Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A Mocidade coa Lingua 2014
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-05-2014 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
IES Sofía Casanova: O testamento do tío Nacho
Continúan as xornadas de Teatro con G. Nesta segunda sesión foi a vez do grupo de teatro escolar do IES Sofía Casanova que levou a escena a obra O testamento do tío Nacho. Na foto podemos ver o seu director, José Luís Paz, dando as últimas indicacións antes de comezar a representación.

As xornadas teatro con G, que combina grupos profesionais con teatro escolar, están pensadas para crear novos espectadores á vez que abrimos á sociedade a actividade teatral que se realiza nos centros de ensino. Son xornadas abertas á participación dos centros que quixeren e que responden á convocatoria que fai a Coordenadora de Equipas a principio de curso.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-05-2014 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
AGAL celebra este domingo o Día do Orgulho Lusista e Reintegrata
A Asociación Galega da Língua (AGAL) celebra este domingo, día 25 de maio, o 'Día do Orgulho Lusista e Reintegrata', así como o 'Día da Toalha', con distintas actividades e unha homenaxe a Carvalho Calero en Santiago de Compostela.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/05/2014


Con motivo desta celebración, AGAL convidou aos usuarios de Internet a publicar nas redes sociais un autorretrato no que leven unha toalla e, se é posible, "algún fetiche lusófono" como un galo de Barcelos ou unha botella de viño do Porto. As palabras crave serán '#towelday', '#towelselfie', #diadatoalha e @ddooler2014.

Así mesmo, desde as 9,00 horas até 20,00 horas, animaron aos cidadáns a que se animen a acudir ás urnas electoral cunha toalla para exercer o seu dereito ao voto.

Ademais, ás 17,00 horas realizarán unha peregrinación polo último tramo do Camiño Portugués, desde a Porta Faxeira de Santiago até a Praza do Obradoiro, previo paso pola estatua en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, situada na rúa Xoán Carlos I.

Finalmente, Ás 19,00 horas o escritor e padriño desta edición 2014 do Día da Toalha ofrecerá un discurso na Praza do Obradoiro.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-05-2014 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Mera: A lingua que nos dá identidade
MANUEL MERA - Galicia Hoxe | 12.05.2014


Non coincido con aquelas persoas que fan unha análise dramática da situación da lingua galega sen diferenciar o papel antagónico que neste aspecto teñen, por unha banda, os poderes fácticos, e pola outra, as clases populares. É un feito que o galego está en inferioridade de condicións, e que por cada caso que se poda dar de discriminación dos castelán falantes hai centos que se producen contra os que utilizan o galego; a maioría como se fose algo normal. Ficamos nun contexto que impón o castelán nas empresas, nas relacións comerciais, no ámbito relixioso, xudicial e educativo, así como na maioría dos medios de información e na cultura de masas.

Non se pode esquecer que o galego é o idioma propio de Galiza, dende hai máis dun milenio e medio, e que o castelán foi imposto por medio da conquista. Un proceso que se inicia coa centralización de Enrique de Trastamara, mais que adquire dimensión definitiva coa castración e doma do Reino de Galiza polos Reis Católicos. Encetando un longo proceso de colonización dos centros de poder urbanos e marxinación do ámbito rural, unha tendencia que se afonda coa supresión do antigo Reino de Galiza no ano 1833, e que daría lugar á insurrección de 1846. Aínda que será a ditadura franquista e a globalización neoliberal das últimas décadas a que maior dano cause á nosa lingua e identidade, como pasa con outras linguas e culturas do resto do mundo.

Mais, mesmo sendo certo que foi baixando o número de galego falantes habituais, a nosa lingua segue a ser a da maioría da poboación, malia que sexa minoría nalgunhas cidades e vilas e entre a mocidade (máxime cunha emigración que non atinxe a todas as clases e zonas do país por igual). Tampouco se pode ignorar, e ten un enorme valor, que moitas persoas ¡moitas! manteñan viva a lingua galega no seu centro de traballo, na rúa, na casa, na cultura, malia todas as presións. E asemade, non son poucas as que tendo como idioma nai o castelán, optan por facer da lingua nacional da Galiza a súa habitual, mesmo na empresa, na produción cultural, e na actividade social. Son sabedores de que un pobo que non se aprecia e respecta a si mesmo, tampouco se desenvolverá completamente no económico e social.

Daquela, son dous os aspectos a destacar na cuestión lingüística. Nun caso, a utilización do poder político e económico para marxinar a nosa lingua e destruír a nosa identidade nacional. No outro, que as clases populares malia séculos de discriminación e atrancos seguen a defendela e utilizala. Estes dous aspectos principais débense salientar sempre unidos, son as dúas caras da mesma moeda. Deste xeito darase máis forza ás esixencias e, ao mesmo tempo, rexeitarase o pesimismo paralizante e destrutivo. Só así se conseguirá a máxima complicidade social. O vindeiro 17 de maio Queremos Galego ten convocadas manifestacións en todas as cidades galegas e na Mariña luguesa. É unha oportunidade máis para amosar a resistencia, a vitalidade, da nosa identidade nacional.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 20-05-2014 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Obras de Teatro con g a representar neste mes de maio
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2014 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Miles de persoas marchan polo galego
“Un paso adiante e outro adiante, Galiza! Defendamos ou noso idioma'”, foi o lema das protestas. Suso de Toro e Xosé Manuel Beiras denuncian a proceso a doce mozos por defender o idioma e as políticas lingüísticas da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/05/2014


17 de maio. Día das Letras Galegas, pero tamén de reivindicación polo noso idioma. Iso fixeron miles de persoas nas principais cidades galegas con duras críticas á política que nesta materia aplica a Xunta.

'Un paso adiante e outro adiante, Galiza! Defendamos ou noso idioma'. Esa foi a pancarta de Queremos Galego que presidiu todas as marchas que saíron ao medio día e que contaron co apoio das forzas da oposición no Parlamento, así como de movementos sindicais e de diferentes colectivos culturais e estudantís.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira dixo que o galego é unha lingua que está "enferma, maltratada e desprestixiada" pero pola que está disposta a loitar "moita xente, a participar no seu uso, difusión, e promoción”. “Iso é o que nos ten que alegrar porque é o que pode reverter a situación actual na que o galego por desgraza non ten a presenza que lle corresponde lexitimamente na nosa sociedade ao ser a lingua propia do noso país", dixo.

O portavoz parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, recorreu á ironía para falar da política lingüística da Xunta. “Son as da analfabetización e de feito é significativo que o presidente da Xunta confunda Poemas Galegos con Cantares Galegos", dixo dnha das obras máis coñecidas da poetisa Rosalía de Castro.

O histórico nacionalista criticou que aínda hoxe teñan que ser os cidadáns os que defendan o idioma contra quen ten a obrigación institucional, non xa de defendelo, senón de convertelo na lingua "socialmente normalizada" nesta terra.
Críticas polo xuízo a 12 persoas

Na marcha de Compostela, o escritor Suso de Toro lamentou, como xa fixeron varias forzas políticas da oposición, o xuízo que se iniciará o vindeiro martes contra 12 independentistas para quen a Fiscalía pide 45 anos de prisión en total e máis de 30.000 euros de multa pola súa implicación nos altercados que se produciron en febreiro de 2009 tras unha manifestación convocada pola plataforma Galicia Bilingüe na que participou UPyD.

"Van ser xulgados uns mozos por defender a lingua galega cando fai cinco anos veu unha deputada por Madrid, a señora Rosa Díez, con varios autobuses cheos de persoas que querían criticar o que faciamos en Galicia, que era defender a nosa lingua".

En Pontevedra, unha cidade gobernada polo nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, a multitude congregouse na Praza da Peregrina. Entre os asistentes, estaban a maioría de edís locais do Bloque, dos cales foi Demetrio Gómez quen tomou a palabra tras unha breve actuación musical para reivindicar a importancia desta data.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-05-2014 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
«Queremos Galego» xuntou festa e reivindicación na manifestación de Compostela

O manifesto final de defensa de mais usos do idioma foi lido por representantes de varias organizacións. As máis de mil persoas que participaron cantaron un tema musical composto para esta celebración.

La Voz de Galicia - Santiago de Compostela 17 de mayo de 2014


«Queremos galego» foi a consigna que máis se escoitou hoxe en Compostela, na manifestación convocada pola plataforma que leva este mesmo nome, e que reúne a varias organizacións. Unhas mil persoas partiron às 12.13 da Porta Faxeira e, tras un pequeno percorrido pola rua Senra e a praza de Galicia retornaron ao mesmo lugar. No acto participaron coñecidos representantes da política, a cultura e o movemento estudantil, como Xosé Manuel Beiras, Yolanda Diaz, Camilo Nogueira, Elvira Cienfuegos, Rubén Cela, os candidatos ás elecións europeas Suso de Toro e Lidia Senra, e outras.
O acto xuntou festa e reivindicación. Houbo música, e todo o tempo foron voceados lemas como «Falemos galegos, temos dereito», «Nas aulas de Galicia queremos galego», e outras. En numerosas faixas tamén se reclamaba mais uso do idioma especialmente no ensino, e en moitos outros âmbitos. Na que encabezaba a marcha a consigna escollida era ?Un paso a diante e outro adiante, Galiza», que lembraba, introducindo como enmenda o segundo ?adiante? un coñecido verso de Xosé Maria Diaz Castro, o poeta a quen este ano se dedica a efeméride do Dia das Letras Galegas.
O manifesto final foi lido por representantes de varias organizacións. O documento incluía un decálogo de espazos onde reclamaba con maior ênfase avances para o idioma «Porque unha lingua normal é unha lingua ubicua, omnipresente, e este decálogo non nace dunha invención nosa, senón que está contido na Carta Europea das Linguas non Estatais, aceptado como lexislación superior do Estado en 2001 e igualmente presente no Plano Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia vai para dez anos, e desprezado por quen o tiña que executar», segundo salientaba nas últimas liñas
Xá na parte final do acto houbo tempo para ler poemas de Diaz Castro, Manuel Maria, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro. E para interpretar un tema, «Falemos en galego», en colaboración coa coral Solfa de Fontiñas. Esta canción foi composta para esta celebración e reivindica o uso da lingua, para concluír con estes versos: «Vivirmos en galego/ é un dereito elemental/ Defendámolo sempre/ Queremos ser normais».
Pasadas as 13.15 o acto finalizou coa interpretración do hino galego.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-05-2014 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Miles de personas salen a la calle para que el gallego dé un paso “adelante”
Los participantes reclaman una igualdad real de los derechos lingüísticos y cargan contra la política "lingüicida" y la "ignorancia" de Feijóo.

El País - Santiago de Compostela 17 MAY 2014

Miles de personas han salido a la calle este sábado con motivo del Día das Letras Galegas para pedir "dar un paso adelante" y "otro adelante" a favor de la lengua gallega en diversas protestas convocadas por la plataforma Queremos Galego en ocho localidades de toda Galicia, celebrando concentraciones, manifestaciones y actos lúdicos. Bajo el lema 'Un paso adiante e otro adiante Galiza', este colectivo que aglutina a decenas de entidades sociales de diversos ámbitos convocó una manifestación "expansiva" para animar a la sociedad a elevar la lengua gallega al uso cotidiano "los 365 días del año", que se celebró de manera simultánea con actos a las 12.00 horas en Santiago, Vigo, A Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense y Pontevedra.

La capital gallega, donde en principio estaba prevista una concentración y un acto lúdico en Porta Faxeira, acogió una manifestación en la que cientos de personas corearon consignas como "nas aulas da Galiza, en galego" y "na Galiza, en galego". En ella participaron diversos miembros del panorama asociativo y cultural gallego, como Anxo Louzao (CIG-Ensino), el escritor Suso de Toro, y representantes de colectivos políticos, como Lidia Senra, Yolanda Díaz y Xosé Manuel Beiras de AGE, o Camilo Nogueira y Ana Pontón del BNG. Entre otros, se sumaron Galiza Nova, Os Comités o A Liga Estudiantil.

Tras salir de Porta Faxeira y bordear la Praza de Galicia, donde un grupo de jóvenes portaban una pancarta de 'Ceivar' en la que se leía "defender a lingua non é delito", la marcha regresó al punto inicial, donde se celebró el acto central de la convocatoria. Allí se hizo lectura del manifiesto de Queremos Galego por parte de diversos representantes de asociaciones y colectivos, se celebraron actuaciones musicales y se corearon cánticos. Además, representantes de la cultura gallega, como Suso de Toro o Comba Campoy, entre otros, leyeron poemas de Xose María Díaz Castro, Manuel María, Eduardo Pondal y Rosalía de Castro, este último dedicado especialmente al presidente Alberto Núñez Feijóo con la frase "a túa ignorancia feriume para sempre", en alusión a la confusión del dirigente del PP que el pasado jueves se refirió a Cantares Gallegos, gran obra de la poeta, como Poemas galegos.

Marcos Maceira, presidente de A Mesa, reivindicó esta jornada para pedir "que el gallego salga de este día" para estar "presente en la sociedad los 365 días del año, como le corresponde". Además, ha pedido que se regrese "a la legalidad" y a la promoción del idioma y la identidad gallega, y lograr que se posicione "en igualdad" con el resto de lenguas del Estado.

En declaraciones a los medios, la candidata de AGE al Parlamento Europeo, Lidia Senra, destacó que acude a este acto "como una ciudadana más" en defensa de al lengua y abogó por elevar "la lucha" al marco de la UE y conseguir "igualdad real". El escritor Suso de Toro, por su parte, hizo hincapié en que "en la práctica" no existe igualdad de derechos lingüísticos en el día a día, y que los gallegos son "extranjeros" en su propio país, mientras la Xunta ejerce "una política contra la lengua" y en los tribunales se juzgan a jóvenes "por defender" el idioma. En esta línea, Xosé Manuel Beiras arremetió contra "la brigada de demolición" de la lengua gallega del "señor Núñez y compañía", a quienes acusó de ser "cómplices" de una política del Estado ejecutada por "nazi-necios".

Al grito de "Feijóo, escoita, estamos de loita" o "Manda carallo, sen galego e sen traballo" y acompañadas de una banda de música y gaiteros, más de un millar de personas según la Policía (unas 3.000 según la organización), han salido a la calle en Vigo para reivindicar "una mayor presencia" del gallego en todos los ámbitos. La marcha partió poco después de las 12,00 horas de Vía Norte y se trasladó hasta el Museo Marco, donde los organizadores hicieron lectura de un manifiesto conjunto de la plataforma 'Queremos Galego'. Tal y como ha trasladado la portavoz de la plataforma Marta da Costa, el objetivo de estas movilizaciones es "mantener el espíritu reivindicativo" para conseguir el apoyo de las instituciones y "que velen por la salud del idioma. "Y así que el gallego sea una lengua cada vez más hablada", ha destacado.

Celso Prada, miembro del colectivo, ha reivindicado el uso del gallego como "bandera" del teatro, una disciplina artística que, ha señalado, está siendo "atacada" por múltiples agentes, como las redes de distribución. "Hay que utilizar el gallego como modelo para la defensa del teatro", ha apostillado. Además, el secretario de la CIG en Vigo y miembro de la plataforma, Serafín Otero, ha exigido "decencia con los idiomas", denunciando que el gallego en algunos ámbitos "está incluso perseguido por la administración gallega y española". Por ello, ha pedido que "se respete" la lengua, insistiendo en que "no sólo es un símbolo cultural, sino también símbolo de la dignidad" de los ciudadanos.

En la manifestación también han participado diversos representantes del BNG. En declaraciones a los medios, el portavoz nacional, Xavier Vence, ha abogado por la promoción del idioma en todos los ámbitos, como el teatro y la literatura, donde actualmente "está marginado por la Xunta", y en otros donde está siendo "casi excluido", como la Justicia, los negocios o los medios de comunicación. "Queremos vivir disfrutando de nuestra cultura y de lo que la cultura produce", ha manifestado el portavoz, que ha exigido que todos los gallegos puedan "vivir con normalidad en el país y con su lengua".

La candidata del BNG a las elecciones europeas, Ana Miranda, ha denunciado la política "lingüicida" de la Xunta, que apostado por no dar "ni un paso atrás" en su promoción y uso "aquí y en Europa". Además, quiso dar un reconocimiento y especial mención a los ciudadanos gallegos que se encuentran en la diáspora y que "también mantienen viva la lengua" en el día a día.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-05-2014 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Milleiros de persoas dan "un paso adiante" polo galego en oito puntos do país
Redacción | @prazapublica


Milleiros de persoas saíron á rúa nas sete cidades galegas e mais en Foz nun novo Día das Letras Galegas para reivindicar a lingua galega e, parafraseando a Díaz Castro -escritor homenaxeado este ano- para reclamar "un paso adiante e mais outro paso adiante" para o idioma propio. Foron varias concentracións en lugar da única e unitaria que se adoita desenvolver en Compostela co que se intentou levar a loita pola normalización do galego a varias localidades do país.

Convocadas pola plataforma Queremos Galego, foron milleiros os que se achegaron aos diferentes puntos nunha xornada reivindicativa que rematou coa lectura en todas estas localidades do manifesto deste ano, elaborado pola escritora Marica Campo, que anima os galegos a que conquistemos novos pasos adiante para a nosa lingua no ensino, nos medios de comunicación, na xustiza ...". "Non temos a menor vontade de suicidio nin de resignación", titúlase o texto.

No manifesto, aclárase que "non podemos tolerar que no noso país, hoxe, o español, coa axuda do inglés, se utilice como o sepultureiro do galego". "O galego é a lingua propia de Galiza. En boa lóxica, xa que é así, está na súa casa e non precisa permiso das outras, impostas e alleas, para se mover libremente polas diversas estancias", insístese nun texto que denuncia a discriminación que sofre o idioma e que lembra que foi reducido "á oralidade, á fala, a unha clase social, aos oprimidos carentes de todo poder de decisión, a uns lugares, ás aldeas e a unha idade, os vellos".

"O tempo actual non é propicio para a existencia de Galiza e do seu signo principal, a lingua galega, porque a globalización pretende arrasar con toda diferenza que ouse desafiar a hexemonía do imperial dominante", di o manifesto, que advirte que a cidadanía non os vai "compracer". "Non temos a menor vontade de suicidio nin de resignación", di o texto, que parafrasea a Díaz Castro para reclamar "un paso adiante e mais outro paso adiante" para a lingua, tanto nas aulas como nos medios, na Xustiza, na Administración, no comercio ou no ocio.

Ademais, tamén se recorda que, tal e como di a Carta Europea das Linguas non Estatais, "unha lingua normal é unha lingua ubicua e omnipresente", pero advírtese que esa normativa, ao igual que o Plano Xeral de Normalización Lingüística, foi "desprezado por quen o tiña que executar".

"Debe ser a lingua obxecto de uso e de defensa todos os días do ano en todos os lugares e momentos, porque non é un adorno ou unha peza cultural: é o noso ser e precisa dunha defensa cívica e dun amor colectivo e dunha mobilización social tan potente como a que dedicamos a outros asuntos que teñen a ver co diñeiro, co traballo ou con dereitos conquistados", conclúe o manifesto.

"Fagámola vivir e ser útil, é tempo de falarmos; somos nós, Queremos Galego!", rematou Marcos Maceira, novo presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, no acto celebrado en Compostela. Ademais, asegurou que a xornada serve para pedir "que o galego saia deste día" para estar "presente na sociedade os 365 días do ano, como lle corresponde". Tamén solicitou que regrese "á legalidade" e á promoción da linuga e da identidade galega para lograr que se coloque "en igualdade" co resto dos idiomas do Estado.

Tanto na capital de Galicia como no resto de localidades onde se celebraron manifestacións, os asistentes berraron contra a política lingüística de Feijóo, reivindicaron a lingua propia e reclamaron igualdade de dereitos para os galegofalantes.

"Na Galiza, en galego" ou "nas aulas de Galiza, en galego" foron algunhas das consignas que se escoitaron nunhas concentracións, marchas e actos lúdicos aos que acudiron representantes políticos do BNG e AGE, así como de diversos colectivos estudiantís e sindicais.

Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-05-2014 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Reivindicación e cultura: un Día das Letras na busca dun porvir para a lingua
Marcos Maceiras - Sermos Galiza

Milleiros de persoas participan nos actos convocados por Queremos Galego por todo o país. Na Coruña a música foi a protagonista, que tivo referencias ao conflito do profesorado Celga, namentres en Santiago enterraron desexos para a lingua que recuperarán en 2050. Masiva afluencia en Vigo, con 3.000 persoas e fortes críticas a Feijóo.



Festa e reivindicación. O Día das Letras Galegas volveu ter o seu mellor escenario nas rúas, onde milleiros de persoas se xuntaron nas mobilizacións convocadas pola plataforma Queremos Galego, nas que se celebrou a lingua propia, pero tamén se denunciou a aqueles que queren afogala.

Porque o futuro pasa pola cultura. A galega. Ese foi a mensaxe central do acto que tivo lugar na Coruña, un dos oito convocados -nas sete cidades e en Foz- aos que se uniron algún máis improvisados fóra do país, por exemplo en Barcelona, e nos que se pediu “un paso adiante” para o idioma propio.

“O teatro central da nosa cidade leva o nome de Rosalía de Castro, aquí foi designado Curros Enríquez como poeta do pobo”, sinalou o cantante Xurxo Souto, que exerceu de mestre de cerimonias da concentración na cidade herculina, diante do recinto mencionado e que reuniu medio milleiro de persoas. Os discursos combativos mesturáronse alí coa música, de diversos estilos, dende o jazz ao rock pasando, por suposto, pola tradicional, onde Moncho do Orzán puxo a bailar a toda a rúa, incluídos turistas que por alí andaban, para que logo digan que o idioma propio resulta unha barreira para @s visitantes.

Xurxo Souto: a Xunta, secuestrada pola galegofobia

Esas visións “provincianas” foron denunciadas desde o micrófono, onde Souto lamentou que a Xunta “estea secuestrada pola galegofobia”, críticas que tamén trasladou ao goberno local de Carlos Negreira, que a poucos metros facía campaña -alleo a toda a significación da data- xunto á vicepresidenta do goberno de Rajoy, Soraya Sáez de Santamaría.

O alcalde da Coruña facía campaña con Soraya Sáez a poucos metros do acto de Queremos Galego, totalmente alleo ao Día das Letras

O recordo a Luísa Villalta ou a referencia ao aniversario bravú tamén atoparon un oco nun acto no que foron especialmente aplaudidas ás mencións ao conflito do profesorado Celga. Un dos afectados polo mesmo participou da lectura do manifesto de Queremos Galego para este Día das Letras, no que se afirma que “o tempo actual non é propicio para a existencia de Galiza e do seu signo principal, a lingua galega, porque a globalización pretende arrasar con toda diferenza que ouse desafiar a hexemonía do imperial dominante. Non os imos compracer. Non temos a menor vontade de suicidio nin de resignación”.

Tres milleiros de persoas acudiron á manifestación convocada pola plataforma en Vigo, con grande peso reivindicativoe onde estivo a candidata europea do BNG, Ana Miranda, que protestou pola “política lingüicida de Feijóo” e apostou no uso do galego “tamén en Europa”. Centos sumáronse noutras partes do país. Con moitos actos, alén dos culturais adicados á figura de Díaz Castro ou a venta de libros galegos na rúa.

Suso de Toro sinalou que o futuro do galego "pasa por reintegrarse internacionalmente co portugués"

Por suposto, Compostela tamén acolleu unha mobilización masiva, na que participaron sindicalistas como Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, @s principais líderes de AGE -Senra, Díaz e Beiras, que cualificou a Feijóo como líder “da brigada de demolición da lingua”- e na que falou o presidente da Mesa, Marcos Maceira, que pediu “galego os 365 días do ano”. Especialmente simbólico foi a intervención que organizou a escola Semente nesa mesma cidade, onde se enterrou unha cápsula cos desexos para a lingua de varias persoas, que será recuperada en 2050. Entre os que alí escribiron estaba Suso de Toro, que defendeu que o porvir da lingua propia pasa por “reintegrarse internacionalmente xunto ao portugués”. Tamén participou o ex-presidente da Mesa, Carlos Callón, que lle pediu a Feijóo “respecto” pola cultura do país que preside, en alusión ao ocorrido nun programa de televisión onde o titular do goberno autonómico dixo o que o inexistente 'Poemas Gallegos' era o seu libro preferido de Rosalía, talvez confundíndoo con 'Cantares Gallegos'.

Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-05-2014 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal