Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Unha pouca ropiña: panxoliña
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 19-12-2013 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe nasceu un meniño: panxoliña
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 17-12-2013 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
Outra panxoliña: "Vinde ver o neno"
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 16-12-2013 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Reclaman el derecho a estudiar en euskara en toda Nafarroa
Más de mil personas han recorrido las calles de Tafalla para reclamar el derecho a estudiar en euskara en toda Nafarroa. ‘Euskaraz bizi eta ikasi’ ha valorado positivamente la respuesta, «más aún teniendo en cuenta que somos una plataforma de reciente creación y que la marcha en cierta forma sirve para presentarnos en sociedad».

NAIZ.INFO|TAFALLA|2013/12/14


Tras la movilización, que ha partido a las 17.00 de la plaza de Nafarroa, dos integrantes de la plataforma han tomado la palabra para recordar que «cada día más de 1.400 niños y niñas recorren largos trayectos para estudiar en euskara, con el gasto económico y el peligro que ello supone».

Ha reivindicado, por tanto, el derecho a vivir y aprender en euskara para toda la ciudadanía de Euskal Herria, «también en las zonas que el Gobierno de Nafarroa ha definido como mixtas o no vascófonas». En ese sentido, han pedido la derogación de la denominada Ley del Vascuence y la oficialidad del euskara en todo el territorio.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 15-12-2013 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Cun sombreiro de palla... seguide ensaiando.
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 14-12-2013 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Henrique Costas: "Comprobar en Estremadura o uso masivo da fala é ideal contra o autoodio dos galegos"
Praza Pública - Miguel Pardo | @depunteirolo


Xosé Henrique Costas vén de presentar O Valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura), resultado dos vinte anos de traballo e estudo do profesor na zona e sobre esta lingua, con orixe no galego e que pervive en Estremadura desde a Idade Media. O valverdeiro, o lagarteiro e o mañego son as tres falas, variedades esencialmente galegas que, malia as diferenzas entre elas constitúen un mesmo dialecto, "a terceira póla da lingua galega medieval" que continúa viva no Val do Ellas, Val de Xálima ou Os Tres Lugaris.

É esta a obra definitiva sobre o valego?

Non, para nada. O que fago nesta obra é unha recapitulación de todo o feito ata o de agora, tanto o edito como o inédito. Expoño o feito, as diversas posicións sobre o tema e abro campo de traballo. A miña sorte é saber que hai catro teses de doutoramento en marcha, tres delas de rapazas que son nativas do Val e que estudan en diferentes universidades. Hai moito labor por diante.

Que destacarías do inédito que achega esta obra?

O importante é que agora a obra preséntase como un todo e que inclúe unha parte de ensaio político-social. Xa tiña publicado sobre lexislación non aplicada nestas falas, sobre a lexislación para favorecer as minoráis lingüísticas, que é inexistente no Estado. Agora pretendo actualizar todos estes datos e interpretalos tamén de maneira ensaística. Se calquera persoa ve un cadro onde se di que o 70% dos nenos dunha zona falan nunha lingua pero logo ese idioma non existe na escola, é que está pasando algo. Hai un segundo paso, máis aló da aproximación aséptica e filolóxica que tamén se fai. Este segundo paso é o compromiso político con estas falas.


E hai compromiso político na lexislación para defender estas falas?

Non, para nada. En 2011, votouse no Congreso e no Senado a última reforma do Estatuto de Autonomía de Estremadura. O BNG introduciu unha emenda para que se recoñecese a fala e o portugués de Olivenza como patrimonio cultural de Estremadura. Non se pedía oficialización e nin tan sequera se nomeaba a lingua como galega para non ofender, pero todos os partidos, agás os nacionalistas, votaron en contra. Nin tan sequera aceptaron unha mínima mención para que se recoñecese a existencia dun patrimonio lingüístico. Só hai unha declaración de Ben de Interese Cultural do ano 2002, que non compromete nin obriga a nada e que non vale para nada.

Non é unha contradición que un Goberno como estremeño, firme impulsor do portugués, renegue deste patrimonio lingüístico?

É totalmente contraditorio. En Olivenza, por exemplo, non hai nada escrito en portugués, e é o territorio onde eu vin ou autoodio máis grande arredor dunha lingua. Traducen os seus propios apelidos, non recoñecen a lingua que falan os seus avós e pais na casa e presumen da súa españolidade por riba de todo. Teñen clase de portugués no instituto, pero estúdano como podían estudar alemán ou húngaro. Á hora da verdade, non se lles ocorre empregar o portugués para nada nos bandos ou nos plenos municipais. Non obstante, no Val do Ellas teñen todas as rúas rotuladas nas súas falas desde 1991 e fano e escríbeno como poden. Presumen e están orgullosos dun idioma ao que non teñen acceso na escola, onde si poden estudar portugués.


Fala normalización pero sobre todo normativización?

Falta unha normativización que non pode ser nin á portuguesa, nin totalmente á galega. O 90% da xente fala nalgún destes tres dialectos no Val e, das tres variedades, o valverdeiro é o máis próximo ao galego.

Ou sexa, falan galego...

Está moi ben a solución de compromiso que lle buscou Juan Carrasco, un catedrático de portugués de Estremadura, que a chamou a terceira póla do galego-portugués. E é evidente que é así, porque por un lado están as falas galegas, por outro as falas portuguesas e logo estas tres, pero estas tres falas non naceron do tronco común, senón que naceron da póla galega.

A Junta de Estremadura fai pouco pola normalización e oficialización das falas, e a Xunta?

Nada. A Xunta meteuse algo, pero só durante o bipartito. A Universidade de Vigo, por exemplo, fixera un curso de verán alí sobre as falas e convidaramos ao vicepresidente Anxo Quintana, que se entrevistara co daquela presidente estremeño, Fernández Vara, a quen lle manifestara o orgullo e emoción que lle supoñía aos galegos ao identificarse con aquelas linguas. Non houbo máis.

As maiores diferenzas co galego son fonéticas?

Hai diferenzas fonéticas, porque por exemplo non teñen vogais abertas, pero tampouco ditongan. Hai variacións entre as tres falas, pero diferenzas que aquí son macrodiferenzas pero alí son microdiferenzas. Media Galicia di cerdeira e outra media di cererxeira; pois alí nun concello din unha cousa e no outro, a outra. O mesmo ocorre con fungueiro, estadullo ou estaluncho. Aquilo non é exactamente galego, pero se a algo se lle parece é ao galego.

Hai quen di que é un portugués castelanizado.

Dicir iso é como dicir que o galego non exite e que é un portugués castelanizado, e eu négome a ese recoñecemento. Ademais, alí Portugal nunca pintou nada porque nunca houbo reino de Portugal alí presente en toda a historia. Sempre foi Reino de Galicia e León ata que logo foi absorbido por Castela. Do mesmo xeito, os portugueses sempre foron considerados inimigos porque houbo moitas batallas fronteirizas, e ata 1940 non houbo estrada co país veciño. Estaban separados por máis de vinte quilómetros da primeira poboación portuguesa, con serras e montañas polo medio. A única comunicación que había era cos contrabandistas.

Os habitantes do Val reciben con cariño os galegos que se interesan pola súa fala ou están xa cansos?

Están encantados. En canto escoitan falar a un galego xa che empezan a contar historias e a reivindicar a súa fala. Hai unha retroalimentación porque nós tamén nos quedamos abraiados pola súa maneira de falar e a eles encántalles que alguén se preocupe pola súa lingua, da que se senten aínda máis orgullosos. Durante moitos anos, empreguei aquela zona como sanatorio para curar a doenza do autoodio.

Por que?

Levaba alí alumnos e comprobaban como todo o mundo falaba e reivindicaba a súa fala. Os pijos, os malotes, as rapazas novas... Todos falaban a súa fala, mentres nós os galegos non facemos o mesmo. "Como esta xente o fala e o defende tanto?", preguntábanse. Unha alumna da última fornada que viaxou alí díxome unha cousa que aínda lembro: “Aquí vas á discoteca e ata che entran en galego!”. Isto é ideal para curar o autoodio dos galegos
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 13-12-2013 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal e Feliz 2014
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-12-2013 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
A primeira panxoliña deste Nadal
Ide ensaiando, que xa falta pouco.

Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 12-12-2013 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
O valego, a terceira ponla do galego medieval
Xerais edita "O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres – Estremadura)", unha obra que recolle 20 anos de investigacións dende que se descubrisen estas 'falas raras' aos principios dos 90.

Por Galicia Confidencial | 06/12/2013


O valverdeiro, o lagarteiro e o mañego son variedades esencialmente galegas que, a pesar das diferenzas entre elas constitúen un mesmo ‘dialecto’, o valego, a terceira ponla da lingua galega medieval que segue viva en Estremadura e, máis concretamente, no Val do Ellas, Val de Xálima ou Os Tres Lugaris. O profesor Xosé Henrique Costas descubriu estas ‘falas raras’ a principios dos noventa e, dende entón, van 20 anos de continuas visitas á zona para recoller material que foi dando a coñecer en múltiples relatorios e artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos de O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres – Estremadura), unha monografía editada por Xerais coa que Costas ve plasmados “20 anos de traballo, vinte anos indo ao Val do Ellas con alumnos, vinte anos sorprendéndome con cousas novas”.

Especializado fundamentalmente nos eidos da dialectoloxía e da sociolingüística, Xosé Henrique Costas define o libro como “o traballo e a paixón de catro lustros por contribuír a un mellor e maior coñecemento da nosa lingua e da nosa historia” e “como ronsel” agarda que non pase desapercibido para as novas e novos investigadores e se animen así a facer as súas teses ou traballos académicos “que esta realidade lingüística e social quere feitas”. Ao tempo, fai tamén fincapé nun dos principais obxectivos da obra: contribuír con “sólidos alicerces” á dignificación, aumento do prestixio social, coñecemento rigoroso e normalización lingüística e cultural en Estremadura deste tipo especial de galego no seu territorio autóctono.

Trátase, tal e como se subliña no Limiar da obra, “de axudar a que se prestixie e sobreviva con vitalidade no seu territorio, non como obxecto coleccionable nin musealizable, nin como curiosidade folclórica visitable nunha reserva ata o seu esmorecemento por falta de coidados ou por inanición, senón como realidade viva, con saúde e con futuro”, recalca Costas.

Xeografía, paisaxe, onomástica... toda unha viaxe en 300 páxinas
Leva xa uns días de presentacións e “o balance é moi positivo, xa que a asistencia da xente é moi grande e os comentarios son bos”. O 27 de decembro fará a presentación no Val do Ellas con filólogos locais “pero nas poucas semanas que xa leva alí o libro á venda ten espertado moito interese”, subliña Costas, quen afirma sentirse “contento e aliviado, contento por velo publicado e aliviado porque xa era unha cousa que levaba adiado demasiadas veces”.

Ao través de case 300 páxinas o volume toca aspectos como a onomástica e a historia do galego na zona, con especial atención á toponimia, dá hipóteses sobre o mantemento da fala e a súa polémica adscrición lingüística e fai unha completa caracterización fonética, morfosintáctica e léxica, para rematar cunha análise da situación sociolingüística e da urxente necesidade de codificación destas falas para o que propón unha solución “á galega”.

Non separa na monografía o estudo lingüístico dos temas sociais e legais, e tampouco escapa dos aspectos políticos, de feito, abre cun longo capítulo sobre o contexto lexislativo e político de todas as linguas minorizadas de España, onde se atende á situación do galego, do vasco e do catalán nos seus diversos territorios “e tamén a situación doutras linguas españolas que moita xente ignora a súa existencia, como ocorre co asturiano, aragonés, aranés, portugués, árabe e tamazig”, recalca o autor, que fai tamén referencia á lexislación lingüística ignorada, particularmente á Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias “e a súa importancia para a normalización do galego de Galicia, máis tamén para o galego estremeiro e do Val do Ellas”.

Novos proxectos en Sardeña e Brasil
Tras deixar atrás varios anos máis centrado en temas de xestión e política universitaria, Xosé Henrique Costas está xa inmerso de cheo en novos proxectos. Nesta nova singradura, entre outros destinos, a tarefa investigadora lévaoo a Sardeña, onde colabora con diferentes movementos, asociacións e editoriais que fomentan a lingua xarda, e tamén a Brasil, onde coopera cun equipo de investigación que traballa en dialectoloxía brasileira. “Pero isto non significa que deixe atrás ao Val de Ellas, para nada”, subliña Costas, ao tempo que explica o seu labor como asesor do goberno estremeño “en todo o relacionado coa lingua do Val do Ellas” na creación do chamado Parque Cultural da Sierra de Gata.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 08-12-2013 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Ingresan corenta e cinco novos irmandiños na Irmandade da Sanidade Galega
Comprometéronse a defender e usar o idioma galego na vida cotiá e no exercicio profesional // No acto rendiuse homenaxe á figura do reumatólogo coruñés Fausto Galdo, falecido hai agora un ano

EL CORREO GALLEGO - A CORUÑA. PV | 06.12.2013


O pasado 30 de novembro celebrouse a III Asemblea Xeral da Irmandade da Sanidade Galega, nos locais da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, na Coruña.

No transcurso do acto, que contou coa asistencia de numeroso público, incorporáronse a esta institución corenta e cinco novos irmandiños, que se comprometeron a defender e usar o idioma galego na vida cotiá e no exercicio profesional. Os reponsables de ISAGA entregáronlle un documento ao Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Félix Rubial, presente no acto, no que solicitan o seu apoio para promover o uso do galego nos centros sanitarios. Reclaman, entre outras cuestións:

-Garantir que o idioma galego figure en toda a sinalización interna e externa dos Centros Sanitarios, incluíndo a cartelería e os paneis informativos.

-Garantir que a documentación escrita elaborada nos Centros Sanitarios para usos internos e externos (circulares, notas interiores, folletos, follas de instrucións, formularios, etc.), sexa redactada integramente en galego.

-Garantir que nos servizos de recepción e de atención ao usuario de todos os centros sanitarios de Galicia, o saúdo e o primeiro contacto cos usuarios (telefónico ou de presenza física) se faga sempre en idioma galego.

-Garantir que o galego sexa a lingua inicial e preferente nos soportes informáticos e nos programas utilizados nos centros sanitarios e administrativos do Sergas.

-Garantir que os directivos do Sergas utilicen a cotío o galego no desempeño do seu labor e nas comparecencias públicas.

-Procurar que as empresas suministradoras de material sanitario e non sanitario do Sergas etiqueten os seus produtos en galego.

-Crear un premio anual en cada un dos hospitais de Galicia para distinguir aos profesionais que destaquen polo uso do galego, incluíndos aos centro de atención primaria da súa área ade influencia.

-Impulsar a utilización do galego nos centros de formación de profesionais sanitarios (Medicina, Enfermaría, Fisioterapia, Farmacia, Veterinaria etc).

Neste acto rendiuse homenaxe á figura do reumatólogo coruñés, Fausto Galdo, falecido hai agora un ano, polo seu compromiso coa cultura galego e coa lingua. Estivo presente no acto a viúva do doutor, Fernanda Rolón, acompañada polos seus fillos. Escoitaron con emoción as emotivas semblanzas do homenaxeado, pronunciadas polos doutores Francisco Cerviño e Ánxel Vázquez de la Cruz (compañeiros e amigos de Fausto Galdo), que destacaron o seu compromiso galeguista e relataron vivencias común dos seus tempos de formación e dos inicios no exercicio profesional.

Na parte final da Asemblea actuou a Coral Saúde, integrada por traballadores do Hospital da Coruña, que interpretaron varias pezas galegas e remataron o acto co himno galego.

Na presidencia deste acto estiveron:

-O Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela.

-O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García.

-O Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Félix Rubial.

-O Presidente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, Xoaquín Monteagudo.

-O Secretario Xeral da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, Francisco Martelo.

-O Coordinador Xeral de ISAGA, Pablo Vaamonde.

-Josefina Quintáns, representante de ISAGA.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-12-2013 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal