Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Teatro con g 2015 - cartaz
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 30-04-2015 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
En galego, sen filtro - paneis
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-04-2015 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Ataque Escampe - Arder
"O videoclip do noso tema "Arder" producido por PRENOM e dirixido por Mar Catarina celebra hoxe un ano de vida e, como agasallo, vimos de saber que foi seleccionado para o Festival de Cans."

Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 29-04-2015 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Boa parte da publicidade das empresas galegas non respecta os topónimos
Por Xosé González Martínez - Mundiario - 28 de abril de 2015

Presidente do Foro E. Peinador. Colaborador de MUNDIARIO.



Non estaría de máis que o Goberno galego arbitrase medidas instando a notarios e rexistradores a correxiren de oficio a documentación presentada por particulares para a constitución de sociedades.

Abonda con prestarlle atención ao tráfico automobilístico das nosas estradas para decatármonos de que boa parte da publicidade comercial reproduce os topónimos, maiores e menores, dos lugares onden radican esas empresas deturpados. É tal o desleixo que nalgún casos resultan incomprensibles. Esta constatación evidencia a insensibilidade de boa parte do empresariado galego polo noso patrimonio cultural.

A esta desorde súmanse algunhas redes sociais que lles impiden aos seus usuarios utilizar nos seus propios perfís o nome oficial da localidade onde viven, porque ao cumprimentaren os requisitos esixidos para abrilos, automaticamente son traducidos ao castrapo que noutrora era frecuente nos indicadores de poboación en Galicia. A inobservancia da legalidade está presente tamén nas tiquetas de moitas marcas de produtos agroalimentarios.

Pero máis chamativa é, despois de tantos anos en vigor dos decretos da Xunta de Galicia que os oficializou, que algúns organismos da Administración do Estado con competencias en Galicia sigan facendo caso omiso desa lexislación. Os documentos nacionais de identidade expedidos polas comisarias de policia, por exemplo, son unha mostra máis dese asañudo comportamento oficial. Por paradoxal que pareza observamos idéntica actitude nas resolucións xudiciais.

En 1984 a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia levara a cabo unha eficaz campaña para instar ás corporacións locais a restaurar a nosa toponimia. Foi importante para a súa normalización a “Declaración dos Alcaldes pola normalización Lingüística”, e tamén as xestións realizadas coa Telefónica para que as edicións das guías recollesen os nomes oficiais das localidades, e que, ao tempo, os consistorios galegos se localizasen como “Casa do Concello”. Gardamos como testemuño daquelas xestións a carta de don Luís Solana, presidente da compañía, accedendo aos nosos pedimentos.

Daquela eran frecuentes as corrección feitas por mans anónimas nos indicadores de poboación, que nalgúns casos acabaron con detencións e posteriores xuízos condenatorios. En 1985, en Compostela, un xuíz, don Carlos López Keller, con sentido común na aplicación do dereito, ditara unha inusual sentenza absolutoria por considerar que os feitos declarados probados non eran legalmente constitutivos de delito “porque o acusado limitouse a se adiantar á actuación oficial, que, por outra banda como é público e notorio, procedeu en numerosos lugares a redactar en galego os nomes dos lugares nos sinais de tráfico”. Pouco lle faltou ao xuíz para condenar á Administración a pagarlle o importe da brocha e a pintura ao acusado.

O paso do tempo non foi abondo para que empresas e algunhas institucións públicas fosen máis respectuosas coa legalidade. Por esta razón non estaría de máis que o Goberno galego arbitrase algunhas medidas instando a notarios e rexistradores a correxiren de oficio a documentación presentada por particulares para a constitución de sociedades e todos os instrumentos xurídicos; medidas que deberan ser extensibles aos seus propios organismos con competencias en transportes. Tampouco estaría de máis unha imaxinativa campaña publicitaria.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-04-2015 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Grupos escolares y profesionales configuran el programa del ciclo “Teatro con G” que arrancó ayer.
REDACCIÓN DIARIO DE FERROL | Actualizado 29 Abril 2015


Magín Blanco y el grupo Ghazafelhos unieron ayer música y teatro en la primera de las representaciones que forman parte del ciclo “Teatro con G” promovido pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüísica de Ferrolterra con la colaboración del Concello de Ferrol. Unos 600 alumnos de Primaria pasaron en dos funciones por el teatro Jofre para ver en escena “A nena e o grilo”. El programa continuará el próximo 20 de mayo, en el mismo escenario, con la obra “Bicos con lingua”, en este caso a cargo de la compañía Talía Teatro y dirigido a estudiantes de ESO, Bachillerato y ciclos formativos.
Todas las demás sesiones serán protagonizadas por grupos de teatro de colegios e institutos de la ciudad y comarca, como el Sofía Casanova, Carballo Calero, Isaac Peral, Esteiro, Ludy y Atios de Valdoviño. Todas tendrán lugar entre el 3 y el 10 de junio. La actividad pasará también por el Centro de Educación Especial Terra de Ferrol, donde el 26 de mayo el grupo “Títeres tres globos” ofrecerá “Caraporquiña vermella”.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-04-2015 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
A RAG leva o decreto do galego ao Constitucional
A Academia lembra que tanto o Estatuto, como a Constitución, como a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias recollen a necesidade de defender a lingua propia do país ante un decreto que, di, lesiona os dereitos dos galegofalantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2015


A Real Academia Galega (RAG) acordou presentar un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional polo decreto do plurilingüismo no ensino non universitario, ao considerar que esta norma "vulnera" o dereito á igualdade das persoas que falan galego.

Tras a recente sentenza do Tribunal Supremo que ratifica a legalidade do decreto 79/2010 para o plurilingüismo, o plenario da RAG decidiu levar a sentenza á máxima instancia xudicial para, di, “dar cumprimento dos seus estatutos sobre as súas finalidades principais”.

"A Real Academia Galega vese na obrigación de recorrer ao Tribunal Constitucional en defensa dos dereitos das persoas galegofalantes, que considera vulnerados polo devandito decreto, dando así continuidade ao procedemento xurídico iniciado coa demanda presentada ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia", alega.

O recurso de amparo que presenta agora a Academia fundaméntase no argumento de que a Constitución e o Convenio Europeo de Dereitos Humanos consagran "o dereito fundamental á igualdade e a non sufrir discriminación por calquera circunstancia persoal". Así mesmo, sostén que o dereito á igualdade na Constitución refírese a unha igualdade material que, engade, "obriga aos poderes públicos a promovela removendo os obstáculos que se interpoñan para alcanzala" e, á súa vez, materializándoa en accións positivas de promoción das persoas ou colectivos "historicamente marxinados".

No seu recurso, a RAG salienta as súas medidas de acción positiva en defensa da lingua que se enmarcan na "normalización lingüística" e o seu mandado fundaméntase legalmente e inicialmente nos artigos 3.3 da Constitución Española e 5.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, e no precepto número 8 da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.

“A Carta Magna española sinala que a riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección", lembra. Tamén apunta que o Estatuto galego establece que os poderes públicos "garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento".

Ademais, a RAG insiste en que a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, subscrita por España, recolle no seu artigo 8 os compromisos que adquiriu relativos a "ofrecer unha educación preescolar, primaria, secundaria, técnica e profesional garantida en lingua galega". Con todo, segundo esta entidade, os sucesivos informes do Comité de expertos considera que esta Carta "nunca foi enteiramente cumprida".

Ademais, a Academia cita o Título III da Lei de Normalización Lingüística, que insiste no devandito mandato normalizador da lingua galega, sobre todo no ensino; e a xurisprudencia do Tribunal Constitucional, que establece que ambas as linguas oficiais deben ter unha presenza suficiente para garantir o obxectivo da igualdade.

"O máis grave é que devandito decreto perpetúa a situación de inferioridade da lingua galega, profundando nos prexuízos contra a mesma, ao excluír taxativamente o seu uso nas materias de contido científico". Por todo iso, considera fundamentado o recurso ante o Tribunal Constitucional por "vulneración do dereito fundamental á igualdade non amparado na sentenza recorrida".

O decreto do plurilingüismo, que introduce a regulación do ensino nun terceiro idioma, o inglés, foi unha das medidas postas en marcha pola Xunta a pasada lexislatura e recibiu moitas críticas, tanto da oposición como de institucións culturais e sociais, entre elas, a RAG, que recorreron aos tribunais.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalou a legalidade do decreto e pronunciouse en contra dos devanditos recursos, doutrina á que se sumou recentemente o Tribunal Supremo tras desestimar o recurso presentado en 2012 pola Academia contra a mesma norma.

Xunta

Pola súa banda, a Xunta de Galicia di que respecta esta decisión, aínda que reitera a "plena legalidade" do decreto porque "xa quedou confirmada por diferentes tribunais". "O decreto foi sometido ao exame de sentenzas do TSXG e á do Tribunal Supremo, que de xeito contundente confirmou a súa legalidade a estar acorde coa Carta europea das linguas rexionais e minoritairas, o Estatuto e a Lei de normalización", apunta nunha nota.

Ademais, insiste en que o decreto "está a funcionar sen problema" e que "ten o aval dunha sentenza contundente, mesmo do Triubnal Supremo. "O que cómpre é xuntar esforzos para potenciar o seu uso social, como veñen de convir, recentemente a propia RAG, o CCG e a Xunta", conclúe.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-04-2015 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
A Academia leva ao Tribunal Constitucional o decreto do plurilingüismo
O Plenario da Real Academia Galega decidiu presentar recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional contra a sentenza do Supremo polo decreto do plurilingüismo no ensino non universitario. Afirma que se ve na “obriga” de facelo, en defensa das “persoas galegofalantes”.

Sermos Galiza


A Academia decidiu continuar adiante nos tribunais coa súa oposición ao decreto do plurilingüismo no ensino non universitario e chega agora ao Tribunal Constitucional cun recurso de amparo contra a recente sentenza do Tribunal Supremo que ditaminaba sobre o recurso de casación á sentenza do Superior de Xustiza de Galicia.

A RAG asina, ao facer pública o recurso perante o Constitucional, un comunicado máis que cuestiona a política lingüística do goberno de Feijóo. A entidade presidida por Alonso Montero confesa verse “na obriga” de presentar o recurso na “defensa dos dereitos das persoas galegofalantes, que considera vulnerados polo devandito decreto”. Continúa, pois, o proceso xurídico que se iniciaba coa demanda presentada pola RAG perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Vulneración do dereito de igualdade

O cerne do recurso móvese arredor da vulneración do dereito á igualdade que non está amparado, segundo din, na sentenza á que se refire. Os argumentos nos que se fundamenta o recurso de amparo da RAG son, entre outros, o dereito á igualdade e no mandato a prol da normalización lingüística recollido na propia Constitución e o Estatuto de Autonomías. Remítese tamén á Lei de Normalización Lingüística e á Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, co máximo nivel de compromisos por parte do Reino de España que obriga entre outros “a ofrecer unha educación preescolar, primaria, secundaria, técnica e profesional garantida en lingua galega”.

"Perpetúa a situación de inferioridade"

“O máis grave é que o dito decreto perpetúa a situación de inferioridade da lingua galega, afondando nos prexuízos contra a mesma, ao excluír taxativamente o seu uso nas materias de contido científico”, di no seu texto unha Academia que entende que o Decreto 79/2010 no canto de desenvolver a LNLG “en realidade está en aberta contradición con esta, obviando o concepto de normalización e anunciando no preámbulo un cambio do marco legal, pese a que se trata unicamente dunha norma para o desenvolver”. A Real Academia Galega entende que as devanditas consideracións fundamentan o recurso ante o Tribunal Constitucional, sendo que poñen de manifesto a vulneración do dereito fundamental á igualdade non amparado na sentenza recorrida.

“A propia xurisprudencia do Tribunal Constitucional ten establecido que ambas as linguas oficiais (galego e castelán) deben ter unha presenza no ensino suficiente para garantir a consecución do obxectivo de igualdade”, explícase no recurso, remitindo ás propias sentenzas emitidas polo TC.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-04-2015 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
En galego, sen filtro - Cartaz
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-04-2015 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Axenda
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-04-2015 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos Galego volve ás rúas o 17 de maio para garantir o futuro da lingua
Sermos Galiza - Quinta feira, 23 de Abril do 2015

Galego, garantía de futuro é o lema co que a plataforma Queremos Galego convoca á cidadanía a participar nas concentracións que se desenvolverán o vindeiro 17 de maio en vilas e cidades galegas.


A plataforma cidadá Queremos Galego volverá ás rúas o vindeiro 17 de maio en manifestación e concentracións que se desenvolverán en distintas cidades e vilas galegas ás 12 do mediodía co lema Galego, garantía de futuro.

Na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo están xa confirmadas as mobilizacións que se convocarán baixo o lema “Galego, garantía de futuro” co que se quere poñer á vista que “a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua”, explicou o voceiro da plataforma cidadá, Marcos Maceira que volveu, como xa fixera despois da multitudinaria manifestación do 8 de febreiro, lembrar que o presidente Feijóo segue sen recibir ás entidades defensoras da normalización lingüística.

“Se o goberno galego realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo de ensino, e deixaría de proscribir o termo “normalización” como está a facer”

“O actual goberno da Xunta actúa irreponsabelmente en relación ao noso idioma, lexislando contra el por primeira vez na historia, reducindo a súa presenza no ensino e prohibíndoo para as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía”, sinalou Maceira ao tempo que fixo fincapé en ámbitos nos que a presenza da lingua está en grave perigo de desaparición como a dobraxe, os servízos de atención telefónica, a educación infantil, a formación profesional a distancia e de adultos, a administración electrónica, a xustiza ou a saúde.

Lamentaron desde Queremos Galego que após a masiva manifestación do 8 de febreiro, a sociedade galega tivera como única resposta un “anuncio propagandístico” sinalaron, en relación co “Documento estrutural básico de dinamización da lingua galega no tecido económico" que ven de anunciar o goberno mais que, malia telo reclamado en reiteradas ocasións, continúan sen recibir por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüísticas.

“Se o goberno galego realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo de ensino, e deixaría de proscribir o termo “normalización” como está a facer”, afirmaron no acto de presentación das mobilizacións do 17 de maio para o que Queremos Galego chamou á sociedade a participar porque, segundo defenderon, “o pobo galego ten que se o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días do ano”.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 23-04-2015 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal