|
|
|
|
| teatro con g 2008 |
|
| Novas fotos do CEIP de Esteiro no noso álbum. |
|
|
|
|
| O Sergas promete darlle pulo á normalización do galego |
|
Bieito Lobeira lembrou que a maior parte dos enfermos diríxense aos facultativos en galego e non reciben a atención nese idioma.
Redacción Vieiros - 18:30 25/09/2008
A situación da nosa lingua no eido sanitario foi un dos temas que centrou a Comisión de Sanidade. O deputado nacionalista, Bieito Lobeira, reivindicou medidas prácticas que garantan a relación de proximidade entre pacientes e doutores, para o que considerou necesaria a utilización do galego por parte dos facultativos. Así, recordou que a maior parte dos enfermos son maiores de 65 anos e, nesta franxa de idade, o 91% fala sempre ou case sempre en galego. Lobeira recoñeceu avances no cumprimento do Plan de Normalización, mais exixiu unha política que permita ir máis alá e ofrecer unha calidade digna dos servizos sanitarios.
Pola súa banda, a secretaria xeral da Consellaría de Sanidade, Pilar Fernández Romero, asegurou que existe un compromiso para normalizar o uso do galego no sistema público. Neste sentido, mencionou avances na edición de documentos ou nas aplicacións informáticas, como a adquisición por parte da Xunta de programas como o IANUS en galego ou a sinatura dun convenio coa universidade para elaborar un vocabulario específico de medicina en galego.
Mentres, o BNG reiterou que fará un seguimento para que se cumpra esta promesa e para que se avance neste eido. Ao tempo, Bieito Lobeira recriminou ao secretario xeral do Sergas por non se expresar en galego no Parlamento, recordando que é unha obriga do Plano de Normalización. Contra isto contestou novamente Rodríguez Escurdero, quen se comprometeu a trasladar a todos os cargos da administración sanitaria a súa reclamación de expresárense no noso idioma. Con todo, pediulle ao nacionalista comprensión, dado o seu esforzo para falar en galego, cando normalmente é castelán-falante. |
|
|
|
|
| Teatro de títeres no Torrente Ballester |
|
Actividade a desenvolver o día 1 de outubro ás 12,30.
Compañía: Títeres Tres Globos
PEDRO E O LOBO
(Todos os públicos, preferible educación infantíl e primaria) Adaptación de Xan Pérez do clásico conto do pastor troleiro.
SINOPSE:
Pedro está moi aburrido coidando ovellas el só, pero a aparición de Guff, un can que quere ser pastor coma os alemans , fai que a rutina diaria sexa mais levadeira. Pedro aprenderalle a ser pastor para que lle axude a protexer as ovellas do lobo Lupus, que está moi famento.
TÉCNICA DE TITERES:
Bocones (Tipo Teleñecos ou Lunis). Basado no movemento da boca en sicronización co texto. Manteñen conversas co público en improvisación.
PERSOAXES:
Pedro, Belinda (ovella), Lupus (Lobo), Mauricio (Pai de Pedro), Guff (Can), Rato Pérez.. Todos eles manipulados e interpretados por Xan Pérez
DURACIÓN:
Debido a participación dos nenos no espectáculo a duración é aproximadamente de 40 minutos.
|
|
|
|
|
| A Mesa denuncia que o novo curso escolar comeza "sen avances na aplicación do decreto do galego" |
|
A asociación demanda a Educación que faga públicos os datos oficiais sobre o incumprimento e adopte medidas para corrixir a situación e tamén acusa á Consellaría de "irresponsábel por non garantir a aplicación da lexislación lingüística no ensino".
[GZnación / Redacción / 24 Set 08]
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o comezo do novo curso escolar, o segundo desde a entrada en vigor do decreto de galeguización do ensino, "non está a supoñer ningún avance no cumprimento desta norma, debido á irresponsabilidade, inoperancia e falta de interese" da Consellaría de Educación.
Segundo o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, "até o de agora non moveron un dedo para facer que se cumpra o decreto, a pesar das denuncias reiteradas que desde a nosa asociación e desde outras entidades se fixeron durante o curso pasado", segundo informan nun comunicado.
"Non é só que non adopten medidas, senón que nin tan sequera cumpren coa súa obriga de informar sobre o nivel de aplicación da norma", sinala o presidente da Mesa, en alusión tanto ao compromiso público da Consellaría de "transparencia cos datos de cumprimento deste decreto" como ao estabelecido na disposición adicional quinta da norma, que sinala que "con periodicidade anual, despois do final do curso escolar, o Goberno de Galiza avaliará os resultados de aplicación do presente Decreto e desenvolverá regulamentariamente cantas disposicións fosen precisas para o mellor cumprimento e adaptación dos seus obxectivos, a fin de achegarse gradualmente á plena aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias".
Callón lembrou que a situación do galego no ensino é "realmente grave, a pesar do mundo ao revés que queren pintar determinados sectores que teñen como obxectivo a desaparición do galego". Como exemplo desta situación, está o contundente dato de que o 65% dos rapaces e das rapazas de entre 3 e 6 anos nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol cursan os seus estudos en centros que non cumpren os mínimos deste decreto. Este dato foi proporcionado polos propios colexios á Mesa pola Normalización Lingüística.
A Mesa lémbralle á Consellaría de Educación que "os gobernos responsábeis cumpren as leis" e esíxelle que poña a andar as medidas longamente reivindicadas pola comunidade educativa: a adopción dun plan de formación lingüística para o profesorado, a implementación de campañas de sensibilización e a promoción dunha guía de recursos en galego para as diferentes materias e tramos educativos entre outras.
|
|
|
|
|
| Enviado pola AS-PG |
|
Estimados subscritores e subscritoras. Está próximo a rematar o prazo para a presentación dos podcast.
Con este correo queremos animarte a participar e a enviar as túas creacións.
Saúdos da AS-PG
Nº9 maio 2008
Número especial. II Concurso de Podcast
Este número especial recolle as bases do II Concurso de Podcast
18. Bases do II Concurso de Podcast |
|
|
|
|
| Espazos para falar vai ao cine |
|
Bóatase a andar espazos para falar: o vindeiro mércores irán a A Coruña a unha proxección de cinema en galego.
No noso album fotográfico aparecen as primeiras testemuñas desta interesante experiencia. |
|
|
|
|
| A mocidade coruñesa aprenderá galego a golpe de rap |
|
Normalización lingüística
Ao obradoiro, destinado a rapaces e rapazas maiores de 14 anos, asistirán García (DKTC), Pinto d'Herbón e Luís 'O Caruncho'.
Redacción Vieiros - 18:55 22/09/2008
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda, coa colaboración do Concello d'A Coruña, organiza un obradoiro de rap regueifa de balde para achegar o galego á mocidade, en especial no seu tempo de lecer, para incentivar a súa aprendizaxe.
A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística inclúe este curso no seu programa formativo que presentou na este luns. Ao obradoiro, destinado a rapaces e rapazas maiores de 14 anos, asistirán García (DKTC), Pinto d'Herbón e Luís O Caruncho.
As aulas serán todos os sábados dende o 11 de outubro até o 22 de novembro, agás o 1 de novembro. A inscrición é de balde e pódese realizar no Centro Municipal de Información Xuvenil até o día 8 de outubro.
Exposición galega sobre diversidade inaugurada en Bruxelas
Por outra banda, a exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos sobre diversidade idiomática chegou este luns a Bruxelas, capital política de Europa, onde foi presentada. A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, afirmou que deste xeito o galego convértese no primeiro idioma en "reclamar a diversidade lingüística na UE". |
|
|
|
|
| espazos para falar |
|
| Recordades a actividade Espazos para falar da que xa falamos neste blog, pois no noso álbum xa podedes ver as primeiras fotos. |
|
|
|
|
| O goberno español fará un "esforzo" para garantir os dereitos dos galegofalantes |
|
DISCRIMINACIÓN
Francisco Jorquera expuxo no Congreso os incumprimentos da administración estatal en materia lingüística.
Redacción Vieiros - 11:00 17/09/2008
As vulneracións da administración do Estado Español no uso do galego chegaron ao Congreso dos Deputados. O parlamentario do BNG Francisco Jorquera denunciou a negativa da Policía e da Garda Civil a admitir certificados de estudos en galego, a vulneración da legalidade na toponimia en webs públicas e o uso marxinal da lingua na Xustiza. E, todo iso, fronte a "campañas impulsadas desde algúns ámbitos que intentan facer crer que é o castelán e os seus falantes os que sofren discriminación".
A resposta do presidente do goberno español foi que se está a "facer un esforzo" no ámbito das forzas de seguridade e amosouse disposto a "que se faga efectiva a cooficialidade". Así, anunciou que se poñerá en marcha un sistema informático para que as multas de tráfico se tramiten de xeito bilingüe. Zapatero dixo que tomaba nota das denuncias e que daría as "instrucións oportunas" para garantir os dereitos dos galegofalantes.
Jorquera rematou a súa réplica demandando políticas activas e de normalización e "que o talante se acompañe tamén de feitos". |
|
|
|
|
| Programa III Seminario Dinamización Lingüística - Ferrol |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|