Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Teatro con g para primaria o día 27 de maio




Nivel: 2º e 3º ciclo de Educación Primaria
Duración aproximada: 15 minutos cada representación
Lugar: Capela do Centro Cultural Torrente Ballester

Para se anotar: Chamar o fone 981 94 40 00 do Concello de Ferrol- Educación

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2011 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Guillerme Vázquez reivindica el uso del gallego en A Coruña
la voz

17 de mayo de 2011 - 13:46



El Bloque Nacionalista Galego ha celebrado esta mañana el acto central en el día de las Letras Galegas al pie del monumentos a Curros Enríquez, situado en los jardines de Méndez Núñez en A Coruña. El portavoz nacional del BNG, Guillerme Vázquez, ha acompañado al candidato nacionalista a la alcaldía de A Coruña, Xosé Manuel Carril, y a otros miembros de la candidatura coruñesa en la ciudad para ?falar de orgullo, de idioma e de ser galegos?.

Allí, Carril ha reivindicado el carácter gallego ?de A Coruña, pola súa historia, pola lingua dos seus barrios e tamén polos topónimos e microtopónimos?:
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-05-2011 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Modesta proposición para ler politicamente a Lois Pereiro
O mercado das Letras Galegas ábrese para o poeta que "desprezou a indolencia política dos seus pares" nun tempo de obscenidade capitalista.

IAGO MARTÍNEZ - xornal.com - 15/05/2011 - 20:00 h.

A lectura política de Lois Pereiro está en marcha. Quixo a Academia ?a historia? que o mercado das Letras Galegas se abrise para o poeta de Monforte neste tempo de obscenidade capitalista e chamados á revolta. A consigna callou decontado: Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, o panfleto que escribira por encarga de Manuel Rivas para a revista Luzes de Galiza en 1996, é o noso Indignádevos!. Mellor escrito, en galego, e máis eficaz que o libriño de Stéphane Hessel, malia á inxenuidade, o texto vive unha segunda idade nas librarías. Xerais rescatouno das hemerotecas para poñelo en circulación nun volume que se completa con varios artigos dispersos en publicacións dos oitenta.

Foi o poeta e xornalista Daniel Salgado quen ensaiou, a tal hora, a máis política das lecturas de Lois Pereiro. Na introdución á antoloxía que preparou para Galaxia, non por casualidade titulada ?Lóbregas figuras do século da febre?, despacha así a posición do poeta no seu contexto: ?Trazou unha vía paralela ás tendencias dominantes na literatura do seu tempo, enfrontouse á morte e aos poetas profesorais, incorporou as tebras postindustriais á súa escrita, desprezou a indolencia política dos seus pares e denunciou a quen pretenden allear o poema do sangue e da carne?.

Modesta proposición era, na súa orixe, a resposta a unha pregunta: e ti de que parte estás? ?Da mesma que crin estar sempre?, responde Pereiro. ?De parte da Beleza, dos que nos sentimos na obriga de loitar, desde que o mundo é mundo, polo que sempre nos resultou moralmente xusto e evidente?. Na altura na que escribiu ese ensaio de título imposíbel de memorizar, entre A Modest Proposal de Jonathan Swift e a Historia universal da infamia de Borges, o de Monforte estaba moi enfermo. Así e todo, regateáballe horas aos médicos para dedicarllas ao seu manifesto. Escribía e escribía, entre o hospital e a súa casa da Coruña, coma se cada páxina fose unha república. ?Se as vítimas de antes pretenden ser verdugos á súa vez, ¿de que parte que non sexa a das novas vítimas, dos novos vencidos doutras guerras, podemos estar xa??.

O lugar dende o que escribe estaba trazado nun poema uns meses antes. Titúlase ?Amor e sangue en Chiapas? e vai precedido, en Poesía última de amor e enfermidade, dunha reescritura de Octavio Paz: ?A Revolución que ven é a de Chiapas, as víctimas maias do principio que se rebelan, regresando a un futuro desexado... Todos somos Marcos! Todos EZLN, nas selvas Lacandonas do que nos foi prohibido!?. O poema dicía así: ?Ando á procura dunha ollada súa / que me confirme a fé que teño nela / e avanzo a cegas coa maior firmeza / noutra rebelión xusta que interna / nunha urxente existencia de certezas / para este corazón rebelde e zapatista / obrigado a loitar polo evidente / cunha serea furia / antiga e sabia. / Desde o amor que resiste ó que oprime / con ela por compaña como antes / ou eu só ben armado de nostalxias / deixareime invadir de sangue maia / para que retorne á súa propia terra / ou consiga vivir outras mil vidas / en loita contra o mundo / se é preciso / crebándolle o pescozo / e desviando / á historia do seu curso / xunto coas mesmas víctimas / de sempre?.

Nese poema, datado en xullo de 1995, están os contornos da Modesta proposición. A ?serea furia? de ascendencia gramsciana: ?Intentando equilibrar co voluntarismo do meu optimismo, o pesimismo ó que me leva a razón?. A amarga lucidez de Dürrenmatt: ?Sigao a estar de parte (...) dos que nos sentimos obrigados a loitar, desde que o mundo é mundo, polo que sempre nos resultou xusto e evidente?. E a actitude benxaminiana fronte á historia: ?¿De qué parte que non sexa sempre a das novas víctimas podemos estar xa??.

Pereiro nada contra a marea e reconstrúe, partindo das lecturas da súa adolescencia en Monforte, a súa propia xenealoxía política. Inventa, en realidade, unha tradición libertaria imposíbel: Kropotkin, Castelao, Bóveda, Bakunin, Ricardo Mella, CNT-FAI, Engels, Marx, Trotski, Lenin, Voltaire, Fourier, Lafargue, Ho-Chi-Minh, a I Internacional, a Internacional Situacionista, o simbolismo, Alfred Jarry, Leonard Cohen, Lour Reed, Esquilo, Chekhov, Shakespeare, os aborixes australianos, os chamáns, o rock, Alicia no país das marabillas.

Hai algo de confesión nese ensaio: ?Coñezo moi ben a xeografía mental do cinismo imperante, porque o levo asentado en cada célula, alimentadas co máis triste e errado discurso dos meus anos, e podería acudir a el se fose necesario?. Non trata de xustificarse. Non é unha declaración de inocencia, senón todo o contrario. É un incendio. Escribe pra inxectar a paixón da resistencia ?no imperio zombie de Microsoft e as autoestradas da información?. Ao cabo, nunca é peor o momento para levantarse de vez. ?¿Que tempos serían menos sombríos e fatais para os vencidos, para as víctimas, os oprimidos, os débiles, os nobres, os escravos, os negros deste mundo??.

A un ano de irse, Lois Pereiro propón tomar partido. Iniciar a sabotaxe. ?Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis false será esa inxenuidade, menos inocente a indiferencia, e máis cómprice non comprometerse?. A tal hora, o arco que traza a súa escrita está a piques de encaixar fatalmente co das súas constantes vitais. Se Poemas 1981/1991 estaba escrito con follas de afeitar sobre a barbarie, como unha acta da devastación, en Poesía última de amor e enfermidade ?e en paralelo, nun código diferente, na Modesta proposición? o poeta parece acometer a reconstrución. A súa, contra o cinismo e a distancia, e a dos fíos que o unen aos outros, esgazados polo poder. O colectivo. Como naquela carta de Gramsci á súa irmá Grazietta en 1916: ?Durante un par de anos vivín fóra do mundo, case coma nun soño. Deixei que se fosen rompendo un a un todos os fíos que me unían ao mundo e aos homes. Vivín exclusivamente para o cerebro sen deixar nada para o corazón?. Amor, resistencia, dinamita. Emancipación. Contra a morte e contra o poder. Como deixou escrito Uxío Novoneyra, ?a forza do noso amor non pode ser inútil?.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-05-2011 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
'Pachi' esixe a Feijóo que "deixe de pórlle o pé no peito" ao galego
o xornal

O secretario xeral do PSdeG recrimínalle ao presidente que vaia "botar bágoas de crocodilo ante Castelao" mentres "ataca o principal sinal de identidade de Galicia".
XORNAL.COM - 17/05/2011 - 15:23 h.


O secretario xeral do PSdeG, Manuel 'Pachi' Vázquez, reivindicou o valor da lingua propia no Día dás Letras Galegas para esixir ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que deixe de "pór o pé no peito" ao idioma e retire o decreto que regula o seu uso no ensino non universitario.

Nun mitin na cidade de Ourense xunto co candidato socialista á reelección, Francisco Rodríguez, o xefe de filas do PSdeG incidiu en que "ninguén pode querer a Galicia e desprezar o galego" e en que "ninguén pode dicirse galego e atacar a súa lingua".

De feito, subliñou que "é incrible que o principal inimigo do galego sexa o presidente da Xunta", ao que recriminou que acode "ao Panteón dos Galegos Ilustres a botar bágoas de crocodilo ante Castelao" mentres "ataca ao principal sinal de identidade" de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-05-2011 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xesús Palmou: A nosa lingua: un reto común
Un ano máis, celebramos a festa das nosas letras. Un día de homenaxe, de recordo para aqueles que fixeron da nosa lingua o vehículo de expresión da súa capacidade creativa, do seu talento para o engrandecemento da nosa cultura. Talento e capacidade creativa fan, sen dúbida, de Lois Pereiro merecedor deste singular recoñecemento no presente ano.

Pero xunto á celebración, homenaxe e recoñecemento, hoxe ten que ser tamén, para todas as galegas e os galegos, un día de compromiso co noso idioma propio, co seu coñecemento e co seu uso normal e cotiá en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, tal e como manda o Estatuto de Autonomía.

No Nadal de 1990, meses despois da súa toma de posesión, o Presidente da Xunta Manuel Fragaafirmaba: ?Temos que procurar por todos os medios ?uso oficial, exemplaridade, escola, medios de comunicación social? que as galegas e os galegos coñezan e dominen a súa propia lingua, que a usen sen complexos, sen ánimo de confrontación, senón de autoidentificación e de propia realización; con afán de creación diaria, poñéndoa ao día e dándolle dimensión urbana e de chancelería?.

Máis de vinte anos despois, as palabras do entón presidente da Xunta de Galicia seguen tendo plena vixencia. A nosa lingua sigue precisando o apoio e promoción institucional que garanta a todas as galegas e os galegos o seu coñecemento, falado e escrito, coa mesma soltura que o castelán, posibilitando así a normalización do seu uso como pretende a Lei do ano 1983 e o Plan Xeral de 2004.

Pero, sobre todo, sigue necesitando o recoñecemento, o compromiso e o amor de todos nós para continuar sendo o faro fundamental que alumee o noso patrimonio cultural en España e no mundo con vocación de futuro, transformando o que moitos consideran un risco, a globalización, nunha auténtica oportunidade.

Só dende o convencemento de que a promoción e a normalización do uso da nosa lingua é tarefa de todos, aseguraremos a súa supervivencia, o seu prestixio e adaptación aos novos tempos. Unha lingua útil, que nos facilite a relación coa lusofonía e nos de unha visión propia do mundo, o mesmo nivel que o castelán e o inglés. Velaí o reto común de todos nós.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 17-05-2011 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
David Balsa: O Día das Letras Galegas
O Xornal


Este 17 de maio celébrase un Día das Letras Galegas que se encherá de actos en lembranza do poeta Lois Pereiro, un dos máis vangardistas e que convulsionou a literatura e a cultura galega na efervescente década dos oitenta do século XX. É de salientar que están programados actos non só nas rúas das principais cidades galegas senón tamén por parte das comunidades de emigrantes galegos na Arxentina, Venezuela, na miña querida Suiza, e mesmo no Xapón, ondeYolanda Castaño, Branca Novoneira e Mónica de Nut do grupo "Tender a man" teñen prevista unha actuación en Tokio que sen dúbida contribuirá a espallar o coñecemento e aprecio pola nosa cultura no país do sol nacente. Este 17 de maio é unha proba máis da fortaleza do idioma e a cultura galegas que a pesares de ter soportado unha infame campaña de desprestixio nos últimos anos mantense como o principal sinal de identidade de Galicia. É certamente abraiante ver que nestes tempos temos que escoitar a persoas e grupos que denuncian unha suposta "imposición" da lingua propia de Galicia e denuncian a suposta "limitación" e a "inutilidade" do uso cotián do galego. É obvio que quen isto defende vive alleo e de costas a realidade do país e afeitos coma que nos cines o 95% dos filmes están en castelán, na universidade de A Coruña ou Vigo só se emprega o galego en menos do 10% das clases e que si un pon a televisión a única canle que emite integramente en lingua galega é a pública TVG. Nas rúas non hai que dar unha volta moi lonxe para ver que máis do 90% dos anuncios e letreiros, tanto publicitarios coma informativos, están en castelán. E isto vulnerando impunemente toda a lexislación tanto do Estatuto de Autonomía de Galicia como Constitución española que establece a cooficialidade de galego e castelán. De feito, o noso Estatuto de Autonomía define o idioma galego coma "a lingua propia de Galicia" e mandata aos poderes públicos para a súa promoción e difusión. A pesares distas evidencias a algúns aínda lles parece "excesiva" a presenza da lingua propia de Galicia na sociedade actual.



É preciso neste intre reaccionar e defender con firmeza unha lingua e cultura que son únicas e irrecuperables e que nos definen coma pobo diferenciado a nivel internacional dende hai máis de mil anos. Neste sentido non é de recibo que a Xunta de Galicia manteña esta actitude de pasividade ou aberta complacencia nalgúns conselleiros e altos cargos, diante dos ataques e aldraxes que a cotío se están a producir contra a lingua propia do país. A Lei de Normalización Lingüística foi un claro éxito no seu día polo gran consenso político e social que acadou trala súa aprobación no comezo dos anos oitenta. Posteriormente, o Plan de Normalización Lingüística elaborado e aprobado baixo o último mandato do presidente Manuel Fraga e co consenso de todos os grupos no Parlamento de Galicia foi outro importante paso na dirección axeitada. A lingua é unha cuestión esencial para o futuro do país e, por tanto, debe estar por riba de diferenzas partidistas. É preciso recuperar o consenso entre o PP, PSdeG e BNG para recobrar a unidade a prol da promoción da lingua galega. Esta tarefa non será doada pero é imprescindible para garantir a supervivencia do idioma e que as novas xeracións poidan gozan das obras de Lois Pereiro, Rosalía de Castro, Manuel Rivas, Rosa Enríquez, Otero Pedrayo, Emma Couceiro, Ramon Cabanillas, Manoel Antonio, Emma Pedreira, Teresa Gonzalez Costa e tantos outros autores que colocan a nosa literatura o mesmo nivel que a danesa, húngara, eslovaca, finesa ou calquera outra de Europa. Co compromiso de todos, como diría Álvaro Cunqueiro e subscribiría sen dúbida o noso querido Lois Pereiro, a lingua e a cultura galegas poderán gozar de mil primaveras máis.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 17-05-2011 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
A Rosalía encantaríalle Pereiro
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O escritor celebra o entusiasmo co que Galicia festexa o seu Día das Letras

Luís Pousa REDACCIÓN / LA VOZ


Este Día das Letras sopra sobre Galicia con ventos de modernidade da man de Lois Pereiro. O presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, reivindica a vitalidade dunha data que se converteu no «gran día da patria galega».

-Este é o primeiro Día das Letras sen Paco del Riego, que o inventou alá por 1963.

-Pois si. Paco del Riego creou o Día das Letras Galegas apoiado polo arquitecto Manuel Gomez Román e polo historiador Xesús Ferro Couselo. Eles son os causantes.

-E 49 escritores despois, ¿haberá que reinventar a data?

-Reinvéntase soa, é unha data tan viva que foi cambiando ao longo dos anos, coa tendencia a facerse máis dinámica, e culminando este ano con Lois Pereiro, que eu penso que é o Día das Letras Galegas que máis entusiasmos fixo aflorar aquí e acolá.

-¿Non sería mellor facer como na praza da Quintana: un día de vivos e outro de mortos?

-Non hai por que pensar noutro formato. O Día é coma os Pokémon, vai facendo as súas propias transformacións e mutacións. É o gran día da patria galega porque así o quixo o pobo.

-¿Máis que o 25 de xullo?

-Non, doutra forma. É moito máis participativo, plural.

-E a primeira protagonista do 17 de maio, Rosalía, ¿que pensaría de Lois Pereiro?

-Encantaríalle. Lois Pereiro ten algo de rosaliano. Esa demostración dun eu radical é moi rosaliana e ela entendería moi ben a poesía de Pereiro. Sen dúbida.

-¿É Lois o noso Bukowski?

-Talvez, el admirábao moito e mesmo traduciuno. Pereiro tiña a vantaxe de que estaba en contacto directo coa poesía centroeuropea e coa poesía de lingua inglesa, francesa...

-Unha tradición moi galega.

-Si, si, por suposto, de Otero Pedrayo e da xeración Nós. Na literatura galega hai unha corrente de autores e de lectores que ligan coa cultura ultrapirenaica sen pasar polas traducións ao español. E iso fainos moi autónomos.

-Percíbese moi ben en «Conversa ultramarina», onde atopamos que o trilingüismo xa estaba inventado...

-Desde logo. Era un lector e un falante políglota, pero logo era monolingüe como autor, eu desde logo non coñezo poemas de Pereiro en castelán. Cando empezou a publicar en 1975 na revista Loia era moi noviño e xa escribía en galego.

-Desde 1963 hai moito poeta entre os homenaxeados, ¿está a poesía no ADN galego?

-Pois si, sempre di Gamoneda que a mellor poesía que se está escribindo hoxe na península Ibérica é a que se escribe en Galicia, que sempre foi unha potencia poética.

-Pereiro tamén conecta coa tradición da literatura galega, como demostra no poema que lle dedica a Ánxel Fole.

-Cando eu era novo nin a min nin á miña xeración nos interesaba nada Ánxel Fole, parecíanos unha antigalla. Para Pereiro ou Rivas era como un avó encantador, porque non tiveron que rebelarse contra ese tipo de literatura coma nós cando éramos novos. Eles terían que rebelarse contra min, pero non o fan, non sei por que.

-Houbo unha certa polémica sobre se Pereiro era un autor de obra escasa...

-Gutiérrez de Cetrina está nas grandes páxinas da literatura española e é autor dun só madrigal.

-¿Non é cuestión de tamaño?

-Non. Un dos máis grandes poetas da literatura galega no século XX é Díaz Castro, autor dun puñado de poemas. ¿Para que se queren máis?

-¿E cal é o estado de saúde do galego o 17 de maio do 2011?

-En estado de doenza, pero non de morte. Nós seguimos coa teima de que o galego necesita discriminación positiva. E eu aspiro a que todo o mundo en Galicia sexa capaz de usar tantas linguas como Lois Pereiro.

xosé luís méndez ferrín presidente da real academia galega
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 17-05-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Cita en Monforte
galicia hoxe

Monforte será hoxe a capital das Letras galegas con tres actos que reúnen os grandes protagonistas da vida cultural e política do país: a Real Academia Galega ?que celebra a súa sesión extraordinaria na cidade?; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun acto da Consellería de Educación, e a Plataforma Queremos Galego, que se concentra en protesta pola política lingüística da Xunta.


Toda Galicia celebrará hoxe o Día das Letras Galegas e homenaxeará a Lois Pereiro, o poeta ao que este ano se lle dedica a xornada. Porén, todos os ollos do país estarán postos en Monforte, onde a Real Academia Galega (RAG) desenvolverá a súa tradicional sesión extraordinaria do Día das Letras. Alí estará tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que ademais de asistir á sesión encabezará posteriormente un acto específico organizado pola Consellería de Educación nu instituto da cidade. Pero non serán únicos: ás doce do mediodía -xusto cando a Academia e o alcalde monfortino saen da Casa do Concello nun percorrido ata a Casa da Cultura, onde se organizou a sesión académica-, os membros da plataforma Queremos Galego organizaron unha concentración na praza de Santa Clara -moi cerca da Casa do Concello.

A sesión comeza ás doce e cuarto coas intervencións de Manuel Rivas, Margarita Ledo Andión, Darío Xohán Cabana, Antón Santamarina Fernández e Luz Pozo Garza. O acto péchase cunhas palabrasa do presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín. Posteriormente, ás dúas menos cuarto, o Museo do Viño na veciña rúa do Comercio acollerá unha cata de Ribeira Sacra.

A esa mesma hora, comezará o acto da Xunta no Instituto "Río Cabe", onde o presidente inaugurará unha instalación multimedia sobre Lois Pereiro, organizada polas consellerías de Cultura e Educación xunto a Ouvirmos, equipo que realizou a Fotobiografía sonora do poeta monfortino.

--
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-05-2011 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Manuel Pazo: Unha lingua para os mil ríos
diario de ferrol

MARTES, 17 DE MAYO DE 2011 00:00

17 de maio. No país dos mil ríos e das mil primaveras. Anllóns. Voces a se expresaren nas rúas e ribeiras. Bibei. Fervenzas de palabras a reivindicar o dereito a existir, a vivir na randea do futuro. Catasol. Enxurrada de voces a bater nas conciencias. Deza. Leitos espidos. Eume. Indiferencia dunhas institucións que, máis unha vez, amosan a súa complicidade e ineficacia. Furelos. Berro que procura solucións á situación crítica na que se achan .
Os ríos precisan con urxencia medidas dirixidas a coutar os focos contaminantes e degradantes. Grande. Precisan ser recuperados para o goce da cidadanía e liberalos da arañeira de intereses que os asfixian. Hedrada. Porén o goberno galego tira de normas que procuran a soidade dos mesmos. Iso. No entanto, a sociedade civil amosa un forte compromiso denunciando nos medios de comunicación ou nos xulgados as agresións. Lagares. Xa for con campañas de limpeza dos leitos. Velaí as actuacións de distintas asociacións de troiteiros (Xubia, Furelos...). Madalena, Navia, Oitavén. Xa for co traballo realizado por Voluntarios do Proxecto Ríos que nos permite ter hoxe en día un diagnóstico do estado da saúde dos mesmos. Parga, Quenxe, Rato, Sar.
Os ríos, a lingua , letras da república do noso abecedario que percorren fervenzas e meandros, Tambre, Umia, Viñao, Xubia, Zas, procurando mil primaveras para os nosos ríos. Para a nosa lingua.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 17-05-2011 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Xoán A. García López: A falsa e as letras galegas
diario de ferrol

MARTES, 17 DE MAYO DE 2011 00:00


Teño unha veciña que sempre me di que non fala ben o galego, que fala aquel que aprendeu dos seus avós cando nena, dos seus pais e na aldea en que naceu (pois na escola nin falar). E eu sempre lle digo a Carmela, que é así como se chama, que siga falando o galego dese xeito natural, con esa voz melodiosa e ese acento tan bonito e que se esqueza de normativas, que ela non é académica da língua e que as súas palabras concisas e certas sáenlle do corazón, e o corazón non finxe.
E teño outra que lle gusta aparentar, que me confesa que a ela ?el gallego no le va y que cuando sus papás le hablaban en gallego a la vista de sus amigos se ponía roja?. Eu dígolle que anque o roibo vaille ben ás súas brancas meixelas, que fale na lingua que lle vaia, na que lle pete, como se quere falar en bielorruso ou esperanto, faltaría máis, o caso é que non se sinta avergonzada e non se ruborice ao falar?
Dazasete de Maio de 1963, baixo a batuta do segrel XoséMaría Pérez Parallé, no primitivo local social do Círculo Mercantil e Industrial de Fene (casa Severa), organizábanse os actos en homenaxe a Rosalía de Castro do 1º Día das Letras Galegas, establecido pola Real Academia Galega.
Fóra, na estrada N-VI soaba un forte ábrego e dentro do local unha calor abafante que non era natural. Sería a alegría e o ferver do corazón das persoas que alí estabamos e aplaudíamos as palabras do segrel de Sandulfe, don XoséMaría, ao oírlle falar do Día das Letras Galegas e da homenaxe a Rosalía de Castro.
Naqueles días, eu lía Cantares Galegos da inmorrente musa, e a súa obra quedoume no pensamento ? ad vitam aeternam?.
Letras Galegas (Fala Galega) do 1963 e do 2011, e de tódolos días de tódolos anos. De sempre. Rosalía de Castro e Lois Pereiro, e Castelao, Pondal, Añón, Curros, Pintos, Cabanillas, Francisca Herrera, Avilés de Taramancos e tantos outros homenaxeados e tantos esquecidos e esquecidas que poida que un día teñan o seu próprio Día das Letras Galegas.
A partir dunha iniciativa personal de donde Francisco Fernández del Riego, membro do Concello de Cultura Galega e tamén do Seminario, numerario da Real Academia Galega, autor de numerosas obras literarias e tanto máis, proposta por el mesmo á Real Academia Galega aproveitando o centenario do primeiro poemario en galego de Rosalía de Castro, Cantares Galegos, acordan crear o Día das Letras Galegas contribuíndo así a dar un pulo necesario naquela época á nosa vida cultural e literaria, e á nosa fala, e digo eu, porqué Día das Letras e non da Fala, ou Día das Letras e da Fala. É un dicir, pois as letras á fala levan e viceversa.
Iso si, co paso dos anos, van 48, a festividade deu bo resultado na nosa sociedade, conseguindo os propósitos, incluso excedendo os limites esperados por aquel ilusionado grupo de galeguistas que protagonizaban a meritoria empresa de difundir a lingua e a literatura do país galego, tendo que recomendarlles en máis dunha ocasión ós políticos responsables de turno que coñeceran o Camiño da Lingua, para eles, adrede ignorado ; aquel Camiño que xa no S. XIII abrira Alfonso X, o Rei Sabio.
Neste ano, o Día das Letras Galegas vai dedicado a Lois Pereiro (1958-1996), poeta culto e cosmopolita con evidentes pegadas impresionistas, cofundador (en Madrid) con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel da revista Loia. Tamén colaborou nas revistas La Naval, Trilateral e Luces de Galiza. Nesta última, publicaría en 1997 os oito capítulos da novela curta Náufragos do Paraíso.
En vida publicou dous poemarios, Poemas 81-91 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, un ano despois da súa morte saíu á luz o libro Poemas para unha Loia.
Foi un escritor con grandes referencias á literatura xermánica, con certos trazos de contracultura. Como ninguén, cartografiou o labirinto do mundo contemporáneo , conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición derrubadora do expresionismo centroeuropeo.
Mostra da nudez e crueza da poesía de Lois Pereiro é este parágrafo dun dos seus poemas, epitafio gravado en pedra na súa tumba de Santa Cristina de Viso, no concello de O Incio: Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.
Con motivo das Letras Galegas, mesmo onte, falei en Neda sobre Lois Pereiro. Notei no peito a súa enerxía positiva e sentinme emocionado.
Singular recordo para aquelas e aqueles que fixeron posible que non nos avergoncemos e nos sintamos orgullosos da nosa lingua.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 17-05-2011 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0