Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Os ecos de Rosalía
XOSÉ LOIS GARCÍA - GALICIA HOXE


As folerpas de neve recuncan na memoria a data certa do natalicio da grande e soberana Rosalía de Castro. O fío ventoso da nevarada ven a lembrarnos que esas folerpas non arden pero queiman no mais íntimo de Rosalía. Claro que os ecos dos seus versos esclarecen tódalas esencias da terra no fluír das lapas que en cada anima galega pulsan. Rosalía a dos ecos feridos e liberadores confraternizan o noso existir en resistencia. Os ecos da existencialidade, do pensamento nutrido de converxencias e rexurdires que amparan a nosa andaina mais sensíbel por camiños tortuosos e encrucilladas labirínticas. Por iso é que precisamos retomar a Rosalía na mais ampla plenitude de volver ás raigañas mais penetrantes da nosa Terra e facer benquerencia coa folerpiña verbal, aínda que semelle fría ela queima.

A luminosidade do verso e da prosa de Rosalía resplandecen por enriba deses 176 anos que comezamos a contar desde aquel 24 de febreiro de 1837. Até o día de hoxe ese enorme facho, de tensa claridade, non esmoreceu nen se apagou. Esa materia luminosa onde a palabra mantén viva a brasa do noso entendemento para perpetuar o mais íntimo de Rosalía. Compre que a nosa Terra sexa entendida e personalizada no noso propio ego existencial, cando a recoñecemos e a amamos nos atributos mais sensíbeis que resplandecen nos ecos de Rosalía.

Realmente os galegos somos merecentes da presencia e permanencia de Rosalía. Somos conscientes que a súa palabra belixerante e de dirixencia aínda nos estimula de recobrar a Matria perdida e asoballada. A palabra crítica e esclarecida de Rosalía apunta en moitas direccións, no contexto de múltiples gravidades que se manifestan na Galiza actual. Ela matizou sobre a Matria recobrada e liberada e verificou os camiños certos para temperar redención. Esa luminosidade da que agora carece Galiza a atopamos na esperanza que nos deixou Rosalía para recobrar a certeza que ela esmiúza no poema de “Follas Novas”, titulado: “Terra a Nosa”, que incide nas carencias que embotellan ao pobo humilde de Galiza; nas clases sociais mais deprimidas e desfavorecidas.

Rosalía ficou virada cara a Galiza pobre e emigrante. Neste punto, a poesía galega vinda do seu pensamento, fortaleceu unha toma de conciencia sobre a pobreza en tódalas xeografías galegas que a nosa poeta soubo testemuñar as decadencias e as persistencias dominantes que ían desde o entorno caciquil até unha non demorada opresión de Estado. Os poemas do pobo –mais que populares- que ela nos deixou, perfilan o mais elemental das pobrezas e das marxinacións nese inventario de temas diversos, nos que se percibe a crítica mais asisada e revolucionaria: “A xusticia pola man”, poema que nos dá a medida dunha Rosalía pragmática e nada receosa en atenuar a denuncia, en provocar o debate e incluso a confrontación ante os poderes dominantes.

Nas circunstancias actuais de declive social e económico onde as crises remoen os alicerces humanos e Galiza á espera de loitadores que a saquen do caos que silencian os que a dominan. Nestas circunstancias, Rosalía é entendíbel desde diversas problemáticas e, ademais, é unha emerxencia recorrer á súa obra neste 176 aniversario do seu nacemento e o 150 da publicación de “Cantares Gallegos”.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-02-2013 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
A dimisión de Ferrín desata na RAG unha treboada con ventos en todas direccións
GALICIA HOXE - SANTIAGO


Transitan varias hipóteses arredor da demisión do presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Méndez Ferrín. O propio Ferrín acusou a algúns académicos e xente externa de acosalo para que deixara a institución, como así fixo. O secretario da RAG, Xosé Luis Axeitos, espallou a existencia dunha operación para colonizar a institución procedente doutros organismos, léase Instituto de Lingua Galega e Consello da Cultura, para facerse co control, e a partir de aí apareceron máis posibilidades retratadas por diferentes persoas que aluden aos posibles casos de enchufismo na Academia ou ao recurso contra o polémico decreto do plurilingüismo.

Darío Xohán Cabana, académico e escritor, traspasa as fronteiras galegas e atribúe a renuncia de Xosé Luís Méndez Ferrín como presidente da institución a "unha campaña brutal" orquestrada desde a "extrema dereita madrileña" para "derrubar" ao vigués da cabeza da RAG.

Cabana argumentou que a situación coa que se atopou Ferrín é "a confluencia" dunha campaña "brutal", en relación a informacións publicadas, "en confluencia" con "outros intereses da dereita" e nalgúns casos "dalgún sector da esquerda", para quitalo da presidencia da Academia.

Henrique Monteagudo, sociolingüista e académico criticou as "desafortunadas" declaracións do secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos, nas que acusaba ao Consello da Cultura e o Instituto da Lingua Galega de colonizar a RAG e de intentar que esta recuase na súa intención de recorrer o decreto do plurilingüismo. Uns feitos que Monteagudo negou e que atribúe a "unha historia para despistar".

"Creo que está a inventar unha historia para despistar a atención", sinalou en declaracións a Europa Press, tras insistir en que Axeitos "sae en prensa por unha demanda pública de feitos moi concretos" e que "non remata de aclarar", en alusión ás informacións que apuntan ao suposto enchufismo de varios familiares da directiva da Academia.

Nunha entrevista concedida a Radio Obradoiro, Monteagudo insistiu en que a renuncia de Ferrín "é unha reacción esaxerada e desproporcionada", e matizou que o único que se lle pedía eran explicacións por supostos casos de nepotismo. "Non podes inventar unha conxura mundial para amarbarche o cargo. Iso é unha falta de reflexos democráticos".

Tamén Salvador García Bodaño nega que na institución se libre "unha estraña guerra, invisible". "Unha cousa é o que nos queren facer crer e outra o que está a pasar", matiza. A pesar diso e de defender que traballaban "tranquilos" no seo da institución baixo o seu leme de mando, si que admite que a directiva da RAG tería que aclarar "antes" as informacións publicadas sobre o suposto enchufismo de varios familiares do círculo que rodeaba a Ferrín.

En declaracións a Europa Press, García Bodaño considerou que, ante esta polémica, a institución tiña que dar unha "explicación pública", dado que "os soberanos" da RAG son "tódolos académicos", pero "a directiva é a que representa a Academia".

O académico e director de Galaxia Víctor Freixanes, recoñece que o último pleno da Real Academia Galega foi algo tenso tras a iniciativa de varios membros de pedir explicacións polas contas da institución e sobre informacións relativas ás contratacións de familiares de varios integrantes da directiva, aínda que aclarou que "ninguén pediu a dimisión de Ferrín".

En declaracións a Europa Press, Freixanes atribuíu esa suposta tensión a que os académicos son "apaixonados" nos seus debates internos, pero matizou que simplemente pediron á directiva "información sobre o que se estaba a dicir na rúa" e do que non sabían "nada".

"Non estamos a cuestionar o presidente e a directiva. Só pedimos unha información que aínda non se nos deu", engadiu, ademais de negar que existan grupos ou división entre os membros da Academia, senón unha "preocupación polas noticias que circulan" e "debates internos, que son sans que existan".

Tamén se referiu a un suposto un intento de colonizar esta institución por parte do Consello da Cultura e o ILG, denunciado por Axeitos, asegurando que se trata dunha opinión "absolutamente desenfocada e improcedente" sobre "especulacións". Considera "fora de lugar" pensar que ambas as dúas institucións "queren derrubar ao Presidente", cando varios dos seus membros forman parte da RAG. "Non axuda en nada ao clima que a Academia necesita para debater, mesmo coas súas diferenzas, pero debátense".

Tamén rexeitou as declaracións de Darío Xohán Cabana, nas que atribúe a súa renuncia a unha campaña orquestrada para derrubar a Méndez Ferrín da súa posición. "Non seo de onde saca iso".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-02-2013 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
O Consello da Cultura nega supostas interferencias no funcionamento da RAG
GALICIA HOXE - SANTIAGO. EP

O ConselLo da Cultura Galega considerou "totalmente infundadas" as acusacións verquidas durante estes días de que esta institución, xunto co Instituto da Lingua Galega, intenta facerse co control do pleno da Real Academia Galega.



A Comisión Executiva do CCG fixo público un comunicado no que recorda que, como órgano asesor e consultivo, actúa con "independencia dos poderes públicos" e está composto por representantes de diversas institucións, como universidades, centros de investigación ou a Real Academia Galega.

"As insinuacións sobre posibles interferencias ou intromisións desta institución no traballo doutras e, concretamente, da Real Academia Galega son totalmente infundadas", prosegue o texto a liña seguida.

Outra das críticas xurdidas, a raíz dunhas declaracións do secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, na Voz de Galicia, referíase a unha suposto intención do CCG de interferir para que a academia non presentase recurso contra o decreto do plurilingüismo.

Neste sentido, o conselo recorda que o Plenario desta institución se pronunciou "por dúas veces, en datas recentes, sobre a situación da lingua galega", a través dunha proposta institucional que facilitaron ao parlamento galego e nun ditame sobre o decreto do plurilingüismo.

Finalmente, a Comisión Executiva do CCG quere facer un chamamento cara a "unha actuación responsable" das institucións da cultura galega, dado que considera "imprescindible" manter liñas de colaboración e de "respecto mutuo".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-02-2013 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
A Asociación de Escritores en Lingua Galega pídelle a Ferrín que non abandone
GALICIA HOXE - SANTIAGO. EP

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) pediu este mércores ao expresidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Méndez Ferrín, que "non abandone" a institución, así como "diálogo" a todos os seus integrantes para resolver as súas discrepancias.


Nun comunicado, a AELG fixo un chamamento a Méndez Ferrín para que "siga nas súas funcións" como presidente, dado que "a súa dimisión ou marcha" da Academia "significaría un empobrecemento na pluralidade que é necesario que teña a RAG".

Así, fixeron extensiva a súa petición a todos os académicos, aos que reclamaron que "os problemas da Academia sexan resoltos dentro dos organismos" da RAG, "dialogando", para "manter a súa independencia na defensa da cultura e o idioma galego".

"A sociedade galega necesita dunha Academia que sexa lugar de confluencia e símbolo público de prestixio social e cultural. A situación do noso idioma non permite ter unha Academia en conflito interno e proxectando unha imaxe pública de descrédito", explica a asociación.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-02-2013 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Rivas pide unidade para salvar a "pequena tempestade" da RAG
Formularase a súa continuidade se existe división

GALICIA HOXE - SANTIAGO. EP


O escritor e académico Manuel Rivas realizou un chamamento á "unidade" para salvar a "pequena tempestade" que atravesa a Real Academia Galega, e admitiu de que en caso de que se confirme a existencia de "división" ou unha "loita de poder" se formularía a súa continuidade como membro da institución.

En declaracións a Europa Press, Rivas considerou que a RAG é "unha referencia moi importante para a cultura deste país" e que a súa función "central é o defensa da cultura galega", polo que ve esencial poñer "por diante os intereses do país".

"Débese facer un esforzo de superación" sinalou, tras lamentar que unha personalidade como Xosé Luís Méndez Ferrín "se vaia así" da RAG, sobre todo tras unha xestión que dende o conxunto do sector se percibe como "positiva".

Neste sentido, Rivas negou que existan problemas que supoñan "a exclusión de ninguén", polo que aposta por pedir "entre todos" e "sen eludir ningunha cuestión" que Ferrín e a actual directiva finalicen o seu mandato, a falta dun ano para a súa conclusión. "Ás veces hai unha síndrome de cainismo que nos leva a desfacer máis que facer", sinalou o escritor.

Rivas considerou que esta "tempestade" se debe atravesar, e é necesario afrontar os problemas "con absoluta transparencia" e "espírito de unidade", dado que "é absurdo que haxa loitas polo poder". "Se se está aí, é para traballar desinteresadamente", engadiu.

Por iso, agora o que quere é "comprobar" se existe esa "disputa polo poder", dado que ata o momento "nunca" constatou "bandos" no pleno da institución. "Non había branco ou negro. Para min foi unha sorpresa desagradable todo isto", engadiu o escritor, quen admitiu que en caso de haber xente que fomente "un espírito de división" se reformularía a súa continuidade como académico.

Rivas matizou, a pesar diso, que hai que ver "como se desenvolven os acontecementos" e que "o desexable" é que Ferrín remate o seu mandato, e se introduzan "tódalas melloras que sexan necesarias", para facelo máis "transparente".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-02-2013 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
A cultura galega valora positivamente a xestión de Ferrín e pide unha RAG "máis activa" e "plural"
Redacción Praza Pública | @prazapublica


Vai acalmando a treboada iniciada este luns coa renuncia de Xosé Luís Méndez Ferrín á presidencia da Real Academia Galega e cómpre facer balance dos seus case tres anos de xestión, marcados por un proxecto de modernización da institución e de achegamento á sociedade, que fica inconcluso. Tres anos nos que se procedeu a un proceso de renovación e rexuvenecemento do seu plenario, no que aínda segue chamando poderosamente a atención a escasa presenza de mulleres. Tres anos marcados tamén polas celebradas escollas dos homenaxeados no Día das Letras e tres anos nos que foron frecuentes os tirapuxas co Goberno galego a respecto de dúas cuestións: o decreto de plurilingüísmo contra o que a RAG presentou un recurso, estimado parcialmente polo TSXG, e a reclamación dun financiamento xusto para a institución. Méndez Ferrín ten un gran peso específico na literatura galega e tamén na política e entre as críticas que se lle fan está o seu apoio á candidatura de AGE nas últimas eleccións, ademais da falta de "transparencia" e rendición de contas no seo dunha institución que é privada pero que se nutre de fondos públicos.

Que debe ser a Real Academia Galega? Que debe mudar? Para Manuel Bragado, director de Xerais, nestes tres anos "houbo un avance importante no proceso de modernización da Academia", tanto no que atinxe a aspectos tecnolóxicos coma á intensificación da relación coa sociedade, o acerto na escolla dos homenaxeados nas Letras, ou á maior colaboracion con outras institucións. "Abriuse un proceso de modernización que deberia ser intensificado", sinala Bragado, que fai fincapé en dous fitos: "a loita por mellorar o financiamento e a capacidade orzamentaria e a presentación do recurso contra o decreto de plurilingüísmo", onde, di, "pode estar boa parte do desenlace destes días".

Para Bragado o luns foi un "dia de enorme tristeza. Ferrín toma unha decisión que probablemente é liberadora para el. Apártase e outros terán que continuar a batalla". Tamén Carlos Callón salienta coma o máis positivo a pesentación do recurso e engade que "durante décadas a RAG estivo inutilizada para a defensa do galego" e que "por algo sobreviviu durante o franquismo".

Nun artigo publicado en Praza Antón Dobao salienta que "a Academia presidida por Ferrín enfrontouse argumental e xudicialmente ao goberno galego por lexislar e actuar contra a lingua" e contrapón esta política á exercida con anterioridade: "coa dimisión de Méndez Ferrín todo parece volver ó rego. A Academia saberá se lle compensa". En termos semellantes pronúnciase Xurxo Borrazás: "Cando hai tres anos a súa elección se fixo inevitábel gardáronse as navallas pero conserváronse no peto e ninguén as entregou nin deixou de afialas en privado".

O Consello da Cultura Galega emitiu este mércores un comunicado con respecto ás "insinuacións" lanzadas dende algúns ámbitos "sobre posibles interferencias ou intromisións" desta institución no traballo da Real Academia Galega afirmando que "son totalmente infundadas" e lembrando que o Plenario do CCG se "pronunciou por dúas veces, en datas recentes, sobre a situación da lingua galega, nunha Proposta institucional e nun Ditame sobre o decreto de plurilingüismo". A Comisión Executiva do CCG fai ademais "unha chamada pública a favor da actuación responsable, no ámbito das súas competencias, das institucións da cultura galega", e considera "imprescindible manter liñas de colaboración e de respeto mutuo, como o Consello da Cultura Galega vén practicando de forma sistemática desde a sua creación".

Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, fai fincapé en que sexa quen sexa o novo presidente ou presidenta da RAG, o máis importante é que "a Academia siga tendo unha posición firme na defensa da lingua e recomenda “non perder o norte. Debemos ter claro que é o fundamental e que é o accesorio. Sería lamentábel que se apartase, como fixo no pasado, dos seus labores fundacionais”. Callón reclama que a RAG "debe ser máis activa. O recurso estivo moi ben pero foi o único que fixo neste senso. Debe ter unha defensa activa da lingua como teñen as academias vasca, catalana, ou a española".

Henrique Monteagudo ou Víctor Freixanes tamén valoran "positivamente" a xestión realizada por Ferrín e a súa "capacidade de representación das Letras galegas". Para Freixanes trátase "dunha decisión desproporcionada" e engade que "ninguén pediu a dimisión do presidente" e Montegudo declarou que "para o país e a cultura, sería mellor que concluíse de forma tranquila". Outros membros do plenario poñen o énfase na defensa do “traballo iniciado” e non cren que deba existir unha fenda na xestión a partir da renuncia de Méndez Ferrín pero declinan facer declaracións até a próxima xuntanza da RAG.

Monteagudo salienta os “acertos” da RAG “nas grandes liñas”, sobre todo na reivindicación dun financiamento xusto e no recurso presentado contra o decreto de plurilingüísmo, pero sinala “erros” na xestión interna e externa, na relación coa sociedade: “a Ferrín custoulle entender o seu papel institucional e tivo varios esvaróns neste senso, pequenos pero que xuntos constitúen un esvarón grande”. En canto á xestión interna, Monteagudo salienta a necesidade de que unha institución que recibe cartos públicos dea conta da súa politica de contratación e do uso dos cartos: "pedir contas é o normal non pode ser considerado unha afrenta persoal".

En canto á xestión externa, Monteagudo cre necesaria unha meirande colaboración entre as distintas entidades culturais galegas e sinala que "dende a RAG non se facilitou iso estes anos". Monteagudo cre ademais que Ferrín tivo unha reacción “absolutamente inadeacuada” ante a reivindicación dunha maior presenza das mulleres e tamén lle critica as “declaracións inapropiadas” sobre o reintegracionismo.

Eivas: Pluralismo e transparencia

Entre as eivas na xestión sinaladas polos entrevistados destaca a petición dun meirande "pluralismo" e "transparencia". Cesáreo Sánchez sinala que “hai certas cousas que deben cambiar. A Academia debe ser transparente e plural e as diferenzas deben ser solventadas sendo conscientes de que a RAG é un símbolo do pais”. Valórase a mellora da relación con outras entidades e institucións pero bótase en falta que na Academia só estea representada unha das universidades galegas e que moitas outras entidades tampouco o estean. Carlos Callón salienta por exemplo que "o equipo que está facendo a gramática da RAG é só da USC e debe acadarse a pluralidade coa que se chegou ao consenso normativo". E Cesáreo Sanchez di que “se dende a sociedade se fan propostas para que se homenaxeen determinados autores, a RAG debe escoitar a sociedade. O feito de que non se homenaxee a Ricardo Carvalho Calero implica un certo sectarismo". E engade: "Con que criterios se exclúe?”.

Outra gran eiva sinalada ten que ver coa "transparencia". Neste senso Manuel Bragado indica "a falta dunha cultura organizacional e democrática, que é unha eiva xeral que ten o institucionismo en Galicia. Dende a forma de recrutar os seus membros, á forma de dar conta dos seus orzamentos, pasando pola forma de relacionarse coa cidadanía". Para Bragado á RAG "fáltalle esa cultura organizacional da sociedade en rede, pero tamén lle falta ao resto das institucións. A RAG podería ser modélica e impulsora dun novo modelo". Para Bragado o fundamental é que "a Academia ten que ter claro se traballa cara ao futuro cun proxecto estratéxico ou se continúa mirando o mañá de forma curtopracista. Se traballase cun proxecto estratéxico eses grupos ou faccións das que se fala serían pouco eficaces".

A última eiva ten que ver coa escasa presenza de mulleres na institución, como vén sendo reivindicado. Cesáreo Sánchez reclama que “se queremos que a RAG forme parte determinante da sociedade na que está inserida ten que dar entrada ás mulleres. As mulleres son as responsables do actual florecemento da cultura galega”. De igual xeito Carlos Callón lembra que a da presenza feminina "non é unha reivindicación artificiosa" pois "as mulleres teñen un peso moi importante na cultura galega". Bragado conclúe neste senso cun desexo que é compartido por moitos: que o novo presidente sexa unha muller, "un exemplo dos elementos de innovación social aos que me refería".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-02-2013 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
El Supremo avala el modelo de inmersión lingüística de Cataluña
Una sentencia del alto tribunal limita las clases en castellano a particulares

IVANNA VALLESPÍN - EL PAÍS - Barcelona 26 FEB 2013


El Tribunal Supremo (TS) avala el modelo de inmersión lingüística de Cataluña, aunque reconoce el derecho de las familias a escolarizar a sus hijos en castellano. Así lo dictaminó el alto tribunal en una sentencia conocida ayer, aunque con fecha del 19 de febrero, que confirma una resolución anterior del Tribunal Superior de Justicia de Cataluña (TSJC) de marzo de 2012. Parece que se supera así una etapa del conflicto que enfrenta a decenas de familias, amparadas por la entidad Convivencia Cívica Catalana, y la Generalitat. Pero del ámbito jurídico la pugna tomará ahora un cariz político, con la reforma educativa que planea el ministro de Educación, José Ignacio Wert, que busca equilibrar el peso del catalán y el castellano en la escuela.

“El Supremo no se había pronunciado nunca de forma tan clara a favor de la inmersión. La sentencia aclara de una forma bastante definitiva que los derechos individuales hay que atenderlos tal y como se está haciendo actualmente, pero dice que otra cosa es tocar todo el modelo de inmersión lingüística”, tercia Joaquim Arenas, experto en política lingüística. “Es posible que el Supremo intente moderar el conflicto e intentar pacificar la polémica alrededor de la lengua”, interpreta Albert Branchadell, profesor de filología catalana de la UAB.

El Supremo da respuesta al recurso de Feliciano Sánchez, un padre que hace cerca de un lustro interpuso un recurso contencioso administrativo contra la Generalitat porque esta le había denegado la petición para que sus dos hijos —entonces estudiantes de tercero de primaria y segundo de ESO— recibieran las clases en castellano y, más allá, que la lengua castellana fuera introducida como lengua vehicular en la escuela.

Sánchez, junto a otras dos familias llevaron estas dos peticiones a los tribunales amparándose en la sentencia del Constitucional sobre el Estatut, que consideraba al castellano lengua vehicular. El Supremo, en diciembre de 2010, a raíz de una denuncia de otras familias, instó a la Generalitat a adoptar “cuantas medidas sean precisas” para darle al castellano este papel de lengua vehicular en la escuela. Eso sí, dejaba en manos del gobierno catalán la potestad para fijar la proporción de ambas lenguas.

Las familias recibieron una de cal y otra de arena con la resolución del TSJC de marzo del año pasado. Por un lado, constataba que la Generalitat no había “ejecutado debidamente el fallo” del Supremo e instaba al Departamento de Enseñanza a hacerlo. Pero la obligación quedaba limitada a las tres familias denunciantes y el tribunal catalán no entraba a cuestionar la inmersión.

“El Supremo viene a decir que el modelo no hay que tocarlo, que es bueno y que está bien”, celebró el presidente de la Generalitat, Artur Mas, desde Bélgica. Mas volvió a defender que el modelo de escuela catalana “garantiza la cohesión social en Cataluña”. “Si se eligiera la lengua, romperíamos el sistema educativo en Cataluña y romperíamos la población en base a la creación de líneas totalmente diferenciadas”, zanjó.

En una línea muy parecida se expresó la consejera de Enseñanza catalana, Irene Rigau, quien defendió que las familias que han ganado sus recursos en los tribunales ya se les ha atendido de forma individualizada, pero dejó claro que la Generalitat no piensa hacer de esto una práctica mayoritaria. “La atención individualizada siempre se ha hecho dentro el aula, pero siempre hemos defendido que no separaremos a los niños por razón de lengua”, aclaró Rigau, quien confió que el Supremo se pronuncie en la misma línea en los posibles casos que en el futuro puedan aparecer.

Las celebraciones por la sentencia del Supremo vinieron también del ámbito educativo. La plataforma Somescola.cat, que aglutina una treintena de asociaciones y se ha erigido como principal baluarte de la defensa del modelo de escuela catalana, consideró que “el sistema de inmersión lingüística queda avalado, una vez más, también por instancias judiciales españolas. Este hecho permitirá, pues, que las escuelas e institutos del país puedan continuar trabajando con normalidad”. Asimismo, Somescola.cat pidió que se deje de judicializar la enseñanza en Cataluña porque “obliga a invertir esfuerzos y recursos que se deberían dedicar a la mejora de la calidad y la eficacia” de la educación.

Sin embargo, la plataforma se mostró prudente y, a través de un comunicado, aseguró que “hay que seguir alerta” de cara a la reforma educativa, “lo que podría ser una nueva legislación española que ataque de raíz el modelo de éxito de inmersión lingística”. Sobre la reforma educativa, la Lomce, también se refirió Rigau, quien invitó a Wert a dejar de lado las cuesitones de lengua. “Si la Lomce hablaba más del catalán que de la ESO, ara ya puede hablar solo de la secundaria”, remachó Rigau.El Ministerio lo ve de otra forma y considera que la sentencia del TS avala el papel que la Lomce da a las lenguas cooficiales. “Las comunidades tienen el derecho a proteger su lengua cooficial en su sistema de enseñanza, pero dentro de unos límites que significan que el castellano no sea excluido como lengua vehicular”. El conflicto se prevé duradero.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-02-2013 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
ILG e CCG estudarán esta semana respostar ás acusacións de presións á RAG
SERMOS GALIZA

As directivas do Instituto da Lingua Galega e o Consello da Cultura Galega decidirán nos próximos días que resposta dar ás declaracións do secretario da Academia, Xosé Luís Axeitos, segundo as cais esas entidades terían presionado para a institución até agora presidida por Ferrín retirar o recurso contra o Decreto do Plurilingüísmo.


O Consello Científico do ILG xuntarase esta quinta feira para decidir que posición tomar diante das acusacións do secretario da Academia. É o prazo mínimo de tempo para se xuntaren que recolle as convocatorias oficiais despois de se coñecer as declaracións de Axeitos e a demisión de Ferrín como presidente da Academia. Será entón cando decidan a posición oficial do ILG arredor do tema.

Membro do ILG e profesor da Universidade de Santiago, Xosé Luís Regueira entrou como numerario na Academia hai menos de un ano, con Xosé Luís Méndez Ferrín como Presidente. Remite á xuntanza da quinta feira que dará a coñecer a versión oficial do ILG, mais a título persoal está a vivir a situación “con tristeza. A situación evidencia que non conseguimos despegar das liortas e divisións internas cando tiñamos que estar unidos polas tarefas urxentes que existen”, comenta. “Os que nos dedicamos á lingua galega sabemos que temos un espazo moi reducido na sociedade e, malia iso, dedícase tempo a cuestións de poder e non a estratexias urxentes como facérmonos máis visíbeis socialmente” sinala Xosé Luís Regueira. Sorprendeulle especialmente o feito de Ferrín non só demitir, senón tamén abandonar a Academia, despois do respecto institucional que demostrou nestes anos á institución que mentaba como a “Academia de Murguía, de Curros e de Castelao”.

X.L. Regueira, (ILG) académico, "Non nos conseguimos despegar das liortas e divisións internas cando tiñamos que estar unidos polas tarefas urxentes"

Canto aos dardos que Axeitos dirixiu ao ILG, Regueira remite de novo á xuntanza do Comité Científico do instituto mais, no entanto, avanza que “se hai dous membros na executiva da RAG iso demostra que como institución non executou ningún tipo de presión”.

Ao presidente do Consello da Cultura Galega, o historiador Ramón Villares, a noticia da demisión de Ferrín e as acusacións de Axeitos collérono en Lisboa, cidade á que viaxou para dar unha conferencia. Villares chegará a Santiago hoxe terza feira á tarde e o CCG ten convocado para mañá cuarta feira á mañá unha xuntanza da executiva na que se tratará o tema. En todo caso, fontes do CCG remiten ao informe que o Consello entregou en sede parlamentaria no que queda á vista a súa oposición ao Decreto de Plurilingüísmo defendido polo goberno de Feijóo.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-02-2013 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Ferrín dimite de la Academia en medio de una fuerte división interna
El escritor renuncia tras las disputas por las acusaciones de nepotismo

XOSÉ HERMIDA - EL PAÍS - Santiago de Compostela 26 FEB 2013


Con un “¡Viva Galicia ceibe!”, Xosé Luís Méndez Ferrín dio ayer un portazo y presentó su renuncia a la presidencia de la Real Academia Galega (RAG) cuando todavía le quedaba por delante un año de mandato. Las divisiones internas suscitadas a raíz de la difusión de acusaciones de nepotismo que salpicaban al presidente y a dos de sus hombres de confianza empujaron a Ferrín, de 74 años, a presentar la dimisión. En la carta de despedida, en un tono amargo, el escritor señala que algunos académicos, “unidos a personas externas” le han “hecho sentir” que “ya no hay sitio” para él en la institución. “Felicidades también a estos y estas porque sus esfuerzos, finalmente coronados por un éxito completo, tuvieron la virtud de hacerme ver a tiempo donde debo estar y donde no debo estar en los pocos días que me resten de vida”, se despide un dolorido Ferrín en un correo electrónico enviado a todos los académicos y en el que anuncia también que abandonará su sillón en la RAG.

La dimisión cogió por sorpresa a prácticamente todos los miembros de la institucíón, que ayer se habían desayunado con unas duras declaraciones del secretario de la RAG, Xosé Luís Axeitos. En una entrevista en La Voz de Galicia, Axeitos, mano derecha de Ferrín, denunciaba una maniobra del Consello da Cultura Galega y del Instituto da Lingua Galega (ILG) para hacerse con el control de la Academia. Al mediodía, fue el propio Axeitos el encargado de transmitir la carta de despedida de Ferrín. Tanto el Consello da Cultura como el ILG comparten miembros con la Academia. Y algunos de ellos se significaron el pasado enero, durante el último plenario de la institución, para pedir explicaciones a Ferrín sobre las acusaciones de nepotismo.

Desde hace semanas, el diario Abc venía publicando que la hija de Ferrín y su pareja, así como un hijo de Axeitos y otro del tesorero, Manuel González, fueron contratados por la RAG. El presidente optó por no dar explicaciones sobre el asunto, que al final acabó abriendo una brecha con el sector de la institución que había acogido con más recelo su elección, hace tres años, aun sin plantear batalla frontal contra su candidatura. Los defensores de Ferrín alegan que en todos los casos se trata de contratos con menos de 1.000 euros de remuneración y que tanto el yerno del presidente como el hijo del secretario ya trabajaban en la RAG antes de la llegada de estos. Pero las denuncias cobraban más relieve por la delicada situación económica de la Academia, que, ante el recorte de los fondos que recibe del Estado, tuvo que recurrir a la Xunta para poder afrontar las nóminas de todo su personal.

En ese clima llegó en enero el primer plenario del año. Algunos académicos pidieron explicaciones sobre las cuentas del organismo. Y uno de ellos, Víctor Freixanes, director de la editorial Galaxia, a quien compañeros suyos trataron de convencer sin éxito para que se midiese a Ferrín en 2010, planteó también el asunto del supuesto nepotismo. Ferrín, según asistentes a la reunión, explicó en tono tranquilo que su hija había sido contratada sin que él tuviese conocimiento. Pero a continuación se produjo una airada réplica de Axeitos, quien, según las mismas fuentes, acusó a los que aireaban el asunto de actuar en connivencia con la “extrema derecha”. En la refriega acabó entrando también la académica Rosario Álvarez, que a su vez es directora del ILG.

El presidente quedó muy afectado por la discusión, según personas que hablaron con él en los días siguientes. Ese plenario además supuso otra pequeña derrota para él, ya que una persona a la que le une una estrecha relación, la poeta Chus Pato, perdió la votación para entrar en la RAG frente a la novelista Fina Casalderrey. El ingreso de nuevos miembros en la institución había sido uno de los principales focos de conflicto durante el mandato del autor de Arrainos.

Los académicos que se manifestaron ayer públicamente expresaron su reconocimiento a Ferrín, figura cenital de la literatura gallega del siglo XX, como también lo hicieron las fuerzas políticas con representación parlamentaria. De lo más positivo de su mandato —marcado por las estrecheces económicas— se recordará sobre todo la voluntad de adaptar la institución al tiempo actual, simbolizada en la elección de un poeta punk como Lois Pereiro para el Día das Letras de 2011.


En busca de un porqué

XOSÉ MANUEL PEREIRO


““Una acción digamos un poco precipitada”, se lamenta al teléfono un académico, “sobre todo porque habíamos quedado en discutir el asunto en el próximo plenario, en el que se aprobarían los presupuestos y quedarían las cosas claras”. El “asunto” eran las polémicas contrataciones de familiares de académicos que el secretario de la institución, Xosé Luis Axeitos, explicó en un par de párrafos ayer en La Voz de Galicia, después de mes y pico de silencio. El próximo plenario, el de las explicaciones —y en el que Ferrín tendrá que presentar formalmente la dimisión— todavía no está convocado. Y en el interín, “lo único que se me ocurre decir es que estamos todos muy nerviosos", dice el anterior presidente, Xosé Ramón Barreiro.
Barreiro no tiene muy claro que las razones de la dimisión de su sucesor obedezcan a una posible división sobre el decreto del gallego, o a presuntas injerencias del Consello da Cultura o el Instituto da Lingua Galega (ILG) para que la RAG fuese menos beligerante con la normativa de la Xunta. Algo que desmiente, “como tales o como tentativas”, Henrique Monteagudo, miembro de las tres instituciones y que lamenta que Ferrín no agotase el mandato. “Yo también soy del ILG y también el tesorero, Manuel González”, argumenta Francisco Fernández Rei, vicesecretario de la RAG, para desmentir ese presunto entrismo de otras instituciones. “Yo no estoy en la mente de Ferrín para saber por qué dimite. Donde hay vida, hay tensión, otra cosa es que esas tensiones se saquen fuera o no”, matiza Fernández Rei, compañero de Ferrín en muchos proyectos y promotor de su tardía candidatura a la RAG. “Lo que sí es cierto es que la etapa de Ferrín abrió la Academia a la sociedad, y es muy triste que el mejor escritor gallego, candidato al premio Nobel, ya no vaya a estar en ella.”
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-02-2013 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Méndez Ferrín deixa a RAG 'empuxado' por algúns académicos e persoas externas
Tamén abandonará á súa condición de membro numerario da institución

Galicia Hoxe - SANTIAGO. EP | 25.02.2013


Xosé Luís Méndez Ferrín renunciará ao seu cargo como presidente da Real Academia Galega (RAG). O escritor e intelectual galego remitiu unha carta aos académicos na que informa da súa decisión, segundo destacaron a Europa Press fontes da institución.

Nesta comunicación oficial, Méndez Ferrín fai constar a súa renuncia como presidente da institución académica, que se formalizará nun próximo pleno "en breve" no que tamén renunciará á súa condición de membro numerario.

Ferrín traslada o seu agradecemento na súa misiva "a todos os membros da Executiva" da RAG, a cuxa "intelixencia, superior cultura e desinteresada entrega" debe "as obras, éxitos e conquistas" do seu período á fronte da institución.

Así mesmo, valora "de modo especial" a "dedicación sacrificada" do secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, e traslada os seus "sentimentos fraternais" a "a maioría dos académicos e académicas", pola súa "lealdade institucional e cooperación eficiente".

"No entanto", aclara a continuación, outros académicos "unidos a persoas externas" fixéronlle sentir que non ten "sitio" na RAG. "Porque os seus esforzos, finalmente coroados por un éxito completo, tiveron a virtude de facerme ver a tempo onde debo estar e onde non debo estar nos poucos días que me resten de vida".

A misiva de renuncia como presidente da RAG de Xosé Luís Méndez Ferrín conclúe cunha 'Viva e floreza a Academia Galega!' seguida de 'Viva Galicia ceibe!'.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-02-2013 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal