Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


La Cooperativa Avoaescola proyecta un espacio educativo para niños en edad preescolar
NEDA - NATALIA VALIÑO - DIARIO DE FERROL - 23 Junio 2013


Este espacio educativo se ubicará en el edificio de la antigua escuela de o principiño d.a.
Al amparo de la Asociación Galiza co Galego y en colaboración coa Nova Escola Galega y las asociaciones Socio-Pedagóxica Galega y la de Escritores e Escritoras en lingua galega, la Cooperativa Avoaescola pondrá en marcha a partir del próximo otoño un proyecto educativo para niños y niñas de 0 a 6 años en el municipio de Neda.
Una de sus responsables, Beatriz Corredoira explica que será un espacio vertebrado en base a la educación en lengua gallega y con una metodología alternativa centrada en la motivación. “A idea é estimular os intereses dos nenos, tendo en conta as súas características. A aprendizaxe dos coñecementos será un proceso activo e lúdico de construcción e investigación dende a creatividade, a liberdade e a educación en valores”, indica.
El proyecto estará gestionado por la cooperativa Avoaescola que ya agrupa a más de un centenar de personas de toda Galicia. El de Neda será el primer espacio de estas características de la comarca. “A elección do emprazamento neste municipio é porque nos pareceu un punto estratéxico na zona, accesible dende os concellos limítrofes, non tanto polo feito de que a localidade carece de escola infantil dende hai dous anos porque o espazo que propoñemos, aínda que está dirixido a nenos en etapa preescolar, está fora dos circuítos públicos e non está concebido como unha escola propiamente dita”, puntualiza Beatriz Corredoira. El proyecto se desarrollará en las inmediaciones del paseo marítimo de Neda, en el edificio de la antigua escuela infantil de O Principiño. Contará con una zona de juego al aire libre, espacios verdes y hasta una huerta ecológica.
Por el momento ya hay cinco familias interesadas en la propuesta, un número que esperan que aumente de cara al comienzo de curso toda vez que se encuentran en pleno período de difusión de la iniciativa. Según explica la responsable, los interesados deberán participar primero de la cooperativa aportando una cuota mensual de diez euros durante un año, un precio al que se sumará la cuota del espacio educativo que será proporcional al tiempo que los alumnos hagan uso de el. Así los niños podrán asistir en horario de mañana, tarde o partido.
Las personas interesadas en sumarse a este proyecto podrán recabar más datos a través del correo electrónico avoaescolaferrolterra@gmail.com o contactando con los teléfonos 661 432 511 ó 637 832 997.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-06-2013 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Día das Letras Galegas 2014 dedicado a Díaz Castro
Real Academia Galega - 21/06/13


O poeta e tradutor de Guitiriz, Xosé María Castro é autor dunha obra poética singular e de aparición serodia que destaca polo seu virtuosismo técnico.

Xosé María Díaz Castro (1914-1990) é autor de Nimbos (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o célebre poema "Penélope" xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.
Penélope

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.


Membro, xunto con Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro e Iglesia Alvariño entre outros, da chamada "escola mindoniense", Díaz Castro mantivo ao longo de toda a súa vida, e malia súa condición de funcionario residente en Madrid, un fondo compromiso coa cultura galega do seu tempo.
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-06-2013 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDAS Á INTERPRETACIÓN
A Xunta e as tres universidades galegas coordinan accións para fomentar o uso do galego.
Nunha reunión dos responsables falouse da edición de manuais para os primeiros cursos dos graos e analizouse o Proxecto Galeguizador para Windows

Galicia Hoxe - VIGO. EP | 20.06.2013


A Consellería de Cultura e Educación e as tres universidades galegas mantiveron este mércores en Vigo unha reunión da Comisión interuniversitaria de Política Lingüística na que realizaron seguimento das accións conxuntas para o fomento do uso do galego nas ensinanzas superiores e definiron novas actuacións.

Así, entre outras cuestións, abordouse un informe sobre a valoración do uso da lingua galega na investigación e na docencia e a convocatoria de axudas á interpretación ao galego en simposios e congresos de carácter científico organizados dende as institucións académicas.

No encontro, ao que asistiu o secretario xeral de Política lingüística, Valentín García, tamén se falou da edición de manuais en galego para os primeiros cursos dos graos e analizouse o Proxecto Galeguizador para Windows.

A coordinación da Comisión interuniversitaria de Política Lingüística é de carácter rotatorio e por un período bianual. Se ben actualmente lle corresponde á Universidade de Vigo --de feito, na reunión deste mércores participou o seu reitor, Salustiano Mato--, a partir do curso 2013-2014 tocaralle a de Santiago de Compostela.

Esta comisión, formada pola Xunta e as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, foi creada en 2009 para dar cumprimento a unha das medidas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado no Parlamento de Galicia en 2004.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-06-2013 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
A música común entre Federico García Lorca e Rosalía de Castro
Amancio Prada reúne nun mesmo concerto escénico as homenaxes de Lorca a Galicia e a Rosalía de Castro e máis as súas coñecidas cancións sobre poemas da escritora galega.

CAMILO FRANCO - La Voz de Galicia - 21 de junio de 2013


Amancio Prada cruzou dúas poéticas para dar cun espectáculo no que o espírito de Federico García Lorca e Rosalía de Castro reaparecen como as dúas voces «fondas, conmovedoras e esencias da nosa lírica».
A Rosalía de Federico é o espectáculo que hoxe mesmo comeza a percorrer Galicia para celebrar, entre outras cousas, os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. O concerto escénico que Amancio Prada propón está baseado, segundo o cantautor, na «intensa admiración» que Lorca sentía por Rosalía. Esa admiración está documentada e resulta «importantísimo que un poeta da altura de Lorca sentise esa devoción pola figura e pola obra da escritora galega».
O concerto ten un carácter de camiño, «como unha viaxe entre a Granada de Federico e a Compostela de Rosalía», un percorrido que en certo sentido ten tamén relación coas viaxes que o autor do Romancero gitano realizou a Galicia. Visitas que están moi presentes no concierto de Prada. A primeira de las con Lorca moi novo, segundo explica o músico, unha visita na que o escritor andaliz «chega ao sepulcro de Rosalía de Castro e escribe un poema para Rosalía». Este é un poema longo e de xuventude que lle foi descuberto a Prada por Xesús Alonso Montero.
Este poema, musicado por Amancio Prada, forma parte xunto cos Seis poemas galegos, da primeira metade do concerto. Para o cantante «Lorca quedou tan impactado con Galicia, coa súa paisaxe e co seu paisanaxe que sentiu a necesidade de escribir en galego, de pasar a formar parte da literatura galega».
Prada púxolle música aos seis poemas hai tres anos e neles volve quedar clara a admiración do escritor pola poeta, unha admiración que protagoniza o poema Canción de berce para Rosalía de Castro morta. Para Amancio Prada, desde o primeiro momento, na visita a Galicia como parte dunha viaxe de estudos, «Lorca mostra un coñecemento e un fervor que se repetiría «cando xa con trinta anos, Lorca regresa a Galicia con La Barraca e decide ser autor en galego».
A segunda parte do espectáculo de Amancio Prada está dedicado a Rosalía de Castro. É nesa segunda metade no que reaparecen as pezas coñecidas da poesía da escritora e da carreira musical do cantautor.
O itinerario poético que fai sobre o escenario o músico do Bierzo pode ser entendido «como un irmanamento entre dúas voces moi próximas». Prada lembra que Lorca chamou a Rosalía «irmá na tristeza» e sinala que os dous estiveron sempre do mesmo lado da poesía, «do lado dos humildes». Amancio Prada conta que hai algo en común entre os dous que ten que ver co «esencial» e co «popular», coa sinceridade «dun tipo de poesía que achega moito a unha e a outro».
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-06-2013 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Arredor de 400 estudantes da comarca gozaron da música no festival “A mocidade coa lingua”
REDACCIÓN DIARIO DE FERROL - 20 Junio 2013


A música en galego foi onte a protagonista nunha nova edición, a vixésimo primeira, do Festival “A mocidade coa lingua”. Tres bandas de outros tantos centros educativos da comarca compartiron escenario co grupo Os Cempés nun concerto ao que asistiron uns 400 estudantes.
A actividade, incluída no convenio de colaboración asinado entre o Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, ten como obxectivo estimular a capacidade creativa dos rapaces a través de lingua galega e a procura dunha situación de normalidade para esta lingua.
A cita desenvolveuse no pavillón do colexio de Esteiro e comezou arredor das 10.30 horas coas actuacións das formación musicais “Os Toxos Bravos”, do IES Fernando Esquío de Neda; “Rapatios”, do CPI ATios; e “Far Away Place”, do IES Concepción Arenal, que precederon á de Os Cempés. As tres bandas de estudantes foron as seleccionadas logo da fase intercentros coa que ao inicio do curso botou a andar este XXI festival. Cada grupo tivo que interpretar dúas pezas musicais orixinais, das que unha debía ser de autoría propia e outra un poema musicado dun poeta galego.
A edición deste ano contou ademais coa presenza da campaña Gústame, unha actividade de fomento da lingua galega coa que se fará visible o apoio individual de todos os participantes ao proceso de normalización lingüística a través de fotos con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversas situacións.
Deste xeito, instalouse un photocall no que os estudantes puideron retratarse cun dos lemas da campaña.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-06-2013 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Xaime Bello: CHEGOU A HORA
Redacción Diario de Ferrol - 19 Junio 2013


Apenas faltan 72 horas para se saber quen vai ser a personalidade literaria homenaxeada o Día das Letras Galegas 2014. O Plenario da RAG elixe este sábado o persoeiro que, como se recolle nos estatutos da Academia, deberá ser autor dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. Concordo, máis unha vez, con todos aqueles que consideran que o candidato natural para a conmemoración do ano vindeiro é o profesor ferrolán Ricardo Carvalho Calero. Non imos entrar hoxe, porque xa o fixemos noutras ocasións, en como é posíbel que esta figura senlleira da nosa cultura non fose aínda homenaxeada o 17 de maio. Son as razóns da sin razón. Con todo, como os vetos non son perpetuos, temos algunha esperanza de que este ano se repare unha inxustiza manifesta. E se non fose así, en nada minguaría o valor da obra de don Ricardo.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 20-06-2013 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Víctor Aneiros Band: Blues en galego feito en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 17-06-2013 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
O poeta e académico García-Bodaño recibe o Premio 'Voz de Liberdade'
PROMOVIDO POLO CENTRO PEN GALICIA.

GALICIA HOXE - SANTIAGO. EFE


O poeta e académico da lingua galega Salvador García-Bodaño recibiu hoxe o VIN Premio "Voz de Liberdade", promovido polo Centro PEN Galicia.

Ao acto celebrado na sede da Fundación Novacaixagalicia en Santiago de Compostela asistiron, entre outras persoas, os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente.

Participaron tamén o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar; o dramaturgo Euloxio R. Ruibal; o poeta Arcadio López-Casanova e o pintor Antón Pulido.

O condutor do evento, Xavier Castro, deu lectura a unha carta do presidente do PEN International, John Ralston Saul.

O Premio "Voz de Liberdade" está promovido, con carácter bianual desde o ano 2003, o Centro PEN Galicia en recoñecemento a traxectorias de escritores galegos que destacan no seu defensa da liberdade de expresión.

O xurado da sexta edición destacou o "compromiso do autor e a firme loita pola democracia e polos dereitos políticos, sociais e culturais do noso país" á hora de outorgarlle o galardón, por unanimidade, a García-Bodaño.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-06-2013 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
'O Apóstolo' gana o premio do público no Festival de Cinema de Annecy, referente internacional en animación
ÚNICA PELÍCULA ESPAÑOLA

GALICIA HOXE - SANTIAGO. EP


A película 'O Apóstolo' recibiu o Premio do Público no Festival de Cinema de Annecy (Francia), o que supón traer a Galicia un dos recoñecementos máis importantes do mundo da animación. Era a única película española dentro das nove películas que competiron en Sección Oficial deste certame que é referente internacional en animación.

O santiagués Fernando Cortizo recibiu o galardón da man de Marcel Jean, director do festival, nun emotivo acto na 'Salle deas Haras'. Entre os asistentes atopábase Brian Miller, vicepresidente de Cartoon Network Studios e membro do xurado, así como tamén Eric Goldberg o lendario debuxante de Disney.

Este prestixioso Premio outórgalle un gran respaldo á película, xa que o público deste festival está formado exclusivamente por profesionais do devandito sector, cun alto nivel de esixencia. O Premio 'Le Cristal' foi para a película brasileira 'Rio 2096: unha historia de amor e de furia' do director Luiz Bolognesi

Este festival, creado en 1960, é o referente na industria da animación. A programación deste ano contou con 236 películas seleccionadas, das case 2.500 recibidas de 88 países. En edicións anteriores, fitas como 'Coraline', 'James e o Melocotón xigante' ou 'Fantastic Mr.Fox' lograron o Premio 'Le Cristal'.

'Ou Apóstolo' foi apoiada por La Xunta de Galicia, Agadc e coproducida pola TVG, sendo a primeira película realizada en animación stop-motion estereoscópica en Europa.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-06-2013 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Solicitude do Concello de Ferrol ás entidades sociais
Achégase escrito da concelleira de Participación Cidadá e Normalización Lingüística coa solicitude de adhesión da súa entidade á petición do Concello de Ferrol para que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras Galegas do ano 2014 ao profesor Ricardo Carvalho Calero. Así mesmo, envíase un modelo de acordo para adoptar, se é o caso, por parte das entidades asociativas
O correo electrónico da Real Academia Galega ao que facer chegar o apoio da súa entidade -de ser posible antes do 21 de xuño- é secretaria@realacademiagalega.org

Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 15-06-2013 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal