Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Carrefour pide desculpas pola discriminación lingüística a unha traballadora por falar galego
[GZnación / Redacción / 27 Feb 08]


O director do hipermercado Carrefour da Coruña no que se produciu recentemente un "grave caso de discriminación lingüística" a unha traballadora pediu desculpas e sinalou que se reprendeu ao xefe de sección que protagonizou ese suceso, "indicándolle o respecto que debe ter polas persoas, a cultura e a lingua das mesmas". José Manuel Rodríguez, director do devandito centro, descúlpase e informa da medida adoptada mediante un correo electrónico no que se responde ás queixas achegadas por cidadáns indignados polo suceso, que A Mesa deu a coñecer publicamente.

Nese Carrefour, un xefe de sección recriminou ofensivamente a unha empregada por se dirixir en galego aos clientes: "Burra, no hables lenguas menores". Segundo a información de que dispón A Mesa, quen remite este comunicado, non foi a primeira traballadora a quen esta persoa lle prohibiu utilizar a lingua galega.

A Mesa pola Normalización Lingüística manterá entrevistas cos responsábeis de Carrefour en Galiza tanto para terminar de aclarar este caso como para que adopten medidas perante outras situacións de discriminación lingüística nesta mesma cadea de hipermercados.

Outro exemplo de prohibición do galego é a devolución de escritos achegados neste idioma nalgúns dos servizos de Carrefour. A Mesa censura estas prácticas "intolerábeis desde calquera punto de vista, aínda que moito máis se temos presente que Carrefour tivo convenios de colaboración co departamento de Política Lingüística do Goberno galego".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-02-2008 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Os Diplomáticos de Monte Alto - Oda ao Futbolín


Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 28-02-2008 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Que tal un pouco de troula?
Pica sobre o logo e ... funciona!

jujel


Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-02-2008 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Traballo doutros Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
Remítovos algunhas noticias importantes xeradas grazas ao labor de diferentes Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. As boas novas para a lingua non sempre implican grandes titulares de prensa e xa sabemos que o que non ten presenza nos medios de masas corre o risco de non existir.
Saúdos dinamizadores.

Mercedes Queixas Zas
Coordinadora territorial ENDL

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2008/01/24/0003_6505955.htm

http://www.canalriasbaixas.com/content/view/4107/68/

http://www.vieiros.com/nova/64458/entrevista-a-agustin-fernandez-paz
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-02-2008 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Tino Baz - Cantarei, cantarei ...
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 19-02-2008 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
E febreiro continua ...
Roberto Carlos - Eu te amo



Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-02-2008 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Galescolas, que medo!!!
Irimia
Xestionado pola Asociación Irimia

Toda a desmesura da campaña contra as galescolas, que agora lidera o alcalde Orozco, de Lugo, serve de exemplo da altura do momento político.
Daniel López - Vieiros - 22:19 17/02/2008



Partimos dun feito: se Galicia quere que o galego viva, isto é, que se reproduza con naturalidade nos seus falantes, a única posibilidade real é crear ámbitos (espazos, momentos, grupos) nos que os máis miúdos experimenten que "viven en galego". Os pais e nais non galegofalantes –non necesariamente "anti-galegos"- non teñen unha experiencia que si temos os que optamos por construír un fogar galegopracticante: na primeira escolarización hai, normalmente, unha ruptura lingüística, non exenta de problemas, porque o prexuízo segue a facer das súas.

Tamén temos experiencias gratificantes: se somos natural e coherentemente galegofalantes nas nosas casas, observamos a facilidade coa que os nosos fillos e fillas se fan bilingües ou mesmo trilingües. Hai tempo que os expertos falan das vantaxes do bilingüismo precoz e da flexibilidade mental que isto aporta.

Tamén temos outra constatación: os meniños que falan galego con frescura –e xa que logo castelán, que entra só-, son quen de decidir onde, cando e con quen queren usar un ou outro idioma. Pero se non "pasan" por ambientes nos que o normal sexa o "galego", nunca o chegarán a usar. Saberán, xa de mocetes, a súa gramática e aprobarán a selectividade. Utilizarano por obriga ou cortesía, por oficio ou ritual, pero non vivirán nel.

Por iso é tan de valorar o proxecto das galescolas. Necesitamos, por coherencia da política institucional (Estatuto, lei "consensuada" de normalización, retóricas varias) e polo progreso intelectual dos nenos e nenas, que haxa ámbitos de incorporación temperá e natural do galego, para que o teñan de seu.

Ademais, se a galescola é un elemento de dinamización e cohesión en parroquias esmorecentes, mellor que mellor. É un investimento no país, non un gasto.

É neste punto no que a teimosía "anti" dos alcaldes socialistas desenmascara a hipocrisía e os medos do seu partido. Esperaban controlar mellor o seu socio de goberno e ao final –coma sempre- rendibilizar en votos o traballo dos demais. Como non poden atacar desde as súas consellerías, déixanlles o traballo sucio aos alcaldes. Cousas veredes.
Comentarios (1) - Categoría: Opinión - Publicado o 19-02-2008 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Burra, no hables lenguas menores
Denuncia da Mesa pola Normalización Lingüística
Burra, no hables lenguas menores

Frases coma esta foron adicadas por un xefe de sección dun centro comercial coruñés a empregados que falaban galego.
Redacción Vieiros - 15:30 18/02/2008



Son xa arredor de corenta casos denunciados nos últimos dous anos e a maioría non se fixeron públicos. Pero periodicamente, a Mesa pola Normalización Lingüística recibe queixas de traballadores que sufriron problemas por falar na lingua do país, e segundo explica Carlos Callón, presidente da Mesa, neste 2008 e na cidade d'A Coruña son xa dous casos. No primeiro deles, acontecido nunha academia, a vítima da discriminación non quixo difundir publicamente o acontecido.

Mais si neste segundo caso, a Mesa foi autorizada polos traballadores implicados a facer pública a denuncia. Segundo explicaron este luns en conferencia de prensa, un xefe de sección do centro comercial Carrefour da Coruña repróchalles a algúns traballadores que falen en galego no espazo de traballo.

Láianse desde a Mesa pola Normalización Lingüística de que malia que o estatuto do traballador penaliza a discriminación lingüística na práctica do día a día seguen aparecendo casos coma este que "demostran a situación de desamparo" na que se encontran moitos traballadores á hora de poderen exercer o dereito de falar en galego no seu contorno laboral.

Sen plan contra a discriminación lingüística no ámbito laboral
"Isto é unha mostra máis de que aínda non hai igualdade de oportunidades para quen queira desenvolver con normalidade a súa vida en galego", quéixase Callón.

Por este motivo, o colectivo insta á Secretaría Xeral de Política Lingüística a tomar cartas no asunto. "En ningún momento tomaron ningunha medida ao respecto", censuran desde a Mesa. No mesmo sentido, chaman á Consellaría de Traballo a implicárense neste tema. Recordan ademais, que o colectivo leva tempo insistindo na necesidade de que a administración deseñe un plan contra a discriminación lingüística no ámbito laboral
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-02-2008 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Pelo Gato 24 - Arao
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 15-02-2008 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
O PPdeG aposta por un "bilingüismo integrador" no que se impulse o galego "en liberdade"
Galiza

[GZnación / Redacción / 15 Feb 08]



A portavoz de Educación do PP no Parlamento galego, Manuela López Besteiro, apostou hoxe por desenvolver un "bilingüismo integrador" en Galiza, no que haxa investimentos para impulsar o galego pero "sempre dentro da liberdade para elixir entre o uso das dúas linguas ou a súa alternancia".

"O PP defende a tradición que sempre existiu na nosa comunidade de impulsar o galego pero garantindo o equilibrio entre as dúas linguas, freando o intento que se está producindo actualmente de implantar un monolingüismo en galego por parte do BNG e coa debilidade do PSOE que está sendo incapaz de defender a liberdade para elixir libremente aos cidadáns", considerou.

Para a deputada conservadora, o Estado debe garantir "de forma eectiva" o dereito dos pais de elixir o idioma no que queren que os seus fillos sexan educados, e destacou o compromiso do PP no fomento dunha educación trilingüe en Galiza, onde os mozos sexan formados en castelán, galego e inglés.

Segundo explicou Besteiro, se a presidencia do Goberno é ocupada por Mariano Rajoy, "melloraranse os contidos do sistema educativo, coa aprendizaxe do inglés con bolsas que permitan que todas os mozos españois poidan residir no estranxeiro nalgún momento ao longo do seu período escolar".

"Dignificación e o respecto" ao profesorado

Ademais, considerou fundamental fomentar "a dignificación e o respecto" ao profesorado por parte dos alumnos, polo que explicou que o PP establecerá o Estatuto da Función Pública Docente, xa que na actualidade "un de cada tres profesores sofre acoso", segundo sinalou.

Os populares avogaron por "desenvolver" o ensino público, así como colaborar coa concertada para permitir que os pais poidan elixir "libremente" a que centro quere levar aos seus fillos para que sexan educados.

Suprimir 'Educación para a Cidadanía'

Manuela López Besteiro recordou o compromiso adquirido por Rajoy de suprimir a asignatura de 'Educación para a Cidadanía', unha materia, na súa opinión, dirixida ao "adoutrinamento político" e "absolutamente innecesaria". "Hai que educar aos estudantes en valores pero de xeito transversal en cada materia e non nunha en especial", opinou.

A popular incidiu nos "malos resultados" que tivo o Estado español no informe PISA que situaron ao país á cola en materia de educación, e en especial en Formación Profesional. Ante iso explicou que o PP "poñerá a Formación Profesional ao mesmo nivel de calidade que a universitaria, ademais de desenvolver un programa de cooperación coas empresas".

Pola súa banda a candidata ao Congreso, Belén Do Campo, criticou que o Partido Socialista "premiase a mediocridade e desvalorizase o esforzo", puntualizando como "outra das herdanzas" do sistema educativo español do Psoe a perda de autoridade por parte dos profesores e a violencia nas aulas.

Para a candidata popular a xestión educativa do presidente socialista José Luís Rodríguez Zapatero resúmese "en moitas propostas pero practicamente todas acabaron en incumprimentos", en contraposición coa de Rajoy: "de calidade, plural, responsábel, tolerante e respetuosa".
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 15-02-2008 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal