Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

En galego, sen filtro
POESÍA E IMAXE
RELACIÓN DOS TRABALLOS SELECCIONADOS


Isaac Peral
- Cristina Revuelta (3º E.P ) - Lingua grega

IES As Telleiras
- Adrián Vázquez Dopico (4º ESO) - Éuscaro
- Miguel López Mandin (2º Bac.) - Aragonés

Colexio Jesús Maestro - Rocío Cruz Antón (ESO) - L. Xaponesa

IES Ferrol Vello
- Clara Rodríguez Rodríguez (1º ESO) - L. Xaponesa

CEIP Juan de Lángara
- Támara Santalla Medín (5 anos) - L. Xaponesa

CEIP Pazos-Serantes
- Cristina Piñeiro Pita (Infantil) - L. Xaponesa
- Pablo Medín Cariacedo (3ºE.P.) - L. Grega
- Nerea Perilla Orjales ( 5ª E.P.) - L. Punjabí (India)

CEIP San Xoán de Filgueira
- Nicolás Dopazo García (5 anos) - Inglés da Fronteira
- Lucía González Corral (1ºE.P.) - L. Grega
- Pablo Torres París (4º E.P.) - Éuscaro

CEIP San Ramón-(Moeche)
- Francisco Calderón Pérez (4º E.P.) - L. Grega
- Diana Campos Saavedra (1º E.P.) - L.Grega
- Sergio Cereijo Motriz ( Infantil,4 anos) - L. Japonesa

Colexio Ludy
- Lara Castro (3º E.P.) - L. Grega

IES Saturnino Montojo
- Sofía Salutregui (Ciclo Medio) - L. India
- Sonia Dopico (Ciclo) - Aragonés
- Laura Loureiro Piñeiro (4º ESO) - L. Grega

CEIP Ponzos
- Javier Vilasánchez Vilar (3º EP) - Neira Vilas
- Adrián Rodríguez Nicolás (6º E.P) - Neira Vilas

IES Sofía Casanova
- Andrea Mosquera Alonso (ESO) - L. árabe
- Hadrián Díaz Fabuena (ESO) - L. xaponesa
- Ana Esther Allan Filgueira - L. xaponesa

IES Fernando Esquío (NEDA)
- Francisco de Paula Luque Romero (ESO) - L. árabe

IES Punta Candieira (CEDEIRA)
- Juan Manuel Santomé Arrillaga (ESO) - Neira Vilas
- Xurxo Pernas Díaz ( ESO) - L. francesa

IES Canido
- Laura Jiménez Celorio (Bach) - L. xaponesa

IES Concepción Arenal
- Laura Serantes - L. india

CPI Atios- Valdoviño
- Cecilia Rey Senra (Primaria) - L. árabe
- Ana Mª Lema Rodríguez (ESO) - L. xaponesa
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-03-2007 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Sabes onde está La Teijeira, El Bollo ou Chandreja de Queija...?
...Nós dicímoscho: no Instituto Xeográfico Nacional.
A Ciberirmandade da Fala suma apoios na rede para eliminar os barbarismosda web deste órgano dependente do Ministerio de Fomento.

Recollido de Vieiros - 19:00 19/03/2007
Tags: Ciberirmandade toponimia


La Bola, Castrelo del Valle, Jinzo de Limia, El Irijo, Junqueira de Ambía, Lobera, Viana del Bollo, Villardevós, Germade, Jove, Otero de Rey, Pedrafita del Cebrero

Non é aceptábel que na páxina web dunha administración como é a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, practicamente todos os topónimos de Galiza estean tan grotescamente deturpados, esquecendo o deber de respetar os nomes oficiais dos concellos galegos.

Desde a Ciberirmandade da Fala subliñan a importancia da toponimia na elaboración da cartografía e lémbranlle ao IGN que polo seu labor debera ser especialmente coidadoso con este tipo de grallas.

A versión en galego desta páxina web ten a meirande parte dos seus contidos en castelán, e as partes en galego están inzadas de faltas de ortografía, o que é unha enorme falta de respecto para a cidadanía galega, denuncian.
A Ciberirmandade propón enviarlle un correo electrónico á institución solicitando a corrección dos topónimos (ign@fomento.es).
Ligazón ao modelo de reclamación
Comentarios (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 20-03-2007 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
O navegados Firefox 2.0 xa ten versión galega
Tirado do Galicia Hoxe

VOLUNTARIADO

A comunidade de internautas de Galicia está de noraboa porque desde onte xa se pode descargar visitando www.mancomun.org o complemento do navegador Firefox de Mozilla que permite ver a súa interface en lingua galega. Este complemento aplícase sobre a versión 2.0 do Firefox, que hai que ter instalada previamente.

Os textos da interface do Firefox foron traducidos polas persoas voluntarias do servizo Entrans e tras a súa revisión, publicouse a tradución dun 100% da interface á lingua galega así como unha tradución parcial da axuda. O resultado é o arquivo "gl-ES.xpi" que podemos encontrar na sección de descargas de mancomun.org, a web da Iniciativa Galega polo Software Libre.

Segundo se anunciaba onte nesta web, "en breve sacaremos unha actualización coa axuda totalmente traducida e revisada, e tamén en breve esperemos que a coordinación coa Fundación Mozilla por parte de galician.mozdev.org (grupo de tradución ó galego de aplicacións da Fundación Mozilla) empece a funcionar normalmente para poder enviarlles a tradución e ter unha versión do Firefox ó galego 100% oficial dispoñible desde a páxina de descargas de Firefox".

Para conseguir navegar co Firefox en galego, o primeiro é descargar o arquivo do complemento, "gl-ES.xpi", e instalalo, o que se fai indo ó menú de ferramentas do navegador e abrindo a ventá de complemento. Logo botamos enriba desta ventá ese arquivo e a continuación pídesenos reiniciar o Firefox.

Se o noso sistema operativo está en galego, o Firefox debería abrir xa por defecto en galego, tal como se explica na web. No caso de que non sexa así, podemos arranxar isto instalando a maiores un complemento denominado Locale Switcher, que permite seleccionar o idioma no menú de ferramentas.

Este segundo complemento podemos descargalo neste enderezo: https://addons.mozilla.org/firefox/356. O proceso de instalación é idéntico ó que xa describimos para o ficheiro "gl-ES.xpi". Tras reiniciar, prememos no menú de ferramentas e xa podemos escoller a lingua na que funcionará o navegador.

O Firefox foi desenvolvido pola Mozilla Foundation, coa colaboración de centos de persoas voluntarias como software libre e multiplataforma, polo que se pode empregar en Linux, Mac OS, Windows e mesmo noutros sistemas operativos.

A versión 1.0 foi publicada o 9 de novembro de 2004. A versión actual é a 2.0. que se presentou oficialmente o 24 de outubro de 2006. E xa se está a desenvolver a versión 3.0, de nome provisional Gran Paradiso. Firefox baséase no compoñente de navegación da suite Mozilla e converteuse no produto principal da Mozilla Foundation, que o presenta como un navegador que permite acceder ás webs con rapidez e seguridade.

Iniciativa Galega polo Software Libre
Comentarios (3) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-03-2007 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Convocatoria nº 4 - marzo 2007
CONVOCATORIA DE REUNIÓN


DÍA: MÉRCORES, 14 DE MARZO DE 2007
HORA: 19,00 HH.
LUGAR: IES CONCEPCIÓN ARENAL

Orde do día:
1- Aprobación, se proceder, da acta da sesión anterior
2- Información do estado das xestións das distintas actividades.
3- Selección de traballos para o certame En galego, sen filtro - 2007.
4- Rolda de intervencións.

Ferrol a 05 de marzo de 2007


A Secretaria
CARME RODRÍGUEZ TIZÓN

Comentarios (0) - Categoría: Convocatorias - Publicado o 05-03-2007 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Tirado do Diario de Ferrol
LA CONTRAPORTADA:
Un compromiso coa natureza e coa lingua


Participar, coñecer e gozar da xeografía, da natureza e dos fermosos paraxes naturais da nosa comarca, que non son poucos, conxugando os valores ecolóxicos co compromiso de usar, e polo tanto fomentar, o uso da lingua galega. Esta podería ser, en síntese, a carta de presentación dos "Percursos falados, camiños para andar e coñecer", unha actividade que, promovida pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, botaba a andar a finais do pasado ano co primeiro dos percorridos que se inclúen no programa, e que levou aos participantes -arredor de 40- a gozar da beleza do Belelle.

REPORTAXE DE P.C.R.


Dirixida aos alumnos e alumnas, pais, nais e profesorado en xeral dos centros de ensino asociados á Coordenadora -doce entre os de Ferrol e comarca-, xa que outro dos obxectivos da iniciativa é "abrir un outro espazo de encontro e relación para o estudantado dos distintos centros de ensino de Ferrolterra", esta primeira rota obtivo unha moi boa calificación por parte dos estudantes que participaron. Nin máis nin menos que unha media de 8,47. Así se desprende do test de avaliación que se fixo unha vez rematado o roteiro, no que un 77% dos sendeiristas cumpriron o compromiso de se expresar en galego durante todo o percorrido. Entre os aspectos negativos, que foi "algo curta, debería durar todo o día", segundo se recolle nas valoracións.

Así pois, para os que quedaron con ganas de máis, o vindeiro día 24 haberá unha nova oportunidade para gozar do contorno da comarca de Ferrolterra cun novo Percurso Falado, nesta ocasión pola Fraga do Eume. Todos os interesados poderán inscribirse a través da profesora da Coordenadora de cada centro educativo, e o prezo dependerá do número de participantes -entre 2 e 3 euros-. A data límite para apuntarse será o vindeiro día 15 deste mes e o número de prazas está limitado a 55 persoas.

O Museo Etnográfico de A Capela, o mosteiro de Caaveiro, e un percorrido por unha senda na marxe do Eume integran a saída.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-03-2007 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
En galego de película

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-03-2007 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
PERCURSOS FALADOS, CAMIÑOS PARA ANDAR E COÑECER
No novo ano académico 2006-2007 botamos a andar unha nova iniciativa que nace co obxectivo central de abrir un outro espazo de encontro e relación para o estudantado dos distintos centros de ensino de Ferrolterra.
Percursos falados é unha actividade que permite, a todos aqueles que gostemos de participar, coñecer e gozar da xeografía, da natureza e da paisaxe máis básica e esencial da nosa contorna comarcal, así como da do resto de Galiza, a través duns roteiros e camiñadas accesíbeis para todo o mundo.

Os/as participantes comprométense a usar a lingua propria de Galiza durante o percorrido.

PERCURSO FALADO POLA FRAGA DO EUME

Día: sábado, 24 de marzo


Saída de Ferrol ás 9H.
Traxecto en bus, até 3 km despois do Restaurante Peizás estrada Neves-Monfero.

Hora de saída: 9,00 horas (o autobús espéranos na Rúa Ramón y Cajal, Fronte ao IES Marqués de Suanzes)

Regreso: Estaremos de volta sobre as 14,30 horas.

Quen se pode inscribir?: Alumnas e alumnos, pais, nais e profesorado en xeral dos centros de ensino asociados de Ferrolterra.
Recomendamos maiores de doce anos.
Para inscribirse: Contactar co/a profesor/a coordenador/a das Equipas de Normalización de cada centro.
Prezo: dependendo do número de participantes oscilará entre os 2?/3? euros

Data límite para inscrición: xoves 15 de marzo
(para comunicarllo á Coordenadora).

Como o número de prazas é limitado, 55, a inscrición farase atendendo á :

- alumno/a (+ profesor/a do centro e/ou pai/nai )
- de todos e cada un dos centros que se acollan
- socios/as adultos.

Guieiro: Xesús Oca Ben

MATERIAL NECESARIO


Roupa para camiñar:, carpíns de la, botas de sendeirismo, chándal, xersei e camiseta.

Mochila: impermeábel, e gorra e/ou viseira, clinex e varias tiritas, medio litro de auga, 2 froitas (laranxa e mazá), poucos froitos secos e un pequeno bocata.

Bolsa do coche: outro calzado cómodo e carpíns.

FRAGAS DO EUME


9:30/10:30: visita ao Museo etnográfico de A Capela

11:30: Chegada ao mosteiro de Caaveiro. Avituamento.

11:30: Visita guiada ao mosteiro.

12:00: Saída por unha senda estreita na marxe do Eume cara a Pontedeume, logo de 7 km atravesamos a Ponte Colgante (50m sobre o Eume). Chegada ao centro de información.

14:00H: Bus até Ferrol.

14,30H. Chegada a Ferrol.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-03-2007 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0