Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


En galego, sen filtro, poemas - 2
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-11-2006 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
En galego sen filtro, poemas - 1
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-11-2006 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
En galego, sen filtro - Bases
Bases do VII certame de criación artística

POESÍA E IMAXE

EN GALEGO,SEN FILTRO



1.- Poderá participar todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino -públicos ou privados- de Ferrol e aqueles centros que forman parte da Coordinadora de equipas de Normalización Lingüística.

2.- As persoas participantes deberán presentar unha composición plástica orixinal en calquera destas modalidades: debuxo, pintura, colaxe ou fotografía.

3.-
Para a realización da súa obra deberán escoller, como motivo de inspiración, unha (1) de entre as 12 propostas poéticas da literatura universal recollidas no anexo destas bases. O autor ou autora deberá indicar o texto seleccionado e esta autoría terá de ser individual.

4.- Niveis de participación:

- Educación Infantil
- 1º/2º/3º de Educación Primaria
- 4º/5º/6º de Educación Primaria.
- ESO
- Bacharelato e Ciclos Formativos.

5.- Os centros participantes desenvolverán as súas actividades en dúas fases:

a) fase nos centros
b) fase intercentros.

6.- Na fase do propio centro realizaranse actividades que relacionen o mundo da expresión poética co da expresión plástica. O centro seleccionará nesta fase unha única obra por nivel para participar na fase intercentros.

7.- Os centros deberán enviar os orixinais seleccionados (unha obra por nivel), quer en man, quer por calquera outro medio antes do 03 de Marzo de 2007.
Os traballos seleccionados deberán enviarse a:

Equipa de Normalización Lingüística
IES Concepción Arenal
Rúa de Cuntis , 1 (15402) – Ferrol


8.- A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol- Concellaría de Educación nomearán un xurado que seleccionará de entre as obras presentadas para a fase Intercentros un máximo de trinta (30) atendendo aos seguintes criterios:
- cualidade estética
- orixinalidade
- interrelación entre a linguaxe poética e a linguaxe plástica.

9.- O xurado garantirá que cada nivel estea representado por un mínimo de cinco obras, sempre que se ateñan aos criterios do punto 8 destas bases, podendo declarar o certame total ou parcialmente deserto. A súa decisión será inapelábel.

10.- Todos os orixinais presentados na fase intercentros pasarán a ser propriedade da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística . Os traballos editados pasarán a ser propriedade do Concello de Ferrol. O Concello de Ferrol poderá doárllelos aos centros de ensino nos que estean matriculados os/as alumnos/as seleccionados/as.

11.- Coas obras seleccionadas o Concello de Ferrol realizará unha exposición pública cara o 2º trimestre do ano 2007.

12.- A participación no certame implica a aceptación destas bases. A súa interpretación correspóndelle ao xurado.

Ferrol a novembro de 2006

Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-11-2006 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
O obradoiro de teatro do Rodolfo Ucha, finalista en GZcrea 2006

No certame Gzcrea 2006 organizado pola Vicepresidencia da igualdade e do benestar, na súa sección de teatro, o obradoiro de teatro do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro foi seleccionado entre os seis primeiros pola súa obra Noitébrega, da que é autora a propia directora do obradoiro, Belén Roca Fortúnez.

As obras finalistas da especialidade de teatro son:

· Encerradas, do grupo Trécola Teatro

· A casa de Bernarda Alba, do grupo de teatro da Biblioteca Pública de Antas de Ulla

· Método Grönholm, do grupo teatral Eis Teatro

· Tres tristes traumas, do grupo de teatro Etrunoia

· Drama estático nun cadro, do grupo teatral da Asociación Xuvenil Quartoescuro

· Noitébrega, do Obradoiro de Teatro do IES Rodolfo Ucha Piñeiro

As obras finalistas representaranse nos concellos de Arteixo e Carballo nas datas comprendidas entre o 28 e o 30 de novembro. A entrada será gratuíta.


- CONCELLO DE ARTEIXO:

· Martes 28 de novembro ás 19:30 h no Centro Cívico de Arteixo: Noitébrega, polo IES Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol.

· Mércores 29 de novembro ás 19:30 h no Centro Cívico de Arteixo: Drama estático nun cadro, pola Aula de Teatro Quartoescuro, de Pontevedra.

· Xoves 30 de novembro ás 19:30 h no Centro Cívico de Arteixo: A casa de Bernarda Alba, polo grupo de teatro da Biblioteca Pública de Antas de Ulla, de Lugo.

- CONCELLO DE CARBALLO:

· Martes 28 de novembro ás 21:00 h no Pazo da Cultura de Carballo: Tres tristes traumas, polo grupo de teatro Etrunoia, de Pontevedra.

· Mércores 29 de novembro ás 21:00 no Pazo da Cultura de Carballo: O método Grönholm, polo grupo Eis Teatro, de Santiago.

· Xoves 30 de novembro ás 21:00 h no Pazo de Cultura de Carballo: Encerradas, polo grupo Trécola Teatro, de Ourense.
gzcrea 2006
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 27-11-2006 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
APROBADO POLO CONGRESO
O noso idioma estará presente en todas as webs da administración estatal.

Vieiros[21/11/2006 18:48]

O Congreso aprobou por unanimidade a demanda de que as páxinas web da administración estatal teñan versión en galego. Era unha petición do grupo nacionalista dende hai dous anos, como sinalou Francisco Rodríguez. Agora, as páxinas web e os formularios oficiais da Administración do Estado poden obterse nas linguas cooficiais do Estado. Poderemos facer a declaración da renda en galego antes do remate da lexislatura.

A Comisión de Administracións Públicas do Congreso dos Deputados aprobou no mediodía do martes 21, por unanimidade, a proposición do BNG que instaba ao Goberno a incluír o galego, catalán e vasco en todas as páxinas web da Administración do Estado. O deputado Francisco Rodríguez transaccionou un texto final co grupo socialista, que non supuña unha modificación do requerimento fundamental do BNG: dito texto final demanda que o Goberno continúe adecuando as páxinas web da Administración estatal e dos seus órganos dependentes para ofrecer a información nas linguas cooficiais do Estado, galego, catalán e vasco. O prazo para normalizar a presenza das linguas cooficiais nas webs rematará con esta lexislatura.

Francisco Rodríguez salientou a necesidade dun servizo que só precisa das novas tecoloxías para poderse levar ao cabo. "Levamos dous anos demandando da Axencia Tributaria a versión en galego para poder facer as declaracións da renda, e o Goberno leva dous períodos de sesións asumindo que o vai cumprir pero aínda non o fixo." Agás tres Ministerios, todos teñen nas súas páxinas principais as opcións en galego, catalán e vasco pero o contido dos enunciados está en castelán. Rodríguez mencionou o exemplo da páxina do Ministerio de Medio Ambiente, o acceso ao Parque Nacional Illas Atlánticas que está todo en español. Tamén chamou a atención sobre o feito de que o Ministerio de Cultura empregue mal os topónimos galegos. Sinalou tamén que outros órganos dependentes do Goberno non dispoñen nas súas páxinas de opcións nas linguas cooficiais: a Policía, a Garda Civil, ou o Instituto Nacional de Consumo.
Axencia Tributaria
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-11-2006 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
A canción do verán
As cancións do concurso de verán da Radio Galega e Vieiros están na páxina seguinte (ver ligazón ao final do artigo, antes da liña de comentarios).
Concurso da canción do verán de Vieiros e a R.G.
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 20-11-2006 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Música galega
Velaí algunhas ligazóns para que os interesados e interesadas en temas musicais poidades mergullarvos. Nelas atoparedes documentos, historia, discos, música para descargar, etc.
Música galega tradicional e folk
Grupos de música galega contemporánea
Novas e vellas músicas, audiovisual, etc.
Comentarios (3) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 20-11-2006 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
BO NADAL
Comentarios (6) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 18-11-2006 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Tirado de Vieiros (16-11-2006)
HABERÁ CAMPAÑAS
PARA SENSIBILIZAR A COMUNIDADE EDUCATIVA

O decreto para aumentar o galego na secundaria aplicarase xa o vindeiro curso



Vieiros [16/11/2006 10:18]


A Consellería de Educación continúa a elaborar un decreto para aumentar a presenza da nosa lingua no ensino secundario. O calendario previsto é que o texto estea aprobado oficialmente en marzo e que entre en vigor no curso 2007/08. As tres forzas políticas reuníronse nas últimas semanas de xeito extraoficial para trataren o asunto. Educación comprometeuse a presentar un borrador nas vindeiras semanas. Tal e como xa adiantara Vieiros, o decreto obrigará a que, como mínimo, a metade das materias sexan impartidas en galego. A medida levará aparellada unha campaña para sensibilizar a comunidade educativa, especialmente o profesorado.

A porcentaxe de mozos galegofalantes non deixou de baixar nas últimas dúas décadas. É evidente que os plans de galeguización do ensino non universitario foron un fracaso. O decreto 245/95 marcaba que, como mínimo, Lingua e outras dúas materias obrigatorias debían ser impartidas no idioma do país. Aquela paupérrima medida para fomentar o galego nin sequera se cumpría en moitos centros concertados, e incluso nalgún de carácter público.

Agora a Consellería de Educación quere adaptar o vello decreto ao Plan de Normalización Lingüística que o propio Parlamento de Galicia aprobou en 2004. O documento recomenda que, como mínimo, a metade das materias do ensino secundario sexan en galego. Aínda así, dada a penosa situación que sofre o idioma no ensino, non está descartado que esta porcentaxe aumente. As posturas dos partidos diverxen, incluso entre os que sosteñen o goberno. Os socialistas consideran que as recomendacións mínimas do Plan de Normalización son un bo punto de partida. Pola súa parte, os nacionalistas defenden unha visión máis ampla do documento que axude a deter e mesmo a inverter a incesante perda de falantes entre a xuventude. Dende os dous partidos consideran que é factíbel unha solución que sexa asumíbel polo PSdeG e polo BNG.

Apartheid lingüístico
Mais difícil semella a unanimidade. O PPdeG négase a apoiar calquera modelo que se decante claramente pola galeguización efectiva do ensino. Os conservadores consideran que os falantes de castelán poderían verse agraviados. Incluso dende as filas socialistas sospeitan que aos de Núñez Feijoo lle parece excesiva a aplicación dos mínimos que contempla un Plan de Normalización que no seu día apoiaron. Mesmo hai sectores conservadores que avogan por diferentes modelos lingüísticos nun mesmo centro. Acaba de demostralo esta semana co ensino infantil. O PpdeG quere que as familias decidan entre un ensino máis ou menos galeguizado. Para o bipartito esta proposta equivalería a impoñer unha especie de "apartheid" lingüístico nos centros escolares.

Sexa como for, o bipartito ten claro que o decreto que se aprobe para a secundaria, a diferenza do que acontecía até o de agora, terá que cumprirse. O primeiro paso que quere dar a consellaría é aproveitar este mesmo curso para dar a coñecer os plans entre a comunidade educativa, especialmente entre os docentes. A medida precisará dun aumento do número de inspectores e dun maior control dos centros privados, que tamén terán que rexerse por este decreto.
A Mesa afirma que o decreto que prepara Educación é froito da folga estudantil
O galego será obrigatorio, como mínimo, no 50% das materias
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 18-11-2006 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
convocatoria2 - nov 2006
CONVOCATORIA DE REUNIÓN


DÍA: MÉRCORES, 22 DE NOVEMBRO DE 2006
HORA: 19,00 HH.
LUGAR : IES CONCEPCIÓN ARENAL

Orde do día:
1- Aprobación, se proceder, da acta da sesión anterior
2- Selección textos “ En galego, sen filtro”.
3- Debate e aprobación, se proceder, formato do Festival Musical “ A Mocidade coa lingua” .
4- Aprobación, se proceder, proposta de convenio ao Concello de Ferrol- Concellalía de educación “ teatro con G” 2007
5- Valoración da experiencia “ Percursos falados”
Ferrol a 14 de novembro de 2006

A Secretaria : CARME RODRÍGUEZ TIZÓN


COORDENADORA EQUIPAS NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Comentarios (0) - Categoría: Convocatorias - Publicado o 17-11-2006 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal