Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Vídeo promocional da campanha de pré-matrícula na Escola de Ensino Galego A Semente, de Compostela
http://www.diarioliberdade.org/audiovisual/lingua-educacom/26575-escola-de-ensino-galego-a-semente-abre-pr%C3%A9-matr%C3%ADcula-em-compostela.html
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-04-2012 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Falece o intelectual galeguista Xaime Isla Couto, cofundador da Editorial Galaxia
GALICIA HOXE


O ensaísta, avogado, economista, animador cultural e político do galeguismo, Xaime Isla Couto, presidente de honra e cofundador de Galaxia, faleceu este mércores en Vigo aos 97 anos de idade.

Isla Couto, nacido en Santiago en 1915, participou nos grandes momentos do galeguismo político e cultural, inicialmente desde os equipos Ultreya e as Mocidades Galeguistas, onde entrou en relación con figuras como Francisco Fernández del Riego; e máis tarde dentro do proxecto do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista.

En 1950 Francisco Fernández del Riego e a propio Isla Couto crearon a Editorial Galaxia, posteriormente á creación do suplemento literario do xornal compostelán La Noche.

Desde Galaxia animou os traballos de sociología, economía e estudos de organización local, achegando unha visión nova sobre a economía social que, segundo indica a editorial, "hoxe volve estar de actualidade".

Entre 1958 e 1968 dirixiu a Revista de Economía de Galicia, un dos grandes proxectos da editora neses anos e do que foi subdirector Xosé Manuel Beiras.

GALEGUIZACIÓN DA LITURXIA

Home de profundas conviccións relixiosas, Isla Couto formou parte dos equipos de galeguización da liturxia e comprometeuse coas accións do recoñecemento do galego no Concilio Vaticano II, así como coa creación da editorial Sept (1966), especializada en publicacións de carácter social e relixioso. Entre outros proxectos, esta editorial foi promotora da edición da Biblia e o Novo Testamento en lingua galega.

Xa en 1987, xunto coa súa muller Cristina Novoa e os seus irmáns Manuel e Celso, puxo en marcha a Fundación Isla Couto, especializada en estudos de carácter local, sociolóxico, económico e espiritualidade.

Así mesmo, foi cofundador da Fundación Penzol (1963), da Fundación Otero Pedrayo (1979) --da que recibiu o Premio Trasalba en 1992-- e director de honra da revista Graal. En 1999 ingresou na Real Academia Galega co discurso titulado 'Economía, linguaxe e poder' e, nese mesmo ano, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-04-2012 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Proposta de actividades para o Día das Letras Galegas
Ola, bo día:
Enviámosvos unha novidosa proposta para celebrar o Día das Letras Galegas adicado ao polifacético Valentín Paz-Andrade. É unha iniciativa pensada para que nenos e nenas de 6 a 12 anos se acheguen de xeito directo, participativo, lúdico e vivencial a literatura, a música, a tradición oral, o patrimonio inmaterial galegos.
Moi recomendable! Non dubidedes en solicitar máis información a través deste enderezo electrónico (xandobela@xandobela.info).

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-04-2012 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Sermos Galiza ... xa é


Hoxe constituíse formalmente o grupo de comunicación ‘Sermos Galiza‘. Esta mañá en Compostela tivo lugar a súa primeira Xunta Xeral de Accionistas, na que tiven o gusto de participar. Optouse pola fórmula de sociedade anónima para dar mellor acubillo legal a un proxecto alicerzado nun numeroso accionariado popular, cun gran número de pequenas achegas. Porén, como afirmou Manuel Mera -un dos integrantes do Grupo Promotor que pilotou a xestación do proxecto- ‘Sermos Galiza’ nace como ‘unha verdadeira empresa social, no seu pleno senso’.

Un grupo moi numeroso de persoas ateigaron a sala do Hotel Araguaney facéndoa ficar pequena. Había unha ampla representación de activistas dos movementos sociais, do mundo da cultura e do movemento nacionalista galego. Mais predominaron persoas descoñecidas que puñan en evidencia a base popular do proxecto. Había, e hai, moita fame social de medios de comunicación de noso na nosa lingua. ‘Non agardamos por unha burguesía comprometida, tomamos a iniciativa desde a base’ explicou Teresa Moure.

A escritora, membra tamén do grupo promotor, foi a encargada de abrir a xuntanza cunha brillante intervención inzada de compromiso, que concluíu cunha ovación de varios minutos. Na mesma, retratou a vocación de ‘Sermos Galiza’. ‘Somos un proxecto comprometido socialmente, claramente subversivo. Sermos Galiza aspira a constituírse no correo da nación’ dixo. Nese senso acrecentou, na conclusión, que ‘refugamos da neutralidade. Escribiremos Sermos Galiza para proclamar a revolución’. Unha revolución social, cívica, do pobo, soberanista, desde a nación e para a nación.

O xornal dixital de ‘Sermos Galiza’ lanzarase á Rede o vindeiro 26 de abril. Coincidirá, como con atino lembrou Pilar G. Negro, coa efeméride dos Mártires de Carral. Unha coincidencia simbólica que pon de relevo que este proxecto é máis unha evidencia de que ‘Galiza está viva’, como celebrou o avogado Nemesio Barxa. O semanario impreso sairá do prelo o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas. Deste xeito, con ‘Sermos Galiza’ o galego regresará aos quiosques. Dos que nunca debera ter desaparecido.

Na xunta fíxose presentación dun informe económico e da proxección para este ano. Así mesmo, deuse a coñecer a imaxe gráfica da cabeceira e un esbozo do deseño do dixital, que conciliando identidade e funcionalidade contou coa satisfacción do plenario. Carme Vidal presentou a equipa xornalística, da que fai parte, e anticipou de xeito sucinto a estrutura de contidos. Anunciou que Sermos Galiza contará cun importante banco de imaxes, dos últimos 30 anos da historia de Galiza, e que no dixital haberá espazo tamén para a música.

Non se obviou tampouco a polémica, artificiosa, que ten envolto este proxecto desde a súa primeira fase. ‘Nacemos sendo o medio máis criticado antes de publicarse, de aquí en diante só poder ir a mellor’ sentenciou cargada de retranca Carme.

Esta primeira Xunta Xeral de Accionistas tomou dúas decisións de importancia. En primeiro lugar elixiu o Consello de Administración que dirixirá a sociedade. Estará composto por 14 persoas. Nel Teresa Moure exercerá a Presidencia, Néstor Rego será o Conselleiro Delegado e Olalla Rodil a Secretaria. A elección do consello contou con 1683 votos (presentes e representados) a prol e ningún en contra. A segunda decisión relevante, tamén por unanimidade, foi a de acordar unha ampliación de capital co obxecto de incorporar todas as achegas que superaron os 300.000€ de capital social.

Con todo, Sermos Galiza apenas vén de encetar o seu camiño. Resta moito por andar. No treito que principia de seguido será indispensábel continuar a alargar a activa complicidade social co proxecto. Acadármonos o maior número de subscricións do semanario é a garantía que fará viábel esta utopía posíbel. Depende de vós, de ti.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 23-04-2012 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Basilio Losada: "O romance ferrolán escrito en galego no XVIII é un descubrimento excepcional"
"O noso país aínda non está morto", dice el investigador

LA VOZ DE GALICIA - CULTURA - RAMÓN LOUREIRO
Ferrol 21 de abril de 2012 12:55


El profesor Basilio Losada, una de las más relevantes figuras vivas de la cultura gallega, afirma que "o romance ferrolán escrito en galego no século XVIII é un descubrimento excepcional". "Cousas coma esta teñen que levarnos á conclusión de que os chamados séculos escuros non deberon de ser tan escuros como estabamos a dicir, e que o noso país aínda non está morto", apunta el catedrático de la Universidad de Barcelona, aludiendo al texto de casi 700 versos recuperado por un equipo de investigadores integrada Margarita Sánchez, Ramón Mariño e Damián Suárez.

El manuscrito, hallado en el Archivo Histórico Nacional, será publicado en las próximas semanas por la Fundación Barrié.

"O que se conta no texto -explica, por su parte, la profesora Sánchez- é rigorosamente histórico. Narra a situación á que se tivo que enfrontar unha urca que estivo a piques de naufragar, a Santo Antón, e a Eucaristía de acción de gracias que se celebrou despois na igrexa de San Xiao por ter salvado a vida os tripulantes, entre eles un capelán. O romance, de autor anónimo -añade la profesora- ten aspectos interesantísimos. Entre eles, a ironía arredor do medo á morte".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 22-04-2012 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
AS NORMAS DO GALEGO, NA WEB DA REAL ACADEMIA
Ferrín: "A RAG non cederá até lograr que o galego sexa socialmente asumido por todos"

GALICIA HOXE - SANTIAGO. EDUARDO CARBALLO


En pleno balbordo polo agravio que sofre a Real Academia Galega, coa tesoirada do 62% á asignación que recibe do Ministerio de Educación -co que o Goberno de Rajoy acaba coa equiparación coas academias catalá e vasca, conseguida nos estertores da era Zapatero-, a web da Academia ofrece desde esta semana a última edición das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, ferramenta imprescindible para a normalización do noso idioma que leva 23 edicións nos seus trinta anos de vida. A edición conserva as mesmas directrices fixadas na versión oo ano 2003. Méndez Ferrín, actual presidente, subliña no prefacio que a Real Academa "non cederá na súa vontade de conseguir que o idioma propio se converta en usual e socialmente asumido pola totalidade da poboación de Galicia". Explica o autor de 'Con pólvora e magnolias' que "sería loucura concibir a salvación da nosa lingua sen o recurso a unha normativa ao alcance de todos os ámbitos do seu uso social".

Mentres, a RAG traballa en dúas frontes, a diplomática e a mediática, para conseguir que o brutal recorte de axudas estatais sexa remediado no trámite parlamentario. Os deputados galegos dos tres grupos xa mostraron a súa boa disposición para axudar a remediar a desfeita, e académicos de prestixio utilizan as súas tribunas de prensa para mandarlle recados a Mariano Rajoy, cunha defensa cerrada da principal institución da cultura galega.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 22-04-2012 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
80% de paro no ensino segundo as organizacións de estudantes
Os Comités, a Liga Estudantil Galega, o Sindicato de Estudantes, a Mocidade pola Normalización Lingüística e a Mesa saíron este xoves á rúa para exixir a Feijóo que "“pare nos seus ataques contra o galego”.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/04/2012


As organizacións convocantes da folga estudantil deste xoves aseguran que paro foi “un éxito” e falan de “folga masiva” na práctica totalidade da xeografía do país. Así, estiman nun 80% o seguimento dunha folga que tivo como lema“Paremos os ataques contra o galego”.

O alumnado chamado á folga foi o de 2º ciclo da ESO, bacharelatos e ciclos formativos, tanto de grao medio como superior. As organizacións convocantes salientan que o paro foi “secundado por igual” na práctica totalidade de Galicia, sen grandes diferenzas xeográficas.

Outros apoios

A convocatoria de paro, que tamén contou co apoio das organizacións xuvenís Galiza Nova, área de Mocidade de Esquerda Unida e Mocidade Nacionalista Galega (MNG), non incluíu no inicio concentracións ou outras accións reivindicativas na rúa. Porén, nalgúns casos organizáronse pequenos actos simbólicos “en defensa do dereito a aprender e a estudar en galego” nas entradas dalgúns institutos. Tal foi o caso en localidades tan dispares como Vigo ou A Fonsagrada.

A Mesa e as súas Mocidades, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes pídenlle a Alberto Núñez Feijóo e ao seu goberno que “conxuguen o verbo escoitar” e que “tomen nota da clara mensaxe” que hoxe lles foi trasladada “en forma de ducias de aulas baleiras”.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 22-04-2012 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos no Sofía Casanova: PAULA CARBALLEIRA
PARA SE ANOTAR ENVIAR EMAIL A:
cequipnormalización@gmail.com indicando centro e nº de alumnos.

Data tope: 25 de abril.

As prazas son limitadas. A CNL porase en contacto o 27 de abril indicando o número de alumnos que poden participar.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-04-2012 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos en Centieiras: PAULA CARBALLEIRA
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-04-2012 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Certame Teatro con G 2012
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-04-2012 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal