Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Ponto de Equilibrio (Lagrimas de Jah)
Fagámoslle sitio ao reggea



Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 30-11-2007 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
I'm a rock , de Paul Simon
Esta tampouco é galega ... pero está subtitulada

Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 30-11-2007 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Nkosi sikelel Afrika = Galiza
Non é música galega, pero ...

Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 30-11-2007 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Rexeitada unha solicitude por estar redactada en galego

galicia hoxe



Unha traballadora de Atento en A Coruña viu denegada unha solicitude de excedencia por estar redactada en galego. Cando as delegadas da CIG se puxeron en contacto coa responsable do servizo esta indicoulles que seguía instrucións do departamento de RRHH de Madrid. As delegadas da CIG solicitaron que a explicación constara por escrito, pero a empresa e a responsable do servizo na Coruña negáronse.

O pasado día 12 de novembro, a Sección Sindical da CIG fixo seguir un escrito de protesta a RRHH pola vulneración dos dereitos lingüísticos desta traballadora, escrito que aínda non tivo contestación ningunha. A CIG xa denunciou estes feitos á Mesa pola Normalización Lingüística.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 30-11-2007 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
A CIUG distribúe en castelán os textos preparatorios da selectividade
Concretamente pendurou da web os de Filosofía, materia que se imparte en galego dende 1995.

Redacción Vieiros - 29/11/2007


A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), dependente da Consellaría de Educación e das tres universidades galegas, comezou a distribuír esta semana os textos para preparar as probas de selectividade na materia común de Filosofía, que dende 1995 se imparte en galego.

Mais, para sorpresa de profesorado e alumnado, todos os escritos están en español, tanto os publicados na web como os remitidos aos centros educativos.

A CIG-Ensino denunciou este feito que considera un "incumprimento do regulamentado en materia lingüística", e que "vulnera os dereitos do alumnado que no momento de realizar as probas deberá contar con modelos de exame en galego para todas as materias".

Queixa ao presidente da CIUG
Xa que logo, remitíronlle unha queixa ao presidente da CIUG, vía Rexistro, onde se lle exixe unha modificación inmediata e a edición de todas as propostas de textos en galego.

"Non é de recibo que unha institución como a Universidade incorra no incumprimento do lexislado en materia educativa, nunha discriminación tan flagrante, e que dea mostras de incapacidade para expresarse no noso idioma", afirmaron.
Comentarios (5) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 30-11-2007 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe toca lusodance: Santamaria - Eu sei tu és
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 28-11-2007 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
LIÑA DO GALEGO
A Mesa abre unha liña telefónica sobre dereitos lingüísticos


A asociación que preside Carlos Callón poñerá tamén á disposición do público un enderezo de correo electrónico.
Redacción Vieiros - 26/11/2007


A Mesa pola Normalización Lingüística abre unha liña telefónica e unha conta de correo electrónico para recibir queixas, consultas ou parabéns sobre os dereitos da lingua en empresas e institucións. A liña do galego constitúe un "proxecto estrela" da Mesa, segundo o seu presidente, Carlos Callón.

O responsábel da entidade explicou que aínda hoxe non está sentada "a idea de que en Galiza hai dereitos lingüísticos, tanto individuais como colectivos" e que "moitos galegofalantes consideran normal a exclusión da súa lingua". O número 902 10 64 74, dispoñíbel de 8.00 a 22.00 horas os días laborábeis, e o correo linhadogalego@amesanl están abertos á recepción de mensaxes, das que a Mesa garante a súa confidencialidade, aínda que "non tramitará chamadas nin correos anónimos".

A Mesa xa recibía unhas 600 queixas, que espera "superar amplamente" coa posta en marcha do novo servizo. Ao remate do ano redactará un informe para diagnosticar a situación da lingua e propoñer melloras para o seguinte exercicio
Comentarios (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 27-11-2007 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
A Galiza no contexto lusófono
Galicia Hoxe
XOSÉ LOIS GARCÍA


A relación entre a Galiza e os países da lusofonía, tendo a Portugal como referencia mais inmediata, hai certas carencias estruturais que cómpre superar. E cómpre superalo desde varios ámbitos administrativos e parámetros institucionais. Neste ámbito é preciso un novo dinamismo que repare diferenzas e contradicións para abrir novas perspectivas de intercambio para coñecernos máis e divulgarnos mutuamente. Quizais sexa este o primeiro imperativo dun novo modelo de relación entre a Galiza e a comunidade lusófona, especialmente coa África de expresión portuguesa e o Brasil.

Neste mundo globalizado, a estatística dos idiomas mídense por bloques parlantes retribuídos por millóns de persoas que os falan. O idioma portugués é un dos máis importantes que se falan no mundo, espallado por catro continentes e está considerado como un dos bloques lingüísticos de sólida estabilidade. O idioma galego, ao que concorremos tres millóns de falantes, intervido, degradado e colonizado polo castelán, pertence pola súa orixinalidade e connotación ao bloque lingüístico lusófono e non ao hispano. E se alguén parcela, delimita e contradí esta verdade argumentada cientificamente, que beba das contundencias que nos ofrece o Cancioneiro galaico-portugués e noutros referentes históricos que nos son comúns a galegos e portugueses. Neste caso, resúltanos prioritario salvar un idioma mediatizado e colonizado. E isto só se fará cando Galiza teña conciencia do valor que ten o noso idioma, como atributo esclarecedor da nosa idiosincrasia e, tamén, do valor da lusofonía en varios ámbitos. Coido que ante realidades tan concretas e apoteóticas como que a Galiza é unha nación sen estado, e nisto cabe respectar moitas opinións, teorizacións e reflexións, mais só se debe impoñer o pragmatismo dunha verdade intransferíbel, como é a personalidade e a identidade dos galegos que se manifesta na particularidade do noso idioma. Este idioma que é entendido en toda a área lusófona, desde Portugal ate o lonxincuo Timor Leste, pasando polo Brasil e as antigas colonias portuguesas en África.

Obxectivamente, este noso universo lusófono, cada vez máis coñecido e divulgado, tamén complexo e con certas benquerencias na Galiza, precisa que os galegos teñamos como medida e condición concienciadora estas palabras de Fernando Pessoa: "A minha pátria è a língua portuguesa". Desde o lado galego, co agravio mais rotundo que nos vén dos albores do medievo, cómpre lembrar aínda os seguintes versos do trobador galego, Xohán Airas: "Se mi xustiça non val/ ante rei tan xusticieiro,/ irme hei ao de Portugal".

Estes versos son para os galegos unha metáfora que revela as sinais de identidade dun pobo, dunha comunidade estábel que precisa de entender ben o significado universal da lusofonía. Mais hai unha serie de temarios que aínda non teñen sido desenvolvidos polos que aspiramos a que os outros irmáns na lingua teñan claro o noso perfil cultural e lingüístico. Isto, para moitos galegos, non deixa de ser unha obsesión e non un delirio para encontrarnos e divulgarnos mutuamente, os que temos as mesmas raíces idiomáticas e admitindo variantes fonéticas e ortográficas que non son ­unha barreira en nosas relacións.

No III Encontro de Professores de Literaturas Africanas, celebrado do 20 ao 24 de novembro en Río de Janeiro, coa participación de máis de 400 especialistas nesta área, e organizado pola Universidade Federal do Río de Janeiro, servidor puxo sobre a mesa o temario da divulgación, un tanto especial no campo da literatura lusófona na Galiza e viceversa. Desde esta preocupación, como divulgador das literaturas e de outros ámbitos sobre a lusofonía, son optimista ao observar certos referentes do que debe representar Galiza na lusofonía.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 27-11-2007 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
Fomento do uso do galego nos centros públicos de ensino non universitario - Convocatoria de Axudas
Podedes ver ou descargar a resolución íntegra na seguinte ligazón




De ter algunha dúbida, sigue os seguintes pasos:

1- Preme sobre a icona que representa dous bonecos, na parte inferior dereita da pantalla ou ben sobre a palabra view, xusto debaixo dela a carón do logo de slideshare.

2- Isto levarate á pantalla de slideshare na que se atopa o ficheiro. Preme sobre a icona en forma de pantalla de proxección o sobre a palabra full que está ao seu carón, se o que queres é velo a pantalla completa ou sobre a palabra Download, xusto debaixo das anteriores, se o que queres é descargalo no teu equipo.

Saudiña.
Comentarios (0) - Categoría: Convocatorias - Publicado o 26-11-2007 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Portugal interésase pola recepción das súas televisións en Galiza
Medios informativos do sur do Miño préstanlle atención á proposta impulsada pola Fundación Vía Galego.
Redacción Vieiros - 23/11/2007


A información publicada polo 'Diario Digital'

Os medios de comunicación do país veciño están a amosar un grande interese polo feito de que as televisións portuguesas se poidan recibir en Galiza. A proposta da Fundación Vía Galego , que traduciu en iniciativa no Congreso dos Deputados o parlamentario do BNG Francisco Rodríguez, achou eco na práctica totalidade da prensa portuguesa.

As informacións reflicten o interese da poboación galega en poder asistir ás emisións lusófonas e o feito de que a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias pide que se garanta a recepción dos medios de comunicación de países veciños nunha lingua idéntica ou próxima. Esta situación xa se vai dar no Estado Español coa aprobación dunha lei que fará posíbel ver as televisións autonómicas de territorios limítrofes, aínda que non contempla a posibilidade de intercambiar emisións alén da raia.

Nos comentarios deixados polos lectores nalgúns xornais electrónicos portugueses, vese tamén o interese da poboación do país veciño en que a medida sexa recíproca, e tamén en Portugal se poida ver a TVG de xeito xeral.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 24-11-2007 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal