Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Recibido do noso colaborador Miguel Alonso

Ola, xente!
Esta mensaxe só é para dicirvos que o próximo sábado día 7 de marzo, estaréi tocando no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204, 1º. FERROL) ás 20.00 hrs. A entrada só custará 3 euros (2 para soci@s). Será un concerto en trío acústico xunto a Víctor Méndez (baixo acústico e eléctrico) e Javier Santana (guitarras). Eu maltrataréi a guitarra e o piano, e soplaréi a armónica, jeje.
Queremos que veñades porque será especial. Presentaremos moitos dos novos temas que formarán parte do traballo que xa estou a gravar na actualidade. Será o meu primeiro traballo oficial, e só en galego. Tamén haberá tempo no concerto para lembrar outras cancións, claro! A ver se enchemos o auditorio!
Se podedes, reenviade esta mensaxe á xente que lle poida interesar, grazas!
Unha aperta moi grande para todos, gustaríame que fósedes!

Miguel Alonso
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 05-03-2009 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornadas de historia de Galiza - SC Medulio
Estimado amigo/a:

Desde a Sociedade cultural Medulio queremos informalo dos relatorios que conforman as II Xornadas de historia de Galiza que se comezarán a desenvolver a partir do día 6 de marzo no auditorio da USC no campus de esteiro de Ferrol.

A entrada ás xornadas é libre máis poderase convalidar a asistencia por 1 crédito de libre configuración na Universidade da Coruña.
Para isto é necesaria unha inscrición previa, que poderá efectuar na libraría Quixote, na libraría Sargadelos ou enviando un correo electrónico cos seus dados a esta dirección.

Achegámoslle os dípticos elaborados para a promoción das xornadas nos que dispón da totalidade das datas e relatorios.

Sen máis, reciba un cordial saúdo da Sociedade Cultural Medulio.

Lembra: Preme sobre full screen (o icono con forma de pantalla na parte inferior dereita da presentación) para velo a pantalla completa ou preme sobre o título ou sobre o icono de slide share (a carón do anterior) para acceder á páxina de slide share e poder descargalo.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-03-2009 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Un script traduce calquera web ao galego
DESENVOLVEMENTO

O anaco de software usa o tradutor automático de Google para recoñecer automaticamente textos en 40 idiomas.

Redacción Vieiros - 18:00 03/03/2009


O blog de información sobre Google, Dirson, presentou un script que traduce ao galego calquera texto que resaltemos nunha web. O programa usa a tecnoloxía de tradución de Google, que actualmente manexa 41 linguas, e só está dispoñíbel para o navegador Firefox.

Segundo unha información publicada por Código Cero, para poder dispoñer deste sistema de tradución automática instantánea é preciso instalar o engadido Greasemonkey e engadirlle o script pendurado en Dirson. Nesa web tamén están dispoñíbeis utilidades análogas para a tradución ao catalán e ao castelán que, á súa vez, están baseadas noutra creada previamente para a tradución ao inglés.

A ferramenta detecta automaticamente a lingua na que está escrito o texto da web que queremos traducir, o que multiplica a posibilidade de acceso á información escrita en numerosos idiomas de todo o mundo.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 04-03-2009 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Ao día seguinte
NO DÍA DESPOIS
Derrogar o decreto e converter galescolas "en garderías", prioridades de Feijoo

O futuro presidente da Xunta tamén adiantou que entre os seus obxectivos iniciais estará o de paliar os efectos da crise con rebaixas nos impostos.


Redacción Vieiros - 11:35 02/03/2009

Garantir a liberdade lingüística e minimizar os efectos da crise económica. Esas serán as dúas prioridades que se marcará o candidato do PPdeG e futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo para o seu mandato. Así o adiantou en campaña e así o confirmou este luns en diferentes entrevistas para diversos medios de comunicación.

Decreto do galego e garderías sen ideoloxías
Xa durante a campaña electoral, Feijoo comprometerase a derrogar o decreto que regula o emprego do galego no ensino e que estabelece que, polo menos, a metade das materias no período non universitario deben impartirse na nosa lingua. Cos resultados dos comicios xa na man, o secretario xeral do partido, Alfonso Rueda, adiantou na Radio Galega que está será unha das prioridades do novo goberno. Do mesmo xeito, o responsábel popular asegurou que outro obxectivo inicial será o de "converter as galescolas en garderías sen ideoloxías".

Audi á venda e Rajoy fortalecido
Na mesma liña se manifestou Núñez Feijoo nunha entrevista ao programa de Telecinco, La Mirada Crítica, onde adiantou que outra das primeiras decisións que tomará como presidente será a de poñer en venda o coche oficial de Emilio Pérez Touriño. "Por convicción persoal, xa que non é necesario ese vehículo, e por compromiso social, porque en Vigo temos a factoría de Citroën á que é necesario apoiar", dixo comprometéndose a utilizar un coche desta marca.

Doutra banda, asegurou que este triunfo "está mandando unha mensaxe a todos os españois de que o cambio político" no Estado Español "é posíbel", ao tempo que asegurou que estes resultados "acreditan e fortalecen" a Mariano Rajoy.

Baixada de impostos
Outra das prioridades de Feijoo é a de "combater a crise e crear postos de traballo", para o que, durante a campaña, falou de "austeridade". Comprometeuse neste eido a rebaixar o imposto de sociedades ás empresas, suprimir os impostos de sucesións e doazóns e "facer reformas" no modelo económico actual. Asemade, durante os pasados días prometeu reducir os impostos ás persoas con discapacidade ou baixar o tramo autonómico do Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Outros cambios
Nesa mesma liña de austeridade, o futuro presidente da Xunta tamén adiantou que baixará o número de consellarías, que pasarían de 12 a 10. Con todo, non quixo concretar cales dos actuais departamentos desaparecerán, cousa que deixou para o momento de formar goberno. Ao tempo, falou de diminuír nun 40% o número de altos cargos suprimindo a figura dos delegados provinciais e nomeando un único delegado nas catro provincias e, a maiores, outro en Vigo.

No referente ao Estatuto de Autonomía, que previsibelmente se retome nesta lexislatura, Feijoo falou dunha proposta propia do seu partido, para que o futuro documento se "axuste ao marco institucional".

Para profundar nos compromisos de Alberto Núñez Feijoo e do Partido Popular, aquí está o seu programa electoral.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 03-03-2009 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal