Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Na Lúa - Solidariedade cos traballadores de Astano.
Porque a mocidade da comarca ten de recuperar a memoria
Porque nós mesmos non debemos perder o fio da nosa historia

Porque sermos significa mirarmonos: cos acertos e cos desatinos.
Velaí tedes a Galiza. Nós.



Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 18-11-2007 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Os Resentidos - Solidariedade cos traballadores de Astano
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 18-11-2007 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Faktoría K lanza unha colección en galego con obras dos grandes autores universais
Cultura

[GZnación / Redacción / 13 Nov 07]


Faktoría K lanza unha nova colección de narrativa para adultos, baixo o lema 'Lecturas de altura', que inclúe obras de referentes universais traducidos por primeira vez ao galego co fin de "xerar un revulsivo e contribuír á normalización lingüística".

Esta é unha das propostas da editorial no seu segundo aniversario e nunha aposta por obras de autores como Boris Vian, Eric Emmanuel Schmitt, Vladimir Navokov e John Boyne, entre outros. Concretamente, David Gippini traduce ao galego 'Cuspirei sobre as vosas tumbas' de Boris Vian; e Emma Lázare encárgase de 'O señor Ibrahim e as flores do Corán' de Eric-Emmanuel Schmitt.

Segundo a propia editorial, a novela "máis polémica e provocadora" de Boris Vian, de "ritmo áxil, estilo directo e desafiante", súmase á obra de Schmitt, un relato "reconfortante" sobre a amizade, madurez e multiculturalismo.

A maiores, e antes de que finalice este ano, Faktoria K editará 'O neno do pixama a raias' de Jonh Boyne; e 'Lolita', de Vladimir Nabokov.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 18-11-2007 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
A CIG considera "escandaloso e intolerábel" que o galego non sexa eliminatorio para moitas categorías da CRTVG
[GZnación / Redacción / 15 Nov 07]



A CIG-Servizos manifestou o seu "rexeitamento rotundo" a que a proba de galego para acceder a maioría de categorías profesionais no proceso selectivo da vindeira Oferta de Emprego Público a CRTVG non sexa eliminatoria.

Esta medida que foi acordada pola dirección do ente e os sindicatos UGT, USO e CCOO na negociación do novo convenio colectivo da Compañía, incumpre o anuncio que fixera a Compañía de "ser máis rigorosa" á hora de levar adiante as próximas ofertas de emprego para conseguir que o seu persoal "acredite o seu pleno dominio oral e escrito da lingua galega".

Para a Federación de Servizos da CIG resulta "escandaloso e intolerábel que a dirección da CRTVG só contemple o carácter eliminatorio do galego para categorías como redactor, locutor ou documentalista e non aplique este baremo ao resto de postos".

Para a CIG, esta actitude "vén a perpetuar no tempo o gran déficit que arrastra o ente público no tocante á capacitación lingüística do seu persoal". E culpa de complicidade aos sindicatos UGT, USO e CCOO, que deron o seu beneplácito a esta medida.

O sindicato xulga esta situación como "grave", máxime cando estamos a falar dunha Oferta de Emprego Público de 220 prazas, cifra que representa o 40% de traballadores fixos do actual cadro de persoal da CRTVG.

Novas relacionadas

* O BNG avoga porque a Lei de CRTVG recolla un instrumento para paliar as deficiencias lingüísticas dos profesionais do ente.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 18-11-2007 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Ás escuras, de Ruxe-ruxe
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 14-11-2007 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Curiosidade: Nube de palabras
Cada semana, ao longo do domingo, o blogomillo fai reconto do que se escribiu en todos os seus blogues e calculan esta nube coas 200 palabras máis empregadas; a maior tamaño, maior número de veces que se empregou a palabra en cuestión. A nube é interactiva e se picas sobre ela amplíase, levando cada palabra a unha páxina na que se relacionan todos os blogs nos que aparece.


Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-11-2007 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
Resposta
En resposta a unha solicitude de información recibida, sobre o autor da letra dunha canción, consultado Manuel Rico Verea, do Gabinete de Normalización contéstanos o seguinte:

Vai de roda en roda,
vai de flor en flor
mira que ben baila
mira o meu amor
Darei media volta
darei si señor.


Creo que é a mesma canción que ten moitas variantes de letra. Esta recolleita por Dorohté Schubart e incluína en 4º ou 5º de primaria Deixa marca de Anaya.
Saúdos
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-11-2007 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Autorización para participar en excursión
Ferrol, 9 de novembro de 2007.
Como vde. sabe, o vindeiro sábado, día 17 de novembro, o seu fillo/a súa filla ten previsto participar nunha actividade de sendeirismo e inmersión lingüística organizada por esta Asociación:
PERCURSOS FALADOS é unha actividade que permite, a todos aqueles que gostemos de participar, coñecer e gozar da xeografía, da natureza e da paisaxe máis básica e esencial da nosa contorna comarcal, así como da do resto de Galiza, a través duns roteiros e camiñadas accesíbeis para todo o mundo.
Os/as participantes comprométense a usar a lingua propria de Galiza durante o percorrido.

PERCURSO FALADO POR CEDEIRA
SAN ANDRÉ DE TEIXIDO

Como queira que o seu fillo/filla e menor de idade, precisamos da súa autorización tanto para poder participar na actividade como para poder utilizar as fotografías ou vídeos nos que puidese aparecer a súa imaxe nas publicacións de carácter didáctico ou recordatorio que se puidesen derivar dela (taboleiros do colexio ou instituto, revista do centro, blog da asociación, etc). A tal fin, rogámoslle que imprima e nos faga chegar, asinada a parte baixa desta folla.

Un saúdo


Nome e Apelidos do pai/nai ou titor/a legal:

_____________________________________________________

Autorizo a meu fillo/miña filla

_____________________________________________________

a participar na actividade: Percursos Falados por Cedeira e San André de Teixido organizada por esa asociación e dou o meu permiso para que poidan utilizar o material gráfico no que apareza a súa imaxe sempre que o seu uso se limite ao carácter didáctico ou divulgativo da realización da actividade.





Sinatura

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-11-2007 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
CONVOCATORIA DE REUNIÓN 2 - 2007/08
DÍA: LUNS, 19 DE NOVEMBRO DE 2007
HORA: 19,00 HH.
LUGAR : IES CONCEPCIÓN ARENAL


ORDE DO DÍA


1/ Aprobación, se proceder, da acta da sesión anterior.

2.- Selección de textos para o Certame de Poesía e Imaxe En galego, sen filtro.

3/ Rolda de intervencións.

Ferrol a 09 de novembro 2007.


A Secretaria
Isabel Fachal Freire
Comentarios (0) - Categoría: Convocatorias - Publicado o 12-11-2007 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
10M +
Un título en clave para recordar que o noso blog xa superou as 10.000 visitas. Non está mal ... pero hai que mellorar.

Saúdos dende alá arriba.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-11-2007 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal