Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A lectoescrita en galego pode ser a clave para recuperarmos falantes
PRIMEIRAS REACCIÓNS AO BORRADOR DO DECRETO
A lectoescrita en galego pode ser a clave para recuperarmos falantes



[Vieiros 15/12/2006 14:33]

Todo parece anunciar o verdadeiro cambio no ensino que se agardaba dende había ben tempo. A Consellería de Educación propón entre o 56 e o 68% das materias obrigatorias en galego, e, aínda que o borrador do decreto ten que ser sometido a debate, moitos colectivos xa valoran positivamente a iniciativa. O feito de comteplar a posibilidade de aprender a ler e escribir en galego xa carrexa un gran cambio. O galego como a lingua inicial da alfabetización pode ser a chave para evitar a perda de falantes. Outro dos grandes retos está na necesidade de formular medidas para materializar a lei.



A nova foi ben acollida por varios colectivos en defensa da lingua. Adolfo Muíños, do colectivo Nais e Pais polo Ensino en Galego, valora moi positivamente esta proposta, aínda que "dende a prudencia: é iniciar un camiño que foi o que nós sempre apoiamos, a modificación do Decreto para que o ensino sexa o vehículo da galeguización. Pero aínda te que pasar pola peneira parlamentaria, e debemos agardar a coñecer máis datos." Anxo Louzao amosa tamén a súa satisfacción, aínda que advirte da necesidade de avanzar aos poucos cara obxectivos meirandes: "a loita por un decreto para o ensino foi unha batalla permanente para a CIG- Ensino dende o seu nacemento. O novo decreto ten que ir cara ao galego como idioma vehicular do ensino, aínda que sabemos que é necesario ir avanzando a chanzos, temporalizar o obxectivo. Sería un avance importante achegármonos ao 70%".

Carlos Callón, dende a Mesa, apela tamén á prudencia: "vai camiñando na liña do consenso asentado co Plan de Normalización Ligüística. Aínda que non deixa de sorprendernos a postura negativa do PP, e o feito de que se recoñezan dereitos lingüísticos que despois non se deixan desenvolver. Pero a iniciativa que se está a desenvolver é coherente coa Carta Europea de Linguas Minorizadas, falando xa de lexislación internacional. O PP ten que ser consciente disto". Tamén Louzao chama a atención sobre a necesidade de cumplir a lei: "o dereito está da nosa parte, se contemplamos os acordos sobre linguas minorizadas e o dereito do alumnado a ser escolarizado na súa lingua".

Alfabetizarse en galego
Un aspecto do borrador que dá azos para pensar na recuperación de falantes é a posibilidade de que a lectoescrita se desenvolva en galego. "Isto é unha garantía, en primeiro lugar, para os pais e nais que levan anos loitando polo seu dereito de educaren aos seus fillos na súa lingua", conta Adolfo Muíños. O colectivo NPEG naceu con esa vocación. "E, en segundo lugar, garantiría tamén que se comece a invertir esa pirámide da transmisión xeracional: até o de agora entraban máis galegofalantes dos que saían na escola, e o galego era a lingua dos tramos de idade máis avanzados. Agora, pode recuperarse". O feito de os cativos aprenderen a ler e a escribir en galego daríalle outro estatus á lingua, fóra do carácter subalterno que ten, na práctica, a nivel curricular. Tamén Callón celebra a nova: "A lectoescrita en galego é unha moi boa noticia: igual que noutros tramos educativos, o estipulado por lei é que o alumnado saia coa mesma competencia en galego ca en castelán, e vemos que non é así, senón que realmente, as destrezas están moito máis desenvoltas en castelán. E ademais, no resto dos eidos (administración, medios de comunicación) están arrodeados polo castelán."

Necesidade de recursos
Pero desenvolver estas medidas precisan duha serie de recursos. Anxo Louzao observa tres vías de acción: "formación do profesorado, controlada a través do acceso ao corpo docente e coidando a formación de quen xa forma parte del, atendendo sobre todo ao coñecemento sobre sociolingüística; a dotación de recursos para os equipos de normalización lingüística, sobre todo en canto a dinamización e a dereitos dos equipos; e a actuación da inspección, que ten que ter unha función proclive á normalización, vixiar que realmente se cumpra a normativa".

Para Adolfo Muíños, cómpre unha interacción entre varios axentes, como a TVG, a Consellaría de Industria, a Secretaría Xeral de Comunicación... "que vaiamos da man no mesmo camiño. A educación non formal, os recursos e materiais didácticos precisan tamén da presenza natural do galego". Material audiovisual, musical, aspectos relacionados coa dinamización... É necesario, como indica Louzao "que as medidas se implementen, se materialicen, e non quede simplemente escrito e publicado no DOG".
A APRENDIZAXE DA LECTOESCRITA SERÍA INTEGRAMENTE NO NOSO IDIOMA
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 18-12-2006 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Informe resumo sobre os percursos falados no Belelle
INFORME-RESUMO DO TEST DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO PARTICIPANTE


1º- Valoración crítica xeral da actividade.
? Bo paseo por un dos lugares máis fermosos da comarca.
? Aprendemos cousas descoñecidas e novas para nós, así como a respectar a natureza.
? Estupenda, entretida, moi divertida.
? Compañeiros/as xeitosos/as e o profesorado tamén.
2º- Aspectos máis positivos da excursión.
? A beleza do percorrido e o bo coñecemento do camiño.
? Boas a organización e as explicacións do guieiro.
? Pasar uns bos momentos cos amigos e visitar un sitio fermoso.
? Coñecer novas amizades.
3º- Aspectos máis negativos da excursión.
? Algo curta, debería durar todo o día.
? Ritmo moi apurado.
? Pouco tempo para comer a parva.
? Suor e canseira na suba.
? Ter que madrugar.
? A condutora do autobús circulou nalgún momento a 90 km/h en tramos con límite de 40 km/h.
? Pouco tempo para observar a fauna e a flora polo ritmo acelerado da marcha.
? Non todos/as os/as compañeiros/as falaron galego todo o tempo.
4º- Compromiso de expresarse en galego. Porcentaxe aproximada de cumprimento.
? Media recoñecida: 77%.
? Ás veces sáeme o castelán porque non estou acostumado a falar galego con todo o mundo.
? Se me falan en español contesto en español.
5º- Utilidade desta excursión para poder usar con normalidade o galego nas relacións cos teus compañeiros e compañeiras.
? Ao falar galego nestas excursións colles maior soltura e anima a empregala noutros ámbitos.
? Se queremos podemos falar galego entre nós e non en español como facemos no instituto.
? Se escoitas falar galego no teu ambiente acabas falándoo con máis fluidez.
? Aprendes a falalo mellor e a cotío.
? Moi útil, agora usareina máis.
? Nunca estivera falando galego unha mañá enteira.
? Saber que tamén nos podemos relacionar falando galego.
? Para familiarizarte co galego e coller hábito de falalo.
? Que falar galego non ten nada de malo.
? É útil para falar en galego cos que viñeron de excursión, pois colles confianza, aínda que co resto dos compañeiros da aula sigas falando en castelán porque é no que falan eles.
? Eu falo galego cos que me falan galego e castelán cos que me falan en castelán.
6º- Participarías noutra experiencia semellante? Suxestións para mellorala.
? Todos os percursistas móstranse dispostos a repetir unha experiencia semellante.
? A maioría suxire unha duración maior da saída, como mínimo un día enteiro de excursión.
7º- Valoración global da actividade asignándolle unha nota numérica de 1 a 10.
- A nota media sobre 10 puntos é de 8,47.


Ferrol, decembro de 2006
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-12-2006 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0