A nova ferramenta, que pode descargarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, está adaptada á normativa do ano 2003 e conta coa posibilidade de funcionar en Mac e mais nas últimas versións de Windows


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia a nova versión do corrector de galego Imaxín Galgo 2.0.

Durante a súa intervención o conselleiro lembrou que o corrector Galgo é un dos máis eficaces e completos do mercado, do que dixo que “facilita enormemente a escrita no noso idioma”. Ademais, mostrouse satisfeito de poder presentar unha ferramenta que facilita a aprendizaxe e progresiva autonomía no uso correcto do noso idioma e axuda a superar as inseguridades de quen aposta por escribir en galego no ámbito público e profesional.

No acto participaron tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira Álvarez; a concelleira de Educación de Normalización Lingüística de Santiago, Rebeca Domínguez Iglesias; Manuel González González, membro da Real Academia Galega e director científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) e Diego Vázquez Rey, representante da empresa que desenvolveu o corrector, Factoría de Software e Multimedia, S.L.

Lingua TIC Vázquez Abad indicou que o corrector Imaxín Galgo 2.0 é unha contribución máis da Xunta de Galicia a conseguir as metas marcadas no Plan xeral de normalización da lingua galega con relación ás tecnoloxías da información e da comunicación. Sobre isto o conselleiro dixo que fomenta a presenza do galego nas TIC, ao tempo que logra unha oferta máis ampla e competetitiva de produtos e recursos informáticos en galego, e que favorece a opción positiva polo galego no mercado da información e da comunicación e mais a libre circulación do galego nos sistemas avanzados da vida moderna.

Outros proxectos Así mesmo, lembrou outros proxectos do seu departamento que inciden nos mesmos fins, coma o Dicionario de pronuncia da lingua galega en liña; os cursos de galego a distancia; o Dicionario xurídico, que estará proximamente en internet a disposición da cidadanía; todo o traballo en lingüística informática do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e o apoio á candidatura para o dominio puntoGal.

No relativo ao puntoGal a directora da Amtega, Mar Pereira, indicou desde a Axenda Dixital 2014.gal, se está apoiar a construción dunha comunidade con identidade de seu na era dixital. De aí o apoio do Goberno galego a iniciativas como punto.gal, para conseguir un dominio galego en Internet ou á Campaña por un twitter en galego.

Ademais noutra liña de actuacións, Mar Pereira destacou que a Amtega vén colaborando económicamente e prestando apoio, nos derradeiros anos as Asociacións de Usuarios de Software Libre, na tradución de Software Libre ao galego e se está a traballar tamén na posta a disposición das administración públicas galegas dun sistema de tradución automática galego-castelán.

En definitiva, iniciativas que aproveitan a tecnoloxía para facilitar o uso do galego e contribuír a súa dinamización.

Por outra banda, Xesús Vázquez Abad aproveitou a ocasión para animar a cidadanía a sumarse á campaña da Xunta de Galicia Redes sociais en galego e á iniciativa cidadá Twitter en galego XA! En relación con isto, congratulouse de que no ámbito das tecnoloxías en lingua galega conflúan os esforzos da cidadanía, cos do goberno de Galicia e de entidades privadas coma Factoría de Software e Multimedia, S.L.

Imaxín Galgo 2.0. O corrector Imaxín Galgo 2.0, que pode descargarse da páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.xunta.es/linguagalega/galgo, é unha actualización do corrector Galgo que presenta, con respecto á versión anterior, tres novidades fundamentais: está adaptado á normativa da Real Academia Galega de 2003, está actualizado para as novas versións de Microsoft Word para Windows e conta con versión para Mac.

A diferenza doutras ferramentas semellantes, ofrece a vantaxe de solucionar, a canda erros de carácter tipográfico e ortográfico, outros de carácter léxico e mais a de que as correccións e suxestións de vocabulario ante unha palabra incorrecta están especialmente pensadas para a lingua galega e a súa situación de contacto co castelán.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-09-2012 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
As redes sociais disparan a prensa en galego
GC é xa o cuarto diario máis lido na Rede en Galicia, superando este verán a La Opinión e ao portal do Progreso. Case todos os medios na lingua propia obteñen bos resultados nas redes sociais. Táboas no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/09/2012


GC remata este verán como o cuarto diario electrónico máis lido en Galicia. Dende a edición de xuño do TOP 100 elaborado por Código Cero, GC adiantou a Galiciae.com, portal das versións dixital de El Progreso e Diario de Pontevedra.

Na edición actual, do 25 de agosto, GC aparece un posto por debaixo de La Opinión de A Coruña. GC adiantou ao diario coruñés na última semana de agosto, como se pode comprobar en Alexa.com; a fonte de datos que usa Código Cero para ordear as webs do país.

A aposta pola independencia informativa tamén dá resultado no mercado dos medios na lingua propia. Galicia Confidencial amplía a súa ventaxa como o diario electrónico en galego máis lido da Internet, saltando dende o posto 26 até o 22 na clasificación global. Entre as publicacións xornalísticas en galego, a continuación aparecen Código Cero (posto 28, antes 29), Praza Pública (posto 42, antes 38), Sermos Galiza (posto 67, antes 66) e Cultura Galega (posto 72, antes 70).

Podes premer nesta ligazón para ampliar a información, incluídos cadros comparativos.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 04-09-2012 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros ‘Cantares gallegos’ en inglés
A editorial británica Small Station Press ultima a publicación o próximo mes de novembro da edición en inglés dos 'Cantares gallegos' de Rosalía de Castro, da que adiantamos a súa portada e algúns dos versos traducidos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/09/2012


Ás portas de celebrarse o 150 aniversario da publicación 'Cantares gallegos', publicada en 1863, a editorial británica Small Station Press vai lanzar o próximo mes de novembro a edición en inglés da emblemática obra de Rosalía de Castro co título 'Galician songs'.

A tradución vén da man da poetisa e tradutora canadense Erin Mouré (Calgary, 1955) e será publicada na colección 'Galicia Classics', na que Small Station Press xa ten publicado, en colaboración coa Xunta de Galicia, os seguintes títulos: 'Long Night of Stone', de Celso Emilio Ferreiro (traducida por Jack Hill), 'Folks From Here and There', de Álvaro Cunqueiro (traducida por Kathleen March) e 'Collected Poems' de Lois Pereiro (traducida por Jonathan Dunne).
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 04-09-2012 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal