Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A "persecución" do galego volverá á Unesco 60 anos despois
Praza Pública - Miguel PardoMiguel Pardo | @depunteirolo


En novembro de 1954, a colectividade galega de Arxentina, a través de importantes persoeiros nacionalistas e galeguistas, elaborou un informe no que denunciaba a persecución que a lingua galega sufría por parte do réxime franquista e que presentaron ante a Unesco. Daquela, reclamaban que a institución actuase ante o veto do Goberno do Estado ás publicacións en lingua galega, vasca ou catalá.

"O presente informe está determinado por unha fe e tamén por un desexo: a fe en que a Unesco é o úneco órgao sensibre aos probremas vivos da cultura universal". Así comezaba a Denuncia diante a Unesco da perseguizón do idioma galego pol-o Estado Hespañol, publicado en varios idiomas e no que se advertía da represión e censura que o Goberno de España exercía sobre as linguas -daquela non oficiais- e sobre toda cultura que non fose a imposta polo franquismo.

"Istes son os feitos que produxeron a denuncia. No nome de unhos direitos humáns aos que ningún membro da Unesco, pode permanecer insensible. (...) Todo pobo tén o indecrinable direito colectivo a usar seu propio idioma como ferramente da cultura", remataba o documento asinado polos centros Lucense, Gallego, Coruñés, Ourensano, Pontevedrés, de Betanzos, de Corcubión e a Irmandade Galega de Arxentina, ademais dos centros galegos de Nova York, Caracas e México, que enviaron outras denuncias case idénticas.

Agora, sesenta anos despois, A Mesa pola Normalización Lingüística realizará outro informe, en colaboración con outras entidades e institucións, para volver denunciar ante a Unesco a vulneración dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes. Será tamén un xeito de lembrar, reivindicar e recoller as peticións que en pleno franquismo xa realizara o galeguismo do exilio e da emigración.

"Para que o mundo saiba o crime que se está a cometer contra a lingua galega, a comezar desde a Xunta, e para internacionalizar a denuncia tal e como o fixeron os intelectuais galeguistas hai 60 anos", dixo o presidente d'A Mesa, Carlos Callón, na presentación desta iniciativa que prevé estar lista antes do mes de novembro e coa que se exixirá ante a Unesco que as administracións cumpran coa lexislación e cos tratados internacionais sobre os dereitos lingüísticos, e que tantas veces se ignoran no caso da lingua propia.

Para elaboralo, a entidade contactará con diversos organismos que protexen a pluralidade e a diversidade cultural, así como coa Real Academia Galega e o Consello da Cultura, aos que pedirá o seu "apoio" e que "encabecen a denuncia". "Xa se teñen posicionado en contra da política lingüística da Xunta de forma clara e en momentos claves", dixo Callón en referencia ás denuncias que ambos os dous organismos levaron a cabo sobre o chamado decreto do plurilingüismo do Goberno de Núñez Feijóo. "Que todo o mundo saiba o lingüicidio que se está a cometer en Galicia; un mundo sen galego sería un mundo máis pobre", engadiu.

A Mesa deixa claro que a situación do galego "non é a mesma" que a de 1954, pero si asegura que hai "puntos en común", xa que os gobernantes actuais son "herdeiros" daquela época. "Non limparon totalmente o sue pasado", asegurou Callón na presentación da iniciativa, tras advertir de que houbo retrocesos "coma nunca antes" nos últimos 30 anos e tras destacar que o galego "é a única lingua do Estado que perde falantes".

Por todo isto, amosa a súa "preocupación" pola situación do galego e lembra que á Mesa chegan denuncias por despedimentos xustificados no uso deste idioma, logo de recordar que o Estado denegou bolsas a alumnos por presentar a documentación na lingua propia. Ademais, desde a asociación recórdase tamén como Feijóo modificou a normativa da Función Pública eliminado o requirimento de examinarse en galego nada máis chegar ao poder ou que vén de "eliminar" o profesorado que impartía os cursos preparatorios do Celga.

Durante os vindeiros meses, A Mesa pedirá a colaboración doutras moitas institucións neste informe que será traducido a todas as linguas posibles para "espallar polo mundo o que está a pasar en Galicia".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-03-2014 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta clasifica o galego como 'lingua estranxeira'
Sermos Galiza

A Confederación de Anpas galegas sinala que na web da Consellería de Educación as probas de galego aparecen no apartado de 'lingua estranxeira'.


Recólleo a web da Confederación de Anpas galegas. Na páxina da rede da Consellería de Educación e Cultura apareceu unha convocatoria para as probas de obtención dos certificados de lingua galega niveis 1,2, 3, 4 para 2014. Un anuncio normal. Se non fose porque a etiqueta e apartado no que estaba incluído era o de 'Lingua estranxeira'.

A Confederación di que a persoa que o detectou púxose en contacto coa Xunta para pedir explicacións. “Curiosamente, non lle contestaron”, mais pouco despois desaparecera esa clasificación.

A Confederación de Anpas Galegas, parafraseando os versos de Rosalía de Castro en Cantares Gallegos – obra coa que a nosa gran escritora nacional ergueu unha bandeira na defensa do noso idioma e que aínda está en vigor- reitera que nas cuestións do idioma, tamén no ensino, non quere "ser estranxeira na súa Patria”
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 18-03-2014 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Marcos Pérez Pena:
Praza Pública

Aínda sen unha data concreta, pero cada día máis preto. Na Asociación Puntogal estase á espera de recibir a comunicación oficial por parte da ICANN da delegación do dominio, despois de que o pasado 11 de novembro a corporación que goberna as direccións da Internet asinase o contrato de creación do dominio .gal.


A delegación do dominio refírese ao proceso polo cal o identificador entra en funcionamento na raíz do DNS, o sistema que permite o funcionamento das direccións da Internet. En xaneiro informouse xa de que o .gal superara as probas técnicas da ICANN, o Pre Delegation Test, nas que Puntogal demostrou, entre outros aspectos, que o seus sistemas funcionan con IPv4 e IPv6, tanto vía TCP como a través dunha interface web, e que traballan co novo estándar Root Key Signing Key, coñecido como DNSSEC.

No momento en que se reciba a tan esperada comunicación, a Asociación Puntogal poderá aceptar xa pedimentos para o rexistro e posta en marcha dos dominios .gal. Nese momento publicaranse na páxina web da asociación un conxunto de documentos nos que se establecerán as normas que rexerán cada unha destas fases, seguindo a normativa estándar da ICANN. "Estamos empeñados en que o proceso sexa o máis simple, o máis público e o máis transparente posible", destacou este mércores Manuel González, presidente da Asociación, nunha intervención no Consello da Cultura Galega, na que fixo un repaso do proceso de case oito anos que levou a acadar este obxectivo, dos poucos pasos que aínda faltan por percorrer, e da importancia (simbólica e económica) que o .gal terá para distintos sectores.

Nunha primeira fase, explicou Manuel González, poderán solicitar o rexistro dos seus dominios "determinados colectivos e entidades", comezando polas entidades públicas, as marcas rexistradas, as empresas que figuran nunha base de datos que posúe a propia ICANN e os axentes que traballen a prol da lingua e da cultura galega, "porque así vai na nosa proposta de candidatura". Para esta fase a ICANN prevé un mínimo de 30 días, "pero no noso caso" -explicou González- "probablemente será algo máis longo, uns 45 días". Pode que previamente se realice, igualmente, unha fase de prelanzamento, na que se poderá activar un grupo reducido de dominios pioneiros (un máximo de 100 fixado pola ICANN), que sirvan de modelo, antes de comezar co lanzamento en si mesmo.

Unha vez superado este período de arranque, comezará a fase de dominio aberto, sen límite de tempo, na que (se non hai conflito pola propiedade dunha marca), o que primeiro o rexistre o dominio quedará con el. Os responsables da Asociación Puntogal barallan a cifra de 8 mil dominios como un horizonte probable, que se acadaría en poucos anos. En Galicia hai máis de 50 mil dominios rexistrados, cunha taxa de novas altas que se achega aos 10 mil novos dominios .es anuais.

Beneficios para todos

“Calquera pode darse conta dos beneficios que vai ter para a nosa comunidade o contar cun dominio puntogal”, destacou Manuel González na súa intervención, que comezou salientando a importancia para "a normalización lingüística" e para "a nosa autoestima". Segundo o presidente da Asociación, "na sociedade do século XXI unha lingua que non teña visibilidade na rede é unha anormalidade democrática. É o caso do galego, que conta cun peso relativamente importante en canto aos contidos, pero que non ten a necesaria visibilidade. Ímonos sentir máis respectados e normalizados".

Porén, González foi moito máis aló da lingua e da cultura á hora de enumerar as posibilidades que o feito de contarmos cun dominio propio terá para Galicia. "Un dominio que nos identifique será un factor de cohesión, que incrementará o sentimento de pertenza a unha comunidade, con independencia do espazo xeográfico no que nos atopemos" -dixo- "Os nosos emigrantes, os nosos empresarios no mundo poderán exhibir en internet un carné de identidade que os identifica como galegos".

Ademais, engadiu, "vai facilitar o labor dos buscadores de contidos á hora de realizar procuras en galego ou sobre Galicia". De igual xeito, "vainos permitir tamén participar no dominio de Internet" e suporá un "estímulo do uso do galego na rede, tanto na creación de contidos, novo software en galego, e tradución ao galego de aplicacións de todo tipo".

Dende unha perspectiva de beneficio económico directo, González lembrou que mentres na actualidade "unha parte importante da recadación polo rexistro de dominios vai para fóra de Galicia", co .gal, "todos os beneficios que xeren irán dedicados a fomentar a presenza do galego na rede e nas novas tecnoloxías". Pero, ademais, o .gal será "fundamental dende o punto de vista empresarial, para os produtores, cultivadores ou comercializadores de produtos nos que a identificación con Galicia supoña un plus de calidade". Puntogal, engadiu, "visibilizará todo valor engadido que se relacione con Galicia: turismo, natureza, o Camiño de Santiago....". Manuel González concluíu que o .gal será unha "propaganda gratuíta para Galicia e o galego", pois "cada vez que unha persoa en calquera lugar do mundo entre nunha páxina .gal estará recibindo a información de que existe un país chamado Galicia e unha lingua que é o galego".

8 anos de traballo


16 de setembro de 2005: A ICAAN aproba o dominio .cat. Era a primeira vez que unha comunidade cultural e lingüística acadaba esta posibilidade para rexistrar as súas páxinas web.

10 de xuño de 2006: As entidades fundadoras da Asociación Puntogal poñen en marcha a candidatura.

7 de febreiro de 2007: A Xunta comunica o seu apoio oficial á candidatura.

3 de febreiro de 2009: Puntogal supera as 10.000 sinaturas de apoio.

29 de maio de 2012: Preséntase oficialmente a candidatura galega para contar cun dominio de primeiro nivel.

15 de xuño de 2013: O ICANN informa de que o dominio .gal superou positivamente o proceso de avaliación.

11 de novembro de 2013: O ICANN asina o contrato de creación do dominio .gal.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 14-03-2014 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
RTP Noticias: Ensino de Português vai ser reforçado na Galiza
Miguel Soares - 11 Mar, 2014, 16:22

A lei acaba de ser aprovada no parlamento desta região autonóma espanhola - um momento seguido por Miguel Soares, enviado da Antena 1 a Santiago de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-03-2014 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
O portugués está de noraboa en Galicia
Varias asociacións destacan a unanimidade da Cámara galega para aprobar a Lei Valentín Paz Andrade. Tamén os promotores desta Iniciativa Lexislativa Popular. Estes son os seus comunicados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/03/2014


A Lei Paz Andrade. Um novo tempo de inclusão

A aprovação por unanimidade da Lei Valentim Paz Andrade vai abrir, sem dúvida, um novo tempo na restauração social do uso do galego no nosso próprio Pais. Tal ânimo não foi, com certeza, alheio a quem formamos a comissão promotora da Iniciativa Legislativa Popular, às mais de 17.000 pessoas que apoiaram com a sua assinatura, e aos grupos políticos que votaram a Lei.

A política linguística dos 80, inspirada no galeguismo cultural, usou de boa-fé um modelo ideológico protecionista e apoiado no jogo de identidades no Estado, que imitava o processo catalão sobre a base dum galego afastado do seu génio e o seu tronco histórico.

Agora estamos em melhor disposição de visualizar com claridade a vantagem que concede o facto de pertencermos a um sistema linguístico extenso, e assim podermos alargar os espaços de uso em procura de massas críticas.

A sociedade galega é heterogénea na sua ideologia e sentimento de identidade. A aspiração a uns serviços universais e igualitários, e as correspondentes ações encaminhadas à restauração social do galego devem considerar este facto, e abstraírem-se da concorrência política. O alargamento de espaços sociais que nos fornece a consciência de pertença a uma comunidade linguística extensa, pode ser aproveitado nesse sentido para diferençar ações nas que todas as pessoas se possam sentir à vontade.

Aliás, a crise do sistema económico veio revelar (junto alguma reação larvada) a fraqueza dum consenso linguístico que fiou o êxito apenas aos recursos e ações públicas. Mas a consciência da riqueza natural que implica termos um idioma extenso e útil abre novas dimensões e oportunidades para a sua dignificação.

Com o desenvolvimento da Lei Paz Andrade poderemos ter, cada um e cada uma, acesso direto à realidade dum sistema linguístico diverso, do que o galego faz parte, e que também deve ser enriquecido com as nossas características próprias. Com essa língua compartilhada, abriremos imensas e novas possibilidades de futuro, tal como exprimira e desejara no seu dia Valentim Paz Andrade.

Xose C. Morell, é empresario vigués e promotor da Iniciativa Lexislativa Popular Valentim Paz-Andrade

*************************************
Por unanimidade, Lei Valentín Paz Andrade

Não é habitual todos os partidos políticos do Parlamento Galego alcançarem a unanimidade e muito menos quando a língua está no palco. No dia 11 de março de 2014 esse facto deu-se.

O início oficial deste processo decorreu em maio de 2012 quando se apresentou no registo do Parlamento a Iniciativa Legislativa Popular «Valentín Paz-Andrade» para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos com a Lusofonia.

Os meses a seguir foram um trabalho muito intenso do reintegracionismo para recolher as 15.000 assinaturas exigidas para a ILP ser debatida na Câmara de Representantes. Esta tarefa foi desenvolvida por muitas pessoas e, entre elas, sócios e sócias das entidades assinantes que julgaram a iniciativa como sendo estratégica. Afinal, a estratégia reintegracionista para a língua e a cultura galegas fundamenta-se em ligar a sociedade galega com outras sociedades maximizando assim a riqueza de possuir uma língua
compartilhada.

A lei finalmente aprovada recolhe essencialmente os conteúdos da ILP e que apontava para três focos: a aprendizagem da língua portuguesa no ensino formal, o relacionamento institucional e a receção dos mass media portugueses.

Implementar estas três iniciativas implicaria, na verdade, uma mudança de paradigma interpretativo da realidade galega e do seu relacionamento com os países com que partilha a língua, nomeadamente o Brasil, Angola e Portugal. Implicaria dar fim a várias décadas de ocultação da nossa riqueza linguística e que em nada tem ajudado a mudar o status, os usos e a realidade do galego. Implicaria que a língua da Galiza é, para além de muitas outras cousas, a nossa vantagem competitiva.

Agora resta o mais importante, que às palavras sigam os factos para que as presentes gerações de galegos tenham acesso à língua galega na sua máxima expressão, isto é, vinculada aos países que a falam nos diferentes continentes, às suas sociedades e as suas produções. Resta que a cidadania galega poda recolher os frutos de ter no seu seio uma língua que nos liga com os países de expressão portuguesa. Resta, portanto, fazer.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-03-2014 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
María do Ceo: Galiza, minha terra
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 09-03-2014 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Socorro Lira e Margareth Menezes: PortuGaliza
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 09-03-2014 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
María do Ceo: Filho do vento e a lúa
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 09-03-2014 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Nel Vidal: “Por vez primeira o proceso de normalización está a ser regresivo
Sermos Galiza


O próximo sábado a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL) desenvolverá a súa asemblea xeral. O seu presidente, Nel Vidal Barral, técnico no Concello de Carballo, trasládanos a valoración do colectivo que traballa pola normalización e que está a vivir o momento de maior precariedade e maiores retrocesos no proceso dos últimos tempos.


-Un dos obxectivos de CTNL é detectar eivas no traballo de normalización lingüística, cales son as máis notorias?

Distinguiría dous tipos de eivas, unhas fixadas no Estatuto, é dicir, de carácter técnico derivadas da administración ou do goberno que deberían ser as máis fáciles de mudar e logo están as eivas sociais que son consecuencia do proceso histórico, dos prexuízos e da propia situación, máis complexas para transformar. O que pretende o traballo de normalización é rematar con eses prexuízos mais é preciso tamén mudar as outras eivas para facer efectivo o traballo de normalización. A nivel político e administrativo temos unha lexislación moi frouxa coa que é difícil avanzar e, polo outro, non hai unha estrutura técnica forte para facer unha planificación e intervención de acordo coas necesidades.

-Coa petición da anulación da convocatoria de cursos CELGA reclamaron tamén maior planificación por parte da Xunta, detectan entón déficit na política lingüística?

Reclamamos planificación, servizos técnicos e coordinación. Agora mesmo hai arredor de corenta servizos de normalización pero traballando de xeito independente cando tiña que existir unha planificación global que debía devir da Xunta. O que acontece é que na administración galega non hai ningún servizo técnico e o exemplo é o que acontece con accións como o programa CELGA. Estamos a anos luz de Cataluña, mais tamén do Quebec, Euskadi ou mesmo o País Valenciá. En Cataluña, poño por caso, existen estrutura de normalización para intervir no conxunto do país con medios e recursos.

-O desmantelamento non cesa e así os orzamentos de 2014 contemplan menos dun terzo do que Fraga lle dedicaba hai vinte anos. Como interpreta esta redución de cartos para normalización lingüística?

En 1993 o orzamento era o equivalente a 20 millóns de euros e agora sitúase nos 5 millóns. Sempre se di que nos orzamentos é onde mellor se pode valorar a liña política, as preferencias dos gobernos e, se sempre foron reducidos, agora son nulos. Que significa isto? Unha paralización total do proceso. Por exemplo, antes dábanse axudas públicas para o proceso de galeguización das empresas que agora xa non existen, antes se promovía que as asociacións fixesen intervencións de normalización que desapareceron. Un millón douscentos mil era o orzamentos para os equipos de normalizacións dos centros de ensino e agora quedou en douscentos mil, unha sexta parte. Se un centro antes contaba con 3.000 ou 2.500 para actividades de normalización, agora recibe 200 ou 250. E así ámbito por ámbito, nos concellos, nos cursos de formación, nas campañas desde a administración... a parálise é total. Para a política lingüística son necesarias persoas e cartos mais mesmo sen diñeiro poderíase facer algo mais mesmo así, vaise no sentido contrario, en lugar de normalizar, “desnormalízase”, enviando mensaxes prácticas contrarias ao galego desde o propio goberno. De nada serve, poño por caso, desenvolver campañas para incentivar o galego nas empresas se o conselleiro de industria se dirixe a elas en español.

-Durante moito tempo criticouse o uso “litúrxico” da lingua, que se empregase en actos oficiais mais non na práctica normal. Agora, polo que di, mesmo xa nin se mantén...

O problema do uso litúrxico que tanto se criticaba non era que se usase o galego nos actos oficiais senón que se deixase de usar na comunicación informal. O que acontece agora é que se deixou de usar tamén nesas actos formais.

-O goberno podería explicar esa, digamos, “relaxación” na política lingüística se o proceso de normalización estivera avanzado. É ese o caso?

Nin moito menos e abonda dar un paseo polas cidades para ver que o galego está practicamente invisibilizado, achegarse aos quioscos e ver como a presenza é mínima nos medios de comunicación. Abonda con ter ollos e orellas para comprobar que aínda que nalgúns ámbitos se dan pequenos pasos quedan esmagados pola realidade que se impón. Sempre houbo pouca acción de goberno para impulsar a normalización a anos luz de Cataluña ou Euskadi mais agora estamos tamén a moita distancia dos esforzos que se lle dedican no País Valenciá, un goberno da mesma cor que o galego, cunha situación lingüística diferente e con menos demanda social.

-Dicía vostede que a lexislación era frouxa mais mesmo así incúmprense en moitos aspectos, non é?

A lei básica, a Lei de Normalización Lingüística do 83, con máis de trinta anos aínda foi pouco desenvolvida. Só no ámbito local e no ensino se aprobaron decretos para o galego. Mais, ademais, a Lei de Normalización fala sempre do uso progresivo do galego, da aplicación progresiva da lei que obriga a ir sempre a máis e isto veuse abaixo co decreto do plurilingüísmo que, por vez primeira, o proceso comeza a ser regresivo. Onde existía un pequeno espazo de uso do galego, obrígase a reducilo, por exemplo, prohibindo o uso da nosa lingua en materias que se estaban a impartir en galego.

-A CTNL está a facer un traballo de coordinación de profesionais e servizos que non se fai desde a Xunta?

Está formada por traballadores e traballadoras, non entidades, que traballamos en ámbitos distintos que se non fose pola CTNL non teriamos ningún tipo de contacto e coñecemento entre nós. Como asociación non podemos coordinar os traballos das administracións mais tentamos poñernos en contacto e desenvolver un traballo de encontro a nivel persoal e voluntario. A maioría procedemos do ámbito da filoloxía, necesaria pero non suficiente, e temos que formarnos en comunicación, psicoloxía de intervención social... moitos ámbitos que son precisos para o noso traballo. Vímonos na obriga de autoxestionar esa formación. Temos tamén iniciativas de desenvolvemento de acción conxunta, algo que non existe desde a administración. Campañas como “Gústame o galego” foi proposta por nós mais desenvolvida por distintas entidades. Este ano continuaremos con outras iniciativas nesta liña, intercambiando opinións e facendo traballos colaborativos e rachando o illamento.

-A campaña “Gústame o galego”, foi un grande éxito da coordinadora, gañadora do Premo Manuel Pintos, aportou tamén claves para novas accións de promoción da lingua?

Non tanto pola mensaxe, que tamén, que era facer ver que hai moita xente que quere máis galego, senón porque provocou que moita xente quixese traballar de maneira voluntaria. Todo o mundo se ofreceu directamente a participar e, neste sentido, cumpriu o obxectivo. Mais, ademais, foi moi interesante o modelo de xestión. A acción desenvolveuse conxuntamente por moitas entidades. Propuxemos nós mais logo moveuse reclamada por administracións e entidades que eran quen a movían. Centros de ensino, concellos... que solicitaban participar e desenvolvían elas mesmas o traballo.

-Responde a filosofía do seu “viveiro”? Á procura de ideas novas para a normalización?

Cada quen pode ter as súas ideas pero o positivo é contrastalas con outras persoas, con técnicos e técnicas que traballan en distintos ámbitos. Dunha idea inicial ao resultado final hai moita distancia porque pasa pola intervención de moitas persoas. Do viveiro naceron moitas ideas e algunhas delas materializaranse nas próximas semanas. En quince días, comezaremos una campaña dirixida á visibilización do galego nos medios de comunicación.

-O actual secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi tamén presidente da CTNL. Agardaban máis da súa acción de goberno?

Non sei exactamente cales eran as esperanzas mais a realidade é que é o responsábel político do momento no que se executaron os maiores retrocesos lexislativos, económicos, técnicos e persoais para a lingua. O tempo dos maiores retrocesos en todos os niveis.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 03-03-2014 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal