Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Faltriqueira - As sete mulheres do minho
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 23-11-2007 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso-exposición para as letras galegas
Desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística enviouse aos centros educativos por email información referente á nova convocatoria do concurso-exposición para as letras galegas.
Esta proposta, iniciada por primeira vez o curso pasado, pretende premiar o traballo de coordinación e elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado este ano o vindeiro 17 de maio, Xosé María Álvarez Blázquez, sen esquecer o estudo e a relexión ao redor da situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

Reenvíovos en arquivo adxunto novamente toda a información para a vosa valoración, permitíndome de antemán a licenza de vos animar a participardes nesta oportunidade de divulgación do voso traballo.

Recibide un saúdo dinamizador.

Mercedes Queixas Zas
Coordinadora territorial ENDL

LETRAS GALEGAS 2008

CONCURSO – EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2008


A Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado este ano, Xosé María Álvarez Blázquez, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

Obxectivos

1- Potenciar o estudo da obra e da época de X. Mª Álvarez Blázquez.
2- Propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica.
3- Fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas na dignificación e normalización da lingua galega.
4- Impulsar a realización de actividades que fomenten a colaboración interdepartamental e que potencien a implicación activa de profesorado e alumnado.
5- Fomentar e difundir unha visión persoal por parte da comunidade educativa sobre a figura de Xosé Mª Álvarez Blázquez.
6- Enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega, promovendo a súa divulgación como referentes para outros centros.

Bases

1- Poderán participar todos os centros de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia e mesmo da Galicia exterior: públicos e privados, escolas unitarias e de ensino primario, centros rurais agrupados, centros de ensino secundario, centros integrados, escolas oficiais de idiomas, centros de educación de adultos...

2- Establécense dúas categorías: A) para os centros de educación infantil e primaria; B) Os restantes. Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorías, se así o quixeren.

3- A mellor exposición de cada unha das categorías será imprimida e distribuída aos centros de ensino de Galicia. Nela figurarán o logo da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o nome do centro gañador.

4- As dúas exposicións elixidas recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 €.

5- Os premios poderán, se a calidade dos traballos presentados non for a axeitada, declararse desertos.

6- O eixe temático da exposición será a obra e a época de Xosé María Álvarez Blázquez, observada dende unha perspectiva pluridisciplinar e onde o percurso biográfico sexa só un motivo para abordar unha realidade complexa e heteroxénea.

7- O traballo será interdepartamental e na súa elaboración deberán estar implicados un mínimo de cinco seminarios.

8- Valorarase especialmente a inclusión de actividades dirixidas a distintos ámbitos de coñecemento, ademais das correspondentes aos seminarios implicados.

9- A exposición terá un máximo de 15 carteis e un mínimo de dez, dun tamaño para elixir entre 50 x 70 ou 70 x 100.

10- A técnica para utilizar é libre e os traballos poderán ser presentados a toda cor.

11- Para cada cartel elaboraranse unha serie de actividades que guíen a súa observación e fomenten o labor de investigación do alumnado. Xuntarase á exposición en forma de guía ou cuestionario e a súa extensión non superará as 25 páxinas.

12- Os traballos entregaranse en formato dixital, acompañado da reprodución impresa dun dos carteis, no Rexistro Central da Xunta de Galicia, nos das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Presentarse baixo un pseudónimo ou lema identificador. Os datos do centro e os do grupo de traballo introduciranse nunha plica. No exterior desta figurará unicamente o pseudónimo ou lema do traballo.

13- O prazo de presentación remata o día 22 de febreiro. O xurado farase público na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística despois desa data.

14 - A Secretaría Xeral de Política Lingüística quedará eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente que en materia de propiedade intelectual na que puidesen incorrer os/as participantes.

15.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística resérvase o dereito a organizar exposicións e/ou a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido dos traballos presentados por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da lei de propiedade intelectual.

16.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá desenvolver as accións que considere oportunas encamiñadas á difusión dos traballos seleccionados das categorías incluídas nesta convocatoria .

17.- A participación no concurso implica a aceptación destas bases. A Secretaría Xeral de Política Lingüística queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación das bases. O ditame do xurado será inapelable.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-11-2007 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
O Congreso dá luz verde ao Proxecto de Lei do Cine que contempla a creación dun Fondo para o cinema feito en galego, catalán e euskera

[GZnación / Redacción / 22 Nov 07]


O Congreso deu hoxe luz verde ao ditame do Proxecto de Lei do Cine, que agora deberá pasar o seu trámite no Senado. O ministro de Cultura, César Antonio Molina, sinalou que esta normativa supón un "triunfo da política do consenso" e o "broche final" do seu Departamento nesta Lexislatura.

O punto máis debatido desta lei foi o artigo 35.bis, onde contempla a creación dun novo Fondo da cinematografía, "paralelo" ao do ICAA, para o cinema feito en linguas cooficiais diferentes ao castelán. O PP votou en contra desta nova lei por considerar esta medida unha "torpeza" e cualificou de indigno o pacto ao que chegou o PSOE con ERC, CIU e IU-ICV para sacar a diante a lei.
O texto aprobado inclúe tamén axudas aos exhibidores polo cumprimento da cota de pantalla, que se revisará cada cinco anos, e comprométese a que a RTVE impulsará o cine europeo e de animación. Asemade esta nova lei contempla axudas ás salas independentes que proxecten longametraxes comunitarias e iberoamericanas en versión orixinal.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-11-2007 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Proponen que Galicia pueda recibir la señal de televisiones y radios portuguesas
Francisco Rodríguez

Algunos medios de comunicación lusos se han hecho eco "con expectación" de la petición

EFE SANTIAGO


La Fundación Vía Galego aseguró hoy que algunos medios de comunicación portugueses se han hecho eco "con expectación" de la petición del BNG para que las televisiones y radios portuguesas se puedan recibir en Galicia.

Esta organización señaló hoy que la iniciativa presentada por el diputado nacionalista Francisco Rodríguez en el Congreso se produjo a partir de la "llamada" lanzada por el presidente de Via Galego, Carlos Callón, reclamado un múltiplex adicional para Galicia con este fin.

Callón apuntó que "es necesario" ese múltiplex, un sistema que permite transmitir en directo varias señales de radio o televisión desde diferentes lugares, por razones culturales y agregó que "el Estado español tiene la obligación de otorgarlo y el Gobierno gallego de renegociarlo
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 23-11-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Novidades da Lingua Galega
Preme sobre esta ligazón e poderás consultar o boletín electrónico da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 22-11-2007 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novas de Artabria
Na próxima quinta-feira, dia 22 de Novembro, a nossa entidade, em parceria com a Associaçom Galega da Língua (AGAL), e contando com a colaboraçom do Ateneu Ferrolano, organiza umha palestra dedicada à figura de um ferrolano e galego ilustre: Ricardo Carvalho Calero.

Será a partir das 20h30 no salom de actos do Ateneu Ferrolano, sito na rua Madalena de Ferrol, e falarám José-Martinho Monteiro Santalha, Maurício Castro e Alexandre Banhos, numha conferência a três vozes que leva por título "Carvalho Calero: Ferrol galego e universal".

A Fundaçom Artábria quer reiniciar assim o tem sido para nós umha velha reivindicaçom: a dedicatória do Dia das Letras de 2009, ainda nom atribuído, ao grande polígrafo ferrolano. Para tal, contamos com a presença do maior especialista na sua figura, José-Martinho Monteiro Santalha, também ferrolano e professor de Didáctica das Línguas na Universidade de Vigo; de Maurício Castro, Chefe do Departamento de Português na EOI de Ferrol; e de Alexandre Banhos, novo presidente da Associaçom Galega da Língua.

Os três apresentarám diferentes aspectos da trajectória intelectual, biográfica e artística de Carvalho Calero, com o intuito de a divulgar na sua cidade natal e reclamar um reconhecimento social e institucional à altura das dimensons desse grande autor galego, de esquerda, autodeterminista, republicano e reintegracionista.

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921

Sítio web da Fundaçom Artábria

http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua

http://www.artabria.net/festival
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-11-2007 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
A canción de hoxe - Circo Montecuruto, polos ferroláns Cempés
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 20-11-2007 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Os "retos comúns" do galego e do guaraní
FÁLANO NOVE DE CADA DEZ PARAGUAIOS


O movemento en defensa da lingua guaraní e a Mesa intercambian experiencias. Maioritarios ambos os dous idiomas en Galiza e en Paraguai, mais minorizados no ensino e noutros eidos.
Redacción vieiros - 19/11/2007


A Mesa pola Normalización Lingüística estableceu hoxe "retos comúns" entre o galego e a lingua guaraní, que se fala en Paraguai (entre outros países lantinoamericanos), xa que "comparten dificultades" a pesar da distancia xeográfica entre ambas.

En palabras do presidente da Mesa, Carlos Callón, que recibiu hoxe a representantes de movementos en defensa da lingua guaraní en Paraguai, "debemos dicirlle ao mundo" que tanto o galego como o guaraní "vanse a manter e son un vehículo útil de comunicación. "O mundo non só ten tres ou catro cores, é un mundo de diversidade", proclamou.

Falado por nove de cada dez paraguaios
O guaraní é unha lingua cooficial, xunto co español, en Paraguai e un 87 por cento da poboación coñécea e a fala. O 37 por cento da poboación é monolingüe en guaraní, un 50 por cento é bilingüe e tan só un 7 por cento é monolingüe en castelán. A pesar diso, "o Estado segue sendo monolingüe en español", recriminou a profesora do Ateneo da Lingua Guaraní e membro do Movemento Campesiño paraguaio, Perla Álvarez.

Pola súa banda, a directora da Licenciatura en Lingua Guaraní da Universidade Nacional de Asunción, Eva Mansfield, denunciou que, na actualidade, a educación bilingüe está en 'stand by', a pesar de que a lingua indíxena "foi legalizada en 1992, no proceso de transición democrática".

Neste sentido, recalcou a "necesidade" de que médicos e avogados coñezan o guaraní, debido á "alta porcentaxe de poboación monolingüe" neste idioma, á vez que revelou que se eliminou esta lingua da carreira de Medicamento.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 20-11-2007 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendados
Unha nova entrada na sección de recomendados. Neste caso trátase do blog dun alumno do ies Sofía Casanova.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-11-2007 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
As fotos, na Fotoblogoteca


Xa podedes ver, na fotoblogoteca, as fotos do último percurso a San André.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 18-11-2007 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal