Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Coa lingua de excursión - Adultos

Andaina por terras de Melide
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-05-2008 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da manifestación do 18 de maio
Xa podedes ver o álbum coas fotos da manifestación de Santiago.
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-05-2008 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Os Resentidos - Cumbia china
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 25-05-2008 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Os lemas a prol da lingua traspasaron as nosas fronteiras
Análise de medios

A protesta do 18 de maio polo dereito a vivirmos en galego segue a dar que falar. Son moitos os medios de fóra do país que se fan eco da información.

* A Mesa acusa a Touriño de boicotear o decreto de galeguización

* Rotundo éxito da manifestación pola lingua

Redacción Vieiros - 14:15 19/05/2008

A manifestación a prol do galego convocada pola Mesa en Compostela tivo unha repercusión mediática alén das nosas fronteiras. Ofrecémoslle algúns exemplos:

O xornal madrileño Público especificou que "seis dos sete grandes concellos de Galiza apoiaron a manifestación", mentres que noutros xornais como Diario Ibérico, El Confidencial ou Periodista Digital recollen a crónica desta manifestación cualificada polo presidente da Mesa, Carlos Callón, como "xornada histórica".

Os medios vascos (ETB) centráronse na necesidade de "normalizar a situación do galego en todos os ámbitos" que reclama a Mesa, cunha noticia que salienta no titular que "Miles de persoas se manifestan en favor da lingua galega".

O Jornal de Notícias portugués sinala en titulares que "Os galegos não querem falar castelhano", nunha noticia na que destacan que segundo os datos estatísticos máis recentes, "o 90 por cento dos galegos con máis de 65 anos falan portugués da Galiza, máis esa porcentaxe é moito máis reducida entre os que teñen menos de 20 anos". Dende o medio de comunicación luso indican que "para inverter esta tendencia, os participantes na manifestación esixiron tamén a toma de medidas para a recepción das radios e televisións na Galiza, conforme á proposta xa aproada no Parlamento estatal". Tamén afonda neste tema, a Axencia Lusa
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-05-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación en Santiago



Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-05-2008 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Ligazón para os álbumes de fotos
Nova ligazón, máis doada de atopar, para acceder aos nosos álbumes de fotos, premendo na parte superior da liña de menú, como se indica na imaxe.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-05-2008 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
Diario de Ferrol - Miles de manifestantes reivindican en Santiago o "dereito a vivir en galego"
Miles de manifestantes reivindican en Santiago o "dereito a vivir en galego"

AXENCIAS > SANTIAGO


Miles de persoas percorreron onte as rúas de Santiago co obxectivo de reivindicar o uso normalizado do galego. Tras a marcha, o presidente da Mesa, Carlos Callón, leu un comunicado no que denunciou a discriminación de persoas por falar galego no seu ámbito laboral.

Varios miles de persoas -a organización cifrou en 25.000 os asistentes e a Policía Local descendeu esta cifra até os 8.000- déronse cita onte en Santiago para reivindicar "o dereito a vivir en galego" nunha manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística.

A pesar da intermitente chuvia, dende o mediodía partiron da Alameda compostelá numerosos integrantes de colectivos de moi diversos ámbitos que percorreron varias rúas da capital galega para concluír a manifestación coa lectura dun manifesto nunha praza da Quintana practicamente chea.

No transcurso da mobilización, os asistentes lanzaron proclamas que animaban a "normalizar" a situación da lingua galega en todos os ámbitos. Deste modo, "Do médico ao notario, en galego a diario" e "Na rúa e no traballo, en galego todo o ano" foron os cánticos que máis se puideron escoitar, así como o son das gaitas.

Normalidade > Ao remate da manifestación, a praza da Quintana acolleu a catro persoas que padeceron problemas por expresarse en galego no seu ámbito laboral, algo que o presidente de A Mesa, Carlos Callón, riscou de "incrible" e "sinrazón".

Ademais, considerou que estas persoas son "o exemplo de que hai que seguir loitando". Despois que os catro participasen reivindicando o dereito a utilizar o galego "con normalidade" en todos os ámbitos e reclamando "garantías e compromisos" por parte da Administración, Callón aproveitou tamén para citar a Castelao. "Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma", proclamou.

Callón defendeu o "dereito colectivo básico e elemental" que supón utilizar o galego con "normalidade" en calquera ámbito posto que "non prexudica a ninguén". Por iso, insistiu na reclamación aos poderes públicos para que "garantan" ese dereito que teñen todos os cidadans.

Do mesmo modo, explicou que o galego é a "lingua natural" de Galicia e reprobou aos que negan ese dereito por considerar que utilizan "discursos franquistas".

Nesta liña, recordou aos asistentes que a frase "o castelán é tan galego como o galego" provén da época franquista e criticou o "cinismo" daqueles que queren que a lingua galega se converta nunha "reliquia". Non obstante, celebrou que un total de 500 entidades -concellos, asociacións veciñais, sindicatos, deportistas e colectivos de diversos ámbitos- apoiasen unha manifestación que cualificou de "histórica".
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2008 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia Hoxe - Miles de persoas danse cita en Santiago para reivindicar "o dereito a vivir en galego"
galicia hoxe
manifestación
Miles de persoas danse cita en Santiago para reivindicar "o dereito a vivir en galego"
No transcurso da procesión, os asistentes lanzaron proclamas que animaban a "normalizar" a situación da lingua galega en todos os ámbitos
E.P. SANTIAGO



Varios miles de persoas --a organización cifrou en 25.000 os asistentes e a Policía Local descendeu esta cifra ata os 8.000-- déronse cita hoxe en Santiago de Compostela para reivindicar "o dereito a vivir en galego" nunha manifestación convocada por A Mesa pola Normalización Lingüística.

A pesar da intermitente chuvia, dende o mediodía da Alameda compostelana partiron numerosos integrantes de colectivos de moi diversos ámbitos que percorreron varias rúas da capital galega para concluír a manifestación coa lectura dun manifesto nunha Praza da Quintana practicamente chea.

No transcurso da procesión, os asistentes lanzaron proclamas que animaban a "normalizar" a situación da lingua galega en todos os ámbitos. Deste modo, 'Do médico ao notario, en galego a diario' e 'Na rúa e no traballo, en galego todo ou ano' foron os cánticos que máis se puideron escoitar, así como o son das gaitas.

Ao remate da manifestación, a histórica Praza da Quintana acolleu a catro persoas que padeceron problemas por expresarse en galego no seu ámbito laboral, algo que o presidente da Mesa, Carlos Callón, riscou de "incrible" e "sinrazón".
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2008 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
A Nosa Terra - Milleiros de persoas, na rúa pola defensa do idioma
A NOSA TERRA
Portada | GALIZA
A Mesa fala de 25.000 manifestantes
Milleiros de persoas, na rúa pola defensa do idioma

Redacción . A marcha reivindicativa convocada pola Mesa polo Día das Letras baixo o lema 'o dereito a vivirmos en galego' xuntou a milleiros de persoas nas rúas de Compostela, onde cualificaron de 'sinrazón' os problemas que aínda existen para falar no idioma propio en todos os ámbitos da vida diaria.
18.05.2008 | 16:38



Varios miles de persoas -a organización cifrou en 25.000 os asistentes e a Policía Local descendeu esta cifra ata os 8.000- déronse cita hoxe en Santiago de Compostela para reivindicar "o dereito a vivirmos en galego" nunha manifestación convocada por A Mesa pola Normalización Lingüística.

A pesar da intermitente chuvia, dende o mediodía partiron da Alameda compostelana numerosos integrantes de colectivos de moi diversos ámbitos que percorreron varias rúas da capital galega para concluír a manifestación coa lectura dun manifesto nunha Praza da Quintana practicamente chea.

No transcurso da mobilización, os asistentes lanzaron proclamas que animaban a "normalizar" a situación da lingua galega en todos os ámbitos. Deste modo, 'Do médico ao notario, en galego a diario' e 'Na rúa e no traballo, en galego todo o ano' foron os cánticos que máis se puideron escoitar, así como o son das gaitas.

Ao remate da manifestación, a Praza da Quintana acolleu a catro persoas que padeceron problemas por expresarse en galego no seu ámbito laboral, algo que o presidente de A Mesa, Carlos Callón, riscou de "incrible" e "sinrazón".

Ademais, considerou que estas persoas son "o exemplo de que hai que seguir loitando". Despois que os catro participasen reivindicando o dereito a utilizar o galego "con normalidade" en todos os ámbitos e reclamando "garantías e compromisos" por parte da Administración, Callón aproveitou tamén para citar a Castelao. "Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma", proclamou.

Callón defendeu o "dereito colectivo básico e elemental" que supón utilizar o galego con "normalidade" en calquera ámbito posto que "non prexudica a ninguén". Por iso, insistiu na reclamación aos poderes públicos para que "garantan" ese dereito.

Do mesmo modo, explicou que o galego é a "lingua natural" de Galiza e reprobou aos que negan ese dereito por considerar que utilizan "discursos franquistas".

Nesta liña, recordou aos asistentes que a frase "o castelán é tan galego como o galego" provén da época franquista e criticou o "cinismo" daqueles que queren que a lingua galega se converta nunha "reliquia".

Non obstante, celebrou que un total de 500 entidades -concellos, asociacións veciñais, sindicatos, deportistas e colectivos de diversos ámbitos- apoiasen unha manifestación que cualificou de "histórica".

Lingua natural

Entre os asistentes puídose ver ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana; ao voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera; á conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas; e ao concelleiro delegado de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago, Xosé Manuel Iglesias.

O primeiro interpretou a manifestación como unha mostra de que a cidadanía galega "defende o galego como lingua natural de Galiza" e aplaudiu que este "siga sendo o idioma maioritario". A respecto da ausencia de membros da parte socialista da Xunta na convocatoria, descartou rotundamente un grao de compromiso "menor" co idioma. "En absoluto", asegurou, ao tempo que apuntou que "moitos dos presentes terán sensibilidades diferentes á nacionalista".

Ademais, explicou que esta manifestación non é "dos que falan galego contra os que falan castelán", senón que "é dos que queren ben ao galego". Precisamente, considerouna unha plataforma dende a que lanzar "un berro de sedución" a todos os galegos, "especialmente, aos que aínda non utilizan o galego".
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2008 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Vieiros - Rotundo éxito da manifestación pola lingua
ENTRE 8 E 25 MIL ASISTENTES
Rotundo éxito da manifestación pola lingua

A chuvia non impediu que a Praza da Quintana se enchese sobradamente de cidadáns reclamando o seu dereito a facer a súa vida en galego.

Marcos S. Pérez - Vieiros - 15:07 18/05/2008


"Burra, no hables lenguas menores". Carlos Callón comezou o seu discurso na Praza da Quintana enumerando catro dos exemplos máis recentes de discriminacións ou ataques sufridos por galegofalantes por empregar a súa lingua en Galiza. Os protagonistas deses catro exemplos: Ana López-Suevos, Ignacio Vilar, Xesús da Torre e Eduardo Álvarez, foron os encargados de ler un breve manifesto que reivindicaba, sobre todo, o dereito a "vivir en galego", a ser quen de desenvolver a vida cotiá en todos os ámbitos na lingua propia de Galiza.

Foi a manifestación polo idioma máis numerosa que se lembra, seguramente motivada por algún destes rechamantes casos de discriminación, e nomeadamente polos ataques dirixidos meses contra a lingua galega dende distintas organizacións (encabezadas por Galicia Bilingüe), que parapetándose na defensa dunha suposta 'liberdade lingüística', teñen iniciado unha campaña contra o uso normalizado do galego. Galicia Bilingüe foi o obxectivo de moitos comentarios e berros, aínda que o máis repetido foi o xa clásico Na Galiza, en galego.

Chuviscou e choveu, intermitentemente, pero iso non influíu na asistencia a unha manifestación que resultou, sen lugar a discusión ningunha, un completo éxito, cunha moi visíbel participación de rapaces e adolescentes. A Praza da Quintana, con capacidade para unhas dez mil persoas, encheuse sobradamente, polo que parece claro que a participación superou esa cifra. A organización da marcha elevou o cálculo até as 25 mil persoas, mentres que a policía local rebaixou a asistencia até as oito mil manifestantes.

A marcha estivo encabezada por dúas fileiras de rapaces e rapazas, que portando candansúa faixa, reivindicaron o seu dereito a facer a súa vida en galego, comezando polo ensino, unha das grandes reivindicacións da manifestación, e clave para asegurar a supervivencia do idioma. Na Quintana, o presidente da Mesa, Carlos Callón, afirmou que a situación do galego é crítica, pero que aínda está na man dos cidadáns e das administracións o mudar esta realidade. Felicitouse por iniciativas como as Galescolas ou a Lei de Comercio, pero lamentou a situación do galego no ensino, tanto no universitario coma no obrigatorio, onde levan anos incumpríndose as leis que indican un mínimo de contidos na nosa lingua.

Igual de crítica amosouse a xuíza Ana López-Suevos, contra a que se abriron dilixencias opor permitir o uso do galego nun xuízo. López-Suevos criticou o escasos resultados que ao seu xuízo deron as políticas de normalización lingüística nos últimos 25 anos, e afirmou que en Galiza si existe un conflito lingüístico.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2008 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal