Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Achan no Arquivo de Lugo fragmentos do 'Livro da montaria' de João I de Portugal, que se daba por desaparecido
Sermos Galiza


Esta obra foi redactada na corte de João I de Portugal e críase perdida. María Díaz Bernárdez e Paloma Gómez Varela, arquiveiras do Arquivo Histórico Provincial (AHV) de Lugo, sinalan que o estado de conservación dos pregos atopados é ''moi bo en xeral''.Lembran que ''é unha das obras portuguesas máis notables do século XV''

María Díaz Bernárdez e Paloma Gómez Varela son arquiveiras do Arquivo Histórico Provincial de Lugo. A principios de abril de 2013, un investigador advirte que no índice dos protocolos notariais do distrito de Monforte de Lemos consta erroneamente no campo de observacións dun asento que a cuberta do protocolo é un pergamiño que contén un texto musical.

“Tomamos nota do comentario e revisamos o protocolo para comprobalo”, indican estas días arquiveiras nun comunicado achegado por Anabad, “pero chámanos poderosamente a atención o pergamiño en cuestión”. Esa atención vai da pé ao descubrimento, na encadernación de varios protocolos de Monforte, “de pregos de pergamiño que parecen fragmentos dun códice que trata de caza, escrito en galego ou en portugués e en escritura gótica”.

No proceso de identificación da obra nun cotexo co texto da copia publicada, “descubrimos que se trata do Livro da montaria de João I de Portugal”. Esta obra foi redactada na corte de João I de Portugal, “ao parecer, por iniciativa directa do rei”. Adoita datarse entre 1415 e 1433 e está estruturada en tres libros, sumando un total de 70 capítulos. É unha das obras portuguesas máis notables do século XV.

É unha das obras portuguesas máis notables do século XV

Este libro críase perdido até o de agora, agás un único fragmento que estudou o profesor Ramón Lorenzo, da Universidade de Santiago de Compostela, e que se atopaba en posesión dun particular.

“O estado de conservación dos pregos atopados nas encadernacións dos protocolos é moi bo en xeral, coa excepción de dobreces, algunha esgazadura e zonas desgastadas polo uso”.

As arquiveiras sinalan que están á espera de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta autorice o descosido, restauración e edición dos fragmentos atopados.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-02-2014 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Nova directiva da asociación
Na reunión que tivo lugar onte no IES Concepción Arenal, ficou elixida a que vai ser a nova directiva da asociación, velaí:

PRESIDENTA : PILAR PIM PATINHO
VICEPRESIDENTE: ADRIÁN ACCION PORTO
SECRETARIO : MIGUEL ROMERO
TESOUREIRO: X. M. PAZO

Parabéns e boa andaina.
Comentarios (0) - Categoría: Convocatorias - Publicado o 27-02-2014 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Nin WhatsApp nin Telegram: Xa está aquí o Galegram
Redacción Praza Pública | @prazapublica


Se estabas pensando nunha aplicación de mensaxería instantánea alternativa a WhatsApp, e dubidabas entre Line e Telegram, dende agora podes escoller tamén Galegram, que emprega a estrutura de Telegram e é totalmente compatible con ela, e non só está en dispoñible en galego (Telegram xa foi traducida hai un par de semanas), senón que ademais incorpora unha personalización gráfica con elementos do país.

Galegram foi desenvolvida por Mc'Apps e pódese descargar de balde para calquera dispositivo que empregue Android. Para comezar a utilizar Galegram hai que desinstalar primeiro Telegram (se estivese instalado), o que permitirá -ao instalar o Galegram- conservar as conversas, contactos, etc, previos. Os seus desenvolvedores salientan que Galegram mellora as características de Telegram, ao permitir ocultar o estado en liña ou introducir o modo walkie-talkie. E engaden que "os teus contactos con Telegram non notarán ningunha diferenza", ao contar a aplicación con todas as restantes características da aplicación orixinal, coma a súa gratuidade, o encriptamento das mensaxes, o seu funcionamento baseado na nube (o que permite o envío de arquivos de gran tamaño) e a súa velocidade de envío.

Hai unhas semanas, ademais, anunciouse que un grupo de usuarios levara a cabo a tradución ao galego de Telegram na súa versión Android. En paralelo, Pablo Belay levara a cabo unha tradución ao galego da aplicación web non oficial, que se pode probar nos servidores de chuza.gl.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-02-2014 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Menos do 25% das horas de clase que se imparten na USC son en galego


Praza Pública - Miguel Pardo | @depunteirolo

Menos dunha de cada catro horas de clase da Universidade de Santiago de Compostela (USC) se imparte en lingua galega neste curso 2013-14, segundo os datos do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da institución. O castelán é o idioma empregado no 74% das horas de clase, mentres que o galego vehicula tan só o 23%. O inglés ocupa 1,6% e francés, portugués, italiano e alemán repartiríanse o restante 1,1% do horario docente.

Así o destaca o informe do SNL sobre o uso das linguas na USC e que foi publicado tamén n'O Cartafol, o boletín dixital do servizo, que leva unha década recollendo datos estatísticos sobre os idiomas na Universidade.



"Os usos lingüísticos docentes son extraordinariamente resistentes ao cambio, e nin o galego, lingua propia da USC, nin outros idiomas con maior prestixio e proxección, como o inglés -beneficiado por un discurso case unánime sobre a súa utilidade e necesidade no ámbito universitario- se ven amparados na práctica docente", expresa o SNL, que aclara que os datos saen da información sobre as planificacións doentes consignada polos departamentos en XesCampus e refírense a máis de 461.000 horas de clase correspondentes a toda a docencia, incluídos mestrados.

Desde o SNL destácase tamén que a distribución dos idiomas non é nin moito menos homoxénea, xa que a primeira liña de ruptura da uniformidade constitúena a tipoloxía de titulacións. Os datos dos 48 graos, coas súas case 340.000 horas de docencia, ofrecen cifras moi representativas dos usos lingüísticos docentes en xeral na USC, xa que a diferenza é mínima respecto aos números xerais. O castelán sobe aínda máis, ata o 74,6%, mentres que o galego descende ao 21,9% e o inglés queda nun 1,7%.

O grao en Lingua e Literatura Inglesa é, precisamente, o único que "ignora oficialmente o uso do galego", mentres que as titulacións que menos utilizan a lingua propia sitúanse "pesos pesados" como Medicina, Odontoloxía, Farmacia ou Enfermería, o que, segundo o SNL, "perpetúa a distancia entre as ciencias da saúde e o galego".

Pola contra, nove titulacións imparten máis da metade da súa docencia en galego. Trátase de graos de Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais, e, tras Filoloxía Galega, sobrancean os casos de Pedagoxía e Educación Social, co 75,64% das súas aulas galeguizadas.

Por outra banda, as 25 diplomaturas e licenciaturas que aínda presentan docencia son xa moito menos representativas dos usos lingüísticos. Delas derivan tan só 75.820 horas de clases e, ademais, trátase xxa dos últimos cursos destas titulacións, onde tradicionalmente se acubillan as optativas.

Entre as catro titulacións que non contan con ningunha hora de clase en galego atópanse dúas con tantas consecuencias como as especialidades de música e infantil nas titulacións de mestre, ademais de Farmacia e Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica. E con pouco máis do 0% figuran titulacións tan importantes polo número de alumnos e de horas como Medicina ou Odontoloxía, que seguen impartindo toda a docencia correspondente aos cursos 4º, 5º e 6º (no caso de Medicina).

Pero, curiosamente, son os mestrados ou máster as titulacións nas que, en conxunto, máis se utiliza o galego, que chega ao 31% das horas de docencia, fronte ao 66,4% do castelán e o 1,8% do inglés. O SNL destaca que un elemento que contribúe ao favorable dato para o idioma propio é o peso que nas case 47.000 horas destes cursos representan as 5.500 dos dous mestrados oficiais en Formación de Profesorado (11,6%), unha titulación cuxo uso do galego é do 59,59% na titulación luguesa e do 60,72% na compostelá.

Tamén destaca o informe que en trece mestrados dos 83 que se están a impartir, no primeiro ou no segundo ano de docencia, "non se utiliza o galego para nada". En 21 máis do 25% e en 17, máis do 50%. O mestrado máis galeguizado é o Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario, co 90,55% das súas aulas impartidas en galego. "De novo as titulacións de áreas de ciencias da saúde e ciencias experimentais son as que menos utilizan o galego, mentres que as máis galeguizadas corresponden a mestrados de humanidades e ciencias xurídico-sociais", insiste.

Ademais, só tres máster que non estean dalgún xeito relacionados coas linguas, son os que contan con aulas impartidas en inglés: Enxeñaría Química e Bioprocesos (5,19%), Enxeñaría Ambiental (9,45%) e Servizos Culturais (6,25%), o mestrado máis plurilingüe de todos, pois se imparte en cinco idiomas.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-02-2014 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Las cartas de Rosalía al alcance de todos
El Consello da Cultura digitaliza 16 misivas de "enorme valor" escritas por la autora gallega para que sea "mejor conocida" por el público.

El País Santiago 24 FEB 2014

El Consello da Cultura Galega ha presentado un nuevo apartado de su 'Epistolario online', con la edición a través de Internet de 16 cartas de "enorme valor" escritas por Rosalía de Castro y que permiten que la autora gallega sea "mejor conocida" por parte del público.

Así lo ha explicado el presidente del Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, que ha presentado la iniciativa en compañía de María do Cebreiro, una de las editoras y coordinadora del grupo de investigación sobre Rosalía de Castro de la USC; y de Rosario Álvarez Blanco, vicepresidenta del Consello. La recopilación y edición online de las cartas escritas por Rosalía de Castro ha sido realizada en colaboración con el grupo de investigación de la USC y de dos departamentos de la Universidad de Barcelona.

Según ha explicado María do Cebreiro, este epistolario tiene un "gran interés" para la investigación, dado que permite estar "más cerca de entender" la obra rosaliana en su conjunto, que debe incluir tanto las obras de ficción como las de no ficción. María do Cebreiro, que ha destacado el "enorme valor" de estas cartas, ha asegurado que su relectura ha posibilitado tanto detectar palabras o frases omitidas en transcripciones anteriores como dar una "lectura diferente" a alguno de los documentos. De hecho, la coordinadora señala que, mientras que en ediciones anteriores de las cartas se intentó dar una "imagen de Rosalía como madre" y esposa, la lectura hecha por este grupo de investigadoras --y las correcciones realizadas-- permiten ver una "Rosalía escritora profesional" que se presenta como tal a sus interlocutores.

Para el presidente del Consello da Cultura Galega, esta nueva herramienta permitirá "poner la cultura gallega a disposición de un público muy amplio" a través de Internet, con el objetivo de que la figura de Rosalía de Castro sea "mucho mejor conocida". El epistolario online de Rosalía de Castro se suma así a la primera parte del epistolario online de Luis Seoane, también amparado por el CCG. Los responsables de esta institución se plantean para este año el avance en la digitalización del resto del epistolario de Seoane, al tiempo que trabajarán en la incorporación de nuevos autores gallegos a esta herramienta e intentarán aportar también las cartas escritas por otras personas a Rosalía de Castro.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-02-2014 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
A maior flor do mundo - José Saramago
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 22-02-2014 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
15 músicas que son diamantes para os ouvidos




Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 22-02-2014 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Catalán, español, inglés...pero non galego
Prolingua pídelle a Vueling que tamén use o galego nas súas aeronaves. A Mesa critica tamén a Goberno central por castelanizar topónimos de Ribeira.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/02/2014


A asociación de defensa da lingua, Prolingua, ven de pedirlle a compañía aérea Vueling que tamén utilice o galego nas aeronaves que teñen como orixe ou destino os aeroportos galegos.

Actualmente, nos avións desta compañía, as linguas oficiais son o inglés, o español e o catalán, pero non o galego. E iso, a pesares de que esta compañía ten a posibilidade de elexir este idioma na súa páxina web. "Precisamente por isto, non damos comprendido como nas aeronaves de Vueling que teñen por destino aeroportos galegos, as mensaxes que se lles transmiten aos pasaxeiros son en catalán, castelán e inglés, ignorando totalmente o galego. Non se trata de que non comprendamos esas linguas, senón que non se dá -tamén, e ao igual que se fai na súa páxina web-, a opción do galego á xente que vai a Galicia", apunta este comunicado.

Prolingua destaca, ademais, que o uso do galego nas eronaves non tería ningún custe porque, como as alocucións aos pasaxeiros adoitan ser gravadas, "nada lles custaría facelas tamén en galego, e emitilas necesariamente nos voos que teñan por destino ou partida algún aeroporto de Galicia".

Ademais, tamén piden que as informacións rutineiras que transmita de viva voz á tripulación, tamén poderían estar redactadas en galego para que a tripulación "tamén as puidese transmitir no noso idioma, como xa o fan en catalán, castelán e inglés, cando o voo teña por destino un aeroporto galego". "Con esta pequena mellora axudarían a prestixiar a lingua galega e á vez contribuirían a prestixiar a súa compañía entre os clientes galegos", recolle a misiva que lle teñen remitido a Vueling.
Deturpacións lingüísticas en Ribeira

Por outra parte, a Mesa pola Normalización Lingüística, dirixiuse ao Goberno español para lle pedir que explique “como é o proceso que levan a cabo para castelanizaren nomes de lugar que non apareceran deturpados nin no franquismo”. A asociación dirixida por Carlos Callón refírese por exemplo a un comunicado oficial do Ministerio de Agricultura en que se rebautiza a parroquia ribeirá de Castiñeiras como Castiñeras ou A Revolta como Revuelta.

Callón, que ademais é proveniente desa parroquia, reta o Goberno español “a que encontre unha soa persoa –fóra do propio Goberno español– que lle chame Castiñeras a Castiñeiras” e pregúntase “como pode ser o proceso polo cal a Administración de Rajoy decide desgaleguizar os topónimos galegos”. Así, sinala que “se for a través dun tradutor automático, como no célebre caso en que o ex-conselleiro de Cultura de Feijóo lle chamou Desván de los Monjes a Sobrado dos Monxes, Castiñeiras sería Castañares”. “Mais aquí parece que é unha castelanización aínda máis chafalleira, cun desprezo absoluto pola nosa realidade”, observa.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 22-02-2014 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Isaac Estraviz, el religioso que confesó «bastantes veces» el pecado de hablar gallego
El profesor de la Universidade de Vigo relata en una entrevista de 230 páginas aspectos de su biografía y de su producción científica y literaria

JOEL GÓMEZ - La Voz de Galicia -
21 de febrero de 2014


En su etapa de religioso, cuando se formaba para fraile en el monasterio de Oseira en la década de 1950, Isaac Alonso Estraviz se confesó «bastantes veces do pecado de ter falado galego». Así lo relata el profesor de la Universidade de Vigo en una larga entrevista de 230 páginas, realizada por el profesor Bernardo Penabade y publicada por la editorial compostelana Através. El libro se presentó anoche en la librería compostelana Couceiro, que llenó su salón de actos. Docentes de la USC, antiguo alumnado de Estraviz, y profesionales de la ciudad, mayoritariamente de los ámbitos de la cultura y la enseñanza, pidieron al veterano docente que les firmase el singular e interesante volumen.
Estraviz relata en la entrevista que, en una ocasión, un religioso redentorista de León acudió a dirigir unos ejercicios espirituales en Oseira y quedó asombrado cuando le confesó el «pecado» de hablar gallego. Aunque, hasta entonces, quienes se formaban en el monasterio, nunca se habían dado cuenta de «tal desatino». Pocos años más tarde el profesor Isaac Estraviz comenzó a adherir decididamente a las personas de Galaxia, y trabajó para favorecer el resurgir de la cultura gallega durante el franquismo. Elaboró y publicó trabajos literarios; participó en la traducción de textos religiosos, y otros, al gallego, entre ellos el documento Gaudium et Spes, del Vaticano II, promulgado por el papa Pablo VI y publicado por la editorial Sept; o el Manifesto do Partido Comunista de Marx y Engels, editado por Akal. Aunque destacó sobre todo como lexicógrafo, al ser autor del conocido diccionario gallego que lleva su nombre, y que es el más amplio de los disponibles en Internet, de orientación reintegracionista. En los últimos años de actividad profesional ejerció como profesor de la Universidade de Vigo, a la que sigue ligado como docente de la oferta para mayores de 55 años.
El libro incluye un apéndice fotobiográfico, que recoge aspectos como cartas que recibió de Otero Pedrayo (con motivo de su primera misa) o de Celso Emilio Ferreiro; y su relación con Manuel María o Isaac Díaz Pardo; además de la invitación oficial que recibió del eminente lingüista brasileño Antônio Houaiss para participar, en enero de 1986, como representante de Galicia en en el Encontro sobre Unificação Ortográfica da Língua Portuguesa, celebrado en Rio de Janeiro, en que estuvo presente.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 22-02-2014 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Unha manifestación en Dublín demanda igualdade real e efectiva para o gaélico
Sermos Galiza

A marcha, convocada pola plataforma en defensa do irlandés Conradh na Gaeilge, denunciou a imposibilidade de desenvolver na illa “o dereito humano básico a usar a lingua propia”. Un alto cargo do goberno demitiu recentemente pola “marxinación” constante do gaélico.


Centos de persoas saíron á rúa esta fin de semana en Dublín para demandar na capital da República a igualdade “real e efectiva” para o gaélico.'Tir gan teanga tir gan anam' (un país sen idioma é un país sen alma) foi unha das palabras de orde máis visíbeis na marcha, segundo informaron medios irlandeses coma The Independent. A manifestación tiña como obxectivos, por unha banda, denunciar a marxinación e incumprimentos tanto da República de Irlanda coma do goberno do Ulster (6 condados da illa baixo soberanía británica) canto ao idioma propio da illa.

O secretario xeral de Conradh na Gaeilge, a plataforma en defensa do gaélico e convocante da manifestación, sinalou que a presenza de centos de persoas na mobilización indica que hai malestar cos dous gobernos da illa. “Non están apoiando nin dando protección legal á cidadanía que quere exercer o dereito humano básico a falar a súa lingua”.

As e os manifestantes pedían, entre outras cuestións, ao goberno da República que posibilite o poder usar e ter os servizos públicos en gaélico. No que atinxe ao goberno do Ulster, pedíuselle que activase unha lei para o gaélico. Lembraban as persoas que partillaron a manifestación que na actualidade estase a incumprir a constitución irlandesa no medio lingüístico. “O irlandés é o idioma nacional e a primeira lingua oficial, e o inglés a segunda lingua oficial”, indican que se recolle na constitución. E iso na realidade, “non se cumpre” por parte do goberno.

Dimisión

A marcha por Dublín tivo lugar semanas despois da demisión do comisionado para a lingua irlandesa, Seán Ó Cuirreáin, farto, confesou, “de que o idioma está a cada máis marxinado”, sobre todo no “sector público”, sen que o goberno se moleste en facer nada.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 22-02-2014 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal