Unha das plataformas en defensa da lingua galega que agromaron dende o cambio de goberno,Prolingua, puxo hoxe a disposición dos internautas a súa páxina web. Defínese como "unha plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación". |