Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Xabier P. DoCampo: A dous que debaten sobre a lingua
Xornal.com


Meus benqueridos irmaos: Morto Abel sen descendencia, todos somos fillos de Caín (Barón Rojo, dixit), así que, tarde ou cedo, estamos destinados a nos lear. O demo, cando non ten que facer, sacha os nabos antes nacer, pero non é o caso, porque nós temos moito que facer.

Diríxome a uns e outros porque ambos sodes dos meus, así que non me vou poñer en posturas de aséptico ecleticismo senón no cerne mesmo do compromiso: a situación actual da lingua galega e as necesidades do seu futuro e da súa supervivencia. E non porque no debate no que andades non teña eu unha opinión propia, senón porque, dado que agora pouco ou nada achegaría á causa maior, prefiro gardala e deixala para outro momento máis aquelado.

Porque, cal é a causa maior do asunto? Pregunta ben doada de responder: definir as aspiracións que temos para a lingua galega e deseñar as estratexias, tácticas e accións a poñer en marcha para acadar esas aspiracións. E facelo pensando nos nosos fillos, non en nós, como facían os nosos avós cando plantaban un carballo ou un castiñeiro.

Aspiramos a unha sociedade galega de individuos, como mínimo, plenamente bilingües nas dúas linguas oficiais. O dunha sociedade bilingüe (sen adxectivos!) só se concibe coma a formada por individuos bilingües (aquí si con adxectivo) coordinados. Isto só se pode conseguir cun sistema educativo que garanta a plena competencia en ambas linguas, o que só é posíbel mediante a inmersión lingüística en galego. Algo que até defende o director da RAE, e non o nega nin a recente sentenza do Supremo sobre a lingua vehicular en Cataluña.

Queremos unha Galicia na que a lingua propia sexa a hexemónica e preferente en todos os ámbitos da vida, isto sen perda nin debilitación dos dereitos individuais de todos os galegos e galegas. Queremos que sexa a lingua da administración e que se incremente moito o seu uso no comercio, na xudicatura, no notariado, na prensa oral e escrita, na banca, na igrexa... E isto faise, é certo, con estratexias de suxestión, convencemento e sedución, pero amparadas por leis e normas previas que lles dean respaldo.

E todo simplemente porque estamos en Galicia e, ben certo é que galegos somos todos, falemos o que falemos, temos unha lingua propia que debe ser a primeira e a preferente desde o punto de vista administrativo, legal e representativo.

O tempo non é de liortas nin de definicións teóricas nin de teoloxías sociolingüísiticas, senón de labrar e sementar. É tempo de esixir que se cumpra a LNL (ameazada seriamente polo partido do goberno) e o PXNLG (que no ánimo de derrubalo xa se escoitaran voces que certos argumentos actuais fan lembrar). É tempo de seguir o exemplo do profesorado que segue a dar as súas clases en galego por enriba de prohibicións e de comenencias persoais, e de tantos galegos e galegas que seguen a loitar pola nosa lingua.

Perdoádeme o uso do dedo indicador, pero estades ollando para o lado equivocado. Virémonos e poñamos os nosos ollos nos de enfronte: os negacionistas, os inimigos do galego, os que procuran a súa desaparición. A eles é aos que lles temos que facer saber que só nós somos bilingües, que eles menten cando falan de bilingüismo, de equilibrio, de harmonía, de cordialidade... Que se arrogan o dereito de facer desaparecer a capacidade de decisión dos seus fillos ao negarlles a aprendizaxe da lingua galega... Tanto ten se son podengos os galgos, son cans.

Deixemos os asuntos que temos que dirimir entre nós (que os temos, coma todos) para outros momentos e para outros foros e non metamos o común no debate partidario ou persoal.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 29-12-2010 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Leaotheblogger: Deixei meu sapatinho na janela do quintal
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 25-12-2010 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
John Lennon: Então é Natal!
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 25-12-2010 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Blecua (novo director da Real Academia Española): "Só a inmersión pode salvar da presión do castelán"
O novo director da Academia Española defende a normalización lingüística e a oficialización dos topónimos nos usos vernáculos.

GALICIA HOXE - EFE


O novo director da Real Academia Española (RAE), José Manuel Blecua, leva 50 anos vivindo en Cataluña e nunca tivo "o máis mínimo problema" co bilingüismo, pero é consciente de que a situación do catalán "é moi débil, porque o castelán é unha lingua dunha potencia tremenda".

"O catalán ten que sobrevivir. Non se trata de vivir, senón de sobrevivir e a inmersión lingüística é das poucas cousas que lle permite facelo", asegura Blecua para falar dos seus proxectos á fronte da Academia, pero tamén desa realidade lingüística de Cataluña, que el coñece á perfección.

Blecua puido comprobar nestes anos que "o catalán e o español conviven sen dificultade en Cataluña". E dío quen foi "o representante da lingua española na universidade" de Barcelona desde 1968. Este experto en Fonética e Fonoloxía cre que o modelo de inmersión lingüística nas escolas que se aplica en Cataluña é necesario. Porque, ademais de "a potencia do castelán", Cataluña é unha sociedade onde, debido á inmigración, "hai máis de vinte linguas distintas" nos colexios. E hai localidades onde "os inmigrantes superan a poboación catalá"·

"O catalán ten que sobrevivir. Desgraciadamente, un pasea polas rúas e ve un xornal en catalán e decenas en castelán. Entra un en Internet e pasa o mesmo: hai máis de mil xornais en español", comenta Blecua. É dicir, "a presión é moi grande" e, xa que logo, "é necesario protexer o catalán, sobre todo na normalización lingüística". "O único xeito de integrarse en Cataluña é falar o catalán", asegura.

A Blecua tamén lle parece ben que os lexisladores declaren oficiais os topónimos de cidades como Lleida, Xirona ou A Coruña. "Non hai problemas; son denominacións oficiais", sinala este filólogo, quen recorda que os termos "Girona e Gerona conviviron no catalán no XVI e ao final triunfou o primeiro" "É lóxico que os falantes de linguas distintas ó castelán sintan que están menosprezados os seus topónimos" e queiran que os protexan, afirma o director, para quen o vivir "nunha rexión bilingüe ou trilingüe" axuda a comprender estes fenómenos.

Blecua subliña, ao mesmo tempo, que "a identidade do falante coa lingua é o máis propio que o une co mundo, e iso non llo podes quitar a ninguén". "Todos os hispanofalantes estamos namorados da nosa lingua, e temos que entender que un catalán, un galego ou un vasco tamén o estean da súa. Esas linguas permiten rezar, namorarse e escribir", indica.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-12-2010 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Panxoliñas VII
Podedes descargar algunhas panxoliñas en mp3 nas seguintes ligazóns:

Aló a media noite

Berrogüeto

Chouteira

Con un sombreiro de palla

Arrorró meu neno

Na Lúa

Vinde ver o neno
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 19-12-2010 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Panxoliñas V: En Belén
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 19-12-2010 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Panxoliñas IV: Imos a Belén
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 19-12-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Panxoliñas III: Vinde ver o neno
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 19-12-2010 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Panxoliñas II: A Belén vinde pastores
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 19-12-2010 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Panxoliñas I: Buscando unha estrela
Buscando unha estrela pertence ao disco O Quiquiriquí: Cancións para o Nadal. Este disco foi producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e os Estudios Casa de Tolos e coeditado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e PAI-Música (www.pai-musica.com). Podedes ver máis en www.oquiquiriqui.com

Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 19-12-2010 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal