Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Conferencia sobre Celso Emilio Ferreiro



Data: martes, 18 de decembro ás 20:00 horas.

Lugar: Conservatorio de Música de Ferrol.

A cargo de: Ramón Nicolás.

Se podedes dádelle a maior difusión posible e animádevos a vir.

Este escritor acaba de sacar un libro titulado Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, creo que vai estar moi interesante. Mil gracias e saúdos a todos!!
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-11-2012 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Máis unha sentenza contra a política lingüística do PP
Sermos Galiza

O Tribunal superior de xustiza de Galiza estima en parte o recurso presentado pola Real Academia Galega contra o decreto do plurilingüismo e resolve que a consulta vinculante ás familias e a potestade do alumnado para se expresar nas aulas na lingua da súa preferencia son disposicións ''contrarias a dereito''


O Tribunal superior de xustiza de Galiza --TSXG-- vén de facer pública unha nova resolución en que tamén bota abaixo os dous alicerces do decreto do plurilingüismo en que o PP materializaba a súa política lingüística.

Nunha sentenza semellante á ditada en relación aos recursos presentados por A Mesa, Queremos Galego e CIG-Ensino, a máxima instancia xudicial do País entende que a consulta vinculante ás familias para que escollan a lingua materna en Infantil --artigo 5.2-- é "contraria a dereito", ao igual que o apartado terceiro do artigo 12 da norma 79/2010, en que se sinalaba que o alumnado tiña liberdade para se expresar nas aulas no idioma da súa preferencia.

Así as cousas, o Superior galego anulou as disposición sinaladas ao entender que "a Administración debe exercer a súa competencia e fixar a lingua predominante", ao tempo que devolve ao tellado da Xunta a pelota da lingua que o estudantado empregará nas aulas, ao subliñar que debe ser determinada polo Goberno nacional.

Di o Tribunal que a participación das familias debe garantirse a través dos centros educativos, mais que as súas consideracións non poden ter un carácter vinculante. Ao respecto, recalca que "non cabe dúbida" de que a consellaría de Educación "abandonou a potestade de ordenación xeral do ensino" no momento en que o decreto entrou en vigor, ao determinar "decisivo" o resultado dunha pregunta que se lle fai ás nais e aos pais sobre a lingua en que queren que as crianzas sexan educadas na etapa de Infantil, até os seis anos. Lembra ademais que a Constitución española só lle recoñece posibilidade de escolla @s proxenitor@s con carácter vinculante nos supostos "de formación relixiosa e moral".

Respecto do artigo 12.3, sinala a sentenza que "é ilegal desde o momento en que, segundo a LNL e a doutrina do Tribunal Constitucional, a lingua galega será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino non universitario".

Cómpre lembrar que tal disposición situaba o galego nunha postura menos favorábel non só que o español senón tamén que a lingua estranxeira, nomeadamente inglés, ao sinalar que o alumnado escollería a lingua da súa preferencia en que se expresar na aula agás nas materias de Lingua e Literatura galega e española, e na lingua estranxeira. Acrecenta o TSXG que tal artigo "non facilita a adquisición da destreza esixida ao alumno na lingua propia" na medida en que permite que non a fale nin a escriba.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-11-2012 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Novo pau á política lingüística de Feijóo ao estimar en parte o TSXG o recurso da RAG
Redacción | @prazapublica


Outro pau á política lingüística da Xunta. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de aceptar tamén parcialmente o recurso interposto pola Real Academia Galega (RAG) contra o decreto do plurilingüismo, anulando dous dos seus artigos, nunha sentenza semellante á que emitiu a pasada semana tras as denuncias da Mesa, Queremos Galego e CIG-Ensino.

O TSXG declara ilegais os mesmos dous artigos que declarou na sentenza de hai unha semana

O TSXG estimou en parte o recurso e decide anular os artigos 5.2 e 12.3 por ser "contrarios a dereito", ao igual que fixera hai unha semana na sentenza anterior. Xa que logo, declara ilegal o artigo 5.2, que establece que a lingua materna predominante do alumnado será determinada polo centro educativo de acordo co resultado dunha pregunta que se efectuará aos pais. Polo tanto, elimina a polémica consulta ás familias.

"Non cabe dúbida de que devandito abandono da potestade de ordenación xeral do ensino ten lugar cando se establece que o profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, reputando decisivo para determinala o resultado dunha pregunta que se lles efectuará aos pais, nais, titores ou representantes legais dos alumnos antes do comezo do curso sobre a lingua materna da súa filla ou filla", sinala a sentenza textualmente.

Deste xeito, cita o artigo 118 da O 2/2006 para situar a sede da corresponsabilidade das familias na educación dos seus fillos "nos centros educativos", garantindo a súa intervención nos seus órganos de goberno mediante a participación. "Mais isto non pode dar pé a que a consulta aos familiares dos alumnos determine, con carácter vinculante, a lingua que se empregará na aula". Ademais, lembra que o artigo 27.3 da Constitución só recoñece unha esfera de elección dos pais "en caso da formación relixiosa e moral".

"O decreto impugnado non dispón de apoio legal nin posúe rango suficiente para a atribución do protagonismo vinculante aos familiares á hora de determinar a lingua que se debe empregar na aula na etapa de educación infantil", engade.

Por outra banda, o artigo 12.3 do decreto, outro dos declarados ilegais, establece que "en todas as áreas, materias ou módulos" o alumnado "poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia", aínda que se buscará que "utilice a lingua" na que se imparte a materia.

O TSXG reitera, neste punto, consideracións similares á sentenza emitida sobre os recursos da Mesa e da CIG. "Desde o momento en que, segundo a LNL e a doutrina do Tribunal Constitucional, a lingua galega será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino non universitario, o mencionado artigo 12.3 é ilegal", sinala, xa que deixa liberdade ao alumno a utilizar unha lingua diferente á que se imparta na materia.

Así mesmo, e aínda que o texto engade que se buscará a coincidencia entre a lingua de uso do alumno e a da materia ou módulo, esta afirmación "nada garante de cara a que finalmente se logre, porque aquela expresión non é imperativa, senón meramente indicativa ou de tendencia". "O que se traduce na incoherencia interna do precepto".

Por outra banda, tanto a doutrina do Tribunal Supremo como ao do TC móstranse "contrarias" a que a lingua do ensino estea condicionada pola liberdade de opción dos interesados, polo que "non resulta lóxico que se outorgue dita liberdade ao alumnado".

Outro argumento que conduce á "ilegalidade" do artigo é que "resulta contrario ao fomento do uso progresivo do galego no ensino que, como mandato imperativo, contense no artigo 12.3 da LNL". "Non facilita a adquisición da destreza esixida ao alumno na lingua propia desta comunidade autónoma desde o momento en que se lle permite que non fale ou escriba na lingua galega cando é esta a o propia da área, materia ou módulo".

No entanto, o TSXG rexeita recurso, ademais, sobre o resto de preceptos impugnados. Entre eles, o artigo 15 ou a disposición transitoria primeira do cambio de denominación dos equipos de normalización lingüística por equipos de dinamización lingüística. Neste aspecto, o tribunal considera que a cuestión terminolóxica 'per se' non demostra unha vontade reticente de non acatar as obrigacións da Lei de Normalización Lingüística.

Noutro deles, a RAG entende que a asignación lingüística ao castelán da materia de Matemáticas "prexudica o galego" e quedaría relegado a outras materias menos "relevantes", e asegurando que vulnera tanto a LNL como o Plan Xeral de Normalización. O TSXG opina, no entanto, que, "a pesar de que se comprende que se cite o Plan de 2004, a Sala non pode acoller o valor normativo que se lle pretende outorgar", dado que "non chegou a atopar plasmación concreta nunha norma con rango de lei".

Á súa vez, cita sentenzas do Tribunal Constitucional e do Supremo nas que non se deduce a esixencia do aumento da intensidade na asignación lingüística da lingua propia da comunidade autónoma como medida derivada da súa normalización".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-11-2012 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
El Tribunal Superior estima también parte del recurso de la Real Academia Galega contra el decreto de la lengua.
La Voz de Galicia

Anula la consulta vinculante en infantil a los padres y la libertad del alumno para hablar en la lengua oficial que prefiera.

E. ÁLVAREZ - Santiago 29 de noviembre de 2012


El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ha hecho pública una nueva sentencia contra el decreto del plurilingüismo en la enseñanza y el fallo es similar a los tres ya conocidos. El TSXG estima parte del recurso, al anular la consulta vinculante que la Xunta realiza a los padres en la etapa de infantil para determinar la lengua predominante en el aula, así como la libertad de los alumnos a expresarse por oral y escrito en el idioma cooficial que prefieran. Insiste la sentencia que dejar en manos de los padres la elección de la lengua vulnera la configuración del derecho fundamental a la educación, mientras que el hecho de que el estudiante use el idioma que prefiera contradice también la Lei de Normalización que establece que el gallego es la lengua vehicular con carcácter general en la enseñanza.

El Tribunal desestima el recurso en otras demandas de la Real Academia, como el hecho de que no se haya tenido en cuenta el informe de la institución para elaborar la norma, ya que sostiene que no es suficiente que una de sus atribuciones sea el asesoramiento y consulta, sino que debería constar «o carácter preceptivo de dictame».

Educación ya aseguró respecto a los tres primeros fallos que la consulta a los padres se hará, aunque no sea vinculante. En lo que se refiere a la alegación de la RAG, la Consellería destaca que la sentencia determina que «non se viu conculcado o dereito da RAG a participar no procedemento» ya que fue invitado mediante una carta del presidente de la Xunta.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-11-2012 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Prepotencia contra o idioma
galiciaconfidencial

A semana pasada deixounos unha importante novidade relacionada co ensino da nosa fala: a sentencia do tribunal superior de Galicia na que desmonta a base do decreto contra o galego aprobado polo goberno de Feijoo. Importante sentencia que, pon ao descuberto que, quen goberna a Xunta, actuou, e pensa seguilo facendo, verbas do conselleiro do ramo, dunha maneira fraudulenta, partidaria e prepotente.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 29/11/2012


Os gobernos deben ser exemplo e garantes da legalidade que emana das leis e dos tribunais de xustiza. Pero, a realidade, non é así. E como é moi visible, deseguida pon ao descuberto que, nesta terra, a arrogancia e a mentira son as escusas para afirmar que, non se modificará nada do mencionado decreto. Ou sexa: non se vai a corrixir ren. Que ven a ser o mesmo que dicir: nós imos seguir facendo o que nos da a gaña, pois as eleccións revalidáronnos no poder e a nosa folla de ruta quedou aprobada polas urnas. Claro, neste caso, fálase de promesas que se queren cumprir, aínda que hai moitas máis e moi importantes que se incumpriron e incumpren día a día.

A verdade é que neste noroeste peninsular, dende que goberna Feijoo, a legalidade é conculcada de maneira continuada e segundo a comenencia do momento, polos que din traballar polos intereses xerais desta terra; polos que din defender a nosa cultura símbolo de identidade a cal ten o seu legado máis importante no idioma. Idioma que está esmorecendo coa aquiescencia destes fariseos que din defender a lingua e logo fan todo o contrario e pretenden que morra nas lareiras ao igual que morren as nosas aldeas e pobos.

Supoño que moitos lectores lembrarán o que aconteceu co concurso eólico, que puxo en marcha o bipartito e que os conservadores chimparon abaixo co pretexto de que non era legal.
Logo o tribunal superior de Galicia, a instancias das empresas que gañaron o concurso, fallou que se axustaba a dereito e que era completamente legal. Agora, o goberno dos recortes sociais contra os máis débiles, terá que asumir os gastos derivados das compensacións ás empresas privadas da concesión que gañaran, e todo por darlle acubillo a intereses escuros descoñecidos para a grande maioría dos galegos. Pero isto que ven sendo habitual nun goberno que conculca a legalidade, volve acontecer de novo co decreto do galego. E o señor Feijoo e o conselleiro do ramo esquecen que intencionadamente en Galicia, co galego non había ningún problema. Había un consenso de todas as forzas políticas. O problema único foron vostedes que animaron a pequenos sectores ultras para que fixeran ruído e así xustificar a fobia que parte de vostedes teñen contra un legado herdado dos nosos maiores.

En fin, si a lei está para ser cumprida, entendo que o goberno da Xunta terá que modificar un decreto que lle da unhas atribucións aos pais onde non as teñen. Terá que cambiar a un conselleiro que minte ao valorar a sentenza e que é un perigo para a normalización do noso idioma. E buscar de novo o consenso pois, o idioma, non é patrimonio exclusivo dos populares. É un patrimonio da sociedade. E debera estar por riba dos intereses partidarios e das contendas electorais do momento.

Manuel H. Iglesias
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 29-11-2012 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
"O decreto do plurilingüismo non crea problema ningún nas aulas"
Redacción | @prazapublica


"É un decreto que non crea problema ningún na comunidade educativa. Non hobo reclamación ningunha que tivese que ver coa aplicación práctica do decreto do plurlingüismo". Así de contundente se amosou este mércores Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, que analizou na Radio Galega a setenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula dous artigos básicos da polémica norma.

"Non temos ningún tipo de conflito lingüístico dentro das aulas, hai harmonía; outra cousa é que haxa axustes que facer", engadiu García, que insistiu en enviar unha mensaxe de "calma e cautela" logo de que o TSXG botase abaixo o cerne da política lingüística do Goberno de Núñez Feijóo ao anular a consulta do idioma vehicular en Infantil aos pais, así como a posibilidade de que os rapaces poidan empregar a lingua que queiran nas materias impartidas en galego. "Faltan cinco recursos por resolver e non está decidido o que se vai facer; analizaremos todas as sentenzas e escoitaremos os servizos xurídicos da Xunta para, a partir de aí, buscar unha vía satisfactoria que garanta o coñecemento do galego en todos os niveis do sistema educativo", asegurou o secretario xeral, que recoñeceu a posibilidade de que o Executivo se vexa obrigado a realizar cambios no decreto, que non será derrogado. "Atoparemos ese punto común que sexa o ben común para todos", insistiu.

En canto á consulta lingüística ás familias, anulada pola Xustiza, Valentín García advirte que "todos os decretos contemplan a posibilidade de facer esta pregunta". "Non é que non se poida facer a consulta, de feito temos que facela porque queremos coñecer a opinión dos pais; o que di a sentenza é que o seu resultado non pode ser vinculante", engadiu, logo de aclarar que a sentenza "reforza un dos principios inspiradores do decreto, que é o principio de equilibrio entre galego e castelán". "Tamén se reforza a introdución do plurilingüismo e ambos os dous principios foron avalados como perfectamente legais pola sentenza", dixo García, que seguiu ao pé da letra o argumentario común do PP e da Xunta.

Onde si saíu un pouco do guión o secretario xeral foi foi ao aclarar que a Política Lingüística "ten que aplicarse de xeito horizontal e en todos os ámbitos". "Hai que atender á industria, ao comercio, ás novas tecnoloxías... Tes que atender a calquera punto da sociedade", asegurou, coincidindo coa reclamación que vén de facer a CTNL, que reclama que a Secretaría Xeral sexa "transversal" e non dependa unicamente da Consellería de Cultura e Educación.

Ademais, García recoñeceu que "a lingua é unha materia delicada" porque "é un ben común e calquera cambio ou calquera cuestión que afecte ao sistema educativo son moi sensiblespublica
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-11-2012 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
X. Manuel Pazo: LINGUA E DEREITOS
Diario de Ferrol

O Pinguelo

MARTES, 27 DE NOVIEMBRE DE 2012


A anulación dos artigos 5.2 e 12.3 polo TSXG de Galiza supón outra victoria, agora no terreo xudicial, das organizacións que recorreron o Decreto de plurilingüismo e a derrota da política de apartheid lingüístico do goberno Feijóo. A Xustiza expresa que é responsabilidade do goberno ordenar e planificar a educación. E que a política lingüística debe ter como base a Lei de Normalización. Xa que logo o apelo á liberdade de pais e alumnos nesta cuestión non ten base xurídica.
Velaí un feito que un presidente non pode obviar e que obriga ao sr. Feijóo a dar pasos que indiquen que realizou unha lectura correcta da setenza. Eís a remuda do conselleiro de Educación, a derrogación do decreto 79/2010 e o restablecemento do Plan Xeral de Normalización. En definitiva, regresarmos ao acordo unánime do 2004 sería a mellor noticia para a nosa lingua. Alén diso, confrontación e fracaso colectivo.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 27-11-2012 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Los padres defienden el fallo del TSXG sobre la consulta del idioma
La Voz de Galicia

Las AMPA privadas critican la rigidez de obligar al niño a usar una lengua

ELISA ÁLVAREZ - 26 de noviembre de 2012


«É un fallo absolutamente lóxico». Así de claro se expresaba el presidente de la Federación de APA de Santiago, Fernando Lacaci, sobre la sentencia del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación al decreto del plurilingüismo y a la anulación de la consulta vinculante a los padres para determinar la lengua a usar en el aula en infantil. La postura de las asociaciones de padres era ya conocida de cuando se tramitó la norma del PP, totalmente en contra por parte de los representantes de colegios públicos, y esencialmente a favor en el caso de la Confederación Gallega de AMPA de Centros Concertados (Congapa).

No obstante, desde esta entidad consideran que la sentencia no supone un traspié ni creen que suponga un varapalo para la consellería, ya que, «en la práctica no se va a notar nada». Para la Congapa lo importante es la participación de las familias y que se consulte a los padres, «y me parece lógico que lo fije la Administración», explica su presidente, Jorge Villarino, pero teniendo en cuenta a las familias. El pero que pone Villarino es la rigidez de obligar al alumno a expresarse en la lengua en la que se imparta la materia, aunque desde el punto de vista pedagógico o lingüístico sea más correcto.

Helena Gómez, presidenta de la Confederación de ANPA de Centros Públicos, asegura que se ha fallado en la dirección en la que reclamaba Confapa, y recuerda que el gallego debería ser la lengua vehicular en la enseñanza y usarse con rigor académico, fundamentalmente en zonas urbanas en donde «si no es la lengua vehicular, el gallego se pierde». Sobre la libertad que la Xunta esgrime que defendía el decreto al permitir que el alumno se exprese en la lengua oficial que prefiera, Lacaci apunta que «os nenos non se sinten estraños en ningunha lingua, todo o contrario, cantas máis aprendan de pequenos mellor». Tampoco cree que haya dificultades para estudiar una materia en gallego. «É máis traumático para o neno estudar Matemáticas que facelo en galego», dice.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 26-11-2012 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
A sentenza do TSXG, punto de inflexión ou de ruptura
Praza Pública

Editorial


A sentenza emitida este xoves polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a respecto dos recursos presentados pola Mesa, Queremos Galego e a CIG contra o Decreto do plurilingüismo supón un duro correctivo para as teses defendidas polo Partido Popular e unha vitoria histórica para os defensores da promoción, defensa e normalización do galego. Falamos de vitoria histórica, porque o é, mais tamén previsible, xa que a xurisprudencia estatal no asunto non deixaba dúbidas, o que resulta nun agravante da actuación impulsada polo PP e posta en práctica pola Xunta de Galicia na lexislatura que agora chega ao seu termo.

O Partido Popular de Galicia, e nomeadamente o Goberno da Xunta que ese partido detén e sostén, teñen moito o que explicar. E non só en cuestións de política lingüística, pois vale lembrar que o propio TSXG xa declarou a legalidade tanto do concurso eólico decretado polo bipartito como do sistema de acceso aos postos de traballo no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar promovido polo anterior Goberno galego. Ou sexa, os tribunais desmontaron, unha tras outra, as falacias sobre as cales o PP articulou a súa estratexia de retorno ao poder autonómico. E a pesar de que iso non invalida o bo resultado que lle proporcionou tanto en 2009 como nas recentes eleccións celebradas hai pouco máis de un mes, certamente contribúe a cuestionar a lexitimidade social dun goberno que xa saíu abalado pola perda de 130.000 votos e que só recuncou grazas a que a oposición sofreu un desgaste aínda maior.

A sentenza agora ditada polo TSXG anula o cerne mesmo da filosofía lingüística na cal o PP baseou o seu discurso e a súa acción política desde 2007, primeiro na oposición e logo no goberno. É que o ditame do máximo tribunal galego, en consonancia coa xurisprudencia emanada do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo, nega tanto a liberdade de elección das familias a respecto da lingua vehicular do ensino como a potestade dos estudantes para se expresaren na lingua da súa elección, sen aterse a consideracións pedagóxicas. En definitiva, o que o TSXG ditaminou é a absoluta falta de validez xurídica tanto do discurso da imposición do galego como do seu corolario, a saber: a receita dun ensino à la carte que premeditamente procuraba –e conseguiu– a exclusión da lingua galega do ensino infantil e das áreas científico-técnicas do ensino obrigatorio. De nada serve que a Consellería de Educación intente impoñer lecturas cuantitativas da sentenza, xa que non foi nunca ese o centro do debate.

No resto dos puntos recorridos polos demandantes, o TSXG adopta a única posición posible: declara tanto a legalidade das opcións defendidas pola Mesa, Queremos Galego e a CIG como das implantadas polo PP de xeito unilateral no Decreto do plurilingüismo. Por tanto, o feito de que o tribunal non considere ilegais eses preceptos de ningún xeito significa que os endose, senón que polo contrario fai unha recomendación de que a política lingüística no ensino responda a unha discriminación positiva do galego por ser a lingua propia e a que se encontra en inferioridade de condicións, mais non pode declarar a obrigatoriedade de que esa interpretación se traduza nunhas ou noutras porcentaxes e/ou na asignación a determinadas áreas curriculares, xa que non existe norma legal que obrigue a tanto.

En resumo, estamos ante unha sentenza que define as marxes do marco legal actual e indica, sen sombra de dúbidas, que o goberno de Feijoo as ultrapasou. Dentro deses límites, é plenamente legal tanto a implantación dun sistema de inmersión lingüística en galego –coa única condición de que o español tamén sexa considerado lingua vehicular– como a delimitación dun máximo para o ensino na lingua propia. A conclusión non pode ser máis evidente: o marco legal español é insuficiente en termos de defensa das linguas diferentes de español, mais ao tempo posúe potencialidades que estamos lonxe de explotar e que dependen unicamente da vontade social e política, expresada fundamentalmente a través das correspondentes maiorías parlamentarias.

A sentenza do TSXG deixou no ambiente unha xustificada sensación de vitoria, pois veu dar a razón aos milleiros de persoas que reiteramente se manifestaron contra este decreto e contra a política lingüística de Feijoo; á oposición política e social que se opuxo con insólita unanimidade aos plans de degradación do status xurídico do galego; ás institucións culturais, sindicais e educativas que recorreron ao TSXG; e aos informes internacionais que unha e outra vez –a última, hai só uns días– veñen esixindo unha maior promoción do galego no ensino e na Xustiza, de xeito prioritario. Mais ao tempo, tamén deixou unha pregunta pairando no aire: e agora, que?

A resposta dependerá fundamentalmente da actitude que tome o PP, como partido maioritario e sostén do Goberno galego.Os primeiros sinais enviados pola Xunta de Galicia indican un enrocamento do cal pouco de novo –e de bo– cabe agardar, mais haberá que ver se é esa a liña que finalmente se impón ou se se abre unha xanela para o diálogo. Unha volta ao consenso que inspirou a Lei de Normalización e o Plan Xeral de Normalización, como veñen reclamando os colectivos en defensa da lingua galega, sería un bo comezo e semella a alternativa máis razoable a curto prazo. Nin a oposición ao PP ten forza suficiente como para impor condicións inasumibles, nin ao PP lle debería interesar manter unha fronte de conflito que divide a súa propia base social e na que perdeu a iniciativa política tras a sentenza do TSXG.

Mais con todo, hai unha lección que non se debe pasar por alto: calquera consenso debe ser plasmado en normas legais vinculantes, pois a experiencia do Plan aprobado por unanimidade no ano 2004 en sede parlamentaria, aínda baixo o goberno Fraga, demostra que o papel terma do que lle boten e que, no final das contas, o decisivo é a vontade política de aplicalo –mesmo que sexa timidamente, como fixo o bipartito– ou de gardalo na gaveta e pasar por riba das súas recomendacións. Porque a outra alternativa é a ruptura de calquera posibilidade de diálogo, co conseguinte aprofundamento nunha perigosa fractura social que case ninguén defende. Xa existe un consenso: o formado polo Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, os sindicatos do ensino, os movementos de renovación pedagóxica, os partidos da oposición parlamentaria, as plataformas de defensa da lingua... Tócalle ao PP mover ficha, decidindo se se une a ese consenso ou se prefere insistir no seu isolamento.

Manter a consulta aos pais, aínda que a partir de agora sen carácter vinculante, semella unha pésima maneira de comezar a nova etapa que irremediablemente se abre a partir de hoxe mesmo. Lamentablemente, é moi posible que non todo se decida en clave galega: haberá que estar atentos aos resultados das eleccións catalás e aos seus consecuentes desdobramentos, que seguramente incidirán na liña que o PP defina a nivel estatal para o tratamento de todos os asuntos identitarios. Mentres tanto, corresponde á sociedade civil organizada expresar a súa vontade de que esta nova etapa responda a uns principios ben diferentes dos que foron impostos nos últimos anos polo PP e os seus brazos mediáticos e sociais.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 26-11-2012 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Sentenza do TSXG



Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 26-11-2012 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal