Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Fai un click ao galego
Chega o Windows Vista en galego.
A partir do 8 de abril os usuarios poderán utilizar devandita lingua na interfaz dos computadores.

Autor:
Ou. Suárez | Redacción dixital La Voz de Galicia
Data de publicación:
31/3/2008



«Fai un click ao galego». A lingua de Galicia dá un paso máis no mundo tecnolóxico a partir da semana que vén. Microsoft incorpora a opción de descargar os seus últimos programas en galego, desde o 6 de abril, cando vai presentar o Windows Vista en devandita lingua.
A Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (INEO), xunto á Fundación Galega dá Sociedade do Coñecemento e Microsoft presentan ese día unhas xornadas sobre Novas Ferramentas TIC en Galego para mellorar a produtividade e cuxa estrela será, precisamente, o lanzamento do Windows Vista na lingua de Castelao.
Participan tamén na iniciativa a xornada as empresas Dell, Investrónica e HP e, entre os temas que tratarán destacan as novidades incorporadas por Microsoft para facilitar a descarga e uso de programas en galego, e a nova xeración de equipos que incorporarán as librerías de galego pre-instaladas
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 31-03-2008 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
O decreto do galego é só "papel mollado"
Segundo denuncia Nova Escola Galega

Galicia Hoxe



Nova Escola Galega (NEG) denunciou a "escandalosa parálise" da Xunta con respecto do cumprimento do decreto sobre a promoción do galego no ensino.

Nunhas declaracións realizadas ao xornal Vieiros, NEG sinala que mediado o curso 2007-2008 "non se levaron a cabo actuacións dirixidas á necesaria divulgación dos obxectivos e dos contidos do decreto entre os membros da comunidade educativa e na sociedade, en xeral".

Oito meses despois de que o Diario Oficial de Galicia publicara o decreto, NEG recoñece o "desánimo" fronte á actitude da que acusan a Consellaría de Educación.

"Pouco máis fixo que publicar o decreto", din, lamentando que non se adoptase aínda ningún tipo de medida que permitise ver que a presunta vontade de mirar polo galego nas aulas vai ser algo máis que "un texto legal" que semella estar quedando nun "papel".

Segundo denuncia a asociación, a situación é máis grave aínda dadas as "actuacións antidecreto" desenvolvidas nos últimos meses por determinados colectivos
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 31-03-2008 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Percursos falados en Mugardos
Haberá prazas para un só autobús, tratándose de repartir entre todos os centros no caso de superar as previsións.

Guía: XESÚS OCA BEN

Prezo por persoa: 3€

Data tope para se anotar, o 14 de abril, enviando un correo electrónico á coordenadora (cequipnormalizacion@gmail.com) no que se indique o número de participantes.
O 15 de abril, a coordenadora indicará, tamén por correo electrónico, cantos irían de cada centro no caso de superar o número.


Programa previsto:

- Saída de Ferrol o sábado, 19 de abril, ás 09:00 horas (do Marqués de Suanzes)

- Ás 09:20, visita á igrexa de Santa Olaia de Lubre (Século XV)

- Ás 10.00 visita a todo o complexo de Chanteiro, iniciando a marcha a pe.

- Ás 11.00 visita ao mosteiro de Santa Catalina, en Montefaro.

Ás 12.00 visita ao castelo da Palma (colleremos o bus).

Ás 13.00 visita á vila de Mugardos


No ficheiro que podes descargar do cadro seguinte, facilítase un percorrido histórico como complemento para a nosa visita (recorda, pica sobre view e unha vez en slide share, download file. Tamén podes velo a toda pantalla, sen necesidade de descargalo, picando sobre full).

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-03-2008 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Actos na honra de Curros Enríquez en Medulio
Transcríbese correo recibido da Sociedade Cultural Medulio coa programación prevista para o aniversario da morte de Curros.


FÁGOVOS CHEGAR A PROGRAMACIÓN QUE MEDULIO TEN PRESENTADO PARA A VINDEIRA SEMANA CO GALLO DO ANIVERSARIO DA MORTE DE CURROS, E ASÍ ARROUPAR DE MANEIRA SIGNIFICATIVA ESTAS CELEBRACIÓNS DE MARCADO PERFIL NACIONALISTA E EN PARTICULAR COA MOBILIZACIÓN QUE TERÁ LUGAR O DÍA 5 EN CORUÑA.

UN SAÚDO.


ASOCIACION CULTURAL MEDULIO

ACTOS EN LEMBRANZA DE MANUEL CURROS ENRIQUEZ NO CENTENARIO DA SUA MORTE E DO TRASLADO DO SEU CADAVER DA HABANA Á CORUÑA.


Día 2 de abril, mércores, ás oito da tarde, Galería Sargadelos, conferencia de Francisco Rodríguez, especialista na obra de Curros, sobre a “Vixencia da poesía e do pensamento de Curros”.

Día 4 de abril, venres, ás oito da tarde, Galería Sargadelos, mesa redonda coa participación de Xosé Manuel Carril, Secretario Xeral da Universidade da Coruña, Manuel Rei Romeu, profesor de Lingua e Literatura Galega no Instituto Concepción Arenal de Ferrol, Xesús Oreiro Pensado, profesor de Literatura Galega no Instituto Os Rosais 2 de Vigo, sobre “Tres momentos significativos no percorrido vital de Curros”

Día 5 de abril, excursión á Coruña para participar na Marcha Cívica que partirá do cimiterio de San Amaro onde está soterrado Curros e rematará perante a súa estatura, obra de Asorei, no Cantón.


Durante o mes de maio, a Asociación Cultural Medulio organizará, en datas por fixar, os seguintes actos:

- Espectáculo poético-musical baseado en textos de Curros, polo Grupo de Teatro da Asociación.
- Conferencia da escritora Marica Campo sobre “O Divino Sainete e as súas potencialidades para a representación teatral”

No mes de xuño terá lugar, en local por determinar, a representación en Ferrol de “O Divino Sainete”,adaptado para a escena por Marica Campo, a cargo do grupo de teatro de Lugo “Achádego”

MEDULIO agasallará ás persoas asistentes aos actos coa reprodución dunha tarxeta espallada por toda Galiza co gallo do traslado dos restos mortais de Curros da Habana á Coruña en marzo de 1908. Consiste na fotografía da oferenda florar realizada por Curros perante a tumba de Rosalía o 24 de setembro de 1904 no anverso e o poema lido polo poeta en tal ocasión no reverso.
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-03-2008 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Política Lingüística descarta que as bonecas "falen en galego" a curto prazo
Política Lingüística descarta que as bonecas "falen en galego" a curto prazo pola "receptividade fría" da industria

[GZnación / Redacción / 28 Mar 08]



A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, desbota a idea de que as bonecas e xoguetes "falen en galego" a curto prazo debido á "receptividade fría" da industria por un motivo de "tipo económico", xa que as empresas requiren garantías "de que se vai a facer unha compra importante" deste tipo de xogos.

En resposta a unha pregunta oral do Grupo do BNG na Comisión de Educación e Cultura, a secretaria xeral explicou que "a curto prazo non se ve un cambio importante na situación" e trasladou a "dificultade de intervención pública" no sector ante a "esixencia" dos fabricantes de "garantir se en Galiza se vai facer unha compra dun número importante de bonecas".

"É algo que un poder público non pode garantir", insistiu Marisol López, quen engadiu que "a Secretaría Xeral non pode comprar bonecas". Así, indicou que fai ano e medio o seu departamento iniciou contactos con empresas do sector para "transmitir o interese de que as bonecas falen galego".

Neste sentido, a responsable de Política Lingüística mostrou a disposición da Xunta a "seguir mantendo contactos" coa industria para "trasladar de modo insistente as inquietudes ante a súa postura ríxida". Deste xeito, avogou por "estimular a creación de nova demanda e incidir nunha maior sensibilización da oferta".

"Por que razón as bonecas non poden falar en galego?"

Pola súa banda, o deputado nacionalista Bieito Lobeira reivindicou a galeguización dos xoguetes xa que, ao seu xuízo, a infancia "está necesitada de iniciativas normalizadoras". "Por que razón as bonecas non poden falar en galego? Por que os filmes infantís non se poden escoitar en galego? Peter Pan naceu en Alcorcón ou Bambi criouse en Almería con outros ciervos?", preguntou Lobeira, quen matizou que si se dispoñen de versións en inglés e catalán.

O deputado nacionalista tamén rexeitou a actitude de "algún deputado" por non usar a lingua galega nas súas intervencións no Parlamento. "Shin Chan non ten problema para falar galego pero algún deputado ten problemas para facelo", dixo Lobeira, quen recordou que "algúns din que o español está perseguido en Galiza".

Tralas intervencións, o deputado popular Ignacio López Chaves pediu a palabra para recordar que, segundo o regulamento está permitido o uso de ambas linguas no Parlamento.

Windows Vista e Office 2007 en galego

Así mesmo, López destacou que, "no marco do traballo do Goberno galego para promover o uso do galego", a principios do mes de abril será presentada a versión en galego o sistema operativo 'Windows Vista' e o programa informático 'Office 2007', con corrector en galego.

Tamén comentou que "está a piques de saír" o corrector en galego para o sistema operativo Macintosh de Apple co obxectivo de responder a "unha necesidade urxente para a cidadanía que usa Mac".

A secretaria xeral tamén dixo que Política Lingüística contratou para este ano a publicación e distribución en galego de catro DVDs, dous de 'Doraemon'e outros dous de 'Shin Chan'. Ademais, indicou que non descarta ampliar a oferta a un público de idade maior.
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-03-2008 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA
O xoves 27 de marzo comeza o prazo de matrícula para as Xornadas de lingua e Literatura Galega que se celebran en Santiago o 4 e 5 de abril, na Facultade de CC da Educación.

Para matricularte tes que dirixirte o seguinte enlace web: http://www.cig-ensino.com/index.php?nav=formacion/

O horario será o seguinte: o venres de 16:00 a 21:00 horas e o sábado de 10:30 a 14:15 e de 16:30 a 20:00 horas.

As cotas de inscrición son 6€ para afiliados/as da CIG e socios/as da AS-PG, 10€ para os desempregados/as e 20 € para traballadores/as.

Agardando que esta información sexa do teu interese, recibe un saúdo.

ESTER MOURENZA FDEZ
AS-PG LUGO
982 24 26 82
lugo@as-pg.com
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-03-2008 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Estou na lavadora
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 27-03-2008 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Grupo Ledicia - Estiñada
Transcribimos correo recibido de Xosé Lastra, relacionado co grupo Ledicia, do CEIP Manuel Masdías, de Caranza.


Marzo 2008

Á atención do/a coordinador/a do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do centro e do/a encargado/a da Biblioteca escolar.

O Grupo Ledicia é unha agrupación musical formada por nenos/as do CEIP Manuel Masdías, de Caranza – Ferrol, ademais de por ex-alumnos/as e profesores/as. Trátase dunha iniciativa que cumpre 25 anos de existencia no seo deste colexio público e que acaba de gravar un novo disco CD-DVD, titulado ESTIÑADA, no que se recolle unha certa antoloxía da vida musical do grupo.

ESTIÑADA contén cantigas infantís orixinais, pezas do noso folclore tradicional e outras, sempre en lingua galega. Pode accederse a esta información e a outros datos sobre o grupo na nosa páxina web http://www.ledicia.org

Como cremos que é un material que pode constituír unha ferramenta interesante no campo da normalización lingüística e cultural das nosas escolas, así como para formar parte da biblioteca-mediateca dos centros, ofrecémoslles a posibilidade de adquirilo a un prezo de 18 euros.

Poden, se así o desexan, encargalo directamente por medio deste correo electrónico ledicia@grupoledicia.org, por teléfono (981 327403) ou por correo ordinario (Grupo Ledicia, Rúa Cuco Ruíz, s/n – 15406 – Ferrol).

Agardando que sexa do seu interese e que poidan contribuír así no mantemento desta iniciativa, reciban un cordial saúdo.

Xosé Lastra Muruais.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-03-2008 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Didáctico Antonio Fraguas
Transcribimos o seguinte correo da ASPG de Lugo


Estimado/a socio/a:

Por petición da fundación Antonio Fraguas, facémosche chegar as bases do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas.

Saúdos

ESTER MOURENZA FDEZ
AS-PG LUGO
982 24 26 82
lugo@as-pg.com

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-03-2008 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Por un ano 2009 dedicado a Carvalho Calero

Apoia a campaña dirixida a que o ano 2009 sexa dedicado a Carvalho Calero, enviando esta tarxeta ao seguinte enderezo electrónico:

presidencia@realacademiagalega.org
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-03-2008 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal